AGalegaAudio
Historia dun crime
Historia dun crime é un podcast de "true crime" que ofrece unha narración detallada dalgúns dos sucesos que marcaron a historia recente de Galicia. Apoiándose nas sentenzas xudiciais e no arquivo sonoro da Radio Galega, Cristina García elabora un relato que nos leva dende a orixe ata o desenlace dalgúns dos crimes máis famosos de Galicia.
Author
AGalegaAudio
Category
Podcast website
Latest episode
May 21, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O crime do Barco: Operación Horus 21.05.2026 30:51
Esta historia comeza no Barco de Valdeorras. No mes de setembro de 2021, estanse celebrando as Festas do Cristo. Unha muller chama a emerxencias porque acaba de atopar á súa compañeira de piso morta. A vítima é Leticia Sanabria, unha moza de 29 anos natural de Paraguay. A Garda Civil iniciou unha investigación que se nomeou "Operación Horus".
O crime do chofer 07.05.2026 33:49
Esta historia comeza en Verín, en 2011. Bernardino Pousa, chofer nunha empresa de autobuses, é asasinado a golpes cando estaba finalizando a xornada de traballo. Alguén tivo moito interese en asegurarse de matalo. A resolución do crime traerá sorpresas coas que non contaban os investigadores.
O crime de Monfero 23.04.2026 32:49
Esta historia comeza en Fene, en 2002, cando Vanessa Lorente desaparece co seu bebé de catro meses. A busca de Vanessa vainos levar ata Monfero para acabar descubrindo que tras un crime, pode haber motivacións inimaxinables.
O crime de Elisa Abruñedo 09.04.2026 31:03
Esta historia comeza en Cabanas, en 2013, coa desaparición de Elisa Abruñedo. Horas despois, atoparían o seu cadáver. Tras dez anos e unha investigación sen precedentes, conseguiuse dar co seu asasino.
O crime de Ana Enjamio 26.03.2026 27:37
Esta historia comeza unha mañá cedo, cando un veciño dun edificio en Vigo atopa o cadáver dunha moza no portal. A vítima é Ana Enjamio, de 25 anos, e foi acoitelada. A policía non tarda moito en resolver o crime, pero tamén se destapa que, realmente, esta historia comezara moito antes do asasinato de Ana.
O crime dos Mouriño 12.03.2026 30:18
Esta historia comeza cun incendio nunha casa familiar. Hai vítimas mortais e tamén hai membros da familia desaparecidos. Pouco a pouco vaise descubrindo que este suceso agocha un crime cun desenlace inesperado.
O crime de Pazos 26.02.2026 32:35
Na madrugada do 2 de abril do ano 2015, unha muller é brutalmente agredida no seu domicilio. O seu home, a única testemuña dos feitos, di que uns intrusos entraron na vivenda para roubar. A garda civil comeza a investigar ese asalto que virará nun caso totalmente distinto só unhas semanas despois.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.