Laura Veiga
Pingando - Laura Veiga
Ola! Son Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. Aquí atoparás historias que descoñecías, mitos desmontados pola evidencia científica e moito máis! Podes seguirme en Instagram: https://instagram.com/pingando.gal?utm_medium=copy_link Tamén podes seguirme en Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC-Zth6S2QbSNzMsyj4MFAcA E en Twitter: https://twitter.com/PingandoG?s=09 Se ves que che gusta o contido e queres apoialo por 1€ ao mes ou formar parte dun clube de lectura entra aquí: https://www.patreon.com/join/pingandolauraveiga
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista Carla Arca @outraidea - Compresas de tea, antiespecismo e moito amor 04.03.2021 1:07:28
Neste episodio falamos con Carla Arca, educadora social e creadora do proxecto Outra Idea, onde elabora a man compresas de tea e outros produtos como neceseres e carteiras. Con ela falaremos de como é este proceso de creación e elaboración e tamén xurdirán outros temas como o antiespecismo e a necesidade de formar vínculos e crear unha comunidade. Para ver o traballo de Carla: https://instagram.co...
Entrevista a Aro Oliveira @gzfitness gal - Relacións sas co exercicio, adestramento de forza e ciclo 25.02.2021 1:18:00
Neste episodio falamos con Aro Oliveira, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e estudando un máster en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde e un ciclo superior de Dietetica, así como divulgador en redes sociais. Con el aprenderemos como pode influír no noso adestramento a relación que teñamos co exercicio, a importancia do adestramento de forza e como se relacion...
Entrevista Uxía Rial @feitizosdolar - Os proxectos artísticos propios 18.02.2021 1:08:12
Neste episodio falamos con Uxía Rial de @feitizosdolar, onde crea ilustracións, textos e xoias de xeito artesanal. Nesta conversa tocamos diferentes temas como é o papel da sexualidade na vida das persoas, o traballo que hai detrás dun proxecto artístico e artesanal autoxestionado e, por suposto, constantes alusións á menstruación, ao ciclo menstrual e ás diferentes visitas xinecolóxicas. Para ver...
Entrevista a Lucía Álvarez e Sabela Maceira – Sexualidades e autocoñecemento 11.02.2021 1:00:52
Neste episodio falamos con Lucía Álvarez, psicóloga e sexóloga, e con Sabela Maceira, educadora social e sexóloga, ambas integrantes do equipo do centro de sexoloxía Con Mucho Gusto. Aquí explican dende que é a sexualidade até en que consiste a terapia sexual pasando polo papel da educación sexual no noso autocoñecemento e nas nosas vivencias. Para ver o traballo de Con Mucho Gusto: https://www.in...
Entrevista a Lola Ferreiro – Feminismos e androcentrismo na medicina 04.02.2021 56:54
Neste episodio falamos con Lola Ferreiro, catedrática en Procesos Sanitarios e especialista en estudos de xénero, sobre o panorama do feminismo (e feminismos) na actualidade galega, así como diferentes cuestións que teñen que ver coa violencia de xénero a nivel estrutural e institucional. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?igshid=1i68rnp27jbpy
Entrevista a Sandra Román @dietistarealist - Alimentación, ciclo menstrual e dietas 28.01.2021 40:14
Neste episodio falamos con Sandra Román, dietista, sobre a relación coa comida, a falta de educación alimentaria e as implicacións que teñen as restriccións nutricionais no noso ciclo menstrual. Tamén coñecerás consellos para seguir unha boa alimentación así como para escoller a unha boa profesional que che guíe. Para ver o traballo de Sandra: https://www.instagram.com/dietistarealist/ Para non pe...
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.