Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 934 episodes

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Nov 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 10M+ downloads · 4.7+ rating iOS soon

Episodes

Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones 04.06.2017

O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio. A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predici...

Debemos priorizar a seguridade á privacidade dixital? 29.05.2017

Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.

Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte 29.05.2017

Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador princi...

Peixe pequeno pero espiñento con Marta Vila e Carlos Fernández 25.05.2017

Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe.

O físico fugado e o cineasta experimental [Ciencia e Cinema] 25.05.2017

Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow. http://actodeprimavera.blogspot.com.es/2016/05/o-cinema-cientifico-de-stan-brakhage.html

Fagos e cristalografía con Carmela García 25.05.2017

A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. A nosa invitada tamén é blogger e podcaster en https://ablogios.com/ e https://www.spreaker.com/show/bacteriofagos

O que lle debe Saturno a Cassini [Postal Planetaria] 25.05.2017

Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súas exploracións a Saturno a ás súas lúas.

Como funciona un test de embarazo? [Ciencia para andar por casa] 25.05.2017

En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo.

Imaxinación, paixón e traballo: Conversa con Avelino Corma 22.05.2017

O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC (CiQUS). Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.

Efer 398 (21-5-17): O espiñento 21.05.2017

Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe. O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo CIQUS. Conversamos con este químico especialista e...

Efer 397 (14-5-17): Volven os fagos 21.05.2017

A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo. Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da...

Guia do ceo maio 16 09.05.2017

Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Presentamos o foro galego-portugués "Calidade da noite".

Efer 396 (7-5-17): A importancia do teu reloxo biolóxico 09.05.2017

Todos temos un sistema cronobiolóxico que anticipa e sincroniza os diferentes procesos biolóxicos que ocorren no noso corpo. Un reloxo central no hipotálamo marca ritmos de algo mais de 24 horas, polo que se ten que recalibrar empregando fundamentalmente os ciclos de luz do sol. Pero, que pasa cando se perde a sincronía? Como lle afecta o traballa en quendas? É útil a melatonina? Conversamos coa i...

Cando nos debe preocupar o azucre dos alimentos? Con @deborahciencia 05.05.2017

Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimentos.

Convención internacional de Papiroflexia. 05.05.2017

Fátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago.

Nanocosmos : Astrofísica e nanotecnoloxía aliadas para debullar a poira estelar 05.05.2017

Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de e...

Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar 30.04.2017

Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de e...

Cacharreando tecnoloxía musical en APETEGA 27.04.2017

Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez.

Xurxo Mariño estaba na fabulosa Biblioteca América 27.04.2017

Coñecemos a historia da Biblioteca América da man de Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC. Neste lugar fabuloso estaba agochado o Xurxo Mariño.

Día de Pitágoras nos conservatorios de música 27.04.2017

Paula Sánchez preséntanos a iniciativa que xurdiu en Arzúa de celebrar o día de Pitágoras nos conservatorios de música.

Inspiraciencia = Ucrhonia labs + Lección de anatomía + Historia de 2 moléculas 27.04.2017

Repasamos algunhas das dramatización efervescentes dos gañadores do concurso de relatos de inspiración científica "Inspiraciencia" del CSIC. Son os seus autores Enrique Neira, José de la Sota e Nacho Munilla. Laura Valls cóntanos as novidades da actual convocatoria aberta ata o 17 de maio de 2017.

Efer 393 (16-4-17): Volta ao mundo desde unha biblioteca 27.04.2017

Xurxo Mariño presenta en Efervesciencia o seu libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" editado por Xerais desde una biblioteca secreta. Repasamos algúns dos gañadores do concurso de relatos de inspiración científica "Inspiraciencia" do CSIC. Coñecemos a nova convocatoria da man de Laura Valls. Laura e Mario son mais novos colaboradores efervescentes, coa compaña d...

Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo V: Colorado e Galápagos 27.04.2017

O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.

Efer 394 (23-4-17): Tecnoloxía musical DIY 23.04.2017

Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez. Coñecemos a Biblioteca América da man da súa directora Mabela Casal. Paula Sánchez preséntanos o Día de Pitágoras.

Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo IV: Atacama vs Amazonia 17.04.2017

O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.