Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A FGCN RECADOU 150.000 EUROS NA VENDA DE BENS INCAUTADOS AO NARCOTRAFICO 25.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Galega Contra o Narcotráfico e a Xunta de Galicia renovaron esta mañá o convenio de colaboración para o funcionamento do Servizo de Xestión de Bens Incautados ao Narcotráfico. O acordo, por importe de 15.000 euros, permitirá manter a disposición dos xulgados un servizo especializado na xestión, depósito e venda anticipada dos bens decomisados....

APARECEN RESTOS HUMANOS NA ZONA SUR DE CALAGO 24.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As excavacións de Cálago deixaron un importante achádego a posteriori. Trala visita guiada do pasado domingo á zona arqueolóxica, e cando xa os traballos se deran por finalizados, foron atopados restos humanos dun varón de pequena estatura na zona sur do Mosteiro, onde non se centraran as excavacións. O aviso da presenza destes restos deuna un veciño que p...

VARELA ACUSA A XUNTA DE NINGUNEAR A VILAGARCIA NOS ORZAMENTOS DE 2019 23.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno de Vilagarcía asegura que a Xunta ningunea á cidade nos orzamentos de 2019. O alcalde, Alberto Varela, fixo esta mañá valoración das partidas autonómicas lamentando que a Xunta non contemple inversións para a ambulancia medicalizada, a creación do novo centro de saúde, a autovía a Pontevedra ou o saneamento da Ría de Arousa. Para Varela, a Xunta...

CASTES CONVERTESE NUNHA FEIRA DO VIÑO INTERNACIONAL CON CAMPIONATO DE CATA 22.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Feira Independente do Viño "Castes" trae a Vilagarcia o primeiro Campionato de España de Cata por Equipos. O que comezou como unha micro feria que se levou a cabo o pasado ano no bar Derby, creceu considerablemente ata esta segunda edición na que 48 adegas de España, Portugal, Francia e Italia presentarán os seus viños. O evento celebrarase o 25 de novem...

O parque empresarial de nantes marca un novo futuro para sanxenxo 22.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O polígono de Nantes ponse en marcha hoxe tras anos de paralización. O Concello e os membros do Consello Rector da Xunta de Compensación celebraron esta mañá o acto de recepción do parque con gran satisfacción por ambas partes. Para o Presidente do Consello Rector, Manuel Barbeito, esta data marca un antes e un despóis no desenvolvemento de Sanxenxo e da c...

AS OBRAS DA RUA REAL DEIXAN A LUZ UNHA CONSTRUCCION ARQUEOLOXICA 19.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As obras de soterramento do cableado eléctrico que se están realizando na Rúa Real de Cambados deixaron ao descuberto unha construcción arqueolóxica que podería formar parte do Pazo de Fefiñáns. Un descubrimento que desvelaban esta mañá o Concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, e o técnico municipal de Patrimonio, Javier Montero.

COMEZA EN VILAGARCIA O OBRADOIRO LABORA XOVE 19.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía puxo en marcha esta mañá o Obradoiro “Labora Xove” no que un total de 16 alumnos-desempregados se formarán durante seis meses en socorrismo e atención ao cliente. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, Alfonso Marnotes, visitou esta mañá o obradoiro e animou aos alumnos a aproveitar a formación.

VILANOVA INTERPON UNHA NOVA DEMANDA CONTRA A DEPUTACION 19.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Vilanova interporá unha nova demanda xudicial contra a Deputación de Pontevedra. Neste caso, será por serlle denegado o proxecto presentado ao amparo do Plan Deporemse para converter en zona peonil o entorno de Tremoedo onde están ubicados o colexio, o pabellón, o campo de futbol e a casa de Cultura. A actuación, valorada en máis de 400.000 e...

MELLORAN O FUNCIONAMENTO DA APLICACION PERCEGURU 19.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A aplicación que utilizan os percebeiros para consultar as condicións do mar nas súas zonas de traballo , a denominada Percegurú, acaba de ser mellorada. A ferramenta web existe desde o ano 2012 pero agora mellora a súa resolución e dispón de prediccións en maior amplitud de costa con 1.032 tramos, actualiza a información automaticamente sen interrupción n...

OBRAS DE PAVIMENTACION DE AVENIDAS EN CAMBADOS 18.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados está a realizar a mellora do firme da Avenida de Vilagarcía, nun tramo de 2.000 metros cadrados, unha vez que a Xunta cedeu a súa titularidade. Os traballos, financiados a través do Plan Concellos 2016 por un importe de 20.000 euros, finalizarán o vindeiro luns. Tras esta actuación, o goberno municipal continuará coa mellora do pavim...

CONCELLO E ZONA CENTRO COMEZAN A ORGANIZAR O NADAL 18.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Concello de Cambados a asociación de comerciantes Zona Centro empezan a organizar a campaña de Nadal, as actividades infantís e o alumeado das rúas. Dende o Concello apostan por seguir realizando obradoiros e xogos no Salón Peña coa colaboración dos alumnos do obradoiro de monitores de tempo libre e mesmo aumentar o número de días. Asimesmo, tamén estudará...

O OUTONO CHEGA A CAMBADOS CUNHA AMPLA PROGRAMACION CULTURAL 17.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A programación cultural de outono chega a Cambados con mumerosos espectáculos familiares na Biblioteca Luis Rey, ademáis de concertos e teatro. Dentro das activides principais, o Concelleiro de Cultura Victor Caamaño, destaca o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, o Samaín, o 31 de outubro, e o Cabodano de Cabanillas o 9 de novembro, data na que, ademáis s...

APROBADO DEFINITIVAMENTE O NOVO PXOM DE CALDAS 16.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Caldas de Reis xa ten novo Plan Xeral de Ordenamento Municipal para os próximos 16 anos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou esta mañá a orde de Aprobación Definitiva do documento urbanístico e mantivo unha reunión co rexedor municipal, José Manuel Rey. O novo Plan Xeral de Caldas reserva máis de 560.000 metros ca...

A FESTA DO MARISCO PECHASE CON 160.000 RACIONS VENDIDAS E 700.000 EUROS RECADADOS 15.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello do Grove está satisfeito cos resultado da edición da Festa do Marisco que se clausurou este domingo. Tras dez días de eventos e gastronomía foron máis de 160.000 as racións vendidas, superándose os 700.000 euros de recadación. Ademáis, ainda que os datos rozan as cifras históricas do ano pasado, o venres foi o mellor día de todas as celebracións...

COMEZAN AS OBRAS DE REPOSICION NA PONTE DA ILLA DE AROUSA 15.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta de Galicia comeza hoxe a sustitución dunha das xuntas de dilatación da ponte da Illa de Arousa que deu problemas durante o pasado 25 de xullo, mesmo provocando retencións e accidentes entre os condutores que usaban a vía. Tal como se anunciara, a actuación realízase despois do verán, para evitar así a afección ao tráfico. CCOs traballos, que suporá...

Mais de 600 vehiculos con grandes ofertas en motor okasion 11.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A cuarta edición de Motor Okasión abre hoxe as súas portas en Vilagarcía cunha exposición de 600 vehículos procedentes de 19 concesionarios e prezos dende 1.000 a 128.000 euros. Éste último é o que costa o coche estrela deste ano: un Porche GT3. Os organizadores agardan venda de máis de 100 vehículos, tal como nos contaba o seu portavoz, Juan Lijó.

GONZALO DURAN AMPLIA OS PROCESOS XUDICIAIS CONTRA A DEPUTACION 11.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilanova non quere seguir pronunciándose sobre as súas controvertidas declaracións sobre a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e agardará ao que diga o xuiz trala denuncia presentada polo goberno provincial contra el. Sen embargo, Gonzalo Durán afirma que “non se arrepinte de nada porque está defendendo aos seus veciños" e asegura que nin...

VILANOVA ABRE AS SONATAS DE OUTONO EN HOMENAXE A VALLE INCLAN 10.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova abre hoxe os actos das Sonatas de Outono, en homenaxe a Valle Inclán, que se prolongarán durante todo este mes de outubro con actividades en todos os colexios do municipio. Ademáis, este ano recupérase o “Certame de Tunas” o sábado 27 de outubro ás 19 horas. Así nolo contaban o Concelleiro de Cultura, Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán.

CAMBADOS ORGANIZA O SEGUNDO SIMPOSIO INTERNACIONAL LGTBI 10.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados organiza o II Simposio Internacional LGTBI para visibilizar e normalizar, por segundo ano consecutivo, a diversidade sexual. O evento será o sábado 27 de outubro en Exposalnés, con entrada libre, dende as 10 horas. Alí estarán ponentes de Brasil, Galicia Arxentina e Portugal para dar coñecer cómo se vive a transexualidade nos diferentes países Est...

VILANOVA AMPLIA VIAIS E PUNTOS DE LUZ NA PARROQUIA DE SAN MIGUEL 09.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova está realizando diversas actuacións na parroquia de San Miguel. Concretamente, instalaranse catorce novos puntos de luz en diferentes zonas e ampliaranse algúns viais para mellorar a seguridade viaria. Neste último punto, a primeira actuación correspondeu ao lugar de Viñagrande, nun tramo moi frecuentado polo transporte escolar, cunh...

O CAMBIO DO TRAFICO NO CENTRO DE VILAGARCIA EMPEZARA ESTE XOVES 09.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O anunciado cambio da circulación rodada no centro urbano de Vilagarcía entrará en vigor este xoves ás 11 da mañá, un día recomendado pola Policía Local para facer as modificacións debido a que ao ser véspera de festivo será unha xornada de pouco tráfico. Lembramos que Arcebispo Lago e Conde Vallellano somente serán de saída a través da Praza de Galicia e...

A DEPUTACION DESTINOU 59 MILLÓNS DE EUROS NO SALNÉS-AROUSA EN 3 ANOS 09.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Deputación de Pontevedra leva investidos durante os tres anos de lexislatura 59 millóns de euros nos concellos da comarca do Salnés, xunto con Catoira, Pontecesures e Valga, entre os diferentes Plans Provinciais. É o balance que facía esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo cos medios no que dixo sentirse orgullosa do...

Rueda considera desafortunadas as declaraciÓns de duran sobre a presidenta provincial 08.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, rompeu esta mañá o silencio do PP sobre as declaracións do alcalde de Vilanova nas que chamaba “chacha para todo” á presidenta da Deputación. Nunha intervención en TVG, Alfonso Rueda recoñeceu que as declaracións do rexedor vilanovés son “desafortunadas” e dixo non compartilas. Ademáis, Rueda responde ao acontecido...

SERVILLETAS CON PASATEMPOS EN GALEGO PARA IMPULSAR O IDIOMA 08.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cinco alumnos do IES Castro Alobre de Vilagarcía elaboraron diseños de servilletas con pasatempos en galego para a hostelería do municipio. A actividade "Pasa tempo co galego", promovida polo equipo de Normalización Lingüística do instituto vilagarcián en colaboración coa conselleria de cultura que dirixe Sonia Outón, ten como finalidade achegar á ciudadan...

O REVENIDAS XEROU UN IMPACTO ECONÓMICO DE 711.000 EUROS EN AROUSA 08.10.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Festival Revenidas de Vilaxoán xerou un impacto económico na comarca de Arousa de 711.000 euros, segundo un informe de avaliación impulsado pola Agadic, en colaboración coa Universidade de Santiago, como parte das accións desenvolvidas baixo a nova marca da Xunta FEST Galicia, para promover Galicia como destino musical . Ademáis a décimo quinta edición d...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.