Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

#OPeche |Os nomes mais populares en Tui. Haberá algún Lobo? 08.08.2016

A pasada semana lembrarán que vivimos unha intensa polémica despois de que os pais dun cativo de Fuenlabrada quixeran inscribir o seu fillo co nome de Lobo. Os funcionarios do rexistro negáronse, aínda que mais tarde o director xeral dos Rexistros e do Notariado, Javier Gómez Gálligo, anunciou que si se lles permitiría finalmente rexistrar ao cativo como Lobo. A polémica puxo de manifesto os cambi...

Noticias 13.30h - Luns, 8 de agosto, de 2016 08.08.2016

A actualidade deste caloroso luns en #Noticias13.30h

Arde Portugal: Máis de 200 incendios no país veciño durante a fin de semana 08.08.2016

Aínda son visibles arestora en Tui e Baixo Miño as nubes de fume dos incendios que asolan Portugal. O norte do país luso viviu un fin de semana en alerta máxima e ateigado de lumes forestais nunha situación que o secretario de Estado de Interior portugués, Jorge Gomes, definiu de “moi crítica”. Durante a fin de semana, dende o venres e até o domingo, soamente no distrito de Viana do Castelo rexist...

Noticias 13.30h - Venres, 5 de agosto de 2016 05.08.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño e as citas da fin de semana en Noticias 13.30h

OPeche | Os campións tudenses listos para os Xogos de Río 05.08.2016

Enrique Miguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Area, Jesús González, Frank Casañas e agora tamén Óscar Carrera. Todos eles levan o nome de Tui polo mundo grazas a súa participación nunhas Olimpíadas. Hoxe, nunhas horas, arrancan oficialmente os primeiros xogos olímpicos que teñen lugar no continente suramericano. E Tui estará representado por dous dos seus atletas máis internacionais....

#OPeche |O romántico zoar que se traduce nunha pandeira 04.08.2016

Escoitamos o zunir da lixa contra a xarota madeira que paseniñamente vaina domando ata facer dela un instrumento, a pandeira. É un son que non é habitual no Música no Claustro que se celebra en Tui pero que cos obradoiros de Xaneco e Verónica Moar simboliza o dialogo interdisciplinar entre artesanía, arquitectura e música. Un traballo manual pero con gran romanticismo ao dar forma a un instrumento...

Noticias 13.30h - Xoves, 4 de agosto de 2016 04.08.2016

Nos informativos da Radio Municipal de Tui recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Noticias 13.30h - Mércores, 3 de agosto de 2016 03.08.2016

As noticias de Tui e do Baixo Miño cada día nos informativos da Radio Municipal de Tui

Cita co deporte urbano esta fin de semana na Guarda 02.08.2016

Este sábado o deporte urbano toma A Guarda na segunda edición do Galifornia Beat. Un evento deportivo e de cultura urbana que de 10:00 da mañá a 0:00 da noite acollerá diferentes actividades que van dende o skate, o parapente, o flyboard ou o graffiti amais da acompañamento musical e un obradoiro de musica hip hop.

Noticias 13.30h - Martes 2 de agosto de 2016 02.08.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño é recollido nos informativos da Radio Municipal de Tui

Estabilizado o incendio de Arbo tras queimar 90 hectáreas 02.08.2016

Dende a unha da madrugada permanece activo un incendio no concello de Arbo, na parroquia do mesmo nome entre o Castelo e a Rocha. O lume, que causou unha intensa fumareda, queimou xa mais de 90 hectáreas segundo informa Medio Rural. Nas tarefas de control traballan neste momento 4 hidroavións e dous helicópteros amais de 3 pás, 8 motobombas, 13 brigadas, 7 axentes e un técnico.

Ent. Samuel Diz e Beatriz Fontán - Música no Claustro 02.08.2016

Mañá mércores arranca oficialmente a décimo segunda edición de Música no Claustro na Catedral de Tui. Hoxe, de forma paralela as actuacións musicais xa comezaran os obradoiros de artesanía de Verónica Moar no traballo da cerámica e mañá arrancarán tamén os de percusión tradicional con Xaneco.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Convenio sendeiro azul coa Deputación 01.08.2016

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron onte un convenio para realizar labores de mellora no sendeiro azul de 5 quilómetros de lonxitude que une as dúas Praia guardesas de bandeira azul, a de Area Grande e a de Camposancos. O alcalde da Guarda, Antonio Lombra, explicou que no mesmo contémplase unha actuación na zona de Solanas cun importe de 16.666...

#OPeche | Agosto: festa, música e deporte 01.08.2016

Arrancamos o mes de agosto e facémolo cun tempo con temperaturas altas, pero non abafantes, e preparando o calendario para o intenso programa de festas e actividades que nos esperan en Tui e comarca.

Noticias 13.30h - Luns, 1 de agosto de 2016 01.08.2016

A actualidade do Baixo Miño e en Tui cada día nos informativos da Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Venres, 29 de xullo de 2016 29.07.2016

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste 29 de xullo en Tui e no Baixo Miño, con todas as citas para a fin de semana

#OPeche |Despedimos xullo, pero non o verán 29.07.2016

Dous días quedan para pechar o mes mais caloroso do ano. E é que xullo deu para moito. Este luns volvemos rachar cos datos de temperaturas máximas deste ano ao superar os 38 grados, situándose como o sexto día mais abafante dende 2010. E xullo tamén nos deixa con dous sentimentos contrapostos, os dos que se van e os dos que volven.

Esta fin de semana volve a Festa do Peixe Espada á Guarda 29.07.2016

Tras nove anos de ausencia, a Festa do Peixe Espada volve á Guarda grazas ao compromiso e traballo da Organización de Palangreiros Guardeses ORPAGU. Unha fin de semana que non soamente será gastronómica, senón que tamén combinará actuacións musicais e deportivas. Unha edición que este ano comeza co pregón do cantautor guardés Tino Baz.

Este domingo celébrase o Descenso do río Miño en Boias da Eurocidade 28.07.2016

Este domingo ás 15.30h hora española sairá das áreas recreativas de Caldelas e Friestras o Descenso do río Miño en Boias da Eurocidade. O prazo de inscriición está aberto até mañá. Hoxe foi presentado polo concelleiro de Deportes de Tui, o verador de Desporto de Valença e o presidente da Junta de Freguesía de Verdoejo.

#OPeche |Poesía para celebrar o 125 aniversario dos Xogos Florais de Galicia 28.07.2016

Fai 125 anos, o 24 de xuño de 1891, o Teatro Principal de Tui acollía un evento único que pasaría a historia como un fito fundamental para cultura e a lingua galega: Os Xogos Florais de Galicia. Na Radio Municipal de Tui sumámonos á homenaxe que este venres celebrará o Concello de Tui con motivo deste aniversario. Hoxe pechamos o informativo con dous dos poemas dos rapaces do CEIP Nº1 de Tui que n...

Noticias 13.30h - Xoves, 28 de xullo de 2016 28.07.2016

O que acontece en Tui e na comarca do Baixo Miño, a actualidade, as citas, os deportes... nos informativos da Radio Municipal de Tui.

Ent. Alberto González - Food Market Silabario 28.07.2016

Este domingo música e gastronomía irán da man en Tui. A partir das 21:30 Amaro Ferreiro estará en concerto na terraza de verán do Silabario que ademais organizará un food truck, ou mercado de sabores, no que os asistentes poderán probar diferentes pratos. Dábanos conta deste evento Alberto González.

Ent. Ricardo Mella - Diálogos en Educación 28.07.2016

Ás 20h no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda terá lugar o quinto faladoiro dos “Diálogos en Educación”. Hoxe intervirá Ricardo García Mira, doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994) e profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña (1995-2015). Falará sobre “Estilos de vida sostibles e innovación social (ou como devolver a política á cidadaní...

Ent. Beli Martínez do proxecto Socheo - Exposición 'Camiños da Imaxe' 27.07.2016

A Casa dos Alonsos na Guarda acolle ata o 15 de agosto a exposición "Camiños da Imaxe". É froito do traballo de recuperación realizado nos últimos anos polo proxecto Socheo do fondo de Joaquín García Portela "Costiña". Beli Martínez achegounos todos os detalles. A mostra pode visitarse de martes a sábados de 12 a 14 horas e de 19 a 22 horas , e os domingos e festivos de 12 e as 14 horas.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Asunto pleno ordinario 27.07.2016

A inclusión do Concello de Tui na Área Metropolitana de Vigo é un dos temas que mañá xoves tratará en pleno a corporación municipal de Tui a partir das 20h. Tamén se leva a esta sesión a ampliación de usos da antiga escola de Chans, en Randufe, e a aprobación inicial do regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, entre outros temas dos que hoxe deu conta Enrique Cabaleiro, alcald...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.