Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O CIM DO SALNES ATENDE AO ANO UNHAS 250 MULLERES EN SITUACION DE VULNERABILIDADE 04.03.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Unhas 250 mulleres do Salnés en situación de vulnerabilidade son atendidas anualmente polo Centro de Información á Muller comarcal. Alí reciben asesoramento tanto xurídico como psicolóxico, ademáis de laboral, por parte das responsables do CIM que esta mañá estiveron na presentación das actividades do 8 M programadas a nivel comarcal.

ZONA CENTRO REPARTE 600 EUROS NA CAMPAÑA DO DIA DO PAI E UNHA VIAXE A ASTURIAS 03.03.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación de Comerciantes Zona Centro e o Concello poñen en marcha a campaña do Día do Pai que presentaban esta mañá o presidente dos comerciantes Juan Rey, e o Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín. Nesta ocasión, distribuiranse un total de 30.000 boletos entre os clitentes dos establecementos asociados que poderán optar a 600 euros en vale...

MEIS ORGANIZA UN ALMORZO DE EMPRENDEMENTO FEMININO NOS ACTOS DO 8M 03.03.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Meis ten xa preparada unha ampla programación para conmemorar a celebración do 8 M Día da Muller. Os actos comezarán este venres cun almorzo de emprendemento feminino e a lectura do manifesto, tal como nos contaba esta mañá a alcaldesa Marta Giráldez.

Pp e psoe presentan unha mocion de censura en catoira 03.03.2020

Moción de censura en Catoira. Os portavoces do Partido Socialista e do Partido Popular en Catoira, Alberto García e Iván Caamaño, presentaron esta mañá no Rexistro do Concello o escrito que promove esa moción de censura que desaloxará do goberno local ao nacionalista Xoan Caamaño. Os motivos xustifícanos nunha carta asinada por ambos para ser remitida en próximos días a todos os veciños do municip...

CONSTRUIDOS OS PRIMEIROS TRAMOS DE SENDA EN DEIRO, VILANOVA 02.03.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Avanzan as obras de construcción das novas sendas peonis e ciclistas en Vilanova, que a Xunta executa na PO-549 por importe de 1,5 millóns de euros. O alcalde Gonzalo Durán, supervisou esta mañá a realización dos dous primeiros tramos creados.

CAMBADOS RECOÑECERA O TRABALLO DE MULLERES DA VILA NA GALA DO 8M 02.03.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades que se levarán a cabo con motivo da conmemoración do 8M, Día da Muller Traballadora. Os actos comezan este venres día 6 cun almorzo de emprendedoras ás 10 horas en ExpoSalnés e coa lectura do manifesto na Praza do Concello ás 12 do mediodía. O sábado terá lugar un café coloquio sobre "10 cousas que...

A PLANTILLA DE COINBA CONSIGUE QUE A SEGURIDADE SOCIAL DESBLOQUEE AS CONTAS 02.03.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plantilla de COINBA mobilizouse esta mañá ante a negativa da Seguridade Social a desbloquear as contas da empresa, inmersa en concurso de acreedores. Un grupo de traballadoras, respaldadas polo comité de empresa, pechouse esta mañá na sede da Seguridade Social en Vilagarcía coa intención de non abandonar a mobilización ata que o organismo retirara o emba...

VILANOVA INICIA A SENDA ATA LOBEIRA COA RECUPERACION DUN MUIÑO ESQUECIDO 28.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova inicia a primeira actuación no proxecto de creación dunha senda entre os Muiños de Currás e Lobeira. Os alumnos do Obradoiro de Emprego están recuperando o Muiño de O Piruchiño, que ata agora estaba oculto pola maleza e do que se descoñecía a súa existencia. Nolo contan a directora do Obradoiro, Elena Suárez, e o alcalde Gonzalo Durá...

Vilagarcia conmemora o 8m cunha semana de actividades a prol da igualdade efectiva 28.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía conmemorará o 8M, Día da Muller Traballadora, cunha semana de actividades para concienciar á cidadanía e loitar pola igualdade efictiva entre homes e mulleres Os actos comezarán este domingo 1 de marzo, coa manifestación convocada en Verín. O concello de Vilagarcía porá a disposición un autobús para todas as persoas que queiran asistir. Só deber...

A PLANTILLA DE COINBA TEME QUE O CONCURSO DE ACREEDORES SE DEBA A UNHA TRAMA URBANISTICA 28.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plantilla da empresa COINBA, ubicada en Vilaxoán, non acaba de comprender os motivos da dirección da firma para presentar o concurso de acreedores. O comité de empresa, representado no sindicato CIG, expresaba esta mañá en rolda de prensa a súa incredulidade ante unha situación que pode levar ao peche da única empresa que queda na zona. Segundo a represe...

A UNIDADE DE ATENCION TEMPERA PODERIA AMPLIARSE A OUTROS CONCELLOS 27.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta estuda a posibilidade de ampliar a dotación da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá da comarca do Salnés, ubicada en Vilagarcía. O centro leva tempo ao límite da súa capacidade asistencial debido á alta demanda do servizo ao que acuden familias de todos os municipios da comarca. Por tal motivo, dende a Xunta, o director xeral de M...

Os afectados polas listas de espera reunense con varela 27.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma de afectados polas listas de espera sanitarias no Salnés continúa coa rolda de encontros cos partidos políticos para que recollan as súas demandas cara as vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril. Tras reunirse onte coa deputada do BNG Montse Prado, o colectivo faino esta mañá co alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e mañá teñen previst...

RIBADUMIA ACOLLE ESTE DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE JIU-JITSU 27.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ribadumia acolle este domingo 1 de marzo o Campionato Galego de Jiu-Jitsu nas modalidades absoluta e promesas. A competición, na que se agarda a participación de máis de 100 deportistas de toda Galicia, desenvolverase no pavillón deportivo de Sisán e comezará ás 10:30 cos duelos das promesas alevíns e infantís. O campionato foi presentado esta mañá polo al...

OS AFECTADOS POLAS LISTAS DE ESPERA LEVAN AS SUAS DEMANDAS AO BNG 26.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma de afectados polas listas de espera no Salnés celebraron esta mañá un novo encontro cos partidos políticos para que recollan as súas demandas cara as vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril. Desta volta, o colectivo reuniuse coa deputada do BNG, Montse Prado, que se comprometeu a recuperar a área sanitaria do Salnés, repoñendo as especia...

VILAGARCIA ABRE UNHA NOVA EDICION DO PROGRAMA DE CAPACITACION DIXITAL 26.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía abre unha nova edición do Programa de Inclusión e Capacitación Dixital que, un ano máis, se imparte na aula Cemit do Centro de Formación de Matosinhos ata o mes de novembro. O programa, que pretende a formación cara a empregabilidade, componse de 14 cursos gratuitos distribuidos en cinco bloques temáticos, dirixidos a maiores de 18...

ORGANIZASE O PRIMEIRO TORNEO DE GOLF FEMININO OFICIAL POLO 8 M 26.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vaise achegando o 8 M, día Internacional da Muller e xa se están preparando diferentes actividades conmemorativas da xornada. O Campo de Golf de Meis celebra o vindeiro 8 de marzo, Día da Muller, o I Torneo de Golf Feminino Oficial para visibilizar á muller no mundo do deporte e en concreto no golf. O evento está organizado pola Fundación Monte Castrove e...

GONZALO CABALLERO COMPROMETESE CON VILAGARCIA 25.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse esta mañá en Vilagarcía a construir o novo centro de saúde na antiga Comandancia coa maior celeridade e a realizar as beirarrúas de Bamio nos primeiros meses de mandato. Caballero trasladou ao alcalde e presidente da Fegamp, Alberto Varela, que “os concellos contarán co apoio d...

AMIGOS DE GALICIA ESTUDA NOVAS FORMULAS DE DISTRIBUCION DOS ALIMENTOS 24.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Amigos de Galicia vese na obriga de cambiar o operativo de distribución de alimentos trala inspección de Sanidade que prohíbe o almacenamento dos mesmos na nave de Vilagarcía. Ademáis, a Fiscalía investiga se a Fundación distribúe alimentos caducados a través dos almacéns que a entidade ten tanto en López Ballesteros como en San Cibrao das Viña...

O CANNAVAL DE VILANOVA CONVOCA AS MASCOTAS A CELEBRAR O ENTROIDO 24.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova celebra este sábado día 29 a cuarta edición do Cannaval, un evento que convoca a celebración do Entroido para todo tipo de mascotas de toda a comarca Para este ano agárdase aumentar a participación e que sexan máis de 200 persoas coas seus animais os que desfilen a partir das 17 horas na pasarela do Multiusos. O Cannaval inclúe tamén o seu Concurs...

GALVENTUS CONTRATARA A PARTE DO ALUMNADO DO PLAN DE EMPREGO DA MANCOMUNIDADE 21.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os sete alumnos do Plan de Emprego da Mancomunidade do Salnés que está realizando as prácticas na empresa de Servizos Eólicos Galventus están a piques de rematar a súa formación. Unha vez finalizadas as prácticas, o alumnado ten probabilidades reais de incorporación a diferentes postos de traballo na empresa en postos de inspección con dron en parques eóli...

GALICIAME ORGANIZA A PROXECCION DUN FILM PARA RECADAR FONDOS PARA INVESTIGACION 20.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O 29 de febreiro, Día Internacional das Enfermidades Raras, o Auditorio de Vilagarcía acolle un evento solidario en beneficio da Asociación GaliciAme contra a Atrofia Muscular Espinal, que dirixe a cambadesa Merchy Alvarez. Concretamente, será a proxección do filme documental “Historias de nuestro cine”, ás 20.30 horas, que contará coa presencia de Antonio...

VILANOVA SOLICITA FINANCIAMENTO DA XUNTA PARA O SMART CITY 20.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova solicita financiamento da Xunta de Galicia para poñer en marcha un novo obradoiro de emprego que estará destinado á creación de redes de Smart City no municipio. Por tal motivo, o alcalde, Gonzalo Durán, e o tenente de alcalde, Javier Tourís, reuníronse esta mañá en Santiago co Conselleiro de Industria para presentarlle o proxecto.

CAMBADOS CENTRALIZA TODAS AS WEB MUNICIPAIS NUNHA UNICA PAXINA 20.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados centraliza todos os seus dominios web nunha única páxina, http://enoturismo.cambados.es para facilitar o acceso dos usuarios á información municipal. Os 8 alumnos do Obradoiro de Emprego de Informática de Cambados realizaron as tarefas de redirección dos enlaces web e actualizaron os códigos QR coa información turística e patrimonial...

O CARTEL DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO QUEDARA NO MUSEO DO VIÑO 20.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Dirección Xeral do Patrimonio autoriza a ubicación definitiva do cartel de Cambados Cidade Europea do Viño no Museo do Viño. Nas vindeiras semanas fixarase o cartel na actual ubicación e realizarase a instalación eléctrica. Mentras tanto, o Concello continúa buscando asesoramento con paisaxistas para decidir cómo será a nova imaxe vexetal que se ubicará...

O SECTOR MEXILLOEIRO RECLAMA O SEU SITIO ANTE A MODIFICACION DA LEI DE COSTAS 20.02.2020

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Productores, depuradoras e comercializadoras do sector mexilloeiro visibilizaron esta mañá en Vilagarcía a súa preocupación pola modificación da lei de Costas. Representantes de confrarías, bateeiros e empresas transformadoras demandan ao goberno do estado “a constitución dunha mesa de análise onde esté presente o sector co fin de garantir a preservación d...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.