Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AROUSA NOTICIAS 18 12 24 18.12.2024

O Cemiterio municipal de Rubiáns é dende hoxe Lugar da Memoria Democrática” Colectivos da memoria e familiares das víctimas, acompañados de representantes institucionais e da Universidade de Santiago, descubriron o monumento en lembranza dos dezasete veciños e veciñas de Vilagarcía asasinados durante a represión franquista e soterrados nunha fosa común. Portos de Galicia vén de aprobar o documento...

AROUSA NOTICIAS 17 12 24 17.12.2024

Primeiras reaccións ante o dictamen da Comisión Europea contra a prórroga concedida a Ence polo goberno de Mariano Rajoy para permanecer na ría de Pontevedra ata o ano 2073. O subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, lamentaba esta mañá as “consecuencias negativas” das prórrogas concedidas por gobernos do PP a AP-9 e ENCE e rexeitaba "a maneira hipócrita de facer política” dos populares....

AROUSA NOTICIAS 16 12 24 16.12.2024

A violencia no deporte exténdese tamén a disciplinas como o balonmán con lamentables feitos como o acontecido esta fin de semana en Vilalonga, no partido de categoría cadete femenina entre o Sanxenxo e o Club Rasoeiro. O avó do árbitro de encontro resultou ferido grave tras recibir un empurrón por parte do pai dunha das xogadoras do Rasoeiro que lle provocou unha caída e un golpe na cabeza. A Gard...

AROUSA NOTICIAS 12 12 24 12.12.2024

Nova traxedia no mar. Un mariñeiro do Grove, José Rey Domínguez, de 75 anos, faleceu esta mañá a consecuencia do afundimento do barco bateeiro no que se encontraba xunto coa súa filla, patroa da embarcación, e o seu xenro. Segundo as primeiras informacións, parece que un posible corremento da carga tería provocado o envorcamento da embarcación, quedando o falecido enganchado no guindastre e ao non...

AROUSA NOTICIAS 11 12 24 11.12.2024

Nova importante para o sector bateeiro..O goberno de España, a través do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, garante a seguridade marítima na recolección da mexilla mediante unha nova norma que permite aos bateeiros obter o despacho da embarcación para operar na costa. As mariscadoras de a pe da ría de Arousa seguran sentirse totalmente abandonadas pola Xunta de Galicia. Consideran qu...

AROUSA NOTICIAS 10 12 24 10.12.2024

Actualidade local e comarcal deste martes 10 de decembro. Seguimos baixo os efectos da altas presións e aire frío nunha xornada de ceos despexados con mínimas que baixan aos 3 graos mentres que as máximas permanecen nos 14 Segundo as previsións de Meteogalicia, ao longo da semana manterase un réxime de ventos do leste, que deixará baixa probabilidade de precipitacións en xeral alomenos ata o venre...

AROUSA NOTICIAS 09 12 24 09.12.2024

Mariscadoras de Vilanova volveron a protestar esta mañá ante o Concello polo peche de varios bancos marisqueiros debido a verquidos. O Partido Popular de Vilagarcía pide o cese inmediato da Concelleira de Urbanismo Paola María por considerar que mentiu sobre a xestión dos fondos europeos Edusi. A Illa de Arousa estrea a nova imaxe do Paseo do Naval trala reforma integral executada a través do prog...

AROUSA NOTICIAS 05 12 24 05.12.2024

O presidente da Mancomunidade do Salnés, David Castro, fai balance dos seus once primeros meses ao fronte da entidade e cifra en 11,8 millóns de euros as xestións realizadas dende a súa chegada á presidencia comarcal, En Sanxenxo, esta mañá quedou inaugurado e aberto ao tráfico o novo paso subterráneo construido na Rúa Madrid dentro da primeira fase do proxecto do novo mercado de abastos. A Deputa...

AROUSA NOTICIAS 04 12 24 04.12.2024

Ao longo da xornada pasarán a disposición xudicial os integrantes do grupo criminal itinerante formado por catro homes e unha muller, autores do roubo cometido o pasado novembro na Xoeiría Rapariz en Vilagarcía, onde sustraeron cadeas de ouro valoradas en máis de 80.000 euros. Importante accidente, ainda que afortunadamente sen feridos graves, na autoestrada AP9 ao seu paso por Pontevedra, debido...

AROUSA NOTICIAS 03 12 24 03.12.2024

A Mancomunidade do Salnés nomea embaixadoras ás tres asociacións chinesas que estes días percorreron a Ruta Padre Sarmiento e visitaron adegas e conserveiras da comarca. En Cambados, residentes e comerciantes da contorna de Fefiñáns acudirán ao pleno da corporación municipal que se celebrará este mércores ás 21 horas tras presentar 700 sinatura para reclamar a reapertura da Praza de Asorey. Vilano...

AROUSA NOTICIAS 02 12 24 02.12.2024

A Policía Nacional investiga o intento de roubo rexistrado na madrugada deste domingo nas instalacións de Fundivisa, ubicada no Polígono do Pousadoiro enVilagarcía. Recoñecemento da Xunta aos 80 efectivos de Bombeiros e agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de toda a provincia, entre eles das nosas comarcas, que se trasladaron a Valencia en apoio ás víctimas da DANA. A Rúa Aquilino Iglesi...

AROUSA NOTICIAS 29 11 24 29.11.2024

O Concello de Vilagarcía estrea a súa propia plataforma de entradas e reservas denominada ticketvilagarcia que bota a andar cos Bonos Son da Casa. A Asociación Cambados Zona Centro, en colaboración co Concello, lanza a súa campaña de Nadal que distribuirá un total de 2.000 euros en vales para fomentar as compras no comercio local Recollen mil sinaturas para evitar o inminente peche do asilo de Cam...

AROUSA NOTICIAS 28 11 24 28.11.2024

Cinco persoas, tres homes e dúas mulleres, foron detidas nun operativo desplegado entre a Policía Nacional e a Local no que se desartellou un punto de venda de drogas no barrio da Seca, en Pontevedra. A depuradora de Lantañón, en Paradela, apareceu esta mañá sen o peche de ferro, de malla electrosoldada que alguén roubou durante a noite deixando únicamente o lateral e os postes. O concello xa pres...

AROUSA NOTICIAS 27 11 24 27.11.2024

A Mancomunidade do Salnés proxecta unha nova planta fotovoltaica de 650 kWp de potencia xunto cun novo sistema de bombeo en alta que se ubicará en Ponte Arnelas. O custe supón un investimento de 850.000 euros para o que a entidade comarcal solicitará un crédito que lle permita sufragar a metade do importe. A outra metade será financiada a través dunha achega do Fondo de Cooperación Local. O Concel...

AROUSA NOTICIAS 26 11 24 26.11.2024

A Deputación de Pontevedra leva investidos no último ano e medio nas comarcas do Salnés, Caldas e Ulla Umia máis de 30 millóns de euros en investimentos a través de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o PON2030. O presidente Luis López fixo hoxe balance nun almorzo informativo en Vilagarcía. En Sanxenxo, a finca das Cunchas, en litixio dende hai anos...

AROUSA NOTICIAS 25 11 24 25.11.2024

Hoxe 25 de novembro, conmemórase o día Internacional contra a Violencia Machista con lecturas de manifesto institucionais como parte dunha ampla programación de actividades que todos os concellos e institucións veñen desenvolvendo ao longo deste mes pola comarca. A Sala do Civil e Penal do TSXG aprazou para xaneiro, “por problemas técnicos e organizativos” a vista de apelación prevista para hoxe c...

AROUSA NOTICIAS 22 11 24 22.11.2024

Actualidade local e comarcal deste venres 22 de novembro. Recupéranse por hoxe as altas presións ainda que, segundo as previsións de Meteogalicia, durante a fin de semana iremos quedando progresivamente baixo a influencia dunha nova borrasca. Para mañá sábado non se agardan precipitacións pero xa o domingo pola tarde chegará unha fronte moi activa. De momento, hoxe quedamos nunha xornada de ceos d...

AROUSA NOTICIAS 21 11 24 21.11.2024

A Garda Civil desenvolve un operativo iniciado en Vigo pero con rexistros en diferentes puntos da provincia para a detención dunha banda que podería estar relacionada co asalto a unha vivenda de Ribadumia o pasado mes de outubro. A plantilla do Hotel Balneario Isla de La Toja iniciou esta mañá cunha concentración ante o establecemento as mobilizacións en protesta polo ERE extintivo proposto polo g...

AROUSA NOTICIAS 20 11 24 20.11.2024

A Garda Civil de Sanxenxo investiga a un veciño de Meaño de 49 anos como supuesto autor dun delito de maltrato animal. Non hai avances no conflicto laboral xurdido tralo Expediente de Regulación presentado polo grupo Hotusa para o Hotel Balneario Isla de La Toja que afecta a toda a plantilla. A dirección rexeitou a mediación do mediación do AGA e o comité de empresa decidiu volver iniciar o períod...

AROUSA NOTICIAS 19 11 24 19.11.2024

A policía Local de Cambados e a Garda Civil reforzarán, alomenos durante esta semana, a vixiancia na entrada e saída das clases no colexio de Corvillón tralo incidente rexistrado onte por parte dun dos inquilinos da conflictiva vivenda da rúa Riveiro, ubicada na contorna do centro educativo. O home detido polo altercado quedou en liberdade con cargos, acusado de atentado contra a autoridade e resi...

AROUSA NOTICIAS 18 11 24 18.11.2024

Un policía local resultou ferido nun novo episodio vinculado coa vivenda da rúa Riveiro, en Corvillón, Cambados, cuxos residentes veñen atemorizando á veciñanza dende hai varias semanas cos seus comportamentos. O goberno loca de Vilagarcía congratúlase de que “por fin a Xunta de Galicia teña a ben iniciar as obras das beirarrúas de Bamio, despois de quince anos do anuncio e case dous dende que o a...

AROUSA NOTICIAS 15 11 24 15.11.2024

O veciño do Grove, de 73 anos, Jacobo Naveiro, ferido no incendio da súa vivenda no que faleceu a súa muller, Elena Parada, xa foi dado de alta, despóis de permanecer varios días na UCI do Hospital Montecelo por inhalación de fume. A dirección do Hotel Balneario Eurostars Isla de La Toja e o comité de empresa retomarán o día 18 de novembro as negociacións do ERE extintivo presentado polo grupo Hot...

AROUSA NOTICIAS 14 11 24 14.11.2024

A Garda Civil detivo de madrugada ao presunto autor do crime machista de Baiona. O arresto produciuse en mesma parroquia de Belesar, onde reside o detido e onde o pasado venres foi localidado o corpo sen vida de Estela Blach. Reaccións tralo incendio rexistrado este mércores nunha vivenda do Grove, no que faleceu unha das praceiras máis coñecidas da localidade: Elena Parada, tamén coñecida como A...

AROUSA NOTICIAS 12 11 24 12.11.2024

Xa é definitivo: o Pazo de Montesacro deixará de ser residencia de maiores de Cambados antes de Nadal. A orden relixiosa Hermanitas de los Ancianos Desamparados, propietaria do Pazo comunicou esta mañá ao alcalde Samuel Lago o peche definitivo do servizo, máis dun ano despóis de que se anunciase a saída do inmoble á venda. Cun amplo despliegue policial pero sen incidencias e de forma voluntaria, d...

AROUSA NOTICIAS 11 11 24 11.11.2024

A Subdelegación do Gobierno en Pontevedera confirmou este luns que o asesinato de Estela Blach, a muller de 36 anos morta o pasado venres en Baiona, trátase dun crimen de violencia machista. As lonxas de Arousa, e en especial a do Grove, recibirán esta tarde as primeiras pezas da campaña da centola, iniciada hoxe trala veda establecida dende o 22 de xuño. Coincidindo coa apertura da veda, tamén co...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.