Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Dez espectáculos conforman a programación cultural do último trimeste do ano en Tui 04.10.2016 7:49
Dez espectáculos conforman a programación cultural do último trimestre no Teatro Municipal de Tui que comeza este venres. Esta oferta cultural foi presentada esta mañá e vén recollida tanto na Axenda Cultural Corredoira coma na web www.culturatui.info.
Noticias 13.30h - Martes, 4 de outubro de 2016 04.10.2016 29:24
A actualidade deste martes, 4 de outubro, en Noticias 1330h na Radio Municipal de Tui
O mércores comeza en Tui o curso de adestrador básico de fútbol UEFA B 03.10.2016 3:35
Esta mañá presentouse no Concello de Tui o curso de adestrador básico de fútbol UEFA B que este mércores comezará a impartirse na Aula CeMIT da Área Panorámica, pola Federación Galega de Fútbol, con 300 horas lectivas. Aínda quedan prazas vacantes. As clases serán os luns e mércores de 19.30h a 22.30h
Noticias 13.30h - Luns, 3 de outubro de 2016 03.10.2016 31:02
A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste luns, 3 de outubro, en Noticias 13.30h
Tui acolle hoxe os cuartos da fase de ascenso á liga galega na que participa o CB Tui 30.09.2016 1:07
Hoxe sábado Tui acolle os cuartos da fase de ascenso á liga galega da categoría junio no novo pavillón de Tui. Os encontros previstos son os seguintes:; - 10h Salesianos – SEIS do Nadal - 12h Edo Blanco Amor – Novobasket - 16h Xuven – BCAA Praia do Cariño - 18h CB Tui SETA Thermalia – BM O Porriño José Miguel González, adestrador e coordinador das categorías bases do CB Tui deu conta de coma afron...
Noticias 13.30h - Venres, 30 de setembro de 2016 30.09.2016 30:26
A actualidade do día, as citas da fin de semana e a información deportiva en Noticias13.30h
A Área Metropolitana de Vigo, a aprobación da conta xeral e dos festivos para 2017 foron tratados onte en pleno 30.09.2016 8:36
A inclusión ou non de Tui na Área Metropolitana de Tui foi un dos temas tratados onte no pleno ordinario da corporación municipal de Tui a raíz da moción presentada por C21 onde propuña pronunciarse en contra desta entrada. Unha moción que só tivo o apoio de C21 e APTUI, na que votou en contra o goberno, e se abstiveron o PP e CsT polo que non saiu adiante. Neste pleno foi aprobada a Conta Xeral d...
Este sábado celébrase o I Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença 29.09.2016 4:27
A igrexa de San Domingos acolle este sábado ás 21.30h o I Encontro de Corais da Eurocidade no que van participar máis de 160 coralistas pertencentes a agrupacións, tres de Tui e dúas de Valença. Con este evento as dúas cidades seguen a tender pontes neste caso musicais. Participarán cinco agrupacións corais as tudenses San Telmo, Ponte das Febres de Ribadelouro, e a do Centro Sociocomunitario e as...
O Rosal, Tomiño e Salceda participan na IX Limpeza simultánea do ríos en 44 concellos galegos 29.09.2016 4:28
Este domingo, 2 de outubro, ten lugar a IX limpeza simultánea de ríos do proxecto ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental que ten como obxectivo dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais. Buscase tamén amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan o mantemento e mellora dos ríos coa participación da cidadanía. Esta novena edición de “Móllate polos ríos...
Noticias 13.30h - Venres, 29 de setembro de 2016 29.09.2016 28:33
As noticias de Tui e do Baixo Miño contánolas na Radio Municipal de Tui. Aquí telo todo.
Cerveira acolle o Simposio Internacional de Escultura do Miño 28.09.2016 2:51
Reforzar os lazos de amizade entre Cerveira e Tomiño a vez que se apoia a creación artística fora dos museos. Esa é a premisa fundamental do II Simposio Internacinal de Escultura do Miño que está a celebrarse en Cerveira. En total, traballan catro escultores chegados de diferentes continentes. Son os taiwaneses Lee Zih-Cing e Teng Shan-chi, o colombiano Fernando Pinto e a búlgara Liliya Pobornikov...
Noticias 13.30h - Mércores, 28 de setembro de 2016 28.09.2016 27:39
O que acontece en Tui e no Baixo Miño en Noticias 1330h
O Porriño celebra este domingo a 23ª Festa dos Callos 28.09.2016 2:02
Corenta hostaleiros participarán na vixésimo terceira edición da Festa dos Callos de Porriño que se espera rache tódolos récords de participación e supere a xa exitosa edición do ano pasado cando a pesares do mal tempo se venderon máis de 15.000 racións. Este ano, o custe da tapa e o pan será de 4€ e inclúe unha cazola conmemorativa desta edición que se celebra o domingo.
Tomiño busca nome para o seu instituto 27.09.2016 2:13
Dentro do programa Educación da boa o Concello de Tomiño inicia o día 3 unha iniciativa para porlle nome ao seu instituto. Búscase tamén pór en valor a educación pública e incrementar a conexión coa sociedade. Prográmase un ciclo de conferencias co lema "Qué queres ser de maior?" e reforzarase a presenza do centro en redes sociais.
Este xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario 27.09.2016 3:10
A aprobación da conta xeral de 2015, as liñas fundamentais do orzamento de 2017, a modificación da ordenanza de convivencia en espazos públicos e a designación dos festivos locais para 2017 están entre os asuntos que este xoves tratará a corporación municipal de Tui en pleno. O alcalde, Enrique Cabaleiro, comentou estes temas en declaracións á Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30h - Martes, 27 de setembro de 2016 27.09.2016 29:27
En Noticias 1330h recollemos a actualidade deste martes, 27 de setembro.
Noticias 13.30h - Luns, 26 de setembro de 2016 26.09.2016 27:45
As noticias que escriben a historia deste luns en Noticias13.30h. Agora reemitimos o informativo ás 15h
#OPeche | Europa celebra hoxe a diversidade lingüística 26.09.2016 1:45
O máis de sete mil millóns de habitantes do noso planeta falan entre 6.000 e 7.000 linguas diferentes. E namentres que idiomas como o inglés o chinés ou o castelán son faladas por millóns de persoas, outras, en concreto, o 96% dos idiomas soamente o fala o 4% da poboación. Así todo, a Comisión Europea estima que a metade dos habitantes da terra son, dalgún xeito, bilingües. No noso continente fála...
Noticias 13.30h - Venres, 23 de setembro de 2016 23.09.2016 26:15
A actualidade deste venres 23 de setembro en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Libreria Valverde Imprenta recibirán o 13 de outubro o Premio Traxectoria do Comercio Galego 2016 22.09.2016 2:16
A libreiría e a imprenta Valverde recibirán o 13 de outubro o Premio Traxectoria do Comercio Galego 2016 en recoñecemento a máis de 50 anos de traballo que iniciaron en 1961 e que prosegue xa coa segunda xeración. Nieves Valverde amosou a súa satisfacción por este premio que é un recoñecemento ao esforzo e o traballo.
Máis de 60 postos de diferentes produtos no Bio-mercado de Tomiño 22.09.2016 4:09
Este domingo electoral o Tomiño celebra o II Bio-Mercado. Con apertura ás 11:00 horas no edificio do mercado os asistentes poderán gozar de demostracións de cociña e tapas, pero non soamente gastronomía xa que haberá máis de 60 postos de diferentes produtos amais de actividades e obradoiros.
Noticias 13.30h - Xoves, 22 de setembro de 2016 22.09.2016 25:29
A actualidade deste xoves en Tui e no Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Novas achegas do Plan Concello e outras obras 21.09.2016 4:47
O Concello de Tui recibirá 35 mil euros para a demolición parcial dun edificio na rúa Camilo José Cela dentro do Plan Concellos 2016. O mesmo plan concedeu xa en xullo outra achega de 75mil euros para demoler un edificio na Avenida da Concordia, cuxo terreo será posto a dispor da Xunta para a construción do novo edificio xudicial. Así o explicou o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen avanzou a licitac...
#OPeche | Os pontevedreses poderemos escoller entre 15 opcións este 25S 21.09.2016 1:52
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia en 2009 os pontevedreses puidemos escoller entre 14 partidos diferentes. Nas últimas autonómicas o número de candidaturas creceu até 18 posibles opcións e este 25 de setembro poderemos votar en Pontevedra a 15 partidos diferentes.
Noticias 13.30h - Mércores, 21 de setembro de 2016 21.09.2016 27:23
A actualidade deste mércores, 21 de setembro de 2016, recollémola en Noticias 13.30h na RMT
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.