Efervesciencia

Efervesciencia

Just another WordPress site

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Uncategorized

Podcast website

efervesciencia.org

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio 28.09.2026

(5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non...

Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León 06.09.2026

(2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma. (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en Galicia, nunha nova entrega de Voces da Ciencia. A súa traxectoria abrangue a investigación con...

Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR 19.08.2026

Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde a explanada do CETMAR, Rosa Fernández e Mariña Guizán explícannos os proxectos Redux...

Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais 16.08.2026

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director do IGFAE, sobre a consulta previa ao mercado para fabricar as celas de curvatura de arco, un elemento clave do...

Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti 06.08.2026

(1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto...

Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic 30.07.2026

(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús...

Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa 23.07.2026

(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a...

Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente 21.07.2026

(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha...

Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura 20.07.2026

(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez...

Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas 19.07.2026

(2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que...

Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas 10.07.2026

(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en...

Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas? 08.07.2026

(2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de “divulficción científica” de Senén Barro “Algún día, quizais antes do que imaxinei”. A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra....

Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón 24.06.2026

(2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo...

Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA 14.06.2026

Monográfico dedicado a coñecer os proxectos “IGNICIA Proba de Concepto” da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia...

Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses 08.06.2026

(4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro “Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol”. Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares. (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron.....

Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta [Radioteatro] 01.06.2026

Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro “Calvet en bicicleta” ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando...

Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns 31.05.2026

(3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña). Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada (Marsi Bionics/CSIC), pioneira no desenvolvemento do primeiro exoesqueleto robótico do mundo para nenos e n...

Efer 734 (5-2-26): “A extinción de persoas e máquinas” con Senén Barro 21.04.2026

(3:36)  Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio...

Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde 07.04.2026

(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese “Ilustrando o Cambio Climático”, unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite...

Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio 22.03.2026

(3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.