Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AROUSA NOTICIAS 08 11 24 08.11.2024

A nosa portada ábrese hoxe á provincia por un posible caso de asasinato por violencia machista acontecido en Baiona. A Garda Civil investiga a morte violenta dunha muller de 36 anos de idade, de iniciais E.B.S., cuxo cadaver foi localizado a primeira hora desta mañá na vivenda da súa exparella na parroquia de Belesar. Susto de madrugada en Carril polo incendio do letreiro luminoso dunha farmacia,...

AROUSA NOTICIAS 07 11 24 07.11.2024

Actualidade local e comarcal deste xoves 7 de novembro. Xornada de ceos despexados con temperaturas que siguen sendo altas para a época do ano, oscilando entre os 24 graos de máxima e 12 de mínima. Segundo as previsións de Meteogalicia, a inestabilidade regresa mañá venres, con precipitacións febles, pero xa cara a fin de semana reforzaranse de novo as altas presións para comezar a vindeira semana...

AROUSA NOTICIAS 06 11 24 06.11.2024

Catro mergulladores do GEAS da Garda Civil sumáronse hoxe ao operativo na procura dun veciño de Meis, de 48 anos, desaparecido dende o pasado mércores tras unha primeira xornada de busca infructuosa por terra e aire na contorna da desembocadura do río Umia, en Cambados, O Salnés promociona en Madrid a súa nova estratexia para desestacionalizarse como destino mediante o chamado “slow business”, un...

AROUSA NOTICIAS 05 11 24 05.11.2024

Búscase na contorna da desembocadura do río Umia, en Cambados, a un veciño de Meis, de 48 anos, do que se descoñece o seu paradoiro dende o pasado mércores. Sigue aumentando a axuda de Arousa ás zonas de Valencia afectadas pola Dana. No terreo xa están traballando os equipos de Protección Civil trasladados dende Vilagarcía, Cambados, Cuntis ou Portas. Dende Vilanova o alcalde Gonzalo Durán anuncia...

AROUSA NOTICIAS 31 10 24 31.10.2024

O concelleiro de Servizos de Vilagarcía Lino Mouriño deixa a súa acta na corporación municipal despóis de 13 anos formando parte do equipo de Alberto Varela, catro na oposición e os últimos nove no goberno local. Acompañado de todo o grupo municipal e dun emocionado Alberto Varela, Lino Mouriño aseguraba que o deixa porque o necesita, para tomar un respiro e poder vivir. Siguen sucedéndose as most...

AROUSA NOTICIAS 30 10 24 30.10.2024

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés recuperou esta mañá os dous grandes recintos de vacinación poboacional fronte a gripe e a covid. O Concello de Vilagarcía renderá homenaxe a cinco veciños, que, como consecuencia da Guerra Civil e da persecución posterior, foron deportados e acabaron en campos de concentración nazis. Cambados estreou esta mañá as novas oficinas da planta baixa da Casa Cons...

AROUSA NOTICIAS 28 10 24 28.10.2024

Primeira xornada de folga no transporte urbano e interurbano en demanda da xubilación anticipada do sector que deixa incidencias de piquetes informativos nas estacións de Vilagarcía, Cambados e Pontevedra. Augas de Galicia adxudicou por 236.000 euros o contrato para a explotación, conservación e mantemento do encoro de O Con, en Vilagarcía, por un período de 24 meses. O Concello de Vilagarcía saca...

AROUSA NOTICIAS 25 10 24 25.10.2024

Vilagarcía proxecta a humanización da rúa Conde Vallelano, culminando o proceso de peonalización na contorna da Praza de Galicia iniciado en 2015 sacando os coches da Rúa Rei Daviña. O BNG compareceu hoxe ante os medios para valorar os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano que, ao seu entender, non valen para dar resposta ás necesidades do Salnés, A asociación Zona Centro e o Concello de Cambado...

AROUSA NOTICIAS 24 10 24 24.10.2024

Queda en liberdade unha das dez persoas arrestadas este mércores no amplo operativo contra o tráfico de drogas desplegado pola Policía Nacional entre o Salnés, Fisterra e Carballo. O Mancomunidade do Salnés impulsa o novo plan estratéxico que guiará a súa política de promoción turística nos próximos catro anos, centrada na desestacionalización e o turismo sostible. Con motivo do 30 aniversario da...

AROUSA NOTICIAS 23 10 24 23.10.2024

Novo operativo contra o narcotráfico con vínculos en Arousa. Axentes da Udyco e do Greco da Policía Nacional e do Servizo de Vixilancia Aduaneira manteñen activo un amplo operativo desplegado dende esta madrugada contra o tráfico de estupefacientes a gran escala na Illa de Arousa, Fisterra, Cee e Carballo. Remata a fuxida durante case unha década de Jorge Fernández Barral, narcotraficante do Salné...

AROUSA NOTICIAS 22 10 24 22.10.2024

A Garda Civil investiga un asalto ocorrido este domingo nunha vivenda de Ribadumia, no lugar de O Freixo, Dúas persoas encarapuchadas entraron no domicilio onde residen os pais do político Ramiro Vázquez, membro da candidatura de Xuntos por Ribadumia, atáronos con bridas e leváronse finalmente un botín de cartos en métálico duns 1.000 euros. Un operario da Mancomunidade do Salnés resultou ferido l...

AROUSA NOTICIAS 21 10 24 21.10.2024

A ILP impulsada dende a Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa que pretende declarar de interese xeral as actividades pesqueiras e marisqueiras tradicionais suma o apoio do BNG comarcal. Dende a PDRA anuncian que durante o debate da ILP mañá martes, no interior do Parlamento estarán presentes na tribuna pública unha trintena de persoas do sector e no exterior celebrarase unha concentración con...

AROUSA NOTICIAS 18 10 24 18.10.2024

Unha operación conxunta entre a Garda Civil e a Policía Nacional desmantela un grupo de 'aluniceros' que operaba na comarca de Pontevedra especializado nos roubos con forza. A Consellería do Mar inclúe nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano a creación no porto de Sanxenxo dos denominados departamentos destinados a usuarios do sector pesqueiro cunha partida de 540.000 euros. A Deputación de Po...

AROUSA NOTICIAS 17 10 24 17.10.2024

Dende Sanxenxo, o Partido Popular pide ao goberno de España que rectifique e aposte polo traspaso da titularidade da AP9 a Galicia, seguindo a senda da Xunta coa recuperación da concesión da autovía do Salnés. En Vilagarcía, o BNG presentou hoxe a súa proposta dun concerto económico para Galicia, semellante ao que regula as relacións tributarias e financeiras entre o estado e o Pais Vasco ou Navar...

AROUSA NOTICIAS 16 10 24 16.10.2024

Cáritas Interparroquial de Arousa fixo hoxe un "balance moi positivo" do que foi o primeiro ano nas novas instalacións e comedor social de Vilagarcía, por permitir "dignificar os servizos e ás persoas voluntarias". O Festival Curtas converterá a Vilagarcía en referente do Cine do Imaxinario do 25 de outubro ao 2 de novembro, con Batman como fio conductor, e o seu mítico coche que estará na Praza d...

AROUSA NOTICIAS 15 10 24 15.10.2024

A Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por plataformas e colectivos do mar da ría de Arousa para conseguir o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras entrará no Parlamento de Galicia o 22 de outubro co apoio de 17.838 sinaturas. A Mancomunidade do Salnés inaugurou hoxe en Ribadumia a Exposición itinerante “Mulleres do Salnés”, un recoñecemento ás mulleres da comarca...

AROUSA NOTICIAS 14 10 24 14.10.2024

A campaña de vacinación anual fronte a gripe e a covid incorpora hoxe novos grupos de risco: persoas de 80 e máis anos, non residentes, que na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascende a unha ‘poboación diana’ de 22.458 pacientes. As persoas emigrantes retornadas a Galicia poderán resolver as súas dúbidas e recibir asesoramento na oficina móbil que o xoves, 17 de outubro, se instalará en Vil...

AROUSA NOTICIAS 11 10 24 11.10.2024

O TSXG levanta o segredo de sumario da operación Ceira contra o narcotráfico, con epicentro no Salnés, desenvolvido a semana pasada pola Policía Nacional, a Garda Civil e o Servizo de Vixilancia Aduaneira. O Grupo de Memoria Democrática da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Vilagarcía, instalará no cemiterio municipal de Rubiáns un monólito en homenaxe ás vítima...

AROUSA NOTICIAS 10 10 24 10.10.2024

A explosión dun transformador ubicado na estación de autobuses de Vilagarcía provocou a alarma e deixou sen luz ao colexio de A Escardia, situado ao seu carón, e tamén ás vivendas da contorna. O Instituto de As Bizocas e o colexio de Pontecesures siguen sen clases lectivas tralos destrozos ocasionados polo temporal nas súas respectivas cubertas á espera das medidas que determine a Consellería de E...

AROUSA NOTICIAS 09 10 24 09.10.2024

O temporal da borrasca Kirk comeza a remitir e, segundo as previsións de Meteogalicia, a situación mellorará moi rápido na seguintes horas. O máis salientable das consecuencias está no Grove onde tiveron que ser suspendidas as clases no IES As Bizocas despóis de que o vento levantase gran parte da cuberta. Tamén en Pontecesures, o Concello anunciou a suspensión da actividade escolar no CPI e na Es...

AROUSA NOTICIAS 07 10 24 07.10.2024

O asasinato da veciña de Salcedo, Fadoua Akkar, de 41 anos, a mans da súa parella está xa calificado como crime machista, tanto pola Garda Civil como pola delegación do goberno contra a Violencia de Xénero. O presunto asasino pasará a disposición xudicial en canto reciba a alta médica. Temor na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) ante os efectos nos bancos marisqueiros das chuvias torren...

AROUSA NOTICIAS 03 10 24 03.10.2024

Segunda macrooperación internacional contra o narcotráfico con epicentro en Arousa en dous días. Nesta ocasión, no marco da operación denominada Claudo, a Garda Civil desartellou un grupo criminal asentado no Barbanza que chegaba a vender ata 10 kilos de cocaína en 20 días. Paralelamente, aumentan a 20 os detidos na operación Ceira contra unha rede especializada no tráfico de heroína dende Sudamár...

AROUSA NOTICIAS 02 10 24 02.10.2024

Alomenos unha ducia de detencións e rexistros na Illa de Arousa e Vilanova nun novo operativo internacional contra o tráfico de drogas con epicentro no Salnés e ramificacións na provincia da Coruña e en Portugal. Reactivado o operativo de busca para dar co paradoiro do pescador de Boiro desaparecido dende a noite do luns na praia de Mañóns, en Abanqueiro. O paro aumentou o pasado mes de setembro e...

AROUSA NOTICIAS 01 10 24 01.10.2024

A flota da ría de Arousa inicia hoxe a campaña de libre marisqueo coa incerteza de se os principais bancos terán o producto suficiente para que todas as embarcacións consigan os seus cupos. O Concello de Cambados completa a peonalización da contorna histórica de Fefiñáns. A partir deste xoves, a Praza de Asorey estará restrinxida á circulación rodada. O PP de Cambados acusa ao Concelleiro de Camba...

AROUSA NOTICIAS 26 09 24 26.09.2024

A campaña de libre marisqueo na ría de Arousa comezará este ano sen atrasos. O sector volverá a faenar o vindeiro martes 1 de outubro nos tres bancos principales de Os Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío , ademáis das denominadas “outras zonas”. A Sociedade Estatal Acuaes ven de adxudicar a execución e posta en marcha da nova depuradora da Illa de Arousa por importe de 7,5 millóns de euros. A intenci...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.