Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 931 episodes

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

PDICiencia na Noite Efervescente 18.07.2017

Na Noite Efervescente descubrimos o proxecto PDI Ciencia e falamos co seu director Diego Ortega xunto con Andrés e Fran de Adcor e Ángel da Asociación Chamorro.

O apalpador das moléculas con Diego Peña 13.07.2017

En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de ap...

O cloro das piscinas [Moléculas en galego 4] 07.07.2017

O cheiro a cloro das piscinas é un bo sinal ou non? Nova entrega de Moléculas en Galego

Efer 404 (2-7-17): Noite Efervescente de asteroides desde Castrelo de Miño 02.07.2017

V Noite Efervesvente desde o Náutico de Castrelo de Miño dedicada ao Dia Internacional do Asteroide.

Faladoiro escéptico coa CONCEPT [Agora si Portugal] 26.06.2017

Os amigos da Comcept, Comunidade Escéptica Portuguesa, veñen de publicar "Não se deixe enganar". A escusa perfecta para parolar con Diana Barbosa, João Monteiro e o Martin Pawley sobre escepticismo. https://t.co/uZB2AQXh91

O PABA protéxenos da radiación solar [Moleculas en galego 3] 26.06.2017

O ácido 4-aminobenzoico, máis coñecido como PABA na industria cosmética, é un protector solar químico que bloquea os raios UVB. Nova edición de Moléculas en Galego con Javier Balea.

Efer 403 (25-6-17): A revolución de apalpar moléculas unha a unha 26.06.2017

En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de ap...

Tolkien no arquivo da Catedral? 26.06.2017

Tres sortellas d’ouro, con suas pedras: a hua tem hua pedra coralina; et outra hua pedra que chaman çertim; et a outra huun roubí pequeno Coñecemos o labor dos arquivos da man de Xosé Manuel Sánchez do Arquivo da Catedral de Santiago, cunha inesperada referencia tolkiana incluída.

Un tesouro de sementes, con Antonio de Ron 26.06.2017

O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do noso anfitrión, desde o seu "tesouro" ata os campos de cultivo experimentais.

A hemoglobina do sangue [Moléculas en galego 2] 19.06.2017

Por que o sangue ten un cheiro metálico? Terá que ver coa hemoglobina, ou non? Nova entrega das Moléculas en Galego de Javier Brea

Efer 402 (19-6-17): Unha tarde na Misión Biolóxica de Galicia 19.06.2017

"Adoitamos dicir que os inventos e os descubrimentos que cambiaron as nosas vidas dependen de máquinas complexas. Pero o feito é que se aínda estamos aquí [...] é grazas ós feixóns" Umberto Eco O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do no...

Os primeiros textos científicos en galego 19.06.2017

O Consello da Cultura Galega vén de publicar "Textos Científicos en Galego. Os inicios, 1916-1936". Conversamos con Francisco Díaz-Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG.

As mimosas invaden novos territorios [SINC] 19.06.2017

As mimosas son unha das especies invasoras máis agresivas de todo o mundo. Un estudio das universidades de Vigo e Coimbra vén de detectar a súa propagación en zonas ata o de agora inalteradas. Eva Rodriguez conversa con Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.

No laboratorio de David Posada 19.06.2017

Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos no...

Efer 401 (11-6-17): Competencia darwininana dentro do teu corpo 11.06.2017

Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos no...

O dióxido de carbono [Moléculas en galego 1] 11.06.2017

Primera entrega de "Moléculas en galego" de Javier Balea en Efervesciencia. Empezamos coñecendo o dióxido de carbono.

Como a cuántica creou o Val do Silicio con Víctor Pardo 07.06.2017

O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio.

Unha explicación verificable á misteriosa estrella de Tabby 07.06.2017

A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia.

Son novidosas as investigación de bacterias que detectan minas antipersoa? [Circo de Bacterias] 07.06.2017

As bacterias poden detectar minas antipersoa. A idea non é nova, pero os traballos de investigadores israelís veñen de saltar aos medio de comunicación. Nolo analiza o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira.

Predicir, e evitar, os accidentes na estrada con matemáticas 07.06.2017

Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria e da "Real Academia de Ingeniería" dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada.

As rupturas mal xestionadas afectan á saúde do fillos [SINC] 07.06.2017

Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/

Upwards: Todo o que queremos saber de Marte 07.06.2017

Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador princi...

Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones 04.06.2017

O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio. A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predici...

Debemos priorizar a seguridade á privacidade dixital? 29.05.2017

Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.

Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte 29.05.2017

Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador princi...

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.