Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Guia do ceo abril 16: Novidades en contaminación luminosa 10.04.2016 15:00
Retomamos a nosa Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Deste volta abordamos as novidades sobre contaminación luminosa en Galicia dos últimos meses
A orixe da vida con Carlos Briones 10.04.2016 28:56
"Hai unha diferenza de 2500 millóns de anos entre a aparición da vida e a da morte na terra" Carlos Briones Conversamos en profundidade con bioquímico Carlos Briones (Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC) sobre a orixe da vida ao fío do seu libro "Orígenes: el universo, la vida, los humanos" coescrito con José Mª Bermúdez de Castro e Alberto Fernánez Soto, con quen tamén falamos.
O cabo Ortegal está niquelado 10.04.2016 8:24
A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de niquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambeintal e sanitaria.
Efer 350 (10-4-16): Na busca da orixe da vida 10.04.2016 56:24
As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de "lasaña" prebiótica. Conversamos a fondo co bioquímico Carlos Briones do INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta. Ricardo Prego é bioxeoquímico do IIM-CSIC. O seu equipo ven de analizar os metais pesados na contorna do cabo Ortegal. Os nosos estreleiros contánnos as novidades en Galicia na loita contra...
'Contar a ciencia' por GCiencia 05.04.2016 10:18
Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Sexo dos peixes e xenoma do rodaballo con Paulino Martínez e Antonio Figueras 05.04.2016 30:54
O sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Conversamos con Paulino Martínez Portela, catedrático de xenética da facultade de veterinaria da USC e coordinador do Grupo Acuigen, xenética para a acuicultura e para conservación de recursos biolóxicos. Acuigen xunto co Centro Nacional de Análise Xenética de Barcelona, e o Instituto de Investigacións Mariñas veñen de...
Avance da primeira Regueifa Científica: transxénicos 04.04.2016 9:20
Regueifas de Ciencia son debates intelixentes sobre temas apaixonantes. A USC apadriña este novo formato de divulgación inspirado nos debates estilo Oxford. Dous poñentes por cada bando e un tema polémico. Con votación e preguntas do público en directo A primeira Regueifa versará sobre: Son os transxénicos unha opción valida? Avance con J. M. Mulet, José Luis Yela, Blanca Ruibal e Laura Sánchez Pi...
Wicherías: ExoMars, Naukas Coruña e Nativos Dixitais 03.04.2016 13:39
Sección do microsiervo Wicho, Javier Pedreira, emitida no Efer 349 (3-4-16)
Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma 03.04.2016 55:58
Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie. Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron ao mesmiño Darwin a falar del na súa sexta edición da "Orixe das Especies...
Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade 27.03.2016 54:28
"Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan. "O perigo das mascotas nas illas" é a última produción de Divulgare. Unha realidade incómoda que nos contan Luis Navarro e Iván Rodríguez...
Solución #ondeestáMira 27.03.2016 2:13
Desvelamos onde estaba Jorge Mira e sorteamos o exemplar de "¿A que altura está o ceo"
Agora si Portugal: Centro Ciencia Viva de Guimarães 26.03.2016 7:30
"Curtir a ciencia" e o lema do novo centro interactivo de ciencia de Guimarães. Con Silvio Mendes da Asociación "Viver a Ciência" facemos unha achega rápida a cultura científica en Portugal.
Efer 347 (20-3-16): Formigóns armados 20.03.2016 56:25
"A veracidade dos materiais de construción: formigón, ladrillos e pedra manterase en tódolos edificios construídos ou por construír" Le Corbusier Con Manuel Herrador do Grupo de Investigación en Construción da Universidade de A Coruña falamos sobre a historia do formigón armado. Emilio Molina denuncia o perigo das pseudoterapias que sosteñen que toda enfermidade se cura coa mente. Desvelamos #onda...
A dendroarqueóloga Marta Domínguez Delmás 17.03.2016 25:14
A dendrocronoloxía é algo mais que contar aneis nas árbores. A dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás estuda a orixe e datación de restos arqueolóxicos de madeira empregando técnicas dendrocronolóxicas. Esta investigadora participa na acción Marie Sklodowska-Curie ForSeaDiscovery que pescuda o uso da madeira nos imperios ibéricos na época dos descubrimentos. Por outro lado Marta Domínguez...
Rodeados de resortes [Ciencia para andar por casa] 16.03.2016 10:50
Bibiana García Visos axúdanos a coñecer a ciencia que hai nas nosas casas. Vos decatastes que estamos rodeados de resortes?
Aberto o concurso de relatos "Ciencia que Conta 16" 16.03.2016 5:42
O Concurso de relatos inspirados na ciencia "Ciencia que conta" chega a súa 8ª edición. Prepara lápis e papel para participar. Hai categorías de escolares e de público xeral. Os finalistas verán as súas obras en papel. Ademais os de Efervesciencia faremos as nosas recreacións radiofónicas dos relatos gañadores. Prazo aberto durante o mes de marzo.
Solución #ondeestáDeborah 16.03.2016 2:13
Resolvemos o misterio de "Onde está Deborah" e sorteamos un exemplar de "Todo es cuestión de química"
'¿A que altura está o ceo?' con Jorge Mira 14.03.2016 17:11
Jorge Mira presenta en Efervesciencia o seu segundo libro "¿A que altura está o ceo?". A conversa facémola desde un desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáMira? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de marzo. O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos...
Efer 346 (13-3-16): Dendroarqueoloxía 13.03.2016 57:38
Nesta edición efervescente coñeceremos á dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás. Os aneis das árbores proporcionan unha información valiosa que pode servir desde para saber como se forxaron os imperios navais español e portugués ata pra coñecer indirectamente a influencia das manchas solares na frecuencia de furacáns tropicais. Con Bibiana García Visos sorprendémonos dos usos dos resortes....
O Atlántico cada vez máis ácido con Maribel G. Ibañez 13.03.2016 18:42
Coa baixada do pH do Atlántico Norte perigan os arrecifes de coral de augas frías en poucas décadas. Conversamos coa investigadora do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC Maribel García Ibañez sobre a medición e efectos das emisións de CO2 nos océanos.
Postal Planetaria: Bowie 11.03.2016 14:32
Nova Postal Planetaria de Borja Tosar. Poñédevos cómodos que imos viaxar ao espazo coa música de David Bowie.
Al-Kimia: O Videoxogo da química 10.03.2016 10:02
Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade. Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia. Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal? Estamos encantados de facer a presentación mundial do videoxogo Al-kimia. E non foi un gran estudio que tivo...
Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos 06.03.2016 57:32
"Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta" Jacques Custó Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do CO2 que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Invest...
Unha cebra de auga nos laboratorios con Laura Sánchez Piñón 04.03.2016 28:09
Conversamos coa catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón. Preséntanos as investigacións que realizan no grupo ACUIGEN utilizando como modelo ao peixe cebra. Un exemplo delas son as súas pescudas en xenotransplantes e toxicidade de nanopartículas. Tamén falamos con Lois Anxo Rodríguez Calvo do CPI San Sadurniño do proxecto "Unha cebra na auga". Entrevista emitida o 12-4-15 no programa Efe...
A malaria e o indio Pedro Leyva: Circo de Bacterias 03.03.2016 11:21
No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.