GCiencia Podcasts
Investigar na USC
Falamos das investigacións das distintas áreas de coñecemento da USC e facemolo a través das persoas que están detrás, a través das súas voces. Isto e Investigar na USC, un proxecto en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com
Author
GCiencia Podcasts
Category
Podcast website
Latest episode
Dec 1, 2023
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Os recrutados galegos da Segunda Guerra Mundial 01.12.2023 22:49
O alistamento de emigrantes galegos nas forzas armadas de Estados Unidos durante a II Guerra Mundial non foi algo anecdótico. Da península, a maioría dos recrutados eran de Galicia, concretamente da Coruña. Un traballo da USC pretende alumear esta parte da historia descoñecida que acumula moitos baleiros de información. O profesor Javier Fernández explícanos neste episodio todo aquilo que non se c...
Os virus e zoonoses do cambio climático 16.10.2023 17:19
O virus hemorráxico das vacas acaba de chegar a Galicia. A lingua azul regresou quince anos despois da súa erradicación. Neste episodio abordamos estas dúas enfermidades víricas, as que máis afectan na actualidade ao gando galego. Tamén, falamos das zoonoses e do papel do cambio climático na propagación de patóxenos. A voz experta será a do decano de Veterinaria da Universidade de Santiago, Gonzal...
Tabaquismo, vapers e fume ambiental 11.08.2023 21:28
No sétimo episodio de Investigar na USC, o pódcast de GCiencia en colaboración coa Universidade de Santiago, falamos coa científica Julia Rey. É coautora dunha investigación recentemente publicada que demostra que o risco de contraer EPOC se reduce dende o primeiro ano sen fumar. Rey poñeranos ao día sobre os últimos achados dos perigos que supón consumir tabaco e tamén, inhalar fume ambiental.
A saúde dos solos galegos 28.07.2023 29:10
Non todos os residuos permanecen na superficie e son tanxibles. Nitratos, pesticidas e antibióticos que se filtran poden chegar ás augas e posteriormente ao ser humano. A evidencia científica demostra diariamente que a contaminación non só é un problema de plásticos, Analizámolo con Rosa Mosquera , catedrática de Produción Vexetal, a voz experta da USC que nos pon ao día sobre as últimas investiga...
Protonterapia: Un disparo no corazón do cancro 07.06.2023 18:23
O Centro de Protonterapia de Galicia estará operativo en 2025. Asentarase en Santiago e contará cunha área destinada exclusivamente á investigación, o que o converterá nun referente europeo. Falamos con dous expertos na materia, Faustino Gómez e Pablo Aguiar da USC, que nos explicarán todos os detalles desta terapia e os preparativos que se están a realizar para recibir a nova tecnoloxía que, espe...
Chegará a alerta por seca en Galicia? 12.05.2023 18:34
Este novo episodio de Investigar na USC responde á pregunta que leva por título: Chegará a alerta por seca en Galicia? Para facer unha análise completa da cuestión, entrevistamos a Alberto Martí, profesor de xeografía. Conversamos con el sobre as reservas de auga en Galicia, os plans das institucións e as medidas de aforro, o tipo de consumo de auga por parte dos galegos, a conciencia ecolóxica, o...
É hora de entender o cambio horario. Con Jorge Mira 24.03.2023 21:46
Este sábado 25 de marzo toca cambiar a hora. Ás 2.00 de madrugada serán as 3.00, por se queda dúbida. Coa mudanza ao horario de verán, tamén chega un debate recorrente na opinión pública. O catedrático da Facultade de Física da USC Jorge Mira, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno neste sentido, acláranos tódalas dúbidas ao respecto e desminte unha grande chea de fake news
Intelixencia Artificial contra as fake news 03.03.2023 22:59
A desinformación constitúe unha das maiores preocupacións das democracias contemporáneas. Detrás das noticias falsas ou fake news articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións. Na loita contra a desinformación, resulta fundamental a coordinación con tres actores clave: as empresas tecnolóxicas, a socieda...
Precisamos perspectiva de xénero para investigar? 10.02.2023 18:24
Elas son máis cando se matriculan na universidade, pero a súa distribución entre áreas profesionais é desigual. Superan o 70% nos graos relacionados cos coidados e apenas chegan ao 30% nas enxeñarías. Co gallo do 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia, falamos das perspectivas de xénero na investigación con Encina Calvo Iglesias , profesora titular de Física Aplicada. En Investigar na USC, en cola...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.