Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CAMBADOS PIDE A MEDIACION DE MAR ANTE O NOVO CONFLICTO CON PORTOS POLA NAVE PEÑA 10.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O goberno municipal de Cambados solicitou esta mañá a mediación da Consellería do Mar ante o novo enfrontamento entre o Concello e Portos de Galicia a consecuencia dos usos e titularidade do Salón Peña. Portos anunció onte que recupera os dereitos de xestión da nave Peña e que vai buscar alternativas para a súa explotación, alegando que o Concello renunciou a autoriz...

A xunta amplia o enlace da via rapida con sanxenxo dende A Lanzada. 08.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A Consellería de Infraestructuras abre a licitación un proxecto para reducir as #retencións de tráfico, especialmente durante o verán, na conexión da vía rápida do Salnés coa estrada PO-504 no Concello de Sanxenxo. As empresas interesadas en executar a actuación teñen de #prazo ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas. O obxectivo da Xunta é poder iniciar as o...

Cambados reclama o sergas a apertura do peche perimetral 08.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Esta medianoite entraron en vigor nas novas medidas que abren a movilidade da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, agás en Cambados, Vilanova e Pontecaldelas Os veciños destes tres municipiosue poderán moverse #entre_si pero non a outros concellos. Ademais, a hostalería somente poderá seguir servindo en #terrazas cun aforo do 50%. Precisamente, dende Cambados, o...

A deputacion levanta unha fronte feminista inquebrantable neste 8m 08.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Tamén a Deputación de Pontevedra conmemorou esta mañá un 8M diferente nun acto celebrado ante o edificio provincial no que a presidenta Carmela Silva lanzou unha mensaxe sobre o feminismo inquebrantable. Ao acto, na explanada exterior do Pazo Provincial e no que se repartiron máscaras de “Violencia Zero” e camelias brancas en homenaxe ás pioneiras do sufraxismo, asis...

O BIPARTITO DE CAMBADOS CREE MOI DIFICIL CONSENSUAR OS ORZAMENTOS 05.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O goberno bipartito de Cambados pensa que "será moi difícil chegar a un acordo coa oposición" para a aprobación do proxecto de #orzamentos municipais para este ano, que ascenden a 9,1 millóns de euros. Os concelleiros de PSOE e Somos, Samuel Lago e Xurxo Charlín, volverán a reunirse co PP, BNG e Cambados Pode a vindeira semana na a rolda de #negociacións para tentar...

O pp de cambados require mais persoal en servizos sociais e melloras nas parroquias 04.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O goberno bipartito de Cambados comezou hoxe as reunións cos grupos da oposición para tentar acadar o seu apoio de cara a aprobación dos orzamentos para este ano, que se levarán ao pleno deste mes de marzo. En concreto, as contas ascenden a 9,1 millóns de euros e segundo avanzaba o Concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, darán prioridade ás persoas e colectivos máis...

AS RUAS TRASEIRAS DE FEXDEGA TRANSFORMAN A SUA IMAXE 03.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O conxunto de rúas que bordea o recinto feiral de Fexdega loce unha completa transformación despóis das obras de reforma integral da mobilidade e seguridade viaria nesta contorna realizadas ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación. Os traballos, que supuseron un investimento de preto de 270.000 euros, permitiron humanizar e mellorar as condicións de comod...

O SECTOR MARISQUEIRO DE CARRIL PIDE AXUDAS DIRECTAS A XUNTA 03.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sector marisqueiro de Carril realizou esta mañá unha chamada de auxilio á Xunta de Galicia tras constatar a mortandade de máis do 90% dos bivalvos, segundo os seus cálculos, debido á baixa salinidade provocada polas intensas chuvias deste inverno. En concreto, solicitan á Consellería do Mar o dragado da zona dos Lombos e que habilite axudas directas. Mar...

CAMBADOS CENTRA O ORZAMENTO NOS AFECTADOS POLA PANDEMIA 01.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno municipal ten xa elaborado o proxecto de orzamentos para este ano que, segundo avanza o Concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, dará prioridade ás persoas e colectivos máis danados pola pandemia. En concreto, as contas ascenden a 9,1 millóns de euros que inclúen un aumento do 150% da partida destinada a Servizos Sociais ata chegar aos 200.000 eur...

AS ACTIVIDADES DO 8M EN CAMBADOS SERAN TELEMATICAS 01.03.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, anunciou esta mañá as actividades organizadas polo Concello para a conmemoración do 8 M, o Día da Muller. Este ano, todo será de forma telemática, non presencial, e o goberno municipal non participará en ningunha concentración ou manifestación que implique congregación de persoas.

O REFUXIO DE VILAGARCIA, UN DOS MELLORES DE GALICIA SEGUNDO A CONSELLEIRA 19.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Protectora de Animais de Vilagarcía recibiu esta mañá a visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para coñecer de primeira man as instalacións e contribuír á difusión do "gran traballo que se está a realizar nelas”. Ademáis, aproveitou a ocasión para anunciar a nova convocatoria de axudas do seu departamento destinad...

A NOVA TUBERIA DE AUGA AO GROVE NECESITARA UNHA INVERSION DE 3 MILLONS DE EUROS 19.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O proxecto de sustitución da tubaxe de subministro de auga a O Grove necesitará un investimento duns 3 millóns de euros. Así llo comunicaron os técnicos de Augas de Galicia aos representantes da Mancomunidade do Salnés e do concello meco durante o encontro que mantiveron nas últimas horas. A redacción do proxecto vai moi avanzado e queda só pendente de peq...

O SERGAS REALIZARA UN CRIBADO EN MEIS 18.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Sergas efectuará un cribado poboacional no centro de saúde de Mosteiro, no Concello de Meis, entre a tarde de mañá venres, día 19, e a mañá deste sábado día 20. A Consellería de Sanidade atende así a petición realizada recentemente pola alcaldesa, Marta Giráldez, debido a que o municipio non acaba de reducir de forma notable os contaxios de covid e rexis...

A DEPUTACION REFORZARA A SEGURIDADE VIARIA EN REFOXOS E OUBIÑA 18.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 A Deputación de Pontevedra apura os trámites para a adxudicación das obras que vai acometer nas estradas provinciais Corbillón-Tremoedo e Fefiñáns-Oubiña, en Cambados, ao seu paso polos lugares de Refoxos e Oubiña, cun orzamento global duns 70.000 euros. As obras comezarán en breve dado que os prazos de presentación de ofertas xa remataron e nos próximos día...

A plataforma salnes click estara operativa en semana santa 17.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 A Presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, e o seu xerente, Ramón Guinarte, saíron hoxe en defensa do proxecto da Plataforma Salnés Click, cuestionado hai uns días polo alcalde de Vilanova. A creación do Market Place está xa terceira e última fase do proxecto coa previsión de que se abra á cidadanía en Semana Santa. O proceso responde a unha pl...

UN ESTADOUNIDENSE AFINCADO NA EOI DE VILAGARCIA 12.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Concluimos as visitas que durante esta semana estivemos facendo á Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía a través das experiencias do seu alumnado. Falamos hoxe con Austin Moore, estadounidense afincado en Vilagarcía, exalumno da Escola, e que desde este curso traballa como auxiliar de conversa en lingua inglesa, grazas ao Programa de Auxiliares de Conver...

NOVA REORDENACION DO POLIGONO SETE PIAS CUN CENTO DE NOVOS APARCAMENTOS 11.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados continúa complementando actuacións de mellora no Polígono de Sete Pias. Desta volta, o goberno municipal ten preparado un proxecto de pavimentación e reordenación do tráfico. No primeira caso, será a segunda fase de mellora da pavimentación da rúa Exeria, o vial principal, que se completará co asfaltado da primeira das transversais,...

O ENTROIDO DE A ILLA DE AROUSA QUEDA NA CASA 10.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 O concello de A Illa de Arousa presentou esta mañá as actividades do Entroido 2021 que debido á pandemia estarán adaptadas á situación sanitaria e a través das redes sociais. Para saber os detalles falamos con Adonis Ríos, un dos organizadores.

A EOI DE VILAGARCIA, ALGO MAIS QUE IDIOMAS 10.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 Hoxe adentrámonos de novo na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía da man do seu alumnado. Nesta ocasión falamos con Mar Durán, matriculada en varias linguas e colaboradora activa nas actividades extracurriculares que desenvolve a Escola. Entre elas, a súa participación como locutora no programa na radio da Biblioteca, “O Tupper da Radio”.

A EOI DE VILAGARCIA ADAPTASE AO COVID CON AULAS SEGURAS E CLASES VIRTUAIS 09.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 Durante esta semana ímonos achegar á Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía para coñecer de preto o seu funcionamento dende a perspectiva dos propios alumnos.. Comezamos hoxe falando con José Manuel Pérez Reinoso representante do alumnado no Consello Escolar. Con el abordamos, entre outros temas, cómo foi a adaptación da Escola ao covid, con reformas nas in...

A MANCOMUNIDADE FAI BALANCE POSITIVO DO 2020 PESE A PANDEMIA 05.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 A Mancomunidade do Salnés fixo balance esta mañá do que foi o ano 2020 cunha valoración positiva en canto actuacións e actividades realizadas. O orzamento total asecendeu a uns 5 millóns de euros, o que supón un incremento do 19% con respecto ao anterior exercicio. Pese á pandemia conseguíronse executar os proxectos previstos e avanzar nos deste ano. Entre e...

A DEPUTACION MELLORA A SEGURIDADE NA ESTRADA DE SISAN E SOLUCIONA OS ANEGAMENTOS PLUVIAIS 05.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 A Deputación de Pontevedra comezará en breve as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial que atravesa a parroquia de Sisán, concretamente no lugar de Taboeiros. O proxecto, cun investimento de preto de 90.000 euros, está en fase de licitación e optimizará o tránsito peonil polas beiras, nunha zona cunha elevada densidade residencial. Pero...

CAMBADOS INSTALARA PANEIS FOTOVOLTAICOS NA PISCINA MUNICIPAL 04.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 O Concello de Cambados prevé a execución de novas melloras de eficiencia enerxética e enerxías renovables a través do Plan Concellos da Deputación e de diferentes achegas solicitadas ao IDAE. Un dos proxectos que a Concellería de Obras está elaborando será a instalación de paneis fotovoltaicos na piscina municipal, ademáis de novas intervencións na iluminaci...

AS MAXIMAS RESTRICCIONS COMEZAN A DAR RESULTADOS 03.02.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu esta mañá para dar conta da evolución da pandemia no conxunto de Galicia, trala reunión do comité clínico da pasada tarde. O esforzo das medidas de restricción comezan a dar resultados: por primeira vez nun mes, baixa a incidencia acumulada pero non podemos ser triunfalistas. Na mesma mensaxe incid...

MEIS ELABORA UNS ORZAMENTOS CON MAIOR PARTIDA DE SERVIZOS SOCIAIS 27.01.2021

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 Dende esta medianoite están en vigor as novas restriccións en máximo nivel acordadas pola Xunta para todos os concellos de Galicia, sen excepción. A incidencia acumulada na gran parte dos municipios da comarca do Salnés non para de crecer e un dos máis afectados é o concello de Meis. De todo elo falamos con Marta Giráldez, alcaldesa de Meis e presidenta da M...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.