Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

TORRADO FAI BALANCE DO TRABALLO SOCIALISTA EN AROUSA DURANTE A LEXISLATURA 19.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O deputado socialista no Parlamento Julio Torrado fixo esta mañá balance do traballo feito polo seu grupo durante esta lexislatura na comarca de Arousa. Torrado destacou as iniciativas plantexadas en materia de saneamento da ría e insistiu no abandono da comarca por parte do goberno da Xunta.

O GES DE SANXENXO REFORZASE CUN NOVO SISTEMA DE EXCARCERACION 17.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Sanxenxo reforza o seu equipamento cun novo sistema de excarceración facilitado pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. O novo equipo foi supervisado esta mañá polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde Telmo Martín. Ambos destacaban a importancia do traballo que realiza este gru...

VILANOVA SOLICITARA A XUNTA UNHA FURGONETA ELECTRICA PARA O SERVIZO DE OBRAS 17.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladouse esta mañá a Vilanova para comprobar o funcionamento do coche eléctrico do que dispón a Policía Local dende o pasado novembro. O vehículo ten un motor de 40 kilowatios e máis de 300 kilómetros de autonomía e supuso un investimento de 40.000 euros, financiados nun 80% pola Xunta e o restante pola administ...

O ALUMNADO DO CASTRO ALOBRE CREAN UNHA MOSTRA SOBRE SAN VALENTIN DIVERSO 14.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Un total de 41 fotografías participaron no I Premio de Fotografía "Regala Diversidade" organizado polo IES Castro Alobre, en colaboración coa Asociación de Comerciantes Zona Aberta e o Concello, para celebrar o San Valentín "Diverso". As tres fotografías gañadoras do certame, cunha temática sobre as relacións afectivas, recibiron vales compra de 60, 30 e 2...

O MULTIUSOS DE VILANOVA XA CONTA CUN ASCENSOR QUE MELLORA A ACCESIBILIDADE 14.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Pabillón Multiusos de Vilanova está xa dotado cun ascensor que mellora a accesibilidade do edificio. A instalación do elevador foi adxudicada á empresa Enor por un importe total de 38.962 euros, financiados co apoio da Xunta, que aportou 20.000 euros. A actuación tamén incluiu a creación dunha plataforma entre as gradas para que as persoas con cadeira de...

O CONCELLO ATENDE AS PETICIONS DOS VECIÑOS DE VAZQUEZ LEIS MENTRES NON SE POIDA REMATAR A OBRA 13.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Coordinador de Seguridade e Saúde da obra da Rúa Vázquez Leis fará unha inspección para determinar os puntos que é preciso acotar, os medios para asegurar o valado e acondicionar os accesos ás vivendas. Así o anunciaron o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a Concelleira de Urbanismo, Paola María, durante a reunión celebrada esta pasada noite cos ve...

DOUSCENTOS XIMNASTAS DE TODA ESPAÑA PARTICIPAN NUN TORNEO EN VILANOVA 13.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova acollerá este sábado o I Torneo de Ximnasia Rítmica para as categorías base e federado, organizado polo Clube Ximnasia Rítmica Arousa. Uns 200 deportistas, nenas e nenos de toda Galicia, Asturias, Levante e outras zonas de España, competirán este sábado 15 de febreiro a partir das 9 horas da mañá no multiusos de Vilanova de Arousa. Un evento que p...

OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A DEBATE NO III CONGRESO DE IN.XURGA 12.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os xuristas da Asociación In. Xurga, Xuristas pola Inclusión, celebran este venres 14 e o sábado 15 o seu III Congreso sobre os dereitos das persoas con discapacidade e dependencia. O evento terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra con entrada gratuita previa inscripción necesaria dende a páxina web da Asociación. De todo elo falamos con Ana María Castr...

O ENTROIDO DE CAMBADOS QUEIMARA AS LISTAS DE AGARDA DA SANIDADE 12.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades organizadas para celebrar o Entroido do 21 ao 26 de febreiro, no que se distribuirán máis de 7.500 euros en premios. Os festexos comezarán o venres 21 coa parodia do concurso "A rúa cara sóame" dende as 22:30 na Praza de Alfredo Brañas. O sábado pola tarde haberá actividades e obradoiros para nenos...

CAMBADOS NAMORA VOLVE A PROMOVER AS COMPRAS POR SAN VALENTIN 11.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados e a Asociación de Comerciantes Zona Aberta poñen en marcha a segunda edición de Cambados Namora para promover as compras na campaña de San Valentín. Durante os días 14, 15 e 16, os letreiros coas palabras Cambados, Amor, Bicos e Love, ubicaranse na Praza do Concello, na Praza de Asorey, na Praza de Alfredo Brañas e como novidade este...

O PP ESTA NUN PROCESO DE MELLORA CONTINUA, DI ALFONSO RUEDA 10.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 “O PP está nun proceso de mellora contínua e aspira a gobernar en todos os concellos”. Así se refería esta mañá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, á petición formulada polo alcalde de Vilanova reclamando cambios na comarca tralas eleccións autonómicas. Ademáis, Rueda tamén respaldou á decisión dos representantes populares de regresar ao pleno da Man...

QUINCE DESEMPREGADOS DO SALNES FORMARANSE EN VITICULTURA EN CONDES DE ALBAREI 07.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Plan de Emprego da Mancomunidade do Salnés incorpora un novo ámbito de formación para os demandantes de emprego da comarca. Desta volta, a adega Condes de Albarei e Pazo Baión formará nos vindeiros meses a 15 alumnos en maerias vinculadas coa xestión e mantemento dunha adega. Aprenderán aspectos como etapas de maduración da uva, principais enfermidades d...

O PSOE VISIBILIZA EN VILAGARCIA O SEU RESPALDO A MANIFESTACION DO DOMINGO 07.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os socialistas visibilizaron esta mañá en Vilagarcía o seu respaldo á manifestación en defensa da Sanidade Pública deste domingo en Santiago convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. O deputado do grupo parlamentario na Cámara Galega, Julio Torrado, acompañado do alcalde Alberto Varela e concelleiros socialistas de Vilagarcía expresaron diante do Cen...

MARTA GIRALDEZ VALORA DE SENTIDO COMUN O REGRESO DUNHA PARTE DO PP AO PLENO DA MANCOMUNIDADE 07.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez valora como “de sentido común” o regreso dunha parte do PP ao pleno da entidade comarcal. Os representantes de Cambados, A Illa e Sanxenxo tomaron posesión na sesión da pasada noite rectificando a decisión adoptada no pleno constitutivo en sinal de protesta pola forma en que fora convocado. Todos eles siguen pe...

VILANOVA SUSTITUIRA AS PALMEIRAS DA PRAZA DOS OLMOS AFECTADAS POLO PICUDO 06.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova reemplazara as palmeiras da Praza dos Olmos afectadas polo picudo bermello por outros exemplares que non corran o risco da presencia do escarabello asiático. Os traballos serán realizados polos alumnos do Obradoiro de Emprego de Xardinería, que xa empezaron a preparar os espazos verdes do municipio de cara o verán, tal como nos conta...

NOVA EDICION DOS PREMIOS AO EMPRENDEMENTO DE VILAGARCIA 05.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía convoca unha nova edición dos Premios ao Emprendemento para apoiar a creación de novas empresas. Nesta nova convocatoria, na que poderá participar cualquer persoa cunha idea de negocio ou cunha empresa con menos de 24 meses de actividade, incrementarase o importe dos premios, cun primeiro de 8.000 euros, un segundo de 5.000 euros e...

VILANOVA INTEGRA A USUARIOS DE LAR EN TRABALLOS DE MANTEMENTO 04.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova promove a integración de usuarios da asociación Lar Pro Saúde Mental en actuacións no municipio. O goberno municipal ven de contratar a dous traballadores deste colectivo para que acondicionen diferentes espazos públicos de cara á tempada estival. Concretamente, encargaranse da reparación e mantemento dos bancos do Xardín Umbrío, tal...

O SECTOR PESQUEIRO CONTARA CON AXUDAS CONTRA O LIXO MARIÑO 04.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sector pesqueiro e as organizacións non gobernamentais poderán beneficiarse este ano, e por primeira vez, de axudas destinadas a accións de recollida de lixo mariño en Galicia. O anuncio facíao esta mañá en A Illa de Arousa a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita á confraría. Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de...

AS XORNADAS DE ESPUMOSOS CAMBIAN DE IMAXE E INCORPORAN ACTIVIDADES 04.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados ten xa todo preparado para a celebración da Festa do Albariño Espumoso, que nas súas VIII Xornadas cambia de imaxe e de rumbo. Baixo o slongan “essspop” o evento crece en días e actividades convertendo ao Salón Peña en epicentro dos Espumosos Rías Baixas dende o 14 ao 16 de febreiro, coa participación de 14 adegas da Denominación de...

A CAMELIA DE RUBIANS RECUPERA FEBREIRO NA SUA XII ESPOSICION 04.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía e a Asociación O Souto de Rubiáns organizan a XII Exposición da Camelia. A cita terá lugar os días 15 e 16 de febreiro no Centro Cociocultural de Rubiáns e contará cuns 55 expositores. As xornadas comezarán o sábado as 17 horas coa inauguración da exposición e dunha mostrar fotográfica de Manuel Hermosa Rivas. Posteriormente, as 18...

A UNIVERSIDADE POPULAR DE A ILLA PROGRAMA CURSOS DE EMPREGABILIDADE PARA XOVENES E MULLERES 03.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de A Illa de Arousa pon en marcha, a través da Universidade Popular, dous cursos gratuitos de empregabilidade dirixidos a xóvenes e a mulleres de toda Galicia en risco de exclusión social. Son concretamente, formación teórico-práctica en hostelería e turismo e limpeza de superficies en edificios e locais. No primeiro caso, abordaranse técnicas b...

O BNG DO SALNES INICIA UNHA CAMPAÑA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA 03.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O BNG do Salnés inicia unha campaña “En Defensa da Sanidade Pública” dende as institucións con mocións nos concellos pero tamén centrada na rúa e na veciñanza. Os primeiros pasos serán o apoio á manifestación convocada para este vindeiro domingo día 9 en Santiago e unha charla sobre a problemática da sanidade que a formación nacionalista ofrecerá este mérc...

VILAGARCIA CELEBRARA SAN VALENTIN REIVINDICANDO OS DEREITOS LGTBI 31.01.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os comerciantes de Vilagarcía e o Concello preparan para este ano unha campaña de San Valentín que, ademáis de incentivar as compras, centrarase na reivindicación dos dereitos LGTBI. A idea xurdiu de Zona Aberta e foi ben acollida polo goberno local, coa colaboración do CIM e o IES Castro Alobre, baixo o slogan "Amamos a Diversidade". A iniciativa inclue a...

O PP RECLAMA QUE O GOBERNO ACLARE AS MODIFICACIONS DA LEI DE COSTAS 31.01.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os alcaldes e representantes do PP da provincia reflexaron esta mañá nun encontro en Vilagarcía a súa preocupación pola modificación do regulamento xeral de Costas. Os populares reclaman ao Goberno do Estado que aclare por escrito “os aspectos que manteñen en vilo ao sector do mar”, tal como resumía a alcaldesa de Marín, María Ramallo.

RIBADUMIA MELLORA TRES CAMIÑOS RURAIS MEDIANTE O PLAN MARCO DA XUNTA 31.01.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde David Castro, supervisaron esta mañá diversas obras do Plan Marco de mellora de camiños municipais. Trátase da ampliación e pavimentación do Camiño de Couto e viais en Outeiral e Cruceiro Vello que supuseron un investimento total de 45.000 euros. O rexedor amosaba a súa sa...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.