Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS PIDE A REVISION DO CAAN POR IRREGULARIDADES NO SERVIZO 04.11.2015 6:49
Denuncias de irregularidades da canceira da Deputación (CAAN) ubicada na Armenteira. O refuxio de Animais de Cambados solicita ó organismo provincial que se revise o contrato coa concesionaria por considerar que “incumpre as súas obrigacións” e por “falta de transparencia”. Así o pide a protectora de animais de Cambados nun escrito que presentou ante a DEputación, co respaldo do Concello de Sanxen...
A CAMPAÑA DA VOLANDEIRA COMEZA CON ESCASAS CAPTURAS 04.11.2015 4:14
Segunda xornada da campaña da volandeira. Máis dun cento de embarcacións de Cambados e Rianxo volven ó mar nunha campaña que comezou con escasa capturas e prezos bastante bos, pero con malas perspectivas. Ainda que son os primeiros días e todavía hai que ser cautos, dende as confrarías xa se teme que non vai ser boa. Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Ruperto Costa, patrón maior do pósito d...
CAMBADOS RINDE HOMENAXE A CABANILLAS EN NOVEMBRO NO CENTENARIO DE VENTO MAREIRO 30.10.2015 6:38
Cambados celebra en novembro os actos culturais en homenaxe ó seu escritor natal, Ramón Cabanillas, coincidindo co centenario da súa obra Vento Mareiro. Concretamente, entre outras iniciativas, o 9 de novembro ás 18;30 horas conmemorarase o aniversario da súa morte coa colocación dunha placa na casa onde pasou os seus últimos días de vida na rúa Hospital. Deste xeito, o goberno local quere popular...
O HOSPITAL DO SALNES REALIZA DENDE MAÑA A INSCRICION TELEMATICA DOS RECEN NADOS 29.10.2015 3:32
O Hospital do Salnés poderá efectuar dende mañá a solicitude de inscrición telemática no Rexistro Civil dos bebés recén nados no centro sanitario arousán. Deste xeito, o centro comarcal súmase a Pontevedra no proxecto posto en marcha o pasado xullo polo Estado, sendo de momento os hospitais da Area Integrada Pontevedra-Salnés os únicos con este servizo en Galicia, que se irá implementando paulatin...
TOUROPERADORES POLACOS VENDERAN O SALNES NO SEU PAIS TRAS COÑECER A OFERTA TURISTICA DA COMARCA 29.10.2015 3:43
Tres touroperadores polacos levan dous días percorrendo a comarca do Salnés, e parten esta tarde con sensacións moi positivas, mesmo coa chuvia, para vender no seu país a o Salnés e Galicia como destino. A visita xurdiu debido as sinerxias da Mancomunidade do Salnés coa Cámara de Comercio de Vigo, nunha misión multisectorial co mercado polaco. Os tres touroperadores e o Presidente do Consorcio do...
26 VENDEDORES OCUPAN DENDE HOXE O MERCADO DAS FLORES NO SALON PEÑA 28.10.2015 2:26
Cambados inaugurou este mediodía o Mercado das Flores no que 26 vendedores ofrecen centros e adornos para engalanar os cemiterios con motivo do Día de Difuntos. O Mercado cambia este ano de ubicación e trasládase ó Salón Peña, Estará aberto ata o domingo 1 de novembro en horario continuado dende as 8 da mañá as 10 da noite. Detalles que nos contaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o portavoz do go...
CARMELA SILVA RECLAMA UN PROTOCOLO GALEGO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 26.10.2015 2:59
Os actos de repulsa contra o último crime de violencia machista -van 5 xa en Galicia no que vai de ano- así como contra todos os asasinatos de mulleres a consecuencia desta lacra, repítense ó longo da xornada deste luns. Institucións e veciños gardaron este mediodía un minuto de silencio ante a Deputación e tamén ás portas do Concello de Pontevedra en homenaxe á veciña de Pontesampaio, Conchi Regu...
O IES ASOREY AMPLIARÁ A SEGUNDA PLANTA PARA ACOLLER NOVAS AULAS DE FP 23.10.2015 4:16
O IES Asorey terá 7 novas aulas adicadas á Formación Profesional na segunda planta do centro, segundo se establece no anteproxecto de reforma que presentou esta mañá no centro de ensino o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, acompañado do concelleiro de Educación de Cambados, Victor Caamaño. As actuacións están incluidas nos orzamentos da Xunta para o ano que ven, cun investi...
CAMBADOS RECIBIU EN AGOSTO 14.000 VISITANTES INTERESANDOSE POLO ENOTURISMO 23.10.2015 9:11
A ruta do Viño Rías Baixas e o Concello de Cambados presentaron esta mañá no Museo do Viño a programación especial con motivo do Día Europeo do Ecoturismo, que se celebra o vindeiro 8 de novembro. No acto participaron o concelleiro de Enoturismo Cambades, José Ramón Abal, a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, e a directora do Museo do Viño de Cambados, Rocío Acha. Entre as activida...
A MANCOMUNIDADE TRATA A INCORPORACION DE MÁIS CONCELLOS Ó SERVIZO DO LIXO 22.10.2015 1:39
Pese a situación de interinidade, a Mancomunidade do Salnés continúa con proxectos en marcha. O presidente en funcións, Gonzalo Durán, anunciaba esta mañá en rolda de prensa que a entidade comarcal vai a estar presente na Feira de Turismo de Londres que se celebra o día 2 de novembro na capital británica. Asimemo, estase xestionando a nova contratación da recollida de resíduos mancomunada, xa que...
EXPOSALNES ACOLLE DENDE MAÑÁ AS I XORNADAS PARA EMPRENDEDORES DO CONCELLO DE CAMBADOS 22.10.2015 5:10
CAMBADOS VIVEIRO E XORNADAS O viveiro empresarial de Cambados empezará a funcionar o próximo 1 de xaneiro. A data desvelábaa esta mañá o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, que tamén avanzou que nas instalacións do Centro Loxístico do Polígono 7 Pías poderán establecerse 8 negocios e un centro industrial. As solicitudes para acceder a unha destas oficinas poderán rexistrarse a parti...
O SALNES RECIBIRA MAIS DE 16 MILLONS DE EUROS DOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2016 21.10.2015 7:13
A comarca do Salnés recibirá máis de 16 millóns de euros o ano que ven dos Orzamentos da Xunta, que o goberno galego califica como os “orzamentos da recuperación” A deputada do PP Marta Rodríguez fixo este mediodía na sede da formación en Vilagarcía a valoración das contas autonómicas para 2016 e con ela falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
CARMELA SILVA COMPROMETESE CON CAMBADOS NAS SUAS DEMANDAS 20.10.2015 14:53
A Deputación ordenará a empresa adxudicataria da reforma do pabillón do IES Ramón Cabanillas que realice un estudio para avaliar a situación das instalacións, que volve presentar goteiras pese os traballos de mellora realizados, e se encargue da súa reparación. Foi un dos moitos asuntos abordados esta mañá na reunión de traballo que mantiveron os representantes do goberno local de Cambados, encabe...
OS PREZOS DO POLIGONO DE BAION REBAIXANSE ENTRE O 25 E O 35% 19.10.2015 4:55
O prezo do solo no polígono de Baión en Vilanova redúcese un 25% para uso industrial e un 35% para o sector terciario. Así se establece no convenio asinado esta mañá entre o Concello de Vilanova e a empresa pública do Solo Empresarial do Atlántico (SEA), participada polo Minsterio de Fomento e a Xunta. A Ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu o acto de sinatura deste convenio que permitirá ó Co...
GONZALO DURAN: OS INDEPENDENTES ACTUARON COMO INDEPENDENTES 16.10.2015 6:14
O que, tralo pleno frustrado de onte, sigue sendo presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, está disposto a seguir dialogando co resto das formacións para chegar a un acordo que permita a elección do novo presidente no próximo pleno, ainda sen data. Gonzalo Durán ofreceu esta mañá en rolda de prensa o seu punto de vista do que aconteceu na sesión plenaria na que, finalmente...
OS TRABALLADORES DO MAR EN PARO PODERAN RECUALIFICARSE PARA OPTAR A OUTROS EMPREGOS 15.10.2015 5:36
Os traballadores do mar desempregados da comarca de Arousa poderán ser recolocados noutros postos de traballo a través dun plan de recualificación que porá en marcha o colectivo UPTA en colaboración, de momento, con catro concellos arousáns:Cambados, Vilagarcía, A Illa e O Grove. Nesta iniciativa, na que se agarda tamén a colaboración da Deputación de Pontevedra, os mariñeiros que actualmente se e...
A DEPUTACION RESPALDA A CALDAS NOS PROXECTOS DE TERMALISMO E CAMIÑO DE SANTIAGO 14.10.2015 3:34
A Deputación respalda ás aspiracións do concello de Caldas para potenciar o termalismo e o Camiño Portugués a Santiago. É unha das conclusións da visita que realizou esta mañá a presidenta provincial, Carmela Silva, dentro da ronda de encontros institucionais que está a manter cos alcaldes da provincia dende a súa chegada á Deputación. Os proxectos que se pretenden dende Caldas obtiveron o total a...
PONSE EN MARCHA A IV EDICION DO EMPREGA SALNES 14.10.2015 3:18
O obradoiro Emprega Salnés promovido pola Mancomunidade do Salnés púsose en marcha esta mañá na súa cuarta edición. Dende hoxe e durante 11 meses 100 alumnos recibirán formación en cursos de contabilidade, inglés, informática, técnicas de venta e comercialización de productos da comarca e creación de blogs de venta. Trátase dunha iniciativa para mellorar a empregabilidade e proba delo e que na pas...
UN DESFILE NO SALON PEÑA AMOSARA AS NOVAS COLECCIONS DA MODA CAMBADESA 13.10.2015 3:25
A asociación de comerciantes Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados, organiza o primeiro desfile para presentar a colección de outono - inverno da moda cambadesa, co fin de promocionar unha vez máis o comercio local. Os 35 modelos que participan teñen idades comprendidas entre os 4 e os 57 anos e son veciños de Cambados e de outros concellos da comarca. Todos eles lucirán roupa para t...
UNHAS XORNADAS DE INTERNACIONALIZACION ABREN O NOVO CDL DE VILANOVA 13.10.2015 2:10
Vilanova pon en funcionamento xa este mércores, coa celebración dunhas xornadas de internacionalizaciòn destinadas ás empresas, o novo Centro de Desenvolvemento Local que comezará a funcionar nunha das novas dependencias do remodelado Pazo de Vista Real. O goberno local aprobou esta mañá en comisión de goberno a creación desta plataforma que dará apoio integral para todos os empresarios que estean...
CAMBADOS TERA TEATRO, EXPOSICIONS, CONCERTOS E NUMEROSAS ACTIVIDADES EN OUTONO INVERNO 09.10.2015 7:10
A programación cultural de Cambados para este outono e inverno contará con actividades variadas para todos os gustos. Teatro, exposicións, presentacións de libros, charlas, obradoiros para nenos, actuacións, concertos e actos en homenaxe a Ramón Cabanillas e Luis Rey, son algúns das actividades nas que se inician dende esta semana e se poderán disfrutar ata o mes de Xaneiro. Un dos actos de máis r...
REANUDANSE AS CAMPAÑAS EN DEMANDA DA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA O SALNES 09.10.2015 2:36
Reanúdanse as mobilizacións en demanda dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca do Salnés. Os técnicos de emerxencias sanitarias inician unha campaña, a través do sindicato CIG, solicitando á Xunta, e ó novo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a ambulancia asistencial avanzada 24 horas e durante os 365 días do ano, A primeira fase da campaña realizarase a través de reu...
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO EN CAMBADOS O 23 E 24 DE OUTUBRO 08.10.2015 4:46
O Concello de Cambados porá en marcha unhas Xornadas de Emprendemento para asesorar a todos aqueles que teñan en mente iniciar un negocio ou empresa. Serán os días 23 e 24 de outubro no centro loxístico do Polígono de 7 Pías, co obxectivo de que os novos emprendedores coñezan de principio a fin os pormenores da creación dun negocio ou empresa a través do que lles conten técnicos do IGAPE, represen...
CARMELA SILVA PIDE A RAJOY QUE DECLARE A VIOLENCIA MACHISTA CUESTION DE ESTADO 06.10.2015 2:46
Tres das trinta e tres mortes por violencia de xénero en España no que vai de ano rexistráronse na provincia de Pontevedra, o que supón un 10% do total, e 4 no conxunto de Galicia. Tralo último asasinato machista, ocorrido onte en Vigo, os cargos políticos e funcionarios da Deputación de Pontevedra gardaron esta mañá un minuto de silencio para mostrar a súa condea da violencia machista e ofrecer a...
ARAGUNDE: A ALCALDESA NIN ESTA NIN SE ESPERA 01.10.2015 7:11
O portavoz do PP, Luis Aragunde, realizou esta mañá valoración dos 100 días do goberno do cuatripartito. Luis Aragunde asegurou que “o concello funciona peor, o novo goberno sae máis caro para os veciños, hai falta de liderazgo e mal ambiente entre os catro grupos que forman o goberno, e só se están xestionando os proxectos que deixara o anterior equipo de goberno”. O portavoz do PP repasou difere...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.