GCiencia

O Descodificador

News GL ↓ 25 episodes

Un espazo para entender mellor as tecnoloxías da información e as comunicacións. En colaboración co CITIC

Author

GCiencia

Category

News

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jun 3, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Talentos Inclusivos: da tecnoloxía ao compromiso social 03.06.2026

O proxecto Talentos Inclusivos xa vai pola sexta edición e acumula ás súas costas máis dunha decena de premios. A iniciativa do CITIC promove as vocacións STEM entre o alumnado de secundaria ao tempo que busca solucións prácticas para mellorar a vida de persoas con parálise cerebral. Neste novo episodio de O Descodificador convidamos a investigadora do CITIC Nieves Pedreira; a coordinadora do prox...

Do sangue á lava: ciencia para predicir fluídos 16.04.2026

O proxecto europeo InNoPor traballa cun claro obxectivo: crear simulacións para predicir mellor o comportamento de fluídos como o sangue e a lava. A coordinadora da iniciativa é a investigadora do CITIC María González Taboada.

Como coidar o planeta con algoritmos verdes 08.01.2026

A intelixencia artificial xa forma parte indiscutible da nosa vida cotiá. Non obstante, ten unha cara B non sempre visible: o seu custo ambiental. Igual que outras tecnoloxías e aparellos de uso diario, como os electrodomésticos e os coches, a investigación encamíñase a crear modelos tan precisos como sostible. E aquí onde xoga un papel fundamental o concepto "algoritmo verde". Neste novo episodio...

Industria intelixente: como construír a fábrica do futuro 19.12.2025

Novo episodio de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC da UDC. Falamos co catedrático Óscar Fontenla Romero, experto en ciencias da computación e intelixencia artificial. Está inmerso no proxecto Casandra, unha iniciativa cun claro obxectivo: modernizar a fabricación industrial e facela intelixente.

Cando a estatística pode axudar a salvar vidas 30.10.2025

O cancro é unha enfermidade complexa, ao igual que o seu tratamento. Este pode provocar diversos efectos secundarios. No caso do cancro de mama, a cardiotoxicidade é unha desas consecuencias non desexadas: cando as substancias afectan ao corazón. Entender que perfil de paciente é máis proclive a ter esas consecuencias é importante para poder mellorar os tratamentos das persoas. A cardiotoxicidade...

A innovación silenciosa que impulsa os coches intelixentes do futuro 29.09.2025

Os avances en comunicacións so esenciais nas tecnoloxías do noso día a día pero, en moitas ocasións, non teñen un importante impacto mediático. Desde a pagar co móbil, un reloxo intelixente ou dispositivos de realidade aumentada, todos teñen a necesidade de que a transmisión de información inalámbrica sexa eficiente e sinxela. Tamén cos coches intelixentes, con sistemas que requiren información ma...

Do lecer á aula: como entender o conflito a través dos videoxogos 27.05.2025

O concepto 'conflito' fai referencia a múltiples dimensións: dende a toma de decisións entre varias persoas ata o cambio climático e o terrorismo. Os videoxogos poden ser un potente recurso pedagóxico para traballar o termo nas aulas de secundaria. E iso é precisamente o obxectivo do proxecto europeo InterGames, que adapta recursos habitualmente empregados no lecer para traballar co alumnado de 14...

Cando a tecnoloxía axuda a entender a realidade da parálise cerebral 28.04.2025

O proxecto Talentos Inclusivos vai pola súa quinta edición. Impulsado polo CITIC en colaboración con ASPACE-GALICIA, o obxectivo é que alumnado de secundaria deseñe aplicacións tecnolóxicas que faciliten a vida das persoas con parálise cerebral. Neste segundo episodio da terceira tempada de O Descodificador falamos co investigador do CITIC Diego Darriba, cos profesores Óscar Rey e Fina Paulos do I...

Por que a computación cuántica aplicada ás finanzas é tan importante na túa vida cotiá 31.03.2025

As finanzas non só son economía, nin cartos, nin diñeiro. As finanzas tamén son matemáticas. Neste primeiro episodio da terceira tempada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC, o investigador Álvaro Leitao Rodríguez explicaranos que papel xoga a computación cuántica no eido das finanzas. E como isto pode mellorar a nosa vida cotiá. O CITIC está acreditado como Centro d...

Como revolucionar o sector naval a través da dixitalización 30.12.2024

A revolución dixital do sector naval estase a facer dende Galicia. O CEMI é un centro de investigación mixto entre a Universidade da Coruña e Navantia. Nel impúlsanse proxectos innovadores para dotar o sector das ferramentas que necesita para ser punteiro. Unha das súas últimas iniciativas é EDINAF, un proxecto europeo coordinado polo investigador Salvador Naya. Falamos con el neste último episodi...

Como a tecnoloxía (e a colaboración) melloran a resposta ante os desastres naturais 04.12.2024

As inundacións do Levante, co caso máis recente de Valencia, e as vagas de incendios en Galicia e Portugal son fenómenos recorrentes. A clave está en tratar de responder o máis rápido posible, e de forma eficaz, ante as catástrofes. Os desastres naturais non entenden de fronteiras e por iso o proxecto ATEMPO, no que participa o CITIC, está composto por membros de Galicia, Portugal e Castela e León...

Máis alá dos contrasinais seguros: consellos fronte aos ciberataques 17.10.2024

Contas de correo electrónico, en plataformas de streaming, en aplicacións do móbil... Todas e cada unha delas requiren de contrasinais para poder usar os seus servizos. Pero non vale calquera clave: ten que ter un mínimo de oito caracteres, combinar letras maiúsculas con minúsculas, que aparezan números e varios signos ortográficos... Unha longa lista de requisitos para garantir a seguridade da tú...

Identificar corpos con IA: a necesaria revolución da ciencia forense 19.09.2024

A antropoloxía forense é unha disciplina manual e precaria dende o punto de vista tecnolóxico. Na meirande parte das universidades e dos centros de medicina legal aínda se empregan "ferramentas doutro século". Así o describe o investigador Óscar Ibáñez Panizo, do CITIC, cuxas liñas de investigación sobre intelixencia artificial están enfocadas ás ciencias forenses. "Automatizar e simplicar tarefas...

Así se predí un gromo de artrite reumatoide con intelixencia artificial 27.08.2024

En Galicia hai 27.000 persoas diagnosticadas de artrite reumatoide e un 43% precisa a axuda doutra persoa para a realización de actividades cotiás. Esta é unha realidade non sempre visible. Por iso, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e deseñar tratamentos individualizados ás necesidades de cada doente, un equipo do CITIC e do Hospital da Coruña está a deseñar un modelo de intelixencia art...

Dende predicir o tempo ata Chat GPT: o poder dos superordenadores 06.06.2024

Lémbraste de  O Bosque animado, sentirás a súa maxia ? O renderizado das súas imaxes, é dicir, a creación das animacións a partir de modelos 3D, fíxose no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Pero ollo... A computación de alto rendemento (HPC, polas súas siglas en inglés) tamén está detrás das predicións meteorolóxicas, da rapidez con que se xestou Chat GPT e con moitas ferramentas que n...

Tecnoloxía adolescente ao servizo das persoas con parálise cerebral 09.05.2024

O programa Talentos Inclusivos busca espertar vocacións STEM entre o alumnado de secundaria e bacharelato ao tempo que mellora a calidade de vida das persoas con parálise cerebral. Este proxecto, unha iniciativa do CITIC en colaboración con ASPACE Coruña, é o protagonista deste novo episodio de O Descodificador. Neste capítulo falaremos coa investigadora do CITIC Paula Castro, a profesora Julia Vá...

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea 10.04.2024

A Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou a misión Gaia en 2013 cun obxectivo ambicioso: crear o mapa máis detallado da Vía Láctea... En tres dimensións! Nestes máis de 10 anos de funcionamento, Gaia xa observou 2.000 millóns de obxectos co obxectivo de comprender mellor a evolución da nosa galaxia. En todo este proceso, un equipo galego está a empregar intelixencia artificial para procesar axeitada...

Máis alá dos videoxogos: o uso científico das imaxes creadas con intelixencia artificial 27.03.2024

Cando se fala de visualización 3D e imaxes creadas por ordenador o primeiro que che vén á mente son os videoxogos. Pero a xeración de imaxes por ordenador vai moito máis alá do lecer. Ten aplicacións en practicamente todos os ámbitos que imaxines: dende a pantalla do teu móbil ata probas diagnósticas. Precisamente o oitavo e último episodio da primeira temporada de O Descodificador, o pódcast de G...

Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor 22.03.2024

O noso reloxo intelixente non só mide a cantidade de pasos que damos cada día, senón que os datos que recaba poden ser unha boa ferramenta científica. Os dispositivos 'wearables', xunto á medicina do sono, son os temas que abordamos no sétimo episodio de O Descodificador, un pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC. Nesta ocasión contamos cos investigadores Diego Álvarez e Patricia Concheiro,...

A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo 05.12.2023

A intelixencia artificial está cambiando a maneira de aprender, pero tamén a forma de ensinar. Nun escenario tecnolóxico en constante cambio, cabe reflexionar sobre os desafíos que abre Chat GPT, Midjourney e a infinidade de ferramentas de intelixencia artificial dentro do ámbito educativo. Desaparecerá a figura do profesor? Estamos ante a gran revolución da educación? Estas preguntas e moitas mái...

Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres? 03.11.2023

Os nesgos de xénero están en todas partes: nas series que ves, nos libros que consomes, no teu traballo... E como non podía ser doutra maneira, tamén están presentes nos sistemas de intelixencia artificial. Neste quinto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, trataremos de averiguar Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres . Os datos cos...

É realmente necesaria unha lei sobre intelixencia artificial? 19.09.2023

A intelixencia artificial rexe unha gran parte de ámbitos da nosa vida cotiá e laboral pero aínda non hai unha lexislación que regule o seu uso. A Unión Europea aprobou en xuño o proxecto de lei sobre este tecnoloxía, co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía e dos usuarios. Pero... É realmente necesario? Abordamos esta cuestión no cuarto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCienc...

Que son os robots autónomos? Riscos e beneficios para o futuro 17.07.2023

No terceiro episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, entrevistamos ao investigador RIchard Duro. Líder do proxecto PILLAR-Robots, busca con esta iniciativa conseguir que os robots sexan o máis autónomos posible pero... Que implicacións, tanto positivas como negativas, pode ter de cara ao futuro?

A ética, a tarefa pendente da intelixencia artificial 02.06.2023

Chat GPT revolucionou a informática, os medios e ata se podería dicir que a sociedade. Os últimos avances da intelixencia artificial eran impensables hai tan só uns anos. Pero máis alá da novidade e dos potenciais riscos e beneficios, moitos expertos piden que se regulen estes novos sistemas. Cales son os pros e contras? Cal é o camiño que debe seguir a ética no eido da intelixencia artificial? Ne...

Como se mide a contaminación lumínica? 05.05.2023

Un equipo do CITIC desenvolve un fotómetro para medir a contaminación lumínica. É máis barato que os que hai actualmente no mercado e tamén é open source. Máis alá do seu uso por parte de institucións e afeccionados, os investigadores buscan concienciar á poboación sobre os riscos deste tipo de contaminación. Primeiro episodio de O Descodificador, con Daniel Boubeta Portela e José Carlos Dafonte V...

Listen to the O Descodificador podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.