Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A PLATAFORMA POLA SANIDADE CONTINUA EN VILANOVA OS PECHES NOS CONCELLOS 14.03.2018 1:31
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plataforma pola sanidade pública do Salnés retomou hoxe os peches nos concellos da área Sanitaria en contra da reforma da Lei de Saúde de Galicia. Vilanova de Arousa foi o punto de encuentro da protesta de hoxe, polo que os membros do colectivo permaneceron no consistorio dende as 9 da mañá ata as 3 da tarde. As 12 do mediodía, realizaron a xa habitual c...
RIBADUMIA CREA UNHA REDE CIDADA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO 13.03.2018 1:53
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Ribadumia crea unha rede cidadá contra a violencia de xénero a través do programa “Conta Comigo Ribadumia”, deseñado pola concellería de servizos sociais e financiado por fondos europeos e a Xunta de Galicia. A través desta iniciativa formaranse 20 mulleres e homes que serán figura de referencia á que poidan acudir aquelas persoas que se atop...
CAMBADOS PON A RODAR DE NOVO O ENOBUS COAS CARICATURAS DE GOGUE 13.03.2018 2:55
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Enobús volverá a rodar este verán polo Salnés, promocionando, durante os meses de xullo e agosto, as visitas turísticas ás adegas de todos os concellos, misturadas con experiencias de Guimatur, o Museo do Viño e a Fundación Manolo Paz. Pero ademáis, este ano o Enobús lucirá unha imaxe renovada a través das caricaturas de Gogue nunha nova campaña da inici...
MAIS DE 130 EMPRESAS DO SALNES RECIBIRON ASESORAMENTO NO SMARTPEME DE CAMBADOS 12.03.2018 3:06
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Máis de 130 empresas do Salnés recibiron asesoramento en Novas Tecnoloxías na oficina que o servizo de Smartpeme ten en Cambados. A presidenta da Diputación Carmela Silva, acompañada da alcaldesa, Fátima Abal, visitou esta mañá as instalacións, ubicadas en Exposalnés, resaltando o éxito alcanzado por esta iniciativa destinada aos emprendedores. Dende a súa...
A PLATAFORMA POLA SANIDADE PECHASE EN RIBADUMIA 09.03.2018 3:32
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ainda cos ecos das multitudinarias concentracións do 8M, hoxe nova mobilización da plataforma pola sanidade pública do Salnés en contra da modificación da Lei de Saude de Galicia. O colectivo realizou dende as 9 desta mañá e ata as 3 da tarde un peche no Concello de Ribadumia e ás 12 do mediodía celebraron unha concentración reivindicativa ante as portas d...
COMEZAN OS TRABALLOS DE FIBRA OPTICA EN TREMOEDO 09.03.2018 0:50
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 En Vilanova comezaron os traballos de cableado da rede de fibra óptica que realizan os alumnos do Obradoiro Tecnolóxico do Salnés. Ainda que nun principio a idea era instalar a rede en Tremoedo e András, finalmente a fibra óptica extenderase tamén ata Baión este mesmo ano. Así o explicaba o alcalde, Gonzalo Durán, durante unha visita ao inicio dos traballo...
A ASOCIACION NEEN@S ESTREA NOVO CENTRO CON AULA PSICOPEDAGOXICA 09.03.2018 1:18
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación Neen@s Sanxenxo para a integración de menores con necesidades educativas especiais conta dende hoxe cun novo centro onde desenvolver os fins para os que foi creada hai tres anos. A través da colaboración da Obra Social La Caixa, o colectivo pode dispoñer dunha aula psicopedagóxica na que a entidade investiu 35.000 euros. Ademáis, a asociación,...
A ILLA CONMEMORA O VENRES O 8M COA ACTUACION DO DUO ALDAOLADO 07.03.2018 1:41
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Illa de Arousa conmemorará o venres día 9 o Día Internacional da Muller coa actuación do duo Aldaolado no Auditorio Municipal , ás 21 horas, previa lectura do manifesto. Ademáis, o grupo de goberno apoia a folga das mulleres que, a plantilla municipal de A Illa secundará mañá durante toda a xornada. Asimesmo, a Asociación As Mulleres da Arousa convocan p...
VARELA INCIDE EN QUE AS MELLORAS DOS COLEXIOS SON COMPETENCIA DA XUNTA 06.03.2018 0:48
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, incide en que as obras de mellora dos colexios do municipio son competencia exclusiva da Consellería de Educación pero tamén manifesta que a colaboración do Concello sempre foi patente. O alcalde, Alberto Varela, fai esta consideración un día despois de que o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, solicita...
MAIS DE 200 DEPORTISTAS CON DISCAPACIDADE DARANSE CITA ESTE SABADO EN FEXDEGA 06.03.2018 1:08
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual participarán este sábado 10 de marzo en Fexdega nos Xogos de Deportes Minoritarios. Unha nova edición, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia, a Fundación de Deportes de Vilagarcía, e promovida pola Asociación Con Eles. A xornada, aberta ao público e...
CHARLA EN VILANOVA SOBRE O TDAH 05.03.2018 0:51
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Pazo de Vista Real de Vilanova acolle este venres 9 de marzo unha xornada informativa sobre o TDAH, o trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade. A charla, aberta a todo o público en xeral, está organizada pola Asociación TDAH Salnés, para asesorar ás familias sobre cómo enfocar o tratamento deste trastorno. Así nolo contaban esta mañá as represe...
A MANCOMUNIDADE INICIA AS ACCIONS PARA ATRAER O TURISMO ASIATICO 05.03.2018 2:07
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés encara agora a promoción turística da comarca cara o mercado chinés. Unha das iniciativas integradas neste contexto foi unha Masterclass de cociña galega celebrada esta mañá nas instalacións do Obradoiro de Hostelería da Mancomunidade en Sanxenxo. O chef euroasiático John Rocha e seus alumnos de procedencia chinesa, concretamente...
SANXENXO PON EN MARCHA O IV PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE CON 61 MEDIDAS 05.03.2018 2:11
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Sanxenxo pon en marcha o IV Plan municipal de Igualdade de Oportunidades entre MuIleres e Homes para o período 2018-2021. Está configurado arredor de oito areas de actuación con 61 medidas concretas e será difundido en 200 exemplares entre a plantilla do Concello, colectivos, centros educativos e centros de saúde. Entre as medidas propostas f...
NUMEROSAS PERSOAS SUMARONSE AO PRIMEIRO PECHE SANITARIO NA ILLA DE AROUSA 05.03.2018 2:18
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés iniciou hoxe na Illa de Arousa, con gran asistencia de veciños, o seu programa de peches nos concellos en contra da modificación da Lei de Saúde de Galicia, que suporá a a conversión en distrito da área sanitaria. O peche comezou ás 9 da mañá e prolongouse ata as tres da tarde. As 12 do mediodía os membros do co...
O COMERCIO DE CAMBADOS REPARTE 600 EUROS E ENTRADAS PARA CABARCENO POLO DIA DO PAI 02.03.2018 2:07
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O comercio de Cambados celebra o Día do Pai repartindo 600 euros en premios, que se distribuirán nun vale compra de 200 euros, dous de 100 euros e catro de 50 euros. Ademáis, este ano a asociación Zona Centro inclue un sorteo novidoso dunha estancia familiar de dúas noites en Cantabria con entrada ao parque de Cabárceno. Asimesmo, preparan xa a feira de op...
VILANOVA CEDE UN ESPAZO A COGAMI PARA ACTIVIDADES DE INSERCION LABORAL 02.03.2018 1:18
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Vilanova de Arousa e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, asinaron esta mañá un convenio a favor da atención deste colectivo na Comarca do Salnés O documento de colaboración, rubricado polo alcalde Gonzalo Durán e polo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, establece a cesión municipal dun espazo formativo en Vista Real...
CAMBADOS SUMASE A FOLGA DAS MULLERES O 8M E PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES 02.03.2018 3:15
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados presentou esta mañá as numerosas actividades que se desenvolverán no municipio en conmemoración do 8 M, Día Internacional da Muller, gran parte delas integradas no programa do CIM mancomunado do Salnés. Os actos comezan xa este luns día 5 con proxeccións no Auditorio da Xuventude dos vídeos “Gracias á ela eu podo” sobre o papel relev...
OS VEHICULOS PESADOS NON PODERAN ACCEDER AO POLIGONO SETE PIAS POR BOUZA DE PADRON 02.03.2018 2:28
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Cambados ven de realizar unha reordenación do tráfico no entorno do Polígono de Sete Pías, co fin de mellorar a seguridade viaria no tramo de Bouza do Padrón. O tráfico pesado de máis de 3,5 toneladas queda prohibido pola EP 9002, Fefiñáns-Oubiña e os vehículos desta tonelaxe deben circular pola PO 300. Somente queda permitido o paso dos auto...
NOVAS MOBILIZACIONS CONTRA A LEI DE SAUDE CON PECHES NOS CONCELLOS 02.03.2018 1:50
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés ten xa preparadas novas mobilizacións en contra da nova Lei de Saúde de Galicia que, posiblemente este mes comece a súa tramitación parlamentaria. Os portavoces do colectivo presentaron esta mañá en rolda de prensa as accións que realizarán nas vindeiras semanas, acordadas na reunión celebrada o pasado...
A CIG ACTIVA A FOLGA DE MULLERES DO 8 DE MARZO 01.03.2018 2:02
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sindicato CIG concentrouse esta mañá en Vilagarcía ante as dependencias da Seguridade Social nunha campaña de activación cara a primeira Folga de Mulleres do 8 de marzo, que se celebrará a nivel internacional. Os paros, convocados tamén por UXT e CCOO, establécense en dúas horas laborais por quenda de traballo. Faranse efectivos nas franxas horarias comp...
Actividades nas aulas e asesoramento a emprendedoras polo 8 m no cim do salnes 28.02.2018 1:41
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A educación dende as primeiras idades como forma de previr as conductas machistas e de violencia contra as mulleres sigue sendo prioritaria dende o Centro de Información a Muller do Salnés. Por eso, o programa co que o CIM conmemora o 8 M este ano volve ás aulas dos centros de primaria de Meis, Ribadumia e Cambados con actividades durante marzo e abril par...
Unha trintena de expositores de camelia daranse cita en cambados 27.02.2018 3:51
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados celebra esta fin de semana, o 3 e 4 de marzo, a II Mostra Internacional da Camelia, organizada pola Asociación Ibérica da Camelia, en colaboración co Concello de Cambados e a Asociación de Comerciantes Zona Centro. Unha iniciativa na que tanto o goberno local como os comerciantes ven unha opción de desestacionalizar as actividades no municipio. Un...
VilagarcÍa chega a 54 edicion do concurso da camelia 27.02.2018 2:24
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía tamén adicará unha fin de semana á flor por excelencia no Salnés coa 54 edición do Concurso Internacional da Camelia. A cita terá lugar o 10 e o 11 de marzo na Praza da Peixería e reunirá a unha ducia de expositores que amosarán as súas camelias aos numerosos visitantes que se espera en Vilagarcía e en Rubiáns. Cómo novidade este ano o exterior...
OS ALUMNOS DO OBRADOIRO TECNOLOXICO APRENDEN NO CPD DE VILANOVA 26.02.2018 1:22
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os alumnos do Obradoiro Tecnolóxico da Mancomunidade do Salnés avanzan na súa aprendizaxe e hoxe visitaron o Centro de Procesado de Datos da wifi municipal de Vilanova, en A Pantrigueira. Cos coñecementos adquiridos, serán eles os que instalen a fibra óptica nun tramo de dous quilómetros en András, un dos dous que quedan por ter cobertura da wifi municipal...
O COLEXIO DE CARRIL MOBILIZASE DE NOVO RECLAMANDO ASEOS EN CONDICIONS 26.02.2018 2:18
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A anpa do colexio Rosalía de Castro de Carril está disposta a retomar as mobilizacións e clausurar os aseos do centro educativo se a Consellería de Educación non se compromete ao longo desta semana a realizar unha reforma integral que arranxe os baños e a fontanería, actualmente nunha situación deplorable, Unha representación dos proxenitores reuniuse esta...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.