Radio Labirinto
O Carrasco móvese
Reportaxes sobre os diferentes eventos realizados no noso centro ao longo do curso escolar.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ETS. Unha perspectiva adolescente 02.06.2026 9:32
Podcast realizado polo noso alumnado de 4º e que resultou finalista na categoría de ensino secundario e bacharelato nos premios José Hermida da Cadena Ser. https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2026/05/12/paralaia-monte-carrasco-ii-premios-130158849.html
Primeiro día de instituto para 1ºB 02.10.2025 1:59
O alumnado de primeiro fálanos sobre como viviron este día tan especial.
Primeiro día de instituto para 1ºA 02.10.2025 2:34
O alumnado de 1º fálanos sobre como viviron este día tan especial.
Tertulia con gambianos e senegaleses no IES Monte Carrasco 05.02.2025 32:27
4 mozos de Gambia e Senegal visitaron o noso centro para conversar co alumnado de 3º de ESO sobre a súa cultura e dar a coñecer a súa realidade, que comparten cun colectivo acollido temporalmente en Mondariz. Unha experiencia enriquecedora, emotiva e chea de humanidade que esperamos poder repetir.
Primeiro día de instituto para 1º B 08.10.2024 3:17
O alumnado recén chegado ao IES Monte Carrasco fálanos sobre o seu primeiro día.
Primeiro día de instituto para 1º A 08.10.2024 3:28
O alumnado recén chegado ao IES Monte Carrasco fálanos sobre o seu primeiro día.
Eva Mejuto visita o Monte Carrasco 19.06.2024 7:31
A autora do libro 22 segundos conversa con reporteiras de Radio Labirinto de 1º de ESO acerca do seu libro. Falamos de sexualidade trans e máis cousas...
Falamos dos deportes náuticos no IES Monte Carrasco 30.05.2024 33:40
Neste podcast, imos falar sobre os deportes náuticos. Falamos con diferentes persoas para facer unha tertulia sobre o piragüismo, varias entrevistas a un remeiro, ao noso diretor do centro e a un velista. Falamos de como eran antes os deportes náuticos e os comparamos a como son na actualuidade, os tipos que hai e os diferentes beneficios que trae o deporte. Desde esta vila mariñeira de Cangas, mo...
Pan de Millo. Un proxecto de restauración no Morrazo 08.04.2024 23:45
Gustavo viu ao IES Monte Carrasco falarnos da súa profesión como cociñeiro e do seu proxecto "Pan de Millo. Taberna galega".
Guillerme Ignacio presenta o seu libro sobre o entruido tradicional 05.03.2024 24:31
O libro titulado "Damas e Ghaláns no entruido de Nergha" é un traballo interesantísimo do músico, investigador e recompilador Guillerme Ignacio acerca da danza tradicional, recentemente recuperada, que ten lugar no contexto do entruido de Nergha como tamén sucede na nosa parroquia, a de Darbo. Agradecemos a Guillerme a súa xenerosidade por compartir o seu coñecemento este ano no que, no IES Monte...
Antía Yáñez visita o IES Monte Carrasco 05.03.2024 8:54
A escritora burelá visitou o noso centro e pasou polo estudio de Radio Labirinto para falarnos de dous dos seus libros: Senlleiras e O misterio de Portomarín. Alumnado de 1º e 4º tivo o pracer de conversar coa autora despois de ler os seus libros e gozar da proximidade e o cariño co que nos tratou. Grazas Antía!
Entrevista a Marcos Ceive 03.07.2023 9:13
O club de lectura O Faladoiro fixo unha entrevista a Marcos Ceive, a persoa na que se basea a novela Vintedous Segundos de Eva Mejuto.
Prestige 20 anos despois 05.06.2023 28:10
O grupo de 3º ESO-B, desde a materia de Proxecto Competencial, realizou unha investigación sobre o desastre do Prestige, con motivo do 20 aniversario da catástrofe, a través da gravación, análise e comentario de entrevistas realizadas a familiares próximos. Este podcast pretende achegar unha perspectiva do desastre desde a óptica da mocidade actual que sabe ollar con visión crítica ao pasado para...
Faladoiro no IES Monte Carrasco 22.05.2023 12:38
Neste episodio falámosvos de libros, desde a biblioteca do instituto. Falarán os membros do club de lectura, que este ano sumáronse con especial entusiasmo a ler e compartir impresións sobre diferentes libros.
Memorias de exilio e emigración 25.05.2022 14:34
Este podcast é resultado dunha serie de entrevistas realizadas a familiares e amigos que tiveron algunha experiencia relacionada coa emigración e mesmo co exilio. Poderedes escoitar parte destas entrevistas comentadas polo alumnado de 3º de ESO do IES Monte Carrasco. Unha reflexión máis que necesaria sobre os fenómenos migratorios que tanto afectaron ao pobo galego na súa historia e que sigue send...
Xela Arias. Poesía que alimenta 19.05.2021 4:56
Traballo premiado no III Concurso de Podcasts Radio na Biblio. Un esquisito podcast adicado á poesía de Xela Arias guiado por Miguel Santervás (quen tamén fixo parte da música orixinal), e coa participación de profesorado e alumnado do noso instituto.
Faladoiro sobre Xela Arias 19.05.2021 4:59
E por fin, unha muller homenaxeada nas letras galegas. O alumnado de 4º reflexiona, conversa e debate sobre este feito e outros aspectos da figura de Xela Arias como o compromiso coa lingua galega, a edición e a traducción.
Xela Arias e Luz Beloso no IES Monte Carrasco 19.05.2021 4:59
O equipo de Radio Labirinto investigou sobre a autora homenaxeada polo día das letras 2021, Xela Arias, e entrevistou a Luz Beloso, que ven de ilustrar e publicar un libro inédito da escritora.
Semana da Paz no IES Monte Carrasco 31.01.2021 11:13
Elena, Alba e Celia, de 1º de ESO, presentan unha reportaxe que realizaron durante a semana da paz coa intención de facernos reflexionar sobre este concepto tan fermoso.
Soundpainting para o 25N 25.11.2019 22:06
Alumnado de 4º de ESO cóntanos a súa experiencia na preparación e interpretación dunha performance de sounpainting para a xornada de Cangas en Negro, organizada polo concello de Cangas do Morrazo con motivo do día contra a violencia de xénero.
Club de Ciencia 01.07.2019 28:50
Crónica sobre o ano 2018-2019 do Club de Ciencia no IES Monte Carrasco de Cangas.
Entrevista a Cristian Fojón Caruncho, ilustrador 16.02.2019 11:18
Entrevistamos a Cristian Fojón, novísimo ilustrador na vangarda galega da súa especialidade, aproveitando que veu impartir un obradoiro de viñeta e banda deseñada ás clases de plástica de 1º de ESO.
Día da Paz 2019 no IES Monte Carrasco 16.02.2019 7:30
Programa realizado por alumnado do IES Monte Carrasco de Cangas con motivo do Día da Paz, o 30 de xaneiro de 2019 e publicado por Ponte nas Ondas o 13 de febreiro, día Mundial da Radio, este ano adicado á Tolerancia, o Diálogo e a Paz.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.