Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ALTERNATIVATE EN CAMBADOS CON ACTIVIDADES DE OCIO NOCTURNO AS FINS DE SEMANA 05.04.2018 2:17
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados abre un renovado programa de ocio alternativo nocturno para mozos e mozas entre 16 e 35 anos, que se desenvolverá as noites de todos os venres e sábados dende o 13 de abril ao 26 de maio. Baixo a denominación de “Alternatívate” intégranse un total de 14 actividades que incluen un ciclo de cine de terror, obradoiros de fotografía, repostería creati...
A FGN CELEBRA ESTE VENRES A SUA GALA ANUAL EN VILAGARCIA 04.04.2018 2:49
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebra este venres 6 de abril a súa Gala Anual. Será ás 20.30 horas no Salón García de Vilagarcía con entrada gratuita a través de invitación ata completar aforo e as actuacións de Alan Prol (ex-Duendes) e Alfonso Galbán e seus Músicos. O presentador será o locutor da TVG Manuel Torrente. As invitacións poden recol...
NOVA REBAIXA DOS PREZOS DAS PARCELAS DO POLIGONO DE BAION 26.03.2018 0:58
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A sociedade “Suelo Empresarial del Atlántico”, participada polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, rebaixa os prezos na compra de parcelas mediante a apertura dun procedemento de licitación á alza. Esta segunda rebaixa afecta ás parcelas destinadas a uso industrial, que pasarían a ter un coste de 100€/m2;...
O CENTRO DE DIA DE CAMBADOS ESTARA OPERATIVO EN OUTONO 26.03.2018 2:08
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Centro de Día de Cambados estará operativo. previsiblemente, durante o outono. Un total de seis empresas do sector asistencial presentáronse ao concurso único aberto por segunda vez pola Xunta para a xestión do centro cambadés, xunto co de Cuntis e Redondela, ademáis da residencia desta última localidade. Despóis de quedar deserto o primer concurso, o Co...
A PRIMAVERA EN VILANOVA CHEGA CON CINE EN SEMANA SANTA E AS ACTIVIDADES DAS SONATAS 23.03.2018 1:40
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova ten preparadas para esta Semana Santa numerosas actividades culturais que se extenderán durante o mes de maio coas Sonatas de Primavera. O programa está publicado nos diferentes carteis que foron elaborados polos alumnos do Obradoiro de Deseño Gráfico de Vista Real e comeza mañá sábado co Ciclo de Cine Infantil de Semana Santa. En ca...
A RUA PROGRESO DE SANXENXO SERA UN GRAN BULEVARD NO VERAN DE 2019 23.03.2018 0:59
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A reforma da rúa Progreso converterá este vial nun gran bulevard no verán de 2019. Así alomenos o avanzou o alcalde, Telmo Martín, trala sinatura do convenio rubricado co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que se desplazou a Sanxenxo con motivo deste acto. Na reforma e humanización deste vial invertiranse invertiranse 2,5 millones de euros, financiados ao...
A ILLA LANZA UNHA CAMPAÑA PARA ACABAR COAS TOALLIÑAS HUMEDAS NOS INODOROS 22.03.2018 2:02
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de A Illa de Arousa lanza unha campaña de concienciación veciñal para evitar que as toalliñas húmedas sexan arroxadas polo inodoro, co conseguinte dano que provocan estes elementos hixiénicos no alcantarillado e nas arcas municipais. O goberno local distribuirá polas vivendas folletos informativos que incluen fotografías sobre cómo estes product...
O COMERCIO DE CAMBADOS ABRE EN SEMANA SANTA UNHA FEIRA DE INVERNO 22.03.2018 1:23
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación de Comerciantes Zona Centro, en colaboración co Concello de Cambados, pon en marcha a I Feira de oportunidades de Semana Santa, co fin de mellorar as vendas dunha tempada de inverno que non foi demasiado boa. Un total de 11 expositores locais ofrecerán descontos en moda de muller e home, roupa infantil, calzado e complementos, os días 29, 30 e...
XORNADAS SOBRE O SOLO E A FERTILIZACION DA VIDE NO PARADOR DE CAMBADOS 22.03.2018 0:39
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Parador de Cambados acolle mañá, a partir das 19 horas, as II Xornadas Técnicas do Solo e Fertilización da Vide, organizadas pola Agrupación Profesional de Viticultores Rías Baixas e o Concello de Cambados. Van dirixidas principalmente a técnicos, adegueiros, viticultores e estudantes pero tamén a público en xeral interesado na viticultura, facendo espec...
A HISTORICA FONTE DA PRAZA DE ARRIBA DE O GROVE SERA REHABILITADA POLA ESCOLA DE CANTEIROS 22.03.2018 0:59
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Escola de Canteiros da Deputación rehabilitará a histórica Fonte da Praza de Arriba de O Grove, construida en 1925. Farao mediante un convenio asinado esta mañá entre a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde José Antonio Cacabelos, por importe duns 10.000 euros. Trátase dunha fonte de estilo modernista de gran porte rematada cunha copa de f...
VILANOVA E A XUNTA INVISTEN 60.000 EUROS EN RENOVAR A SINALIZACION DOS VIAIS DO MUNICIPIO 21.03.2018 1:05
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova ven de asinar un convenio coa Consellería de Infraestructuras por importe de 60.000 euros para a renovación da sinalización horizontal e vertical dos viais do municipio co fin de mellorar a seguridade viaria cara a tempada de verán. Na sinalización horizontal reporanse as marcas lonxitudinais nunha superficie de 1.329 m2. Como reforz...
CAMBADOS ASUME AS OBRAS DE MANTEMENTO DO CENTRO DE SAUDE TRALA FALTA DE RESPOSTA DA XUNTA 21.03.2018 3:53
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados realizará unha reforma de mantemento integral do Centro de Saúde, “ante a falta de resposta ás demandas municipais por parte do Sergas”, segundo explicaron esta mañá os concelleiros de Sanidade e Economía, Tino Cordal e Xurxo Charlín, respectivamente. A actuación conlevará un investimento de 50.000 euros, que serán financiados a trav...
MARISCADORES DE CARRIL DENUNCIAN QUE O PATRON MAIOR IMPIDELLES VENDER NA LONXA 20.03.2018 1:03
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Nova polémica na confraría de Carril. Os sete mariscadores que recentemente obtiveron os Permex da Consellería presentaron denuncia contra o patrón maior, José Luis Villanueva por impedirlles vender en lonxa os 20 kilos de capturas realizadas durante os dous días que levan de traballo. Segundo o patrón maior do pósito, non poden realizar a venda do marisco...
A ANPA DE CARRIL RECLAMA MEDIDAS PARA QUE OS ALUMNOS NON BEBAN DAS BILLAS 20.03.2018 2:28
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Tras coñecer que as analíticas realizadas na auga do colexio de Carril demostran contidos de ferro que superan o dobre do legalmente permitido, a ANPA do centro educativo exixe medidas que impidan que os alumnos consuman das billas. Ademáis, os proxenitores reclaman unha desculpa por parte das autoridades educativas, tal como decía esta mañá a presidenta d...
O XEORRADAR DETECTA EN CALAGO ESTRUCTURAS ROMANAS 19.03.2018 0:51
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os traballos do xeorradar realizados no entorno de Cálago indican exactamente o punto onde comezar as novas excavacións que deixen á vista o asentamento romano datado entre os séculos I e III d. C. Segundo as hipóteses dos estudos realizados, o castro de Cálago podería ter vinculación cos xacementos de A Lanzada e Adro Vello no Grove en vista da súa situac...
A PLATAFORMA CRITICA OS GASTOS DO SERGAS POLOS SERVIZOS DOS CREGOS NA SANIDADE 19.03.2018 2:16
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plataforma pola Sanidade Pública do Salnés realiza hoxe en Cambados o penúltimo peche nos concellos en contra a reforma da Lei de Saúde de Galicia. Tal como viñeron facendo nas últimas semanas, os membros da plataforma permanecen no interior da casa consistorial dende ás 9 ás 3 da tarde, informando aos veciños das consecuencias que, ao seu entender, terá...
A MANCOMUNIDADE SITUA EN DORRON O PRIMEIRO ALBERGUE DA RUTA SARMIENTO 16.03.2018 1:15
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés inicia en Sanxenxo a creación de albergues na Ruta do Padre Sarmiento. O primeiro deles estará ubicado en Dorrón na Residencia Relixiosa Calasancias Santa María do Mar. Para tal fin, foi asinado esta mañá o convenio entre ambas partes para o uso das instalacións, no que a entidade comarcal comprométese e promoción da hospedaxe de...
VARELA INCLUE NOS ORZAMENTOS O 80% DAS PROPOSTAS DE EU E SOMOS MAIORIA 16.03.2018 2:31
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo de goberno de Vilagarcía presentou esta mañá o proxecto de orzamentos para este ano, que se levará a pleno extraordinario do vindeiro día venres, día 23, contando xa co apoio dos dous concelleiros do BNG e do edil non adscrito Miguel Alves. As contas ascenden a 27,4 millóns de euros, o que supón un 1'37% máis que o ano pasado, con incremento no gas...
NNXX DE VILAGARCIA RECOLLE SINATURAS A FAVOR DA PRISION PERMANENTE REVISABLE 16.03.2018 2:00
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 NNXX de Vilagarcía comeza mañá sábado unha campaña informativa e de recollida de sinaturas a favor da prisión permanente revisable. O colectivo xuvenil instalará unha carpa na Praza de Galicia de 10.30 a 13.30 horas. O PP de Vilagarcía cree que o resultado do debate no Congreso celebrado onte “atende máis a un ataque xeralizado contra todo o que proveña de...
VILANOVA DARA O NOME DE VILA FARIÑA A UNHA PRAZA DO CAMPANARIO VELLO 15.03.2018 0:52
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O que fora cronista oficial de Vilanova, o Historiador Xosé Lois Vila Fariña, falecido o pasado xaneiro, dará nome a unha praza na contorna do Campanario Vello, preto dos restos arqueolóxicos do Mosteiro de Cálogo. Así o levará a pleno o grupo de goberno, tal como desvelaba esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán, que agarda contar co apoio dos grupos da oposic...
O PROXECTO DE ORZAMENTOS DE VILAGARCIA CONTA XA CO RESPALDO DO BNG 15.03.2018 3:10
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo de goberno de Vilagarcía xa ten o apoio do BNG para a aprobación dos orzamentos municipais deste ano, que se someterán a debate o venres 23 de febreiro en pleno extraordinario. O alcalde, Alberto Varela, e o portavoz municipal nacionalista, Xabier Ríos, chegaron esta mañá a un acordo no que se compromete a inclusión das propostas do BNG, que ascend...
CAMBADOS REUNE A COMISION DE PATRIMONIO PARA ESTUDAR 18 EXPEDIENTES 15.03.2018 3:39
A Comisión técnica de Patrimonio Histórico municipal de Cambados reuniuse esta mañá para abordar 18 expedientes urbanísticos de obras públicas e privadas que se van poñer en marcha nos vindeiros meses. No encontro estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo de Cambados, José Ramón Abal xunto con técnicos da Xunta, técnicos municipais e representantes do Colexio de arquitectos Concretamente, abo...
OS POLÍGONOS DE MEIS E VILAGARCÍA XA DISPOÑEN DE CONEXIÓN A INTERNET ULTRARRÁPIDA 15.03.2018 1:48
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os polígonos industriais de Covas e de Vilanoviña, no Concello de Meis e os de O Pousadoiro e Bamio en Vilagarcía contan xa con acceso a Internet de ata 350 Mbps. Son catro das 81 superficies empresariais galegas que quedarán conectadas a redes ultrarrápidas grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta, impulsado pola Amtega (Axencia para a Modernización Te...
SEIS EXPOSICIONS INTEGRAN O PROGRAMA DA SALA TORRADO EN CAMBADOS 14.03.2018 1:13
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados abre o programa de exposicións da Sala Torrado cunha exposición colectiva multidisciplinar de diferentes pintores e escultores que, baixo o nome de “Conversas Inesperadas, permanecerá ata o 1 de abril. Entre as seis mostras que se irán realizando ao longo do ano, está a da pintora de Cambados Emérita Méndez que gañou hai dous anos o cartel do Alba...
UN ESPELLO PARA A SALA DE XIMNASIA DO MULTIUSOS DE VILANOVA 14.03.2018 0:28
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Vilanova acaba de acondicionar a sala de ximnasia do Pavillón Multiusos coa instalación de espellos nun lateral. O goberno municipal cubre así as necesidades para a realización de actividades como de baile, expresión corporal, ximnasia de mantemento ou kempo. Nolo conta o tenente de alcalde, Javier Tourís.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.