Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

OS TRABALLADORES DE LANTERO VOLVEN DE BRUXELAS CON BOAS SENSACIONS 05.02.2015

A delegación de traballadores de Lantero que estes días se trasladou ó Parlamento Europeo está xa de volta en Vilagarcía con boas sensacións pola receptividade que tiveron entre os grupos de esquerdas. Levan xa 116 días en folga e agardan que o xuiz sinale data de xuizo pola impugnación do ERE presentada a semana pasada. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Jesús López presidente do comité...

NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS DO COLEIXIO DE RUBIÁNS NO PODERÁN CONTINUAR ESTE ANO RECIBINDO O PROGRAMA DE APOIO PROA 04.02.2015

Trinta familias con nenos con necesidades especiais do colexio Rubiáns de Vilagarcía non poderán continuar este ano recibindo a formación do programa PROA. A ANPA Casanova do centro educativo vilagarciá denunciou esta maña a negativa da Consellería de Educación a contratar un profesor específico para impartir as clases, a pesar de que a petición sí consta na solicitude presentada polos pais e que...

BOAS IMPRESIONS POLA ACOLLIDA DA OFERTA TURISTICA DO SALNES EN FITUR 30.01.2015

Alba Piñeiro entrevista ó xerente da Mancomunidade do Salnés e ó alcalde de Cambados dende Fitur para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

A MANCOMUNIDADE DO SALNES E SEUS ALCALDES VENDEN AS SUAS EXCELENCIAS TURISTICAS EN FITUR 30.01.2015

a Illa de Cortegada e o Pazo de Rubiáns en Vilagarcía, o recuperado espazo da salazón de As Moreiras en O Grove e a recén creada Asociación de Enoturismo da que Cambados ostenta a presidencia, foron algunhas das excelencias destacadas por Tomás Fole, Miguel Pérez e Luis Aragunde para atraer novos visitantes. Todo elo incluido dentro da oferta que levou a FITUR a Mancomunidade do Salnés. En AROUSA...

O PERSOAL DO SALNES RECLAMAN MAIS MEDIOS HUMANOS E MATERIAIS 28.01.2015

Traballadores do Hospital do Salnés concentráronse esta mañá ás portas do centro en demanda de máis medios humanos e materiais. Persoal do centro comarcal e tamén de atención primaria da comarca comarca pediron que non se volvan pechar camas, que se incremente o persoal con reforzos en momentos puntuais, como ocorreu nos colapsos de principios de xaneiro, e que se cubran as baixas e as sustitución...

UNHA OBRA DO PINTOR CAMBADÉS LINO SILVA SERÁ O CARTEL DO ENTROIDO DE CAMBADOS. 28.01.2015

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde presentou esta mañá a programación das festas do entroido cambadés que este ano se anuncian cun cartel que representa unha das obras do pintor Lino Silva no que aparecen varias persoas disfrazadas como choqueiros. O entroido comezará o sábado 24 de febreiro cunha festa infantil no Pazo de Torrado e continúa o día 15, domingo de entroido co gran desfile de carro...

A NOVA ADXUDICATARIA DA PISCINA INVESTIRA 300.000 EUROS EN REFORMAS E SUBROGA A PLANTILLA 28.01.2015

A piscina municipal de Cambados entra nunha nova etapa, segundo o alcalde de Cambados, Luis Aragunde. As instalacións de O Pombal terán unha importante renovación que emprenderá a partir do 1 de febreiro a nova concesionaria, Aquafit Gestión, con sede en Pontevedra, e por un período de 12 anos. A nova adxudicataria subrogará a todos os empregados, mantendo as mesmas condicións salariais, e asegura...

O COMITE DE PRECON DENUNCIA COACCIONS POR PARTE DA EMPRESA 28.01.2015

O comité de empresa de Precón denuncia coaccións por parte da dirección ós traballadores para evitar que secunden as mobilizacións contra os despidos. Uns 30 empregados da fábrica de Vilanoviña concentráronse a pasada tarde para protestar pola política de despidos que, segundo o comité de enpresa, ven poñendo en práctica o grupo dende o 2011. Segundo as cifras do comité, dende ese ano Precon ten d...

RELEVO NA PRESIDENCIA DO CONSORCIO DO COMERCIO DO SALNES 27.01.2015

Relevo no consorcio do Comercio do Salnés. A presidenta da Asociación Zona Aberta de Vilagarcía, Rocío Louzán, deixa de ser a máxima responsable do colectivo tal como se acordou nunha asemblea celebrada a pasada noite. No seu lugar foi elexido Julio Presa, presidente de Entretendas de Sanxenxo, nunha directiva na que o acompañan Antonio Ventoso, de Emgrobes, e Miguel Otero, de Meaño, como vicepres...

A PLANTILLA DE PRECON EN VILANOVIÑA PREOCUPADA POLO SEU FUTURO. 27.01.2015

Os traballadores da empresa Precón, ubicada en Vilanoviña-Meis, concentranse a partir das 3 desta tarde ás portas da fábrica en protesta polos despidos de 6 empregados este pasado venres. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA coñecemos máis detalles deste novo conflicto que se recrudece na comarca do Salnés, falando con José Gándara, presidente do comité de empresa de Precón.

COMEZAN AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNES 26.01.2015

Comezan as obras obras de ampliación do Hospital do Salnés. O xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa, asinou esta mañá o acta de replanteo cos representantes da empresa Dragados, adxudicataria da obra. A actuación, cofinanciada por fondos Feder da Unión Europea, ten un orzamento de 7,7 millóns de euros e un prazo de execución de 19 meses. Os fondos europeos cubren os investimentos que se reali...

VILAGARCIA AUMENTA A PARTIDA PARA A REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS 23.01.2015

O Concello de Vilagarcía incrementa en 360.00 euros o orzamento destinado á segunda fase da rehabilitación da praza de abastos. O importe procede das cantidades aforradas pola amortización dos intereses das débedas, a través do plan de pago ós proveedores, e súmase ós 200.000 euros xa consignados nos orzamentos municipais deste ano. A maiores, o concello tentará que a Xunta amplie o convenio de co...

19 ALUMNOS FORMARONSE NO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES QUE SE DESENVOLVEU EN CAMBADOS. 22.01.2015

Dezanove veciños de Cambados acaban de formarse no curso de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes” que ven de realizar o Concello de Cambados no marco do programa Aquelando 2 da Deputación de Pontevedra. Dos 19 alumnos que participaron neste curso de 500 horas, 4 deles xa remataron as prácticas en empresas e os outros 15 recolleron esta mañá os seus diplomas que acreditan a formación obti...

A XUSTIZA DECLARA LEGAL A FOLGA DE LANTERO E O CONVENIO URBANISTICO CO CONCELLO QUEDA ANULADO. 21.01.2015

Os traballadores de Lantero recibiron hoxe ánimos renovados con dúas boas novas sobre o seu conflicto. A primeira chegaba dende o Xulgado do Social de Pontevedra. I e que a xuiza que dirimía a demanda interposta pola dirección da cartoneira por suposta ilegalidade na convocatoria da folga fallaba a favor dos traballadores, desestimando a petición da firma. Segundo a sentencia, a convocatoria da fo...

O DIRECTOR DO IGAPE VE EXPECTATIVAS REAIS DE CRECEMENTO ENTRE O SECTOR EMPRESARIAL 20.01.2015

O director do Igape, Javier Aguilera, ve expectativas reais de crecemento entre o sector empresarial. Javier Aguilera presentou esta mañá ós empresarios do Salnés as liñas de apoio a investimentos, mellora da competitividade e internacionalización das Pemes, que acaba de poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape. Trátase dun amplo catálogo de axudas, dotado conxuntam...

CAMBADOS PON EN MARCHA O CICLO DE TEATRO INFANTIL 16.01.2015

Cambados celebra o ciclo de treatro infantil con catro espectaculos teatrais e musicais no Auditorio da Xuventude. As funcións, organizadas polo AGADIC e o concello de Cambados,  celebraránse os domingos ás 18:00 horas e o custe das entradas serán de 3.5 euros a normal e 2.5 euros a reducida. A primeira obra de teatro que se reprentará o vindeiro domingo 18 de xaneiro será "Aurora", un espectaculo...

O CONSELLEIRO DE INDUSTRIA LIMITA A ACTUACION DA XUNTA NO CONFLICTO DE LANTERO UNICAMENTE Á MEDIACION 16.01.2015

O conflicto de Lantero tamén estivo presente na visita que o Conselleiro de Industria facía esta mañá á praza de abastos de Vilagarcía. Francisco Conde remitiuse á labor de mediación como única colaboración que pode realizar a Xunta neste caso e asegurou que as últimas axudas públicas concedidas a Lantero foron realizadas no goberno do bipartito. Todo elo decíao tendo ó seu carón a un traballador...

A PRAZA DE ABASTOS DE VILAGARCIA TERÁ UNHA SEGUNDA PLANTA CON ESCALEIRAS MECÁNICAS 16.01.2015

A segunda fase da remodelación da praza de abastos de Vilagarcía suporá uns investimentos de 750.000 euros, segundo contempla o convenio asinado hoxe entre o Concello e a Consellería de Industria. O Concello ten consignado no orzamento deste ano 200.000 euros para esta actuación e o importe restante será financiado pola Xunta. O proxecto de reforma desta segunda fase todavía está pendente de redac...

O ENTRAMADO EMPRESARIAL DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN ENMARÁÑASE COA EXISTENCIA DUNHA NOVA FIRMA PARA DESVÍO DE FONDOS. 14.01.2015

O conflicto laboral da Residencia Valle Inclán de Vilanova entra nun novo episodio. O sindicato CIG revelaba esta mañá a existencia dunha terceira empresa que baixo o nome de “Residencia de Maiores 2013” estaría desviando fondos para evitar as contas embargadas do xeriátrico. I e que a actual xestora, Nurtime, está en fase de liquidación, cunha débeda de preto de 4 millóns de euros e un ERE extint...

O INTECMAR APLICARÁ NA SUA TOTALIDADE O METODO QUIMICO NAS ANALITICAS DE BIOTOXINAS 09.01.2015

Todas as analíticas que realizará a partir de agora o INTECMAR, o Instituto Tecnolóxico par ao Control do Medio Mariño, serán coa aplicación do método químico de detección de biotoxinas, o único sistema analítico de referencia na Unión Europea dende o pasado 1 de xaneiro. O método segue sen convencer ás autoridades da pesca e marisqueo de Galicia ó considerar que prexudica ós intereses do sector p...

LANTERO EXECUTARÁ 48 DESPIDOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE E OS RESTANTES O LONGO DO ANO 07.01.2015

Os traballadores de Lantero acaban de coñecer esta mañá cómo e cando se aplicará o ERE extintivo que despedirá a 56 operarios. O presidente do comité de empresa recolleu esta mañá en Correos o burofax remitido pola dirección da empresa, no que se decreta que a firma executará 48 despidos no primeiro trimestre deste ano e os restantes ó longo de 2015, pero sen concretar datas. En canto á rebaixa sa...

O ALCALDE DE A ILLA NON DESBOTA IR NA LISTA ELECTORAL SE LLO REQUIREN SEUS COMPAÑEIROS DE PARTIDO 31.12.2014

O alcalde de A Illa, Manuel Vázquez, anunciaba onte a súa decisión de non presentarse á reelección nos comicios municipais do vindeiro maio. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA conversamos con el, tras facer pública a súa decisión.

OS TRABALLADORES DE LANTERO RECIBIRAN O 2015 XUNTOS NO CAMPAMENTO DE O POUSADOIRO 31.12.2014

Os que non teñen moitos motivos de ledicia para o novo ano son os traballadores de Lantero, pero ainda así pensan brindar xuntos pola chegada do novo ano. Cearán nas súas casas pero teñen previsto acudir después de las campanadas ó campamento de O Pousadoiro para despedir xuntos o ano, o igual que o levan facendo ó longo de todo o conflicto laboral, dende hai case tres meses. De momento seguen sen...

UXT SANIDADE PRESENTA ANTE A XERENCIA UN ESCRITO POLO CAOS DO HOSPITAL DO SALNES ESTA FIN DE SEMANA 29.12.2014

Normalízase a situación do Hospital do Salnés tralo colapso rexistrado esta fin de semana en Urxencias, con ata un 40% más de usuarios da afluencia habitual. O incremento de pacientes en Urxencias e a falta de camas libres motivou que a tarde do domingo tivera que reabrirse a terceira planta, que adoita pecharse nas datas de Nadal, Semana Santa e verán. Para saber cómo está a situación este luns ,...

OS TRABALLADORES DE LANTERO PASARÁN A NOITEBOA EN FAMILIA NA CONTA ATRAS DA APLICACION DO ERE 24.12.2014

Noiteboa complicada para os traballadores de Lantero, que están xa na conta atrás para que a firma faga efectivos os 56 despedimentos. A dirección da cartoneira oficializou onte en Santiago o fin do período de consultas do ERE extintivo, tal como se agardaba, e sen beneplácito da parte social que xa anunciou que recorrerá o documento nos xulgados. Ademáis, a asemblea de traballadores decidiu por u...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.