Efervesciencia
Fragmentos
Author
Efervesciencia
Category
Podcast website
Latest episode
Mar 22, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Consellos científicos para envellercer mellor de Isabel Fariñas e Ana Mª Cuervo 22.03.2026 15:59
Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor.
Agasallamos con 100 entradas de balde para o “Coruña Comunica Ciencia” 09.02.2026 9:28
Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián Diego González Rivas… Tamén se representará o espectáculo “Elemental”, haberá...
Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza] 05.02.2026 18:46
Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan “o coro do mencer”. Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución...
Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida] 10.01.2026 40:13
[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego “A serie Clopen”. Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena...
Doutoramento Industrial de GAIN: O caso de Balidea 15.08.2025 9:16
Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.
CanSat no IES de Teis 07.08.2025 11:00
[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que...
Rankine, o enxeñeiro poeta [Entrevistas no Alén] 30.07.2025 7:53
Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as “Entrevistas no alén” da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.
Guía do Ceo de Inverno 24: Eclipses 10.03.2025 10:56
Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
A ecuación do “imprevisible” movemento gatuno 09.12.2024 18:38
Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
O ordenador cuántico do CESGA desvela o “sabor” de frescor 22.11.2024 20:28
Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de “Hijos de Rivera”, e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.