Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 14/11/25 13.11.2025 10:01
Centos de persoas fixeron este domingo unha cadea humana no encoro de Portodemouros para rexeitar Altri e a mina de Touro-O Pino. Ademais, Bruxelas vén de excluír o proxecto da celulosa dos Fondos de Innovación da Unión Europea. A Xunta aproba o anteproxecto da nova Lei de administración ambiental simplificada, que substituirá e derrogará por completo a Lei de protección ambiental de Galicia de 19...
Boletín informativo ambiental 31/10/2025 30.10.2025 10:00
A Xunta declara compatibles os eólicos coa paisaxe e abre novas vías ao eucalipto nos montes. Na comarca de Valdeorras, os efectos dos incendios do verán comezan agora a sentirse coa chegada das choivas. Na comarca de Valdeorras, os efectos dos incendios do verán comezan agora a sentirse coa chegada das choivas. A veciñanza do Galiñeiro, en Gondomar, podería ver finalmente protexida esta contorna...
Boletín informativo ambiental 24/10/2025 24.10.2025 10:01
O voluntariado de ADEGA actuou esta pasada fin de semana nos montes queimados de Valdeorras para previr a erosión do solo e as escorrentías. E tamén esta fin de semana, ADEGA coordinou a décimo cuarta edición da Limpeza Simultánea de Praias, que reuniu máis de 800 persoas voluntarias en 22 concellos do litoral galego. Ademais, a Xunta anunciou que vai "flexibilizar" a moratoria das plantacións de...
Boletín informativo ambiental 17/10/2025 17.10.2025 10:01
Esta fin de semana, ADEGA e os concellos da Rúa, Petín, O Barco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras impulsan unha gran acción simultánea de voluntariado para restaurar zonas queimadas da comarca. Os datos máis recentes do programa europeo Copernicus contabilizan 171.000 hectáreas ardidas no noso país desde o inicio do verán. O vinculado aos incendios non é o único voluntariado desta fin de semana....
Boletín informativo ambiental 10/10/2025 09.10.2025 10:00
Lumes técnicos en Rede Natura, a proposta da Xunta para previr incendios forestais. ADEGA organiza as primeiras xornadas de voluntariado para a restauración ambiental de zonas queimadas da comarca de Valdeorras. As plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa anuncian unha nova manifestación nacional contra o proxecto de macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, que se celebrará o domingo 14...
Boletín informativo ambiental 03/10/2025 02.10.2025 10:00
Comeza a batalla xudicial fronte a Altri: ADEGA, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a CIG presentan recursos xudiciais contra o procedemento de concesión de augas solicitado pola multinacional. Bombeiros Forestais do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios da Galiza alertan das “moi malas previsións” de risco de lumes para os vindeiros veráns na faixa atlántica do país. Unha informa...
Boletín informativo ambiental 26/09/2025 25.09.2025 9:57
Novo revés para Altri: o Goberno do Estado négalle a conexión á rede que a pasteira precisa para desenvolver a súa actividade na Ulloa. O Partido Popular galego veta unha investigación política da vaga de incendios. Enxeñeiros forestais da Xunta reclaman ao Goberno galego que prorrogue de maneira indefinida a moratoria ás novas plantacións de eucalipto. Máis de 800 persoas participaron este pasado...
Boletín informativo ambiental 18/09/2015 18.09.2025 10:00
A vaga de incendios do pasado agosto deixou a maior pegada da historia sobre a Rede galega de espazos protexidos: arrasou preto de 38.000 hectáreas en Rede Natura, que supón o seu 11%. ADEGA anuncia que solicitará ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que impida o cambio de usos nos terreos queimados ameazados por proxectos eólicos. E nas rúas, milleiros de persoas acudiron á chamada da Plataf...
Boletín informativo ambiental 12/09/2025 11.09.2025 9:58
ADEGA reúnese coa Xunta para instala a actuar xa na prevención da erosión e recuperación ecolóxica das zonas ardidas e, en especial, dos espazos protexidos. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, relaciona os lobos cos incendios forestais. O sector apícola, un dos máis castigados polos incendios. E nas rúas, Compostela acollerá este domingo unha gran manifestación contra a xestión fores...
Boletín informativo ambiental 05/09/2025 04.09.2025 10:00
A Xunta de Galiza notifica un total de 111.000 hectáreas as arrasadas polo lume no que vai de ano. Falamos de macroincendios alimentados pola acumulación de combustible vexetal en montes abandonados, pola falta de ordenación forestal e polas condicións derivadas do cambio climático. A resposta política da Xunta de Galiza a esta crise está a ser amplamente criticada, tanto pola oposición parlamenta...
Boletín informativo ambiental 08/08/2025 07.08.2025 10:03
Galiza loita contra a primeira vaga de incendios forestais do verán. A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre os proxectos eólicos non repercutirá na maioría das paralizacións cautelares de parques acadadas pola cidadanía. A Xunta concede a autorización ambiental integrada á planta de fibra branqueada que Ence proxecta construír nas Pontes. Impulsa Galicia, a sociedade público-priv...
Boletín informativo ambiental 18/07/2025 17.07.2025 10:00
Unha sentenza histórica do TSXG condena a Xunta e o Estado por vulnerar dereitos fundamentais ao permitir a contaminación do encoro das Conchas, no río Limia. Conclúe a misión científica do buque francés LAtalante, que identificou máis de 3.500 bidóns radioactivos afundidos fronte á costa galega. Confi xa non está. O arroaz solitario que durante cinco anos frecuentou as augas galegas, especialment...
Boletín informativo ambiental 11/07/2025 10.07.2025 10:01
Medra a polémica arredor da opacidade da Xunta no proceso que abriu as portas de Galiza á empresa portuguesa Altri. Tamén hai novidades respecto do outro gran proxecto que centra, canda Altri, a protesta social en Galiza: a mina de Touro-O Pino. Ecoloxistas en Acción vén de presentar no xulgado un informe que acredita a situación de quebra da promotora, Cobre San Rafael. Ademais, ADEGA pon a dispo...
Boletín informativo ambiental 04/07/25 03.07.2025 10:01
Unha expedición científica francesa vén de localizar arredor de 1.800 bidóns con residuos radioactivos no fondo mariño do Atlántico, a 650 km da costa galega. Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais con menos persoal dispoñible para extinción, nun contexto no que se prevé un verán máis cálido do normal. Ao tempo, Bruxelas suaviza a súa política climática e abre a porta a compensar em...
Boletín informativo ambiental 27/06/2025 26.06.2025 10:01
Altri desiste das axudas do Perte para a descarbonización. Máis de 850.000 persoas en Galiza estiveron expostas a niveis de contaminación do aire que superan os límites legais da UE para 2030. Os sobreirais do Arnego custodiados por ADEGA son obxecto de estudo por parte da Universidade de Vigo. Recta final da campaña de recadación solidaria para protexer o lobo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 20/06/2025 25.06.2025 10:02
A Comisión Europea declara como “proxecto estratéxico” a mina de litio de Doade, en Beariz, e pon así en marcha unha carreira por acaparar materias primas críticas, pero sen garantir unha planificación axeitada, segundo denuncia ADEGA. Ademais, a Xunta vén de dar luz verde á nova planta de fibras de ENCE nas Pontes cunha Declaración de Impacto Ambiental favorable. Doutro lado, ADEGA lanza unha nov...
Boletín informativo ambiental 13/06/2025 13.06.2025 10:01
O TSXG paraliza cautelarmente a orde que permite cazar lobos en Galiza. ADEGA presenta ao Estado argumentos sólidos e baseados na ciencia para manter esta especie como estritamente protexida na Directiva Hábitats da UE. E seguimos nos tribunais: a Xustiza europea avala o veto á pesca de fondo en 87 zonas sensibles do Atlántico nordeste. Unha vertedura de xurros arrasa o río Landro. Todo isto e mái...
Boletín informativo ambiental 06/06/2025 05.06.2025 10:00
A asociación ecoloxista ADEGA fai 50 anos de historia e festéxao cun gran festival en Lugo este sábado 7 de xuño. Ao tempo, abre novas vías de loita contra a celulosa de Altri: presenta na Xunta de Galiza máis de 1.400 solicitudes para reclamar o arquivo inmediato do expediente de tramitación da concesión de augas; e esixe á Xunta que anule a DIA da macrocelulosa por incumprir, a sabendas, unha se...
Boletín informativo ambiental 23/05/2025 22.05.2025 10:00
ADEGA e PDRA dan inicio á contenda xudicial contra o proxecto de instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. E esta semana, coincidindo coa celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, diversos colectivos ecoloxistas galegos reclaman a ampliación desta rede de espazos naturais protexidos en Galiza. Ao tempo, a Xunta de Galiza vén de declarar a...
Boletín informativo ambiental 16/05/25 15.05.2025 10:00
A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta dimite despois de asinar o polémico informe que avalaba o proxecto de Altri en Palas de Rei. Mentres, a multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galiza e pecha a compra de Greenalia Forest e Greenalia Logistics. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza decretou a suspensión cautelar do parque eólico de Seselle, en Oza-Cesuras, por risco d...
Boletín informativo ambiental 09/05/2025 09.05.2025 10:00
O 90% dos informes que sustentan a declaración ambiental positiva da macrocelulosa de Altri na Ulloa foron asinados por cargos de libre designación da Xunta. A empresa recoñece, ademais, que non pagará polos 381 predios que pretende atravesar cunha condución de auga. O PP veta que a Lei da minaría dea cabida á participación social, e co seu voto impide que o Parlamento se posicione sobre a mina de...
Boletín informativo ambiental 25/04/2025 24.04.2025 10:00
O Goberno español deixa finalmente fóra do Perte de descarbonización a multinacional portuguesa Altri, que se enfronta a unha das maiores contestacións sociais en defensa do medio ambiente das últimas décadas en Galiza. Para mostra, o éxito das campañas de micromecenado para financiar a loita xudicial contra o proxecto. Organizacións ecoloxistas e sindicais demandan, ademais, unha moratoria indefi...
Boletín informativo ambiental 11/05/2025 10.04.2025 10:00
Xustiza para o Ulla reúne máis de 35.000 euros en pouco máis de 10 días para a defensa xurídica do Ulla fronte á macrocelulosa de Altri e a mina de Touro. En canto a esta última, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantén a súa reapertura como proxecto industrial estratéxico malia pedir cárcere a Fiscalía para os responsables da antiga explotación. As emisións industriais de gases de efecto inve...
Boletín informativo ambiental 28/03/2025 27.03.2025 10:00
Masiva protesta contra Altri e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal, por mar e por terra. Unha mobilización histórica que, de novo, Rueda e o PP galego minimizan. A mina de litio de Doade, en Beariz, a piques de saír a exposición pública tras ser seleccionada por Bruxelas como proxecto estratéxico para Europa. Veciñanza da Baixa Limia demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Concha...
Boletín informativo ambiental 21/03/2025 20.03.2025 10:00
Altri si. A Xunta de Galiza declara compatible co medio ambiente a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei. Faino ás portas da gran mobilización contra este proxecto e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal. Entidades ecoloxistas presentan a Declaración "Por unha Lei de Montes Veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais". E ademais, O Tribunal Supremo vén de...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.