Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30h - Mércores, 24 de agosto de 2016 24.08.2016 25:35
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste mércores 24 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30h - Martes, 23 de agosto de 2016 23.08.2016 21:42
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste martes 23 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
#OPeche |Verán de récords no meteorolóxico 22.08.2016 2:43
En Tui a temperatura foi 3,3 graos superior a media dos últimos 35 anos. A temperatura máxima media quedou en 28,1 ºC. Xunto con Gondomar e Baiona atópase entre os concellos con anomalías máis altas da temperatura media. Tomiño, O Rosal e A Guarda están tamén entre os dez concellos con maiores subidas.
Noticias 13.30h - Luns, 22 de agosto de 2016 22.08.2016 27:36
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste luns 22 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30h - Venres, 19 de agosto de 2016 19.08.2016 27:10
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste venres 19 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Falamos con Óscar Carrera unhas horas antes da súa proba en Río 19.08.2016 3:17
Chegou o día. Hoxe, o tudense Óscar Carrera debutará nuns xogos olímpicos. A súa cita nos xogos de Río será como dicimos o venres ás 14:51 (14:59 Rolda 2) no k4-1000 metros. Farao xunto ao tamén galego Rodrigo Germade, a Javier Hernánz e a Iñigo Peña. Todo con 21ºC de temperatura estimada e unha humidade do 91%.
Noticias 13.30h - Xoves 18 de agosto de 2016 18.08.2016 22:22
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste xoves 18 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Ent. Diego Pons - V Trofeo Eurocidade de Balonmán 18.08.2016 6:49
O próximo sábado 20 de agosto, a partir das 18.30 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o V Trofeo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. Participarán dous equipos de máxima categoría nacional feminina, o Mecalia Atlético Guardés e a Aula Cultural de Valladolid, así...
Noticias 13.30h - Mércores 17 de agosto de 2016 17.08.2016 24:09
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste mércores 17 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Mañá mércores 17 de agosto estará prohibido aparcar na rúa Compostela 16.08.2016 0:31
Debido aos traballos de pintado de sinalización horizontal, mañá mércores dende as 8:00 da mañá non se poderá estacionar na rúa Compostela nin tampouco na rúa Casal Aboy dende o cruzamento coa rúa Compostela até a rúa Irmáns Maristas.
O helicóptero "Pesca 1" rescata a unha persoa que caeu mentres practicaba escalada en Gondomar 16.08.2016 1:05
O helicóptero Pesca 1 rescatou esta tarde unha persoa que caeu nunha zona de difícil acceso en Gondomar mentres se dispoñía a practicar escalada. A persoa ferida precipitouse sobre unhas pedras nas coñecidas como Verticais do Monte Galiñeiro.
Noticias 13.30h - Martes 16 de agosto de 2016 16.08.2016 23:33
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste martes 16 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Preto de 11.500 persoas pasaron pola Oficina de Turismo de Tui en xullo 16.08.2016 5:19
A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou o pasado mes de xullo un total de 11.486 consultas por parte de turistas e peregrinos que se achegaron ata este punto situado na Praza de San Fernando. Das 11.486 persoas que pasaron por este punto de información 7.592 eran españois e 3.894 estranxeiros. Deste total 2.547 eran peregrinos que se achegaron ata a Oficina de Turismo a selar a súa credenc...
Noticias 13.30h - Venres, 12 de agosto de 2016 12.08.2016 31:24
A actualidade do día e todas as citas, moitas delas festivas, desta fin de semana en #Noticias1330h
Ent. Horacio Gil - alcalde de Arbo - Queimadas máis de 1.500 hectáreas 12.08.2016 7:05
Dende o luns arderon soamente na provincia de Pontevedra máis de 3.200 hectáreas, nos lumes que arrasan o patrimonio medioambiental galego. Estamos a vivir a peor vaga de incendios dos últimos anos e a peor situación arestora atópase en Arbo. Alí levan ardido mais de 1.500 hectáreas. Para que se fagan unha idea, o 35% do total da superficie de todo o concello de Arbo é agora mesmo, cinza. Esta que...
A Guarda vive os días grandes das Festas do Monte 12.08.2016 2:27
As Festas do Monte na Guarda, declaradas de interese turístico galego, chegan aos seus días grandes. Miles de persoas participarán mañá no Desfile dende a Alameda ata o Porto cos grupos folclóricos e sobre todo coas bandas mariñeiras. O domingo celébrase a subida ao Monte, dende primeira hora as bandas concentrase no porto e en distintos lugares do casco urbano para ir subindo ata o cumio do monte...
O tudense Frank Casañas compite mañá nos Xogos Olímpicos en lanzamento de disco 11.08.2016 3:35
Mañá ás 15,55 hora española o tudense Frank Casañas debuturá nos Xogos Olímpicos de Río en lanzamento de disco. Será coa proba clasificatoria formando parte do grupo B onde se enfrontará a atletas de Islandia, Hungría, Ucraína, Suiza, Irán, Polonia e Bélxica. Será o sétimo en competir co dorsal 2351. Hoxe en declaración á Radio Municipal de Tui explicaba que está desexando que chegue o momento par...
Noticias 13.30h - Xoves, 11 de agosto de 2016 11.08.2016 29:24
A actualidade informativa de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Ent. José Ramón Magán - Cambio sentido rúa Bispo Salvado 11.08.2016 2:43
O vindeiro venres abriarse xa ao tráfico a rúa Bispo Salvado. Unha vez rematados os traballos de arranxo do firme reabrirase á circulación cun cambio de sentido pasando a ser de sentido único pasada a ponte sobre o río Tripes e até o cruce coa rúa Martínez Padín.
Máis de 1.000 hectáreas queimadas en 48 hora en Pontevedra 10.08.2016 4:14
Onte, aos incendios de Mondariz, Caldas e Cotobade sumouse un novo lume en Soutomaior. Declarouse en torno as 16:00 horas da tarde e puxo rapidamente en perigo núcleos urbanos na parroquia redondelá de O Viso, polo que Medio Rural activou a alerta a situación 2.Foron xa desaloxadas varias vivendas e participa no operativo de extinción a Unidade Militar de Emerxencias. Son xa 200 hectáreas de monte...
#OPeche |Onde poder ver as perseidas no Baixo Miño? 10.08.2016 8:22
Dende fai uns días comezou a chamada chuvia de Perseidas ou lágrimas de San Lourenzo que cada verán déixanos un ceo cuberto de estrelas que parecen fuxir do firmamento. Esta chuvia, que se produce ao atravesar a terra a estela que deixa o cometa Swift-Tuttle, será este ano ademais cinco veces mais intensa con hasta 500 meteoros durante a hora. E na comarca temos diversas alternativas para poder de...
Noticias 13.30h - Mércores, 10 de agosto de 2016 10.08.2016 32:13
O que acontece en Tui e na comarca do Baixo, pero tamén no norte de Portugal e en Salceda, recollémolo nos informativos da Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30h - Martes 9 de agosto de 2016 09.08.2016 29:55
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade de Tui e do Baixo Miño
O Peche - O P.N. do Monte Aloia, exemplo de boa xestión e conservación 09.08.2016 4:40
Hoxe, no que unha vez máis tivemos que falar das vagas de lume que queiman indiscriminadamente o noso patrimonio natural, toca saír na defensa do monte galego, reflexo da nosa identidade. E en Tui, temos o orgullo de contar co primeiro parque natural creado en Galicia e exemplo de boa xestión e conservación. O Aloia foi xa en 1935 declarado sitio de interese natural e Parque Natural en decembro de...
Este sábado as piraguas toman o Miño con 1300 participantes entre o Descenso Internacional e o Popular 09.08.2016 3:29
Este sábado, 13 de agosto, celébranse o Descenso Internacional e o Descenso Popular do Miño no que participarán máis de 1300 persoas. A primeira cita será ás 16h coa saída do Descenso Popular dende Caldelas no que se agarda unha participación de preto de 800 persoas. Esta noite péchase a inscrición, podendo facerse xa só con piragua propia e ata esta mañá tiñan 729 inscritos. Os participantes terá...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.