Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
AROUSA NOTICIAS 05 11 21 05.11.2021 18:34
Actualidade local e comarcal deste venres 5 de novembro.. abordamos as novas xurdidas en Vilagarcía, Meaño, Vilanova, Cambados, Mancomunidade do Salnés, Valga e a evolución da pandemia nunha xornada na que recuperamos a influencia anticiclónica que nos deixará xornadas soleadas durante toda a fin de semana e principios da vindeira. As temperaturas manteranse entre os 7 graos de mínima e os 18 de m...
O ORZAMENTO DA DEPUTACION PARA 2022 ASCENDE A 179,5 MILLONS DE EUROS 02.11.2021 2:17
#hoxeenPontevedra Os orzamentos da Deputación de Pontevedra para o vindeiro ano ascenden a 179 millóns de euros. Neles se inclúe o plan de choque destinado aos concellos programado polo goberno provincial nun programa bianual que prevé aumentar o Plan Concellos do ano 2022 ata os 43 millones de euros e dispoñer doutros 30 millóns correspondentes ao 2023. Así o destacaba esta mañá a presidenta prov...
A XUNTA IMPULSA SANXENXO COMO TERRITORIO DE PREFERENTE ACTUACIÓN TURÍSTICA 11.10.2021 2:36
#hoxeenArousa A Xunta de Galicia destinará 150.000 euros á promoción de Sanxenxo como territorio de preferente actuación turística. Así se establece no convenio asinado esta mañá no Pazo de Quintáns entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde Telmo Martín. Neste convenio enmárcase o plan de actuación integral elaborado polo goberno municipal cunha serie de obxectivos cos q...
MEIS CONVOCA A POIO E BARRO PARA ABORDAR O PROXECTO EOLICO DO MONTE CASTROVE 30.07.2021 1:43
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Meis convocou para esta tarde aos alcaldes dos concellos de Poio e Barro para abordar o proxecto eólico que a sociedade Parque Eólico Cadaval e Ventoso S.L, con sede en Santiago, quere desenvolver no Monte Castrove, un espazo que comparten os tres municipios xunto con Pontevedra. O proxecto acaba de iniciar a súa exposición pública por parte da Xunta de...
ENTREVISTA ALBARIÑO 2021 30.07.2021 17:49
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Cambados tería que estar estes días repleto de xente disfrutando da Festa do Albariño, a consecuencia da pandemia e das altas taxas de incidencia do municipio o Albariño queda este ano unha edición moi mermada, que unicamente inclúe os concertos da praza de Fefiñáns e o Concurso de Catas que organiza a D.O Rías Baixas, do que saldrán os tres mellores viños da añada 2...
A XUNTA PRECINTARA AS ZONAS DE BOTELLON 07.07.2021 1:46
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A Consellería de Sanidade adoptará novas medidas para frear a expansión da pandemia porque considera que “a desescalada está en perigo”. Segundo anunciou esta mañá o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Xunta decretará o peche dos espazos onde habitualmente se celebran os botellóns, precintando parques, prazas e praias. Asimesmo, permitirase o ocio noctu...
A ICMH DE VILAGARCIA INAUGURA UN CUARTO ROTEIRO DA MEMORIA DEMOCRATICA 06.07.2021 4:30
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía celebra esta semana unha serie de actos con motivo da inauguración dun novo roteiro da memoria democrática. As xornadas terán lugar os días 8, 9 e 10 de xullo e para participar é necesario reserva previa a través do teléfono do Faiado da Memoria 986 186893. Para coñecer todos os detalles, falamos con Margarita...
O CLAS CLAS VOLVE A VILAGARCIA CON CINCO CONCERTOS E 07.06.2021 1:57
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Vilagarcía volverá a ser a capital da música clásica Tralo paréntese provocado pola pandemia, o concello retoma a celebración do Clas Clas con cinco concertos que se celebrarán do 26 de xuño ao 2 de xullo na praza da peixería, con todas as garantías anticovid. Haberá capacidade para preto de 500 persoas entre dous espazos habilitados en interior e exterior, pero en a...
A evolucion dos contaxios favorece ao salnes, con menos restriccions que o barbanza 26.05.2021 3:06
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía As decisións do comité clínico que asesora á Xunta constatan notables diferencias sobre a evolución epidemiolóxica entre as dúas marxes da ría de Arousa. No Barbanza, o Concello da Pobra regresará a partir deste sábado ás máximas restriccións, tras dispararse os contaxios nos últimos días, cunha incidencia acumulada de 483 por 100.000 habitantes a 14 días e 45 positi...
UNHA DECENA DE HOTEIS DO SALNES E UN DE CUNTIS PARTICIPAN EN ELIXE GALICIA 26.05.2021 1:21
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Unha decena de establecementos hoteleiros do Salnés e un de Cuntis participarán a partir deste domingo no programa turístico Elixe Galicia, promovido dende a Xunta para impulsar o turismo interno fóra da tempada estival entre os colectivos da mocidade de 18 a 30 anos, os pensionistas que teñan máis de 55 anos e as familias co fillos menores. A iniciativa conta coa pa...
ULTIMOS INTENTOS PARA SALVAR A THENAISIE PROVOTE 25.05.2021 4:41
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O tempo esgótase e non se da encontrado unha solución viable para evitar a disolución da conserveira de Thenaisie Provoté do Grove. I e que nas últimas horas facíase pública a retirada da oferta de Conservas Dani, a única que se presentara formalmente para salvar a actividade da factoría meca. Agora, os prazos do proceso concursal encamíñanse cara a subasta de activo...
Ultimos intentos por salvar a actividade de thenaisie provote de o grove 25.05.2021 4:41
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O tempo esgótase e non se da encontrado unha solución viable para evitar a disolución da conserveira de Thenaisie Provoté do Grove. I e que nas últimas horas facíase pública a retirada da oferta de Conservas Dani, a única que se presentara formalmente para salvar a actividade da factoría meca. Agora, os prazos do proceso concursal encamíñanse cara a subasta de activo...
AS OBRAS DO PASEO MARITIMO A VILAXOAN ESTARAN REMATADAS EN XUÑO 29.04.2021 1:53
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía As obras do paseo marítimo a Vilaxoán estarán rematadas en mes e medio, segundo as estimación do goberno municipal, tras un investimento de preto de 800.000 euros. O alcalde, Alberto Varela, acompañado doutros membros do seu goberno e do director da obra achegouse esta mañá á zona para comprobar o avance dos traballos de rexeneración desta franxa litoral, entre punta...
A XUNTA PROXECTA A RENOVACION DAS CUBERTAS DO IES VILALONGA 28.04.2021 0:47
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A Xunta de Galicia proxecta a renovación das cubertas en tres edificios do IES de Vilalonga, cun orzamento de licitación previsto de 370.000€. A Consellería de Educación abriu o proceso de adxudicación que foi anunciado esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, nunha visita realizada ao centro xunto ao alcalde, Telmo Martín, e o xefe ter...
CAMBADOS REFORZA OS SERVIZOS MUNICIPAIS ADECUANDO A PLANTILLA MUNICIPAL 28.04.2021 1:02
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Cambados está traballando para adecuar e reorientar a plantilla municipal co fin de reforzar diferentes servizos e departamentos e facer fronte ás necesidades de persoal. En concreto, segundo explica a alcaldesa Fátima Abal, os cambios afectarán a un amplo abano de postos, co obxetivo de reducir a interinidade, reforzar determinados servizos, cubrir vac...
O SALNES XA DISPON DO SEU PROPIO LIBRO DE RECETAS TRADICIONAIS DA COMARCA 28.04.2021 1:36
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Salnés xa dispón do seu propio libro de recetas tradicionais da comarca. Trátase dun recetario con 37 platos, elaborados polo alumnado do Obradoiro de Hostelería da Mancomunidade, baixo as propostas do seu docente Paco Caneda, con fotografías de Rafa Otero. O libro de cociña estará integrado na plataforma Salnés Click, que por certo se porá en marcha a vindeira sem...
VeciÑos de deiro protestan pola senda peonil 26.04.2021 1:11
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Un grupo de oito veciños de San Miguel de Deiro, en Vilanova, fixeron pública esta mañá a súa protesta polo "despropósito" das obras da senda peonil e ciclista executada pola Xunta entre a rotonda e a ponte da Illa. I é que, tal como aseguran, a senda deixou unha cuneta de gran desnivel entre a rúa e a entrada das súas vivendas que dificulta notablemente os accesos c...
CAMBADOS PRESENTA DENUNCIA POLOS ACTOS VANDALICOS DUN GRUPO MUSICAL NO CAMPO DE CASTRELO 26.04.2021 0:57
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, presentou esta mañá ante a Garda Civil unha denuncia polos actos vandálicos rexistrados no campo de fútbol Beiramar de Castrelo. Os supostos autores están xa localizados e identificados. Son os seis integrantes do grupo de trap de O Grove De La Ría Squad que utilizaron o campo de futbol de Castrelo para grabar un videoclip e publ...
Cambados solicita a desafectacion dos terreos portuarios 23.04.2021 1:33
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Cambados ven de presentar ante Portos de Galicia a solicitude para a desafectación dos terreos portuarios. Son un total de 36.000 metros cadrados duns espazos que xa nos anos 80 foran #cedidos á Xunta por parte de Costas do Estado pero que, como sinala o Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín, xa formaban parte da vida cotiá da veciñanza cambadesa. Son...
Rexeitada a mocion de confianza en cambados sen alternativa de censura 09.04.2021 1:29
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A #moción de #confianza vinculada á aprobación dos orzamentos presentada pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, foi rexeitada no pleno extraordinario celebrado esta pasada noite. Tal como era previsible, PP, BNG e Cambados Pode, votaron en contra da iniciativa, de xeito que agora ábrese un mes de prazo para que a #oposición presente unha #moción de #censura. Unha #...
O grove e sanxenxo, polos turisticos intelixentes 09.04.2021 1:23
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Os concellos de O Grove e Sanxenxo impulsan un ambicioso proxecto para mellorar a súa oferta turística e revalorizarse como destino. Trátase do proxecto Polos Turísticos Intelixentes, unha iniciativa na que comezaron a traballar hai tres anos e que conta co respaldo do Estado, a través de Seggitur. A proposta, amparada pola Mancomunidade do Salnés, está valorada en 1...
PONSE EN MARCHA A WEB INVEST IN VILAGARCIA PARA A CAPTACION DE NOVAS EMPRESAS 31.03.2021 1:49
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O concello de Vilagarcía ven de iniciar outro dos programas incluidos dentro do Plan de Reactivación Económica para paliar os efectos da pandemia no municipio, valorado no seu conxunto nun millón de euros. Trátase, en concreto, do programa Invest in Vilagarcía, cuxa función é captar novas empresas e actividades para o municipio, e que está dotado dunha partida de 17....
O bipartito de cambados disposto a retirar os salarios para que se aprobe o orzamento 22.03.2021 4:30
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O goberno bipartito de Cambados está disposto a retirar dos orzamentos municipais para este ano os salarios das liberacións de catro concelleiros co fin de conseguir a aprobación do documento que se vai someter ao pleno deste xoves. O executivo municipal considera que non se pode dilatar a aprobación dos orzamentos nin prorrogar o anterior nun momento excepcional de...
VILAGARCIA CREA UN PLAN DE REACTIVACION ECONOMICA DUN MILLON DE EUROS 15.03.2021 8:38
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Vilagarcia deseñou un programa de reactivación para recuperar canto antes a economía local trala crise provocada pola pandemia. O plan municipal estárá dotado con un millón de euros dos que 850.000 xa están consignados nos Orzamentos deste ano. Para o resto, o concello cnta con Fondos Europeos do plan EDUSI e tamén solicitarán recursos doutras administ...
O servizo comarcal de orientacion laboral atende a mais de 320 desempregados 11.03.2021 1:49
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Un total de 326 desempregados da comarca do Salnés reciben atención personalizada no Servizo de Orientación Laboral que a Mancomunidade puxo en marcha o pasado 28 de setembro. O servizo da cobertura aos concellos de Cambados, Meis, Meaño e Ribadumia nunha nova área moi necesaria, máis agora en momentos nos que a pandemia provoca desmotivación á hora de buscar traball...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.