Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30 h - Martes, 3 de outubro de 2023 03.10.2023 28:18
A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno extraordinario. Este é un dos asuntos que contamos en #Noticias1330h xunto a apertura do curso de Auxiliar de Almacén que a Fundación Érguete Inclusión imparte en Tui. Amais recollemos a entrevista co deputado autonómico Moisés Rodríguez, as citas do día na Biblioteca e o deporte.
Noticias 13.30 h - Luns, 2 de outubro de 2023 02.10.2023 28:44
Hoxe en #Noticias1330h damos conta do inicio dap rogramación de outono no Teatro Municipal de Tui, do investimento de 300 mil euros entre 2022-23 no Parque Natural do Monte Aloia, e de nova en educación e formación e doutras citas da semana. No deporte recollemos as tres medallas de Lino Martínez no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Venres, 29 de setembro de 2023 29.09.2023 30:39
Abrimos #Noticias1330h coa presentación da programación de outono no Teatro Municipal que brindará dende o venres 6 de outubro oito espectáculos. Amais na repasamos as citas para esta fin de semana na que continúan as propostas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, teremos concertos, festas, .... No deporte mañá celébrase o VII Supercross Cidade de Tui, o policía local de Tui, Lino Martínez...
Noticias 13.30 h - Xoves, 28 de setembro de 2023 28.09.2023 29:59
O Concello de Tui conta con de 7 millóns de euros de fondos europeos para investimentos verdes, Así o deu a coñecer con motivo do Día Mundial do Turismo. Esta é unha das novas que recollemos en #Noticias1330h, falamos do programa Cultiva a Mente, das citas do día, da crónica de sucesos e do deporte.
Noticias 13.30 h - Mércores, 27 de setembro de 2023 27.09.2023 27:03
Hoxe, 27 de setembro, é o Día Mundial do Turismo. En Noticias 13.30 h repasamos as actividades organizadas en Tui por este motivo, tamén recollemos a delicada situación que enfrontará SOS Tomiño Baixo Miño a partir de decembro, e a conferencia sobre "Francisco Sánchez, un tudense universal" que ofrecerá hoxe en Tui Laureano Alonso. Estas son so unha parte das novas deste día.
Noticias 13.30 h - Martes, 26 de setembro de 2023 26.09.2023 29:35
O investimento de preto de 2 millóns euros de fondos europeos en Tui para rehabilitar a Praza de Abastos e o Cárcere Vello é unha das novas que recollemos hoxe en #Noticias1330h. Repasamos o programa co que se celebra en Tui o Día Mundial do Turismo, e o dinamismo que rexistra o Camiño Portugués. Nas citas repasamos os concertos previstos esta semana e no deporte falamos do VII Supercross Cidade d...
Noticias 13.30 h - Luns, 25 de setembro de 2023 25.09.2023 24:31
En Noticias 13.30 h recollemos a licitación do proxecto de rehabilitación do cárcere vello, o programa co que se vai celebrar do Día Mundial do Turismo en Tui, o balance do MUMI, o novo horario dos buses entre Tui e Vigo dende este xoves... así coma os resultados deportivos da fin de semana con Sara Tui campioa de Europa de Fútbol Praia coa Selección Española.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coa empresa Lugove 22.09.2023 4:23
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá co responsable da empresa Lugove para abordar os problemas que se están rexistrando no transporte de viaxeiros por estrada na cidade. En Noticias 13.30 h Enrique Cabaleiro detallou o abordado no encontro.
Noticias 13.30 h - Venres, 22 de setembro de 2023 22.09.2023 32:12
En Noticias 13.30 h recollemos o resultado da reunión mantida hoxe polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con responsables da empresa LUGOVE, visto e prace medioambientel ao proxecto de autovía Tui-A Guarda dende a PO-350 a Estás. Tamén a celebración do MUMI na Eurocidade, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 21 de setembro de 2023 21.09.2023 15:19
O próximo remate das obras nas rúas Colón e Lugo, sinatura da Acta de Recoñecemento da Liña de Fronteira no Río Miño, a constitución do novo comité directivo do Consorcio do Louro, e o inicio con pasarrúas e un concerto especial de apertura do MUMI son parte das novas que hoxe recollemos en #Noticias1330h. Tamén falamos do inicio da Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis e do Concurso Naci...
Noticias 13.30 h - Mércores, 20 de setembro de 2023 20.09.2023 29:38
Mañá comeza o Mumi que ofrecerá 14 showcases entre outras actividades na Eurocidade Tui-Valença. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde demos conta tamén dos resultados do proxecto FlexiGrobots de Terras Gauda, da conferencia de Suso Vila sobre Francisco Sánchez hoxe ás 20 h, a apertura da inscrición no Club de Lectura da Biblioteca, ou do monográfico de francés turístico na EOI de Tui, entre o...
Noticias 13.30 h - Martes, 19 de setembro de 2023 19.09.2023 27:59
A proposta dun tren circular en Galicia, os faladoiros dos Mumi, a ampliación do ERTE en Ganomagoga, as conferencias sobre Francisco Sánchez, os monográficos de francés e inglés na EOI de Tui, e a ruta nocturna dos Muiñeiros do Tripes son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta do inicio do Mundial de Slalom.
Medio centenar de participantes no Concurso Nacional de Saltos en Equigalia, Tui, esta fin de semana 18.09.2023 5:32
As instalacións de Equigalia, en Tui, acollen esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos no que se darán cita medio centenar de participantes. Será sobre as distancias de 1,10 m, 1,20 e 1,30 m, e noutras distancias tamén para ponies. Esta destacada proba deportiva foi presentada este mediodía no Concello de Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Luns, 18 de setembro de 2023 18.09.2023 25:38
A Eurocidade Tui-Valença acolle dende este xoves o MUMI, o encontro das músicas de Galicia e Portugal. Así o contamos na apertura de Noticias 13.30 h. Tamén damos conta de que Tui recibiu o diploma de ouro de praias sen fume, SomosOcéanos participou en Madrid no MOMAD e 8 voluntarios de Protección Civil recibiron os seus carnés. Amais hoxe rematan as festas en Guillarei, e Tui acolle na fin de sem...
O Concello de Tui entregou un bandeirín ao Cabo Fradera en sinal de recoñecemento polo seu 60 aniversario 15.09.2023 5:27
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo entrega esta mañá ao comandante do Cabo Fradera, David Pacheco, dun bandeirín en sinal de recoñecemento e agradecemento cando se cumpren 60 anos da presenza do patrulleiro en Tui. no acto, celebrado nas instalacións da Comandancia Naval do Miño, púxose de relevo a estreita relación da Comandancia e o Cabo Fradera con Tui e coa súa cidadanía. Así o contamos...
Noticias 13.30 h - Venres, 15 de setembro de 2023 15.09.2023 29:00
Cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP, BNG e C21 onte aprobouse en pleno o expediente para sacar a licitación o proxecto de reforma da praza de Abastos en Tui. Así o contamos en #Noticias1330 h onde tamén recollemos a entrega do bandeirín por parte do Concello de Tui ao Cabo Fradera con motivo do seu 60 aniversario, o programa do Setembro Xudeu da fin de semana, as festas das Dores de Gui...
Noticias 13.30 h - Xoves, 14 de setembro de 2023 14.09.2023 23:23
Ás 17 h celébrase pleno extraordinario e urxente en Tui. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta dos tres accidentes rexistrados esta mañá en Tui, os actos conmemorativos dos 60 anos do Cabo Fradera en Tui, a conta atrás para o inicio do MUMI, ou das festas de Guillarei.
Noticias 13.30 h - Mércores, 13 de setembro de 2023 13.09.2023 24:29
O corte dun carril da circulación a rúa Colón de Tui por obras, a concesión de obradoiros de emprego a Tui, A Guarda e Salceda de Caselas, e a construción dunha instalación de enerxía solar na EDAR de Guillarei, son parte das novas que recollemos hoxe mércores en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Venres, 1 de setembro de 2023 01.09.2023 26:59
Onte quedou sobre a mesa a contratación das obras de reforma da praza de abastos de Tui no pleno extraordinario da corporación. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao inicio da programación Setembro Xudeu en Tui, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 31 de agosto de 2023 31.08.2023 29:55
Hoxe en Noticias 13.30 h recollemos o pleno que esta tarde celebra a corporación tudense, os faladoiros que haberá no MUMI, a visita de seis empresas do Baixo Miño á Feira Plantarium coa Cámara de Comercio, as citas e o deporte con piraguismo, motonáutica, atletismo, tenis e fútbol...
Tui sede do Campionato de España de Radiocontrol Térmico de Motonáutica 30.08.2023 5:47
Tui acolle este sábado e domingo a 2ª proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico de Motonáutica na que se decidirá o título nacional. Haberá catro categorías 3,5 cc, 7,5 cc, 15 cc e 35 cc. As probas serán o sábado ás 12 e ás 17 h e o domingo ás 10 h. O Campionato foi presentado esta mañá no mesmo escenario onde se vai celebrar. Así o contamos en Noticias 13.30 h.
Música no Claustro doa 17 fotografías históricas ao Concello de Tui e fai balance da edición de 2023 30.08.2023 7:32
Samuel Diz e Beatriz Fontán do festival Música no Claustro fixeron entrega esta mañá ao concello de Tui de 17 fotografías históricas tomadas nos anos 20 do século XX en Tui, Valença e A Guarda. Unha delas da campá máis pequena da Catedral ilustrou o cartel deste ano. Agora forman parte do fondo do Arquivo Municipal. Hoxe fixeron tamén balance da edición deste 2023 e do proxecto executado con Fondo...
Noticias 13.30 h - Mércores, 30 de agosto de 2023 30.08.2023 28:27
Un total 22 puntos conforman a orde do día do pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui. Esta é unha das novas que hoxe contamos en Noticias 13.30 h xunto ao novo comedor escolar do CEIP de Guillarei, a doazón de 17 fotografías históricas ao concello de Tui por parte de Música no Claustro, ou a presentación do Campionato de España de Radiocontrol. E nas citas hoxe haberá...
Noticias 13.30 h -Martes, 29 de agosto de 2023 29.08.2023 25:25
En Noticias 13.30 h deste martes, 29 de agosto, damos conta do pleno que este xoves celebra a corporación municipal de Tui. Amais dous avisos para maña mércores o corte da saída 24 en Guillarei da A55 por labores de limpeza e do abastecemento de auga pola mañá en Cota de Gaio. As citas da xornada e o deporte co podio dos tudenses Enrique Míguez e Pedro Areal no Mundial de Maratón.
Noticias 13.30 h - Luns, 28 de agosto de 2023 28.08.2023 28:16
A solicitude dun Programa Integrado de Emprego dirixido a un centenar de mulleres por parte do Concello de Tui é unha das novas deste luns, xunto á visita que realizou ao centro de saúde o venres o conselleiro de Sanidade. Nas citas do do día destacan as festas da Rocha, e no deporte os resultados da fin de semana e desta mesma mañá en piragüismo, balonmán, fútbol e atletismo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.