Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
MARISCO, BACALLAU E CAPÓN SEGUEN SENDO OS ELEXIDOS PARA A CEA DE NOITEBOA 24.12.2014 4:48
O día de noiteboa é xornada de compras de última hora e comezar os preparativos da cea máis familiar do ano. Para saber cómo andaban as cousas nos mercados, en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA achegámonos ata a praza de abastos de Cambados.. Ata alí se desprazou a nosa compañeira Alba Piñeiro, que recolleu as impresións das vendedoras do mercado. Como sempre, opinións para todos os gustos.
IZQUIERDA UNIDA PIDE A COMPARECENCIA DA MINISTRA DE TRABALLO NO PLENO DO CONGRESO SOBRE O CONFLICTO DE LANTERO 22.12.2014 7:29
O coordinador de Izquierda Unida, Cayo Lara, acudiu esta mañá O Pousadoiro para visitar os traballadores de Lantero que levan xa 72 días en folga. A cita tivo como principal obxectivo amosarlle o seu respaldo á plantilla e explicarlles as dúas iniciativas que a formación de esquerdas presentou sobre o conflito no Congreso dos Deputados. Izquierda Unida pedirá a comparecencia da Ministra de Traball...
CAMBADOS E A ILLA AFORTUNADOS CO SEGUNDO E CUARTO PREMIO DA LOTERIA DE NADAL 22.12.2014 4:07
A fortuna da Lotería de Nadal caeu esta mañá en Cambados. O segundo premio, o 92. 845 foi vendido no bar Laya, ubicado na Rúa Real con 125 mil euros por décimo. O boleto foi vendido a través de máquina, motivo polo que se descoñece a identidade do premiado. Ata o bar Laya nos achegamos en directo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. A Lotería de Nadal tamén nos deixa un cuarto premio na Illa de Arousa,...
ROTAS AS NEGOCIACIONS EN LANTERO. 19.12.2014 2:52
Non houbo acordo na reuníón entre a dirección e o comité de empresa de Lantero celebrada esta mañá en Santiago baixo a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. Agora, todo queda a expensas da decisión da firma de aplicar o ERE que inclue 40 despidos e 15 externalizacións. Os traballadores seguirán en folga. Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Jesús López, presidente do comité de e...
O AUDITORIO DE RIBADUMIA ACOLLE ATA O 4 DE XANEIRO UNHA EXPOSICION SOBRE O CUBO 19.12.2014 5:17
O auditorio de Ribadumia inaugura mañá sábado unha nova exposición colectiva centrada en formas xeométricas, concretamente no cubo. Trátase do traballo de seis artistas, alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que se poderá ver ata o 4 de xaneiro. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Elizabeth Cereijo Martín, comisaria da mostra.
OS POLICIAS NACIONAIS DE VILAGARCIA MOBILÍZANSE EN DEMANDA DE MAIOR NÚMERO DE AXENTES 19.12.2014 3:44
Máis dun cento de persoas secundaron esta mañá a concentración realizada polos policías nacionais da comisaría de Vilagarcía en demanda de maior número de axentes. A mobilización está convocada polos sindicatos Unión Federal de Policía (UFP), Confederación Española de Policía (CEP) e Sindicato Unificado de Policía, que solicitaron ante el Consello de Policía quince agentes máis para Vilagarcía, pe...
MERCADILLO DE NADAL A FAVOR DE CARITAS EN VILAGARCIA 18.12.2014 5:42
Ante a difícil situación que viven moitas familias de Vilagarcía, doce asociacións de mulleres do municipio poñen en marcha unha iniciativa solidaria en favor de Cáritas. Será a través dun Mercadillo de Nadal que terá lugar este domingo día 21 na Rúa Rey Daviña de Vilagarcía con horario ininterrumpido de 12:00 á 19:00 horas. Un dos colectivos involucrados nesta iniciativa e a asociación de mullere...
A TENDA DE ROUPA COQUETA DE CAMBADOS PREMIADA COMO MELLOR COMERCIO 18.12.2014 3:49
A Directora Xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez Albeal estivo hoxe en Cambados para facer entrega ó establecemento comercial “COQUETA” do Diploma que acredita a este comercio como o mellor valorado de Cambados polos clientes que participaron na campaña “Mais que comercio”. Tamén se fixo entrega dos premios dos vales compra que se otorgaron ós clientes con motivo da participación na campaña. Co...
O GRUPO FROIZ CREARÁ UN CENTRO OPERATIVO NO POLIGONO DE BARRO MEIS NO QUE TRABALLARÁN MÁIS DE 500 PERSOAS. 17.12.2014 4:42
Coa adquisición de preto de 80.000 metros cadrados de parcelas do polígono industrial de Barro - Meis, o Grupo Froiz, baixo a presidencia de Alfredo Majín Froiz, quere construir un complexo industrial no que garantir o futuro da empresa e crear postos de traballo. Nas parcelas, Froiz instalará unha nave de 24.000 metros cadrados para o almacenamento de productos secos e frescos e outra para o tran...
PORTOS DE GALICIA INSTALA UN NOVO PANTALÁN NO PORTO DE PEDRAS NEGRAS 16.12.2014 0:46
O Porto de Pedras Negras, en San Vicente do Mar no Grove, conta dende hoxe cun novo pantalán. Portos de Galicia instalou unha nova infraestructura para o atraque das embarcacións despois de que os temporais do pasado inverno destrozaran a anterior. Por este motivo, a Confraría solicitou a Portos de Galicia a reposición do pantalán , imprescindible para o amarre dos barcos que teñen a sua base en P...
A CIG REXEITA AS CRITICAS DE UXT POLA CONCENTRACION EN EXTRUGASA 16.12.2014 3:46
O sindicato CIG celebrou esta mañá unha concentración ante as portas da fábrica de Extrugasa en Valga, o lugar onde se rexistrou ou accidente laboral no que faleceron dous traballadores dá empresa Gama. O sindicato nacionalista pretende con esta mobilización recordar aos dous operarios falecidos -un deles sindicado na CIG- pero ademáis reclamar medidas para evitar que continúe ou aumento dous acci...
EMPRESARIOS CHINESES INTERESADOS POLOS PRODUCTOS DO SALNES 15.12.2014 1:58
A conserva e o viño do Salnés así como o aceite de Camelia que se elabora no Mosteiro de Armenteira abren novos mercados en China. I é que hoxe visitou a comarca unha delegación de empresarios chineses, entre os que se atopa un dos homes máis ricos do mundo segundo a lista Forbes. A delegación visitou esta mañá o Monasterio de Armenteira, para comprobar a elaboración do aceite de camelia que reali...
ADEGAS VALTEA SACA Ó MERCADO O PRIMEIRO ESCUMOSO CO SELO GALICIA CALIDADE 15.12.2014 12:26
Adegas Valtea acaba de sacar ó mercado o primeiro escumoso Certificado co selo "Galicia Calidade" que se otorga ós mellores e máis distinguidos productos de Galicia. Trátase dun Brut Nature denominado Valtea que estivo en Rima criandose durante nove meses. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Lazaro Moreno, xerente de Adegas Valtea.
ADXUDICADAS AS OBRAS DE AMPLIACION DO HOSPITAL DO SALNES 12.12.2014 7:20
As tan ansiadas obras de ampliación do Hospital do Salnés acaban de ser adxudicadas, no prazo límite previsto pero antes de que rematase o ano, tal e como viña reiterando a Consellería de Sanidade. A empresa que realizará a actuación será Dragados e Construcciones por un importe de 8 millóns de euros e os traballos previos comezarán xa a vindeira semana. Ademáis, para cando o recinto afectado pola...
CEN PERSOAS ESTAN XA INSCRITAS NA XORNADA DE MARIDAXE DE VIÑOS ESCUMOSOS E OSTRAS DE CAMBADOS 11.12.2014 6:52
Previamente as demostracións dos productos galegos no camión de Galicia Calidade, esta mañá tamén tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación da xornada de maridaxe dos viños escumosos da D.O Rías Baixas e ostras de Cambados, que terá lugar o próximo domingo no salón Peña. Asistiron a esta presentación el alcalde, Luis Aragunde, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra José Man...
GALICIA CALIDADE PROMOCIONA EN CAMBADOS OS PRODUCTOS GALEGOS 11.12.2014 3:22
De vieira foi o showcooking que esta mañá realizou en Cambados o coñecido chef Yayo Daporta dentro da campaña Galicia Calidade en Ruta. Un camión adaptado está durante todo o día na Praza do Concello da vila do albariño, para promocionar os productos da gastronomía galega. Un dos actos centrais foi a exhibición de cociña realizada polo chef cambadés, que ten unha Estrela Michelín e dous Soles de R...
A CIGA CONVOCA UNHA CONCENTRACION O MARTES ANTE EXTRUGASA A RAIZ DO ACCIDENTE DA PASADA SEMANA 10.12.2014 5:34
A raíz do tráxico accidente laboral acontecido o pasado venres nas instalacións de Extrugasa en Valga, o sindicato CIG convoca unha concentración o vindeiro martes ás 12 do mediodía ás portas da factoría exixindo que tanto Inspección de Traballo como a lexislación sexa máis severa co fin de eliminar os accidentes laborais con resultado de morte. I e que, segundo o sindicato nacionalista, pese a di...
OS ESCUMOSOS RIAS BAIXAS AUMENTAN A SUA PRESENCIA NO MERCADO GALEGO 09.12.2014 3:05
Os viños escumosos da D.O Rías Baixas van aumentando a súa presencia no mercado galego dende a súa aparición hai tres anos. Nestes momentos, a producción crece considerablemente, triplicando as cifras iniciais, e superando os 100.000 litros anuais. Actualmente son 6 as adegas que venden este tipo de viños, pero a D.O Rías Baixas estuda xa a incorporación de novos productores do Salnés e de O Rosal...
A MANCOMUNIDADE AMPLIA O SERVICIO DE MAQUINARIA NUNS ORZAMENTOS "AUSTEROS" PARA O 2015 05.12.2014 1:56
A Mancomunidade do Salnés segue ampliando o seu parque de maquinaria e agora xa pon a disposición dos concellos 10 vehículos de bacheo ou limpeza. O ente supramunicipal aprobou en pleno os presupostos para 2015, que ascenden a 2.455.000 euros, unha cifra moi similar á de 2013. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, asegura que é un documento austero, xa que, segundo el...
O COMERCIO DE CAMBADOS ABRE A SUA CAMPAÑA DE NADAL CUN PARQUE DE ATRACCIONS E OS BOLECHAS 05.12.2014 5:45
A Asociación Cambados Zona Centro pon en marcha a súa campaña de Nadal con importantes novidades. A programación de este ano comeza o vindeiro luns día 8 coa tradicional recollida de xoguetes "Cada neno un xoguete" ata o día 24 de decembro. Como novidade e parte estrela da campaña, os nenos poderán disfrutar durante as súas vacacións de nadal dun divertido parque de atraccións con inchables, touro...
O REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS ESTREA NOVA WEB CON NOVOS CONTIDOS 05.12.2014 6:23
O Refuxio de animais de Cambados estrea nova web con novos contidos e seccións A nova páxina, refugiocambados.es, inclue un apartado adicado á adopción, outro de tenda solidaria e mesmo unha opción de busca de pisos compartidos onde se aceptan animais. A web foi presentada esta mañá pola directora do centro, Olga Costa, con que falaba Alba Piñeiro para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
VILANOVA TERÁ O VINDEIRO ANO O PARQUE INFANTIL MÁIS GRANDE DA COMARCA 05.12.2014 1:12
Vilanova converterá o Parque do Recheo nun macroparque infantil a través dunha actuación subvencionada integramente pola Deputación de Pontevedra, cun importe de 64.754 €. Todos os xogos serán renovados e instalaranse catro torres nun espazo de 230 metros cadrados cun aforo para 150 nenos. O obxectivo é recuperar o espazo para o divertimento dos máis pequenos do municipio, pero, a maiores, que sex...
PETERS ROOMS CHEGA A CAMBADOS CON DOUS EVENTOS EN DECEMBRO 05.12.2014 11:25
A mostra de creadores emerxentes Peter's Room chega a Cambados a partir de mañá con dous eventos que se celebrarán ó longo do mes de decembro. Primeiro a Tenda Emerxente que se instalará no Pazo de Torrado esta ponte do 6 ó 8 de diciembre e despóis a Mostra de Creadores Emerxentes que se vai a celebrar os días 20 e 21 no salón de exposicións José Peña. Os seus promotores nolo contaban en AROUSA SI...
O PASEO CENTRAL DO PARQUE DE A XUNQUEIRA ABRESE PARA FACILITAR AS COMPRAS DO NADAL DO CENTRO COMERCIAL 04.12.2014 1:58
O paseo central do Parque da Xunqueira en Vilagarcía acaba de abrirse ó tránsito para facilitar ó paso ó Centro Comercial Arousa. A decisión adoptouna o Concello ante as peticións da xerencia e dos propios comerciantes co fin de evitar dificultades engadidas á campaña de nadal. Así o decía esta mañá o alcalde Tomás Fole nunha visita de supervisión das obras de reforma do parque . E por outra banda...
MUSICA PARA RECADAR FONDOS PARA A PLANTILLA DE LANTERO 04.12.2014 2:47
Os traballadores de Lantero comezan hoxe a promocionar o concerto solidario co que pretenden recadar fondos para a caixa de resistencia da folga na que levan 53 días. Será o venres 12 de decembro as 9 e media da noite na Praza da Peixería de Vilagarcía coas actuacións de Sofá Ambulante, Dani & Friends e Seangles.. O custe da entrada, como donativo para a plantilla, será de dous euros. O festival c...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.