Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Os 4 novisimos da táboa períódica 12.02.2016

Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos.

Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea 07.02.2016

Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? Comer antes a froita? A tradución galega do APOD...

Blanca Laffón: A seguridade das nanopartículas 05.02.2016

Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior.

Axenda feminista de científicas galegas 05.02.2016

Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea ...

Entrevista a Javier Guitián: Biodiversidade do Courel, xanzá,... 05.02.2016

Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comento...

Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás 31.01.2016

A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da US...

"Non toques os meus círculos" de Artello Teatro 25.01.2016

Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de "Non toques os meus círculos" por parte da compañía de teatro Artello.

Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana 25.01.2016

Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300...

Os segredos do programa de divulgación 'Éche así' 25.01.2016

Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, ...

Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro 25.01.2016

Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundaci...

Efer 339 (24-01-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula 24.01.2016

O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular. Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo. Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o hai atrás da cá...

Entrevista a Francisco Mójica - descubridor do CRISPR - e a Anxo Vidal 18.01.2016

O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente existe un consenso en cualificar os descubrimentos de...

Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan que é unha barbaridade co CRISPR 17.01.2016

Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible. Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un pa...

Avance Efer 338: Avoa, Galileo e os crispis 15.01.2016

Iniciamos a 9ª tempada de Efervesciencia e chamamos directamente á Avoa de Einstein ao alén xusto cando se dispón a comer un churrasco ...

Ciencia para andar por casa: Augas minero-medicinais 07.01.2016

Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais, como as do manancial de As Lombas de Catoira. Intervén Antonio Borrel director científico do Laboratorio Oliver Rodés.

Entrevista a Jorge Simón Izquierdo 07.01.2016

Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal.

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.