Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Este sábado arranca o ciclo de cinema infantil na Guarda 14.10.2016 1:15
Inside out, ou do revés, o filme gañador do Óscar á mellor película de animación no 2015 no que se narra o funcionamento das emocións nunha adolescente, chegará á Guarda este sábado na primeira cita do ciclo de cinema infantil da vila. A concelleira de cultura, Elena Baz, convida a toda a familia, non soamente aos cativos, a desfrutar do cinema. A cita será este Sábado ás 17.30 no Centro Cultural.
Noticias 13.30h - Venres, 14 de outubro de 2016 14.10.2016 27:24
A actualidade de Tui e do Baixo Miño recollémola nos informativos da Radio Municipal de Tu
A última proba do III Open de Andainas de 25 quilómetros dísputase este domingo en Tui 14.10.2016 1:43
Este domingo ás 9h sairá do pavillón da Macoca a derradeira andaina do Open de 25 quilómetros que organiza o Club Xistra de Vigo, en colaboración coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis. Nesta proba decidirase quen é o campión da Copa de Andainas Populares de Regularidade, tras as camiñadas realizadas en Vigo, Pontedeva, Montes de...
Papelería Valverde (Tui) e Altamar (A Guarda), premio a toda unha vida 13.10.2016 2:54
Esta tarde ás 20.30h serán entregados os premios Traxectoria do Comercio Galego 2016 da Federación Galega de Comercio. O acto terá lugar no auditorio da sede de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 24-26). Entre os 22 galardoados está, en Tui, a Librería Imprenta Valverde en recoñecemento a máis de 50 anos de traballo que se iniciaron en 1961 e que proseguen xa coa segunda xeración. Na comarca, con...
O Ceip Nº1 de Tui recibiu o segundo Premio Proxecta de Innovación Educativa polo proxecto do Horto Urbano e Reciclarte 13.10.2016 2:01
O pasado martes o CEIP nº1 recolleu en Santiago o segundo Premio Proxecta de Innovación Educativa polo proxecto do Horto Urbano e Reciclarte. Nuria Garabal é a directora do centro, que recolleu o premio xunto a profesora Nuria Feijoo, de mans do conselleiro de Educación, Román Rodríguez. Dende o CEIP volveron presentarse este ano con dous novos proxectos sobre o Camiño de Santiago e para realizar...
Noticias 13.30h - Xoves, 13 de outubro de 2016 13.10.2016 27:41
A actualidade de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Deportes - Feira Magosto e Remo 13.10.2016 10:03
O concelleiro de Turismo do Concello de Tui Laureano Alonso fixo un balance positivo da Feira-Magosto celebrada onde no Paseo da Corredoira tanto polo número de postos que houbo, pese a previsión de choiva, coma polo número de persoas que se achegaron ata Tui ao longo da xornada, a media tarde venderan xa máis de 200 quilos de castañas, e se recolleron 500 litros de leite para SOS Tomiño Baixo Miñ...
I Feira-Magosto Popular Solidaria no Paseo da Corredoira 11.10.2016 3:51
É tempo de outono, de castañas e de magostos. No Paseo da Corredoira temos hoxe un magosto solidario, pero tamén unha feira con antigüidades, artesanía, gastronomía... e diferentes actividades ao longo da xornada
Curso de “coidando ao coidador” organizado pola Cruz Vermella 11.10.2016 0:57
A Cruz Vermella do Baixo Miño organiza o curso “Coidando ao coidador”. Ten como obxectivo ampliar os coñecementos dos coidadores de persoas dependentes segundo nos explicou a coordinadora da entidade no Baixo Miño, Neli Rodríguez. O curso desenvolverase os días 19 e 26 de novembro e 3 e 10 de decembro en horario de 9 a 14 no local da Cruz Vermella na rúa Agustín Nandín Lomba da Guarda. Ten un cust...
Aberta a licitación dos postos da Praza de Abastos de Salceda 11.10.2016 2:05
O Concello de Salceda vén de abrir o proceso para solicitar a concesión dos postos na Praza de Abastos Municipal. As bases contemplan a concesión de 14 postos de venta, un bar e 24 bancadas para a venta de peixe fresco. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 3 de novembro. A concesión farase por un período de vinte anos que se poderá prorrogar en cinco anos...
Noticias 13.30h - Martes, 11 de outubro de 2016 11.10.2016 30:15
O que acontece en Tui e no Baixo Miño contámolo nos informativos da Radio Municipal de Tui
Tomiño e Cerveira poñen en marcha un programa piloto para compartir servizos públicos 11.10.2016 2:36
Tomiño e Cerveira continúan a achegar lazos no seu obxectivo por integrar as poboacións de ambas localidades. A última iniciativa, trátase de potenciar un programa piloto ao abeiro da Axenda de Cooperación Trnasfronteiriza que as dúas vilas presentarán no Programa Europeo de Cooperación España Portugal, POCTEP, e co que se busca lograr fondos para potenciar dotacións e servizos.
Avanza a tramitación da apertura da rúa Ourense que será realidade en 2017 11.10.2016 3:36
A apertura da rúa Ourense, vella aspiración da cidadanía tudense, será unha realidade en 2017 ao avanzar a bo ritmo a tramitación dos proxectos. O concello estuda as dúas alegación presentadas á primeira fase da obra e a finais de mes podería comezar o proceso expropiatorio fixándose ás obras para os primeiros meses de 2017. Mentres a finais de mes irá a pleno un expediente para habilitar crédito,...
Noticias 13.30h - Luns, 10 de outubro de 2016 10.10.2016 30:49
A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h
#OPeche |OS alumnos do CEIP Nº1 bailan por unha boa causa 07.10.2016 3:33
A música latina, pero "agalegada", invadiu hoxe o Paseo da Corredoira con un dobre obxectivo, gañar un concurso a nivel estatal e tamén, e mais importante, doar leite para SOS Tomiño Baixo Miño. Esta mañá celebrouse o flashmob organizado polo CEIP Nº1 de Tui.
Noticias 13.30h - Venres, 7 de outubro de 2016 07.10.2016 29:08
O que acontece en Tui e no Baixo Miño, ás citas para a fin de semana e o deporte nos informativos da Radio Municipal de Tui
I Xornadas Técnicas de Fútbol Sala esta fin de semana no pavillón de Randufe 07.10.2016 1:04
O pavillón de Randufe acolle esta tarde e mañá pola mañá as primeiras xornadas técnicas de fútbol sala, organizadas polo Baixo Miño Randufe Futsal, en colaboración co Concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e o CEIP Randufe. Van dirixida a xogadores de fútbol sala infantís e cadetes e teñen carácter gratuíto.
Este domingo celébrase o II Torneo Amistoso de Kaiak Polo “Virxe da Rocha” 07.10.2016 0:32
Seis equipos participan este domingo no II Torneo Amistoso de Kaiak Polo “Virxe da Rocha” na lagoa de Cadelas. A proba está organizada pola sección de Kaiak Polo feminina do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui.
Obras nos pasos de peóns elevados do centro urbano para rebaixar altura 07.10.2016 2:25
O Concello de Tui está a realizar obras nalgúns do pasos de peóns da cidade para axustar as súas dimensións á normativa. En concreto executáronse xa na rúa Colón e Martínez Padín, e próximamente acometeranse noutras zonas da cidade segundo explicou o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, quen tamén se referiu á peonalización do conxunto histórico.
Noticias 13.30h - Xoves, 6 de outubro de 2016 06.10.2016 26:02
As noticias de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h
O Rosal recupera o seu mercado de San Miguel cun obradoiro para crear un mercado de produtos autóctonos de calidade 05.10.2016 1:59
Vinte alumnos fórmanse dende hoxe nun obradoiro de emprego no Rosal que permitirá renovar o mercado de San Miguel para crear un mercado de produtos autóctonos. O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, asistiu esta mañá á inauguración xunto ao xefe territorial deste departamento en Pontevedra, Ignacio Rial. O alcalde valoraba a creación de 25 postos de traballo con este obradoiro e que pe...
Saen a licitación as obras nas instalacións deportivas Álvarez Durán en Tui 05.10.2016 2:01
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra recolle hoxe dous anuncios do Concello de Tui polos que se anuncia a licitación para a contratación da obra "Proxecto de melloras nas instalacións deportivas municipais Álvarez Durán” e da obra obra de "Reparación, Melloras e Conservación das instalacións deportivas municipais Álvarez Durán (peches e obras complementarias)". Esta dúas obras fináncianse...
Noticias 13.30h - Mércores, 5 de outubro de 2016 05.10.2016 27:52
A actualidade deste mércores, 5 de outubro, en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Cruz Vermella dedica o “Día da Bandeiriña “ a loita contra a pobreza infantil 04.10.2016 2:12
A Cruz Vermella do Baixo Miño celebra esta semana o “Día da Bandeiriña” que busca recadar fondos para loitar contra a pobreza infantil e poder axudar así a máis de 300 nenos e nenas da provincia de Pontevedra que precisan de achegas para apoio educativo, material escolar e incluso alimentación. Os voluntarios e voluntarias da Cruz Vermella estarán mañá en Tomiño, namentres que visitarán Tui o xove...
A Eurocidade Tui-Valença conta co seu primeiro selo 04.10.2016 1:47
A Eurocidade Tui-Valença conta co seu primeiro selo. Vén de ser emitido por Correos e Telégrafos tras a solicitude realizada polo Grupo Filatélico e Numismático de Tui. O selo recolle un gravado das dúas cidade realizado por Duarte Dalmas en 1499. Así o explicaba Carlos Pérez Fonterosa Antón, membro do Grupo Filatélico e Numismático de Tui. O selo será presentado na exposición que o 28 deste mes a...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.