Laura Veiga
Pingando - Laura Veiga
Ola! Son Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. Aquí atoparás historias que descoñecías, mitos desmontados pola evidencia científica e moito máis! Podes seguirme en Instagram: https://instagram.com/pingando.gal?utm_medium=copy_link Tamén podes seguirme en Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC-Zth6S2QbSNzMsyj4MFAcA E en Twitter: https://twitter.com/PingandoG?s=09 Se ves que che gusta o contido e queres apoialo por 1€ ao mes ou formar parte dun clube de lectura entra aquí: https://www.patreon.com/join/pingandolauraveiga
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Episodio 2 con Carol Strate: como é menstruar dos 17 aos 27 anos 16.12.2021 16:52
Este episodio forma parte dunha miniserie coa xinecóloga Carol Strate, con quen exploraremos como é menstruar nas diferentes etapas da vida, dende a primeira menstruación até a última. Neste episodio veremos cales son os cambios máis comúns e as principais consultas xinecolóxicas. Para seguir de preto o traballo de Carol: https://www.instagram.com/alumbramujer/ Para non perderte nada: https://inst...
Ana Rodríguez - Como pode axudar a farmacia comunitaria no ciclo menstrual 02.12.2021 37:42
Neste episodio falamos con Ana Rodríguez, farmacéutica, membra da Sociedade Española de Farmacia Clínica, Familiar e Comunitaria e colaboradora en Radio Voz. Con ela aprenderemos todo o necesario sobre o consello farmacéutico e como este pode ser útil en distintas situacións relacionadas co ciclo menstrual. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando.gal?utm_medium=copy_link E agora tam...
Episodio 1 con Carol Strate: como é menstruar durante a menarquia 18.11.2021 18:44
Este episodio forma parte dunha miniserie coa xinecóloga Carol Strate, con quen exploraremos como é menstruar nas diferentes etapas da vida, dende a primeira menstruación até a última. Neste episodio veremos cales son os cambios máis comúns e as principais consultas xinecolóxicas. Para seguir de preto o traballo de Carol: https://www.instagram.com/alumbramujer/ Para non perderte nada: https://inst...
Diana Luque – Pon unha matrona na túa vida 04.11.2021 53:06
Neste episodio falamos con Diana Luque, secretaria da Asociación Galega de Matronas. Con ela falaremos precisamente de como che pode axudar unha matrona ao longo de toda a túa vida, xa que é moi común pensar nelas só durante o embarazo e hai moito máis detrás. Se queres saber máis sobre chan pélvico, dor menstrual, anticonceptivos e educación sexual, escoita isto! Para seguir de preto as actividad...
Aranxa Vicens e Gabriela Frías – A hipersexualización das persoas racializadas 21.10.2021 49:07
Neste episodio falamos con Aranxa Vicens e Gabriela Frías, integrantes do colectivo Resistencia en Terra Allea. Con elas debullamos a situación das persoas racializadas e/ou migrantes, especialmente das mulleres e das nenas, en diferentes ámbitos como poden ser a vida cotiá ou as relacións interraciais de amizade/parella. Algúns dos obstáculos que deben enfrontar son a hipersexualización, a cosifi...
Lorena Souto – A representación da menstruación na literatura galega 07.10.2021 1:04:32
Neste episodio falamos con Lorena Souto, poeta, filóloga e mestra, arredor de como a literatura galega representou a menstruación, tanto no ámbito da poesía como no ámbito da narrativa, ao longo de diferentes décadas. Veredes que hai numerosas obras que se mencionan, aínda que é imposíbel ser exhaustivas, polo que se advertides algunha ausencia por favor compartídela para que o resto a teñamos pre...
Margarida Corral - A colectivización e os coidados na discriminación laboral 15.07.2021 42:25
Neste episodio falamos con Margarida Corral, técnica de igualdade da Confederación Intersindical Galega (CIG). Xunto a ela reflexionamos arredor do papel dos sindicatos nas relacións laborais actuais, os recoñecementos médicos e xinecolóxicos das empresas e dos diferentes tipos de discriminación que enfrontan as mulleres de clase obreira. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?...
Nee Barros - A Identidade e (algunas) realidades trans 08.07.2021 1:04:06
Neste episodio falamos con Nee Barros, escritore e youtubeire. Xunto a elu reflexionamos arredor da importancia de ter referentes na nosa vida cotiá para construír a nosa identidade e de diversos aspectos relacionados coa literatura, a menstruación e algunhas das realidades das persoas trans. Tamén falamos das súas dúas obras: 9 poemas para um VÍRUS-19 e Identidade. Para non perderlle a pista a Ne...
María Reimóndez – Unha visión Bárbara, feminista e decolonial 01.07.2021 58:46
Neste episodio falamos con María Reimóndez, escritora, tradutora e activista. Con ela falamos da súa publicación máis recente: Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes diverses (e non só). A través desta obra tamén exploramos diferentes aspectos como o papel da literatura na educación, a creación de redes feministas e o papel político e decolonial da tradución. Para ver o...
Gustavo Llovo - Apps de control de ciclo e ciberseguridade 24.06.2021 54:37
Neste episodio falamos con Gustavo Llovo, formador e perito informático. El explica o concepto de ciberseguridade, as políticas de privacidade e a importancia da anonimización dos datos. Aínda que non todo é malo, e tamén falamos dos beneficios do Big Data e a súa utilidade a distintos niveis como pode ser social ou sanitario. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?igshid=1i68r...
Entrevista Sabela Landín – A realidade despois do Essure 17.06.2021 1:08:31
Neste episodio falamos con Sabela Landín, a presidenta da Asociación de Afectadas de Essure da Galiza. O Essure foi un dispositivo contraceptivo irreversíbel que se colocou a máis de 1.000 mulleres do país. Os seus efectos secundarios levaron a que se deixara de comercializar en 2018, pero hoxe en día as vítimas seguen sen ter un trato xusto e son abandonadas polo sistema sanitario e administrativ...
Entrevista Andrea Hipólito e Xiana Alende – Falemos de chan pélvico 10.06.2021 58:05
Neste episodio falamos con Andrea e Xiana, ambas fisioterapeutas de chan pélvico. Elas contarannos que é isto que está tan de moda hoxe en día, cales son as consecuencias de ter unha hipotonía ou unha hipertonía e xuntas afondaremos un pouco nas causas do descoñecemento destes músculos e nas posíbeis medidas de prevención. Para ver o seu traballo: https://ahsuelopelvico.com/ E para seguilas en ins...
Entrevista Éric @UnRapáTransquilo - Como nos afecta a socialización da menstruación 03.06.2021 1:01:43
Neste episodio falamos con Éric, músico e creador baixo o nome de Un Rapá Transquilo, que nos fala sobre facer pública a súa transición, a linguaxe inclusiva, a validación dos corpos e o cispassing e como podería variar a nosa relación coa menstruación se a nosa socialización tamén fose diferente. Todo isto adornado con moitas risas e chistes malos que non vos podedes perder. Para non perderlle a...
Entrevista Cristina Novoa – QuerENDO lembrar que é a endometriose 27.05.2021 51:12
Neste episodio falamos con Cristina Novoa, membra da asociación QuerENDO para a visibilización da endometriose e o acompañamento ás doentes. Con ela falamos das distintas loitas que teñen como asociación, tanto a nivel sanitario como a nivel administrativo, mais tamén do que implica vivir con endometriose a nivel persoal e como todo isto inflúe nas relacións de parella, amizade e familiares, así c...
Entrevista David Gómez – A contracepción e a saúde sexual na actualidade 21.05.2021 44:43
Neste episodio falamos con David Gómez, xinecólogo do Hospital Álvaro Cunqueiro e o vicepresidente da Sociedade Galega de Contracepción. Con el falamos do concepto de saúde sexual, como abordar a contracepción e a prevención de ITS dende unha perspectiva multidisciplinar e como a responsabilidade contraceptiva adoita caer nas mulleres, especialmente nas relacións heterosexuais. Para ver o traballo...
Entrevista coa Malvada Profe - A educación sexual na secundaria 13.05.2021 1:22:45
Neste episodio falamos coa Malvada Profe acerca das súas experiencias na ensinanza da secundaria e como percibe a educación sexual nestas idades. Por suposto, na conversa hai lugar tanto para as reflexións sobre que é o que falla como para as anécdotas máis divertidas. Para non perderlle a pista: https://twitter.com/MariaArtze?s=09 Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?igshid=...
Entrevista Compostela Non Monógama – Os coidados nas non monogamias 06.05.2021 44:50
Neste episodio falamos con Leti e Gabriel, integrantes e organizadores do colectivo Compostela Non Monógama, precisamente das non monogamias e como interseccionan este tipo de relacións co resto de loitas sociais como os coidados, o feminismo, a visibilidade LGBT e outros temas como as red flags ou bandeiras vermellas. Para ver o traballo de Compostela Non Monógama: https://www.instagram.com/nonmo...
Entrevista Carmela Cela - Químico vs natural, endometriose e nesgos de xénero 29.04.2021 58:34
Neste episodio falamos con Carmela Cela, investigadora predoutoral no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e divulgadora en Ecos de Xigantes e Ciencia con Carmen e de xeito individual tamén ten canle propia de Youtube. Ela explícanos de onde vén a quimiofobia e por que non ten sentido, o posíbel papel dos disruptores endócrinos no desenvolvemento da endometriose e como afectan os nesgos de xé...
Entrevista Andrea Muras de @ciencia_miuda – Por que as bacterias molan? 22.04.2021 51:42
Neste episodio falamos con Andrea Muras, doutora en microbioloxía e divulgadora científica, sobre a importancia das bacterias nas nosas vidas, a ciencia que non se ve pero que está por todas partes e como a alimentación, o exercicio e o descanso afectan á nosa microbiota e esta ao noso ciclo menstrual. Para ver o traballo de Andrea: https://instagram.com/ciencia_miuda?igshid=1kn7cjbdo99qa Para non...
Entrevista Nuria Espasandín - O activismo dentro e fóra das redes 15.04.2021 56:46
Neste episodio falamos con Nuria Espasandín, activista polos dereitos humanos e dos animais non humanos. Ela cóntanos como é o traballo dunha persoa activista, a situación dos dereitos da muller e do colectivo LGBTI no mundo e en especial en Polonia, a súa experiencia no veganismo e no feminismo e un pouco sobre as súas viaxes e a súa vida nómade. Para ver o traballo de Nuria: https://youtube.com/...
Entrevista Raquel C. Pico – A historia da menstruación na Galiza 08.04.2021 41:01
Neste episodio falamos con Raquel C. Pico, xornalista freelance e autora de varios artigos de hemeroteca sobre a menstruación. Con ela, falamos dos motivos polos que a menstruación e o ciclo menstrual non forman parte dos libros de historia, o comercio por correo discreto, o sangrado libre no século XIX e a pobreza menstrual. Nota: No minuto 24 da entrevista comezamos a falar dun libro coma se fos...
Entrevista Iria Veiga, A Raíña Vermella – Perspectiva biopsicosocial e casualidades 01.04.2021 44:05
Neste episodio falamos con Iria Veiga, A Raíña Vermella, médica psiquiatra e divulgadora en medios de comunicación e en centros educativos. Con ela exploramos un pouquiño o campo da psquiatría así como diferentes temas relacionados coas mensaxes positivas, a busca de patróns e as casualidades e o enfoque biospicosocial das enfermidades. Para ver o traballo de Iria: https://espello.gal/ E para non...
Entrevista Ester de @proxecto_xerminando - Comprestelas, calzóns inclusivos e cultura de troca 25.03.2021 39:40
Neste episodio falamos con Ester, a persoa que está detrás do @proxecto_xerminando. A través dela podemos achegarnos a unha nova forma de crear compresas reutilizábeis e tamén a unha nova forma de levar unha vida máis ética e sostíbel. Tamén nos introduce na economía circular e na cultura da troca. Para ver o traballo de Ester: https://www.instagram.com/proxecto_xerminando/ Para non perderte nada:...
Entrevista Noemí García de @media laranxa e @galegoparaboomers 18.03.2021 39:34
Neste episodio falamos con Noemí García, filóloga, a persoa que está tras as receitas e larandicas de Media Laranxa e a profe que está detrás de Galego para Boomers. Ela nos explica o seu punto de vista sobre a normalización lingüística e a situación actual do galego así como os diferentes debates que intenta fomentar nas súas aulas. Sobre Noemí: https://www.instagram.com/noemi_jeans/ Para ver o t...
Entrevista Sandra Mateo - Dermatoloxía, psicoloxía e ciclo menstrual 11.03.2021 39:04
Neste episodio falamos con Sandra Mateo, dermatóloga con experiencia tanto na sanidade pública como na privada. Ela nos explica a importancia da pel e as características de determinadas patoloxías como o acne e a rosácea e como se relaciona todo isto co ciclo menstrual e as implicacións psicolóxicas. Para ver o traballo de Sandra: https://www.clinicadoctoramateo.es/ Para non perderte nada: https:/...
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.