Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CAMBADOS CONMEMORA ESTE XOVES O DIA DA NENA 08.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados conmemorará, por terceiro ano, o “Día Internacional da Nena”, en colaboración co CIM do Salnés. Será este xoves 11 de outubro na Praza do Concello nun acto no que se leerá un manifesto e se procederá á solta de globos en reivindicación dos dereitos das nenas que en todo o mundo son vexadas, maltratadas e humilladas polo feito de nacer muller. Camb...

A DEPUTACION DEMANDARA A GONZALO DURAN POR INCITACION AO ODIO 08.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As declaracións do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, nas que chamaba á presidenta da Deputación “chacha para todo” do “ancián” alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiron esta mañá a resposta por parte da institución provincial. Carlos López Font, como voceiro do goberno provincial, anunciou que a Deputación “presentará unha demanda contra o rexedor vilan...

Comezan as expropiacions de 52 parcelas para a rotonda da devesa 05.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Diario Oficial de Galicia (DOG publica hoxe a urxente ocupación dos bens e dereitos dos terreos sobre os que se vai a executar a nova rotonda da PO-531 no lugar de A Devesa, en Pontevedra. O anuncio da Consellería de Infraestructuras permite declarar a utilidade pública destes terreos co obxectivo de continuar a mellora da seguridade viaria da estrada, n...

CONCELLO E DEPUTACION DECLARAN NO XULGADO POLO PROXECTO DA PISCINA 05.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Técnicos do Concello de Vilanova e da Deputación declararán o luns no xulgado do contencioso de Pontevedra á raiz dunha segunda demanda interposta pola administración municipal contra a provincial. Despóis da polémica xerada pola estrada de Baión, o proceso xudicial ábrese agora tralo rexeitamento por parte da Deputación da proposta presentada polo Concell...

CAMBADOS REEDITA A FESTA DA VENDIMA EN RECOÑECEMENTO A 10 VITICULTORES DO MUNICIPIO 05.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados reedita a “Festa da Vendima” que se creou o ano pasado con motivo da Cidade Europea do Viño. A iniciativa é un recoñecemento a cinco mulleres e cinco homes, un e unha de cada parroquia, que levan toda unha vida adicados ao cultivo da uva e á elaboración do viño.. O evento será o sábado 13 de outubro no Auditorio da Xuventude ás 20.30...

ABRESE O PRAZO DOS PREMIOS A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS DE VILAGARCIA 04.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía abre o prazo de presentación de proxectos á II edición dos “Premios a Iniciativas Emprendedoras”, que, este ano, contan cun aumento da partida destinada aos gañadores ata os 12.080 euros, un 34% máis que o pasado ano. O prazo estará aberto ata o 11 de outubro. Os premios están dirixidos a emprendedores, startups, micropemes, autóno...

CAMBADOS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICION DE EMPRENDEMAR 04.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Cambados pon en marcha unha nova edición do Proxecto Emprendemar, destinado ao emprendemento e a formación no sector marítimo pesqueiro, e que o ano pasado conseguiu o primeiro premio Economía Azul. Tralo éxito da pasada edición, na que houbo unha inserción laboral do 60% dos participantes, o concello de Cambados ten preparados 4 novos cursos...

O MERCADO DAS FLORES DE CAMBADOS CONTARA ESTE ANO CON 27 POSTOS 03.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Un total de 27 floristerías, unha máis que o ano pasado, participarán este ano no Mercado das Flores de Cambados que se ven realizando tradicionalmente en vésperas de Defuntos. A ubicación continuará no Salón Peña e desta volta abrirán tres días: o 30 e o 31 de outubro en horario de 8 a 22 horas e o propio día de Defuntos de 8 a 15 horas. Os postos contará...

VILAGARCIA AXUDA CON 5400 EUROS A TRES CENTROS SOCIOCULTURAIS 03.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía asinou esta mañá convenios de colaboración no financiamento dos centros socio culturais non municipais: o Gato Negro de Carril; A Laxe e Solobeira-O Sixto. A cada un deles irán destinados 1.800 euros para sufragar a realización de actividades ou compra de material. No acto de sinatura dos convenios, o alcalde, Alberto Varela, consi...

EN MAREA RECLAMA A TITULARIDADE MUNICIPAL DO ENTORNO DO XARDIN UMBRIO DE VILANOVA 03.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo de En Marea no Parlamento de Galicia pedirá á Xunta que requira a Costas do Estado que ceda a titularidade municipal sobre os máis de 21.000 metros cadrados nos que se ubican a praza, o colexio novo e o pabillón. A concesión actual rematou o pasado mes de xuño. Así o explicaban esta mañá a Concelleira de Gañemos Vilanova Elena Cores e a deputada de...

ARAGUNDE SERA DE NOVO CANDIDATO A ALCALDIA DE CAMBADOS 03.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Luis Aragunde repetirá como candidato á alcaldía de Cambados polo Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais. A súa foi a única candidatura presentada e foi respaldada por unanimidade. A decisión fíxose pública esta pasada noite trala celebración do comité executivo provincial do PP, que se celebrou en Cambados, e no que estiveron presentes o presi...

VILAGARCIA SERA A ULTIMA ETAPA DA MARCHA CICLISTA UNIFICADA 02.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Marcha Ciclista Unificada para personas con e sen discapacidade intelectual, que organiza Special Olympics Galicia por sexto ano consecutivo, chega este domingo 7 de outubro a Vilagarcía. Será a fin de 4 etapas, unha por provincia, que comezarán este xoves na localidade ourensá de Baños de Molgas. Nas diferentes marchas participarán en total 75 atletas c...

A OMIX DE CAMBADOS ESTREA PAXINA WEB 02.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A oficina municipal de xuventude de Cambados estrea paxina web. A través de esta nova ferramenta poderanse consultar as actividades organizadas para os e as xovenes da vila así como cursos, alternativas de ocio, solicitar carnés de desconto ou confeccionar un curriculum en liña. A paxina web foi desarrollada polo técnico do concello Manuel Rey mediante sof...

A FAMILIA SOUTOMAIOR DOA A CAMBADOS SEIS PEZAS DE PRATA PARA O MUSEO DO VIÑO 02.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados recibiu esta mañá unha doazón de 6 pezas de prata do século XIX, con motivos vitivinícolas, cedidas pola familia Soutomaior e que permanecerán dende agora no Museo do Viño. A familia reside habitualmente en Canadá e decidiu deixar en Cambados estes obxectos de prata pertencentes aos seus antepasados. Así o explicaban a alcaldesa, Fátima Abal, e Yo...

O CENTRO DE DIA DE CAMBADOS COMEZA A RECIBIR OS PRIMEIROS USUARIOS 01.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Centro de Día de Cambados recibiu hoxe, Día Internacional do Maior, os dous primeiros usuarios e para o mércores agárdase a chegada de outros dous. Os catro son veciños de Cambados que estaban en lista de espera ou asistindo ao centro de Portas. A previsión é que a finais de ano esté a pleno funcionamento coas 25 plazas previstas xa ocupadas. Ademáis, a...

A ESCOLA DE MUSICA DE VILANOVA ACHEGASE AO CENTRO CUNHA NOVA AULA 01.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A escola de música municipal de Vilanova dispón dende agora dunha nova Aula máis céntrica. Está ubicada na Casa Museo Irmáns Camba e alí se ofrecerán clases de flauta, trompeta e música en movemento para os máis pequenos. Así nolo explica o director da Escola, Jesús Nogueira, na presentación desta nova aula, acompañado do alcalde, Gonzalo Durán, e o tenent...

Un curso sobre a lingua de signos para comprender mellor o mundo dos xordos 01.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados pon en marcha un curso sobre língua de signos. Será unha primera toma de contacto con esta língua para poder manter unha conversa con persoas xordas, así como comprender a súa cultura e a realidade do seu día a día. A formación comenzará o 20 e outubro e terá lugar os sábados ata finais de maio en horario de 17 a 18:30 horas no centr...

COMEZA O OBRADOIRO EMPRENDE XOVEN DE CAMBADOS 28.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Obradoiro de Emprego de Cambados “Emprende Xoven” arrancou esta mañá cun total de 16 alumnos nos módulos de “TIC’s e actualización dixital de equipamentos informáticos” e “Xuventude Activa” de dinamización de tempo libre. Todos eles recibirán durante seis meses unha formación axeitada que lles permita, unha vez finalizado o obradoiro, incorporarse ó merc...

O CICLO DE TEATRO ADULTO DE CAMBADOS REGRESA AOS DOMINGOS 28.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados abre unha nova edición do Ciclo de Teatro Adulto recuperando os domingos como día das funcións. O público poderá disfrutar de tres comedias e un drama todos os domingos de outubro ás 19 horas no Auditorio da Xuventude. Concretamente as representacións serán Commedia, Pan! Pan!, Estás aí? e 1879-Casa de Bonecas Os detalles explicábaos esta mañá o C...

VILAGARCIA COLABORA CON A POR TODAS NO ACOMPAÑAMENTO DE VICTIMAS DE MALOS TRATOS 28.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Vilagarcía e a Asociación A Por Todas asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a prestación de labores de acompañamento a mulleres víctimas de malos tratos. O acordo consiste na financiación de 2.000 euros para os gastos da entidade durante os acompañamentos e na cesión do uso da escola unitaria de Bamio para atender as usuarias e...

UN MALETIN DE CONTROL REXISTRARA OS VERQUIDOS INDUSTRIAIS A EDAR DE RIBHADUMIA 28.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A rede de saneamento da Mancomunidade do Salnés, que deriva na Edar de Ribadumia, terá a a partir de outubro unha nova ferramenta que permitirá un seguimento sobre os verquidos de procedencia industrial que non cumpran cos criterios mínimos exixidos. Trátase dun maletín que controla a calidade da agua, detecta cuando os niveis non son adecuados e toma most...

A RAPIDEZ NA EXTICION DEIXOU NUN CONATO UN INCENDIO EN XIABRE 27.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Afortunadamente, o incendio que a pasada tarde se rexistraba en Xiabre, nunha zona de difícil acceso, puido extinguirse con rapidez gracias ao rápido despliegue dos servizos contraincendios. Os helicópteros recolleron a auga do embalse de Castroagudín pero tamén dun pequeno alxibe do entorno de Berdón. O Concelleiro de Medio Ambiente de Vilagarcía, Lino Mo...

O PLAN INTEGRADO DE EMPREGO DO SALNES TEN UN ALTO INDICE DE INSERCION LABORAL 27.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Plan Integrado de Emprego, promovido pola Mancomunidade do Salnés, está a xerar un alto índice de inserción laboral. Proba delo é o Curso de Impresión 3D e Realidade Virtual que se está a desenvolver no Centro de Desenvolvemento Local, coa participación de 15 alumnos, que ten unha ampla saída ao mercado laboral. Así nolo explicaban o xerente da Mancomuni...

UNS 300 CICLISTAS PARTICIPARAN NA IV EDICION DA MARCHA DO MARISCO 26.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Uns 300 ciclistas participarán na IV edición da Marcha Ciclista do Marisco que se vai celebrar este domingo dentro do programa da Festa de O Grove. A proba, que conta coa colaboración do Concello, terá un percorrido de 104 kms. Sairá de O Grove, da Praza do Corgo ás 9 horas e pasará polos Concellos de Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis e Poio, para rematar d...

UN CENTO DE ESPECIALISTAS ABORDARAN EN CAMBADOS OS TRATAMENTOS DO CANCRO DIXESTIVO 24.09.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados seré sede este ano da VI Reunión Anual do Grupo Galego de Investigación de Tumores Dixestivos na que participarán máis dun cento de especialistas de toda Galicia implicados no tratamento deste tipo de cancro. O Congreso terá lugar no Salón Peña de Cambados o 5 e 6 de outubro, contando coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais, Terceira I...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.