BNG-Bloque Nacionalista Galego

Entrevistas de radio

News GL ↓ 110 episodes

Entrevistas de radio a cargos orgánicos e institucionais do BNG

Author

BNG-Bloque Nacionalista Galego

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Feb 25, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Entrevista completa a Ana Pontón no programa "La Noche en 24h" 25.02.2026

Xabier Fortes entrevista á nosa portavoz nacional, Ana Pontón, sobre diversas cuestións da actualidade política como a desclasificación dos papeis do 23F, ALTRI, a alternativa política do BNG ou a renuncia de Yolanda Díaz a presentarse como candidata nas vindeiras eleccións Xerais.

Ana Miranda no programa Sempre en Galiza en Radio Oriental de Montevideo. 07.02.2024

Ana Miranda no programa Sempre en Galiza en Radio Oriental de Montevideo.

Entrevista a Ana Pontón en RNE [08-01-2024] 08.01.2024

Entrevista a Ana Pontón en RNE sobre cuestións da actualidade política, como por exemplo a vertedura de pellets de plásticos nas nosas costas ou as eleccións galegas.

Entrevista a Ana Pontón na Cadena SER [11-06-2023] 12.06.2023

Entrevista na Cadena SER a Ana Pontón onde fala das eleccións xerais do 23 de xullo e outros asuntos de actualidade.

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega [11-04-2023] 11.04.2023

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega onde aborda cuestións da actualidade política como as eleccións municipais e os problemas da sanidade pública.

Entrevista a Ana Pontón en RNE (Galiza) [29-01-2023] 29.01.2023

Ana Pontón analiza nesta entrevista en RNE (Galiza) a situación da sanidade pública, así como espolio eólico que sofre o noso país e as eleccións municipais de maio deste ano.

Entrevista a Ana Pontón na SER (Galiza) [22-01-2023] 22.01.2023

Entrevista a Ana Pontón na SER (Galiza) onde analiza a actualidade política galega, como as vindeiras eleccións municipais, o colpso da sanidade pública, entre outros asuntos de actutalidade.

Ana Pontón na Radio Galega: «O PP é un perigo para a saúde dos galegos e das galegas» 18.01.2023

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega onde aborda diversos asuntos da actualidade política, como o colapso da sanidade pública, a lei do litoral, entre outros.

Entrevista a Ana Miranda en RNE [06-11-2022] 06.11.2022

Entrevista a Ana Miranda en RNE (Galiza), onde abordou o problema do veto á pesca de fondo por parte da Comisión Europea, así o accidente do Vila de Pitanxo, entre outros asuntos da actualidade política.

Entrevista a Ana Pontón na SER (Galiza) [09-10-2022] 09.10.2022

Entrevista a Ana Pontón na Cadena SER (Galiza), onde abordou o veto da Comisión Europea á pesca galega, así como os investimentos do Estado previsto nos orzamentos de 2023, entre outros asuntos da actualidade política.

Entrevista a Ana Miranda na Radio Galega [13-09-2022] 13.09.2022

Entrevista a Ana Miranda na Radio Galega onde abordou asuntos da actualidade política como espolio eólico, a crise de prezos, os problemas da pesca, entre outros.

Entrevista a Ana Pontón en RNE [11-09-2022] 11.09.2022

Entrevista a Ana Pontón en RNE (Galiza), onde abordou a crise económica e a suba de prezos, o colapso da sanidade pública, os 40 aniversario do BNG, así como outros asuntos da actualidade política.

Entrevista aAna Pontón na Cadena SER (Galiza) [17-07-2022] 17.07.2022

Entrevista a Ana Pontón na Cadena SER (Galiza), onde abordou asuntos da actutalidade política como o colpaso da sanidade pública, o Día da Patria Galega, as medidas anunciadas por Pedro Sánchez, etc.

Entrevista a Néstor Rego na Radio Galega [12-07-2022] 12.07.2022

Entrevista a Néstor Rego na Radio Galega sobre o debate de política xeral do Estado, onde o deputado do BNG reclamará o cumprimento do acordo de investidura, así como medidas sociais como fixar prezos máximos na electricidade e os carburantes. Tamén avogou por subir salarios e pensións e suspender os recortes xa anunciados, así como o incremento do gasto en armamento.

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega [23-06-2022] 23.06.2022

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega, onde abordou asuntos da actualidade política, como a baixada do IVE á electricidade, a crise dos prezos, o derrubamento do viaduto da A-6 e as eleccións municipais.

Entrevista a Ana Miranda en Radio Líder [23-03-2022] 23.03.2022

Entrevista a Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo, en Radio Líder, onde abordou diversos asuntos da actualidade política, tanto galega como que afecta á Unión Europea.

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega [28-01-2021] 28.01.2021

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, repasa na Radio Galega a situación da pandemia do Covid19 na Galiza, así como a transferencia da AP-9, que se debaterá a vindeira semana no Congreso, e reclama o cumprimento do acordo de investidura no que atinxe ás peaxes da autoestrada. A portavoz nacionalista tamén aborda a xestión dos fondos europeos de reconstrución.

Entrevista a Ana Pontón na SER [24-01-2021] 24.01.2021

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, analiza na SER a situación e xestión da pandemia en Galiza, así como o cumprimento do acordo de investidura, especialmente no que ten a ver coa rebaixa das peaxes da AP-9.

Entrevista a Néstor Rego en RNE [17-01-2021] 17.01.2021

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, aborda nesta entrevista en RNE a situación da pandemia e a súa xestión, así como o cumprimento do acordo de investidura asinado hai un ano co PSOE.

Entrevista a Ana Pontón en RNE [04-10-2020] 04.10.2020

Entrevista completa a Ana Pontón en RNE onde fala da da comisión de reconstrución posta en marcha no Parlamento Galego, do reparto dos fondos europeos Covid19 para a reactivación económica, do modelo de residencias públicas que defende o BNG e de ALCOA.

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega [09-09-2020] 09.09.2020

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega onde analiza o inicio do curso político, a situación das residencias de maiores e os orzamentos do estado.

Entrevista a Ana Pontón na SER [24-05-2020] 24.05.2020

Entrevista a Ana Pontón na SER onde analizou a actual situación política e a necesidade dun cambio político en Galiza após as eleccións do 12 de xullo.

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega [17-05-2020] 17.05.2020

A Radio Galega entrevista a Ana Pontón sobre a convocatoria electoral, a pandemia do covid-19 e o Día das Letras Galegas.

Entrevista a Ana Pontón na Radio Galega [05-04-2020] 05.04.2020

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, analiza na Radio Galega a decisión do Goberno central de ampliar o estado de alarma pola crise do coronavirus.

Entrevista a Ana Pontón na SER [01-03-2020] 01.03.2020

Ana Pontón, candidata do BNG a presidir a Xunta de Galiza, analiza na SER as listas da organización nacionalista coas que concorrerá as eleccións ao Parlamento Galego do 5 de abril.

Listen to the Entrevistas de radio podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.