Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Author
Manuel Vicente
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 23, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Efer 598 (25-5-22): A fotógrafa de Seteiro A* 29.05.2022 55:31
(2:14) Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual. (15:28) Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade...
Efer 597 (18-5-22): Un paseo polas Azores: o segredo dos lagos volcánicos 24.05.2022 57:06
Asistimos a congreso da rede de comunicación da ciencia de Portugal, SciCom Pt, desde a illa de San Miguel na Azores. Conversamos con Vera Novais (2:17), Frank Kupper (8:36), Cristina Luis (9:46), Azucena de la Cruz (42:24), Elizabeth Rasekoala (48:00) e Catia Rodrigues (49:58). Aproveitamos para pasear pola illa de San Miguel co investigador galego en paleobotánica da Universidade de Ponta Delgad...
A polio, preto dunha victora global [Historias de Virus] 24.05.2022 12:20
Historias de virus: Habelos hainos. A polio. Con César Muñoz Fontela. Xa non lle temos medo as piscinas de verán e os pulmóns de aceiro porque estamos a un paso de erradicar a polio. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 596 (11-5-22): Economía Circular desde a Galiciencia 24.05.2022 56:48
Programa monográfico desde a Feira Científica Galiciencia desde a Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas. Contamos con Javier Taibo (director de Tecnópole), Miguel Ángel Yebra (profesor do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia), Sabela Fernández (CIFP Politécnico de Lugo), Miguel Rodríguez (Investigador en Economía Circular de ECOBAS), Lourdes González Sotelo (CPI Uxío...
Primeiro concurso de monólogos científicos en galego 24.05.2022 11:19
Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes 23.05.2022 57:55
(1:45) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos. (13:12) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un "sexto sentido" co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfo...
Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais? 22.05.2022 57:18
(2:18) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es...
Como escribir un relato de inspiración científica para @inspiraciencia 19.04.2022 31:44
[Contido extra] O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspirac...
Efer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial "De Lugares e órganos". 15.04.2022 1:03:10
[Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos. No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz,...
Bici, cidadanía e trasporte sostible. Asemblea ConBici 15.04.2022 17:05
Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza 15.04.2022 56:04
(2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible. (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial). (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Caja...
Efer 591 (30-3-22): “Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís”, Elena Mora 10.04.2022 54:47
(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola impli...
Desde a covid ata a xeopolítica: O poder das redes complexas co cubano-galego Ernesto Estrada [Versión estendida] 02.04.2022 43:25
[Versión estendida a partir do minuto 24:27] Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan divers...
Guía do Ceo de primavera de 22 25.03.2022 17:46
Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra. www.efervesciencia.org A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 590 (23-3-22): O “paper” dedicado á sogra e as redes complexas 25.03.2022 59:00
(2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC d...
Clorofila misteriosa na Fosa de Cariaco 18.03.2022 3:28
A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 589 (17-3-22): Fernando Fraga: O océano na cabeza 16.03.2022 55:54
Imos sacar do anonimato a un dos nosos maiores investigadores do século XX, o oceanógrafo químico Fernando Fraga. Fraga escapaba da prensa. Por iso non hai entrevistas del. Pero nós temos a súa voz... A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 588 (9-3-22): Mira para arriba! 11.03.2022 55:10
(2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa. (14:01): Borja Tosar nunha nova...
"A guerra cancelou o noso estudo clínico", Óscar Mesa de Qualitecfarma 11.03.2022 11:23
Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa. A nosa web oficial www.efervesciencia.o...
A rabia [Historias de Virus] 11.03.2022 16:54
Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina. Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María García González que gañou o conc...
A invisible descubridora dos gases invernadoiro 04.03.2022 13:43
Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro. Ilustración da miniatura Laura Romero (IG: @laurandcolours) A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesci...
Conecta Covid: I+D+i galego fronte a pandemia [Gain] 04.03.2022 3:20
No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes. Un dos proxectos de Conecta Covid é Nanofluidetec q...
A pescuda galega da PCR de peto: Nanofluiditec 04.03.2022 26:16
Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow. BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e...
Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend! 03.03.2022 59:18
(3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual. (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionad...
O osiño de Karikó e o ARN, con Lluís Montoliu 23.02.2022 24:08
Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia. A nosa web oficial www.efervesciencia...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.