Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O BNG CONSIDERA UNHA TRAIZON A CIDADANIA O PACTO 24.09.2015

Primeiras reaccións dos grupos da oposición ó pacto asinado entre PSOE e PP para desbloquear os salarios e retribucións dos concelleiros e a organización da corporación municipal, que leva enquistada desde hace más de cien días. Dende o BNG, definen o acordo como unha traición á cidadanía e anuncian que votarán en contra no momento en que se debata este punto no pleno desta tarde. Así nos explicab...

FOMENTO DE ACORDO CON REPLANTEXAR O PROXECTO DA PRAZA DE ABASTOS 18.09.2015

O proxecto de reforma da praza de abastos de Cambados ten que ser modificado porque, tal como estaba deseñado polo anterior equipo de goberno, excede en 400.000 euros a cantidade económica establecida no convenio co Ministerio de Fomento e a Xunta para a súa financiación. Ademáis, tamén supera os límites constructivos impuestos por Portos de Galicia. Para reconducir o proxecto, unha delegación do...

SANXENXO CREARA UNHA ORDENANZA DE TERRAZAS INEXISTENTE ATA O DE AGORA 18.09.2015

O equipo de goberno de Sanxenxo fixo esta mañá valoración dos primeiros 100 días de goberno. O alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro nacionalista David Otero consideran que foi un trimestre positivo a pesar da situación coa que se encontraron ó chegar ó goberno: unha economía limitada no concello e o área de servicios prácticamente sen medios. Neste sentido, resaltaron como puntos negativos a fal...

A GAITA SERA UNHA NOVA ESPECIALIDADE DA ESCOLA DE MUSICA DE VILANOVA 18.09.2015

A Escola de Música de Vilanova comeza un novo curso, o seu noveno ano, con máis de 100 alumnos matriculados entre os 3 e os 55 anos. A presentación do curso será o vindeiro luns día 21 ás 21:00 horas no Pazo de Vista Real, e esa mesma semana abrirase o prazo de matrícula que permanecerá aberto durante o curso. O vindeiro ano, será unha data especial para a Escola de Música de Vilanova e xa teñen p...

O CAMPO DA FEIRA DE MEIS ADECUASE COMO ZONA DE OCIO 16.09.2015

O campo da Feira do Mosteiro estará, antes de que remate o ano, adecuada como zona de recreo e esparecemento, contando, ademáis do parque de xogos, cunha pista para prácticas deportivas como baloncesto ou fútbol. Trátase dun espazo, situado na praza de España, que, unha vez remodelada polo concello, permitirá aos veciños, dispor dunha nova área multifuncional, para a realización de actividades de...

A ANPA DE RUBIANS RETOMARA AS MOBILIZACIONS EN DEMANDA DUN XIMNASIO DIGNO 16.09.2015

A ANPA do colexio de Rubiáns decidirá na asemblea que manterá o 1 de outubro, con motivo do inicio do curso, as novas mobilizacións que realizarán en demanda dun “ximnaxio digno”. As instalacións apareceron unha vez máis inundadas coas chuvias do primeiro temporal da tempada e os pais e nais temen que se espere a que algún neno resulte ferido para que as administracións fagan algo ó respecto. A AN...

A ANPA DO TORRE A ILLA INICIARA PROTESTAS EN POSITIVO 15.09.2015

Hoxe é o inicio do curso para os alumnos de Bacharelato e a ESO, cando nalgúns colexios de Primaria seguen reivindicando as súas demandas ante Educación. Tal é o caso do colexio A Torre-Illa, onde a Consellería lles acaba de conceder un segundo tutor para primeiro de primaria pero non o desdoble do curso. Por tal motivo, dende a ANPA seguirán realizando actos reivindicativos pero, desta volta, con...

OS GANDEIROS AGUANTAN O TEMPORAL AS PORTAS DAS FABRICAS AROUSAS 15.09.2015

O temporal de chuvia e vento non axuda ás mobilizacións dos gandeiros que, pese a chuvia e o vento, permanecen, ante as portas das fábricas de Larsa, en Vilagarcía, Clesa, en Caldas e Nestlé en Pontecesures en demanda dun prezo sostible para o leite que producen. De momento, pese as inclemencias meteorolóxicas aseguran que seguirán bloqueando as saídas e entradas das factorías alomenos ata que coñ...

AGARDAN TER A MAQUINA PASTEURIZADORA PARA FACER O REPARTO DE LEITE NA PRAZA DE GALICIA 14.09.2015

As tractoradas en defensa do prezo do leite manteñen bloqueadas as entradas das industrias leiteiras de Arousa. Os gandeiros procedentes da comarca do Deza continúan dende a fin de semana posicionados ante as factorías de Larsa en Vilagarcía, Clesa, en Caldas, e Nestlé, en Pontecesures, e así seguirán alomenos ata mañá martes, día fixado para a segunda reunión sectorial sobre o conflicto. Asimesmo...

O AUDITORIO DE VILANOVA ESTARA LISTO PARA MEDIADOS DO ANO QUE VEN 11.09.2015

Vilanova poderá dispoñer do Auditorio de Esteiro a mediados do ano que ven, e servirá de complemento á Escola de Música de Vista Real. Alomenos esas son as previsións do alcalde Gonzalo Durán, que visitou esta maña as obras do novo edificio multiusos, que acollerá un auditorio para 300 persoas e aulas para a Escola de musica e outras actividades culturais. Entre tanto, ata que rematen as obras, a...

VILAGARCIA CALIFICA DE GRAN EXITO AS FESTAS DE SAN ROQUE 2015 11.09.2015

O Goberno local de vilagarcía califica de gran éxito a celebración das Festas de San Roque deste ano e agora comeza xa a traballar na organización dos eventos do vindeiro ano. Unha próxima edición que o Concello considera que será de especial importancia xa que se cumplen 150 anos do combate naval e 10 dende que se declarou de Interés Turístico Nacional. Os detalles ofrecíanos esta mañá a Concelle...

OS ALUMNOS DO MAGARIÑOS DE CAMBADOS COMEZAN O CURSO CON COLEXIO RENOVADO 10.09.2015

O curso escolar comezou esta mañá. Case 9.000 nenos de educación infantil e primaria do Salnés e Baixo Ulla, prácticamente a mesma cifra no Barbanza, e 14.000 na comarca de Pontevedra, regresaron ás aulas nun inicio de curso que, segundo Educación, produciuse sen ningún tipo de anomalía. Nesta primeira xornada escolar, o Delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o xefe territorial de Educac...

DURAN ASEGURA QUE O ESTUDIO DE DETALLE INCORPORA MODIFICACIONS NOS VIAIS NA AVDA DAS CAROLINAS 09.09.2015

Contraréplica do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, ás explicacións de Alberto Varela sobre Megasa, que o rexedor vilanovés califica de “sorprendentes”. Segundo Gonzalo Durán, non é certa a información do alcalde de Vilagarcía asegurando que no estudio de detalle non figuran apertura de viais.

SERA VILAGARCIA QUEN DECIDA O SISTEMA DE FINANCIAMENTO DA DEPUTACION 09.09.2015

Boa sintonía puidose percibir ó remate do encontro celebrado esta mañá entre o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nas dependencias municipais de Ravella, dentro da rolda de contactos iniciada pola presidenta provincial cos rexedores dos concellos. No encontro acordouse que sexa o Concello de Vilagarcía o que decida o sistema de cooperación que lle i...

DURAN DI QUE E ILEGAL O PROXECTO DO CENTRO COMERCIAL DE MEGASA 07.09.2015

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, quiso puntualizar e matizar esta mañá o motivo do seu posicionamento contrario a construcción dun centro comercial na finca de Megasa. Asegura o rexedor vilanovés que o proxecto é ilegal xa que vulnera a exixencia de que o solo sexa exclusivamente comercial e o estudio de detalle excede dos seus fins e cometidos.

EDUCACION SUPRIME UN XEFE DE ESTUDIOS NO ANEXO A LOMBA 07.09.2015

A tres días de que comece o curso escolar, a situación preséntase complicada nos colexios Anexo e A Lomba de Vilagarcía, que, veñen compartindo dende hai anos, a mesma administración pero con dous xefes de estudio. Sen embargo, para este curso, a Consellería de Educación decidiu suprimir un deles, provocando o malestar da comunidade educativa. Pois para saber os detalles, falamos en AROUSA PONTEVE...

DURAN RECRIMINA A XUNTA QUE SEXAN OS CONCELLOS OS QUE ASUMEN AS REPARACIONS NOS COLEXIOS 04.09.2015

VILANOVA COLES Os colexios de Vilanovaestán preparados para o comezo do curso escolar o próximo día 10. O concello investiu 120.000 euros para a mellora dos centros, pese a ser competencia da Xunta. Un dato que resaltaba esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán, nunha rolda de prensa que recolleu para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro.

HORSAL MELLORA O PROCESO DE PRODUCCION CUN INVESTIMENTO DE 300.000 EUROS 04.09.2015

O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mediodía a Cooperativa Horsal de Cambados, acompañado da alcaldesa, Fátima Abal, para supervisar as actuacións que a empresa agrícola realizou cun investimento de máis de 300.000 euros para melloras na súa producción, cunha axuda da Xunta de case 150.000 euros. Os detalles da actuación explicabanos o presidente de Horsal, Alberto Amil Chaves,...

ZONA ABERTA SALE ESPERANZADA DA REUNION CON COMERCIO 03.09.2015

Os representantes de Zona Aberta saíron “esperanzados” da reunión mantida esta mañá en Santiago coa directora xer al de Comercio para tratar o polémico proxecto de construción dunha grande área comercial na finca de Megasa. Ó encontro acudiron reforzados pola presencia do alcalde, Alberto Varela, e da concelleira de Urbani smo, Paola María, que quixeron facer constar ante a administración autonómi...

DURAN CALIFICA DE DESPROPORCIONADA A ASISTENCIA O CHOQUEIVRAN 02.09.2015

Co calificativo de “desproporcionado” valorou esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, a celebración da primeira edición do Choqueivrán, celebrado o pasado sábado. Segundo o rexedor, superáronse todas as expectativas dun xeito “desproporcionado” ó que era en sí o espectáculo. A numerosa asistencia ó primeiro Carnaval de Verán que organiza Vilanova anima ó concello a manter a convocatoria pa...

20 CAMARAS CONTROLARAN A SEGURIDADE DO POLIGONO DE TREMOEDO 02.09.2015

O polígono de Tremoedo terá a partir de outubro 20 cámaras de seguridade ubicadas nos cruces, que permitirán mellorar a vixiancia no entorno e dar unha solución a unha antiga demanda dos empresarios deste área. A actuación realizarase cun investimento de 145.000 euros, que financia nun 70% a Consellería de Industria. Segundo o alcalde de Vilanova, o concello tentará poñer en marcha unha medida sem...

O AMEIXA ROCK CELEBRA A TERCEIRA EDICION PENSANDO TAMEN NOS NENOS 02.09.2015

Carril acollerá este sábado 5 de setembro unha nova edición do Ameixa Rock. O festival presenta este ano diversas novidades como viaxes a Cortegada e actividades para os máis pequenos. O programa desvelábao esta mañá Elpidio Costa, portavoz dos organizadores, acompañado do alcalde Alberto Varela.

21 ALUMNOS COMEZAN O OBRADOIRO CASTRO ALOBRE DE VILAGARCIA 01.09.2015

21 alumnos comezaron hoxe a traballar nun novo Obradoiro de Emprego de Vilagarcía. Catro docentes impartirán durante 6 meses os talleres, que estarán destinados a actuacións de mellora do entorno do Castro Alobre así como outras obras de recuperación do municipio. Será a través de dúas especialidades: unha adicada a traballos de carpinteiría e moble e outra a instalación e mantemento de xardíns e...

CATOIRA MELLORA O ENTORNO DO MERCADO AMBULANTE COA COLABORACION DA XUNTA 01.09.2015

O entorno do mercado ambulante de Catoira mellorará a súa accesibilidade e o estado das lousas. Trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada e remodelada polo Concello, cun investimento de 36.000 euros, financiados nun 70% pola Consellería de Economía e Industria. Entre as actuacións previstas atópase a instalación dunha rampla de...

A CIG PROPON QUE GALICIA TEÑA UNHA TARIFA ELECTRICA MAIS BAIXA 28.08.2015

O sindicato CIG pon en marcha na comarca do Salnés a recollida de sinaturas para sacar adiante no Parlamento Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa que se pretende que Galicia teña unha tarifa eléctrica máis baixa que o resto de España. Ademáis da recollida de rúbricas, a campaña do sindicato inclue reunións cos portavoces dos gobernos locais na comarca do Salnés para que aproben nos...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.