Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Author
Manuel Vicente
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 23, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Efer 616 (31-12-22): James Webb, o campión do ano [Efer Piano Bar 1] 02.01.2023 56:25
Programa especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano. A nos...
Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina 28.12.2022 57:40
(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da...
Efer 614 (25-12-22): Comportamento do can de palleiro 24.12.2022 57:15
(1:48) Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022. (10:45) A doutora veterinaria Ángela González Martínez é especialista en medicina do comportamento animal no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo. Con ela conversamos sob...
Efer 613 (24-12-22): O ceo de Afaganistán brilla en Sobrado 24.12.2022 57:50
(2:53) A arqueoastrónoma do INCIPIT-CSIC Andrea Ródriguez Antón estudou a orientación das cidades romanas na penísula ibérica en relación a fenómenos astronómicos. Tamén conversamos con ela sobre o proxecto de Amanar de divulgación astronómica cos refuxados saharauís. (29:51) Maite Vence é especialista en Turismo Científico. Inauguramos sección na que coñeceremos diferentes rutas Observer. A prime...
Efer 612 (14-12-22): Analizar sintacticamente o Quixote en 10 segundos 22.12.2022 57:49
(2:18) As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla. (12:42) Carlos Gómez, catedrático de Ciencias da Computación da UdC, estuda como mellorar a compresión da nosa linguaxe por parte das máquinas. Para isto é necesario analizar sintacticamente as oracións. Computacionalmente este proceso é custoso. Para democratizar...
Guía do ceo de outono 22 con @astroxabi 20.12.2022 13:22
Guía do ceo de outono 22 con @astroxabi A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 611 (30-11-22): Arqueoloxía na Antártida 15.12.2022 55:55
(2:33) Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto. (13:36) Os profesores visitantes do INCIPIT Ximena Senatore e Diego Aguirrezábal investigan a partir dos restos arqueolóxicos a historia dos lobeiros e baleiros anónimos que pisaron a Antártida no século XIX. (36:08) Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á cie...
Efer 610 (23-11-22): Uns Prismas inclusivos. Faladoiro con @pandereteiro @luiszurano @pampanilla @ElenaSanz_ @maberalv 14.12.2022 56:13
(2:09) O nobel de química 2019 polo desenvolvemento das baterías de ión litio estivo en Santiago convidado polo programa Conciencia. (6:57) Os premios Prismas 2022 dos Museos Científicos Coruñeses tiveron nesta edición un marcado carácter de inclusividade. Argallamos un faladoirio con Marcos Pérez (director dos Museos Científicos Coruñeses e secretaria do xurado), Pampa García Molina (presidenta d...
Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións 08.12.2022 56:49
(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez. (25:25) Coñecemos as ferramentas Inn...
Relato Inspiraciencia: A ribeira do mexillón 22.11.2022 22:00
Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez. A nosa web oficial www.efervesciencia.org E...
Efer 608 (9-11-22): Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan 13.11.2022 59:30
A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes...
Efer 607 (26-10-22): Unha noite magnética no CINBIO 28.10.2022 55:52
Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio). Polo lado Bio falamos con D...
A lira desafinada de Pitágoras con @puratura 07.10.2022 34:29
Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de...
Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa 06.10.2022 58:07
(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos]( https://www.proyectostatwars.es/) " no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial. (13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta...
Efer 605 (20-7-22): Efer 605 (20-7-22): De paseo xeolóxico por Burela con Fran Canosa 21.08.2022 57:04
(1:29) Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar [Rutas xeolóxicas de Galicia]( https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/) Repasamos as accións desenvolvidas este curso pola Unidade de Cultura Científ...
A orixe da varíola do mono [Historias de virus] 21.08.2022 9:20
O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” ás orixes da varíola do mono. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 604 (13-07-22): 772,55 no epitafio de Joule 21.08.2022 56:10
(2:09) Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro. (24:06) En historias de virus César Muñoz Fontela cóntanos a orixe da varíola do mono. (32:59) Guía do ceo de...
Efer 603 (06-07-22): Poesía, herbiñas, estrelas e inclusión na Noite Efervescente desde a Casa Rosalía [Versión estendida] 20.08.2022 1:09:20
[Versión estendida] Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación [Amipa]( https://www.facebook.com/AsociacionAmipa) de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar e a inestimable colaboración do noso estreleiro Martin Pawley. Tamén...
Guía do ceo de verán 22 con @astroxabi 26.07.2022 21:43
Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 602 (29-6-22): Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica 26.07.2022 56:49
Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Mamalnet en Ciudad Real con José Antonio Blanco (Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos-CSIC-UCLM), "Observatorio Ciudadano de la Sequía" en Sevilla con Pilar Paneque (Universidad Pablo Olavide), Xente de 100cia en Cambre con José Viñas (IES David Buján), "Cities at Night" en Madrid con...
Efer 601 (15-6-22): Premios de transferencia da RAGC 26.07.2022 55:20
Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. (2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Inf...
Efer 600 (8-6-22): Simular "Ice Age" nun ordenador 27.06.2022 56:46
(2:18) Infiltrámonos no 12 congreso Micropol and EcoHazard sobre microcontaminantes e contaminantes emerxentes que se celebrou en Santiago de Compostela. Charlamos co anfitrión do congreso, o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil (Biogroup, CRETUS-USC), o doutorando Matías Rivadulla (CRETUS-USC) e a investigadora Williane Vieira Macêdo da Universidade de Aarhus (Dinamarca). (22:41) A pel...
Efer 599 (1-6-22): María Martinón, @MMartinonT, e o Homo imperfectus 13.06.2022 55:35
(3:03) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre bruxismo e as regras dolorosas. (14:38) Aproveitamos a presenza de María Martinón (paleoantropóloga, directora do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana) nas XV Xornadas de Arqueoloxía do Barbanza para falar do seu libro Homo Imperfectus , ¿Por qué seguimos enfermado a pesar de la evolución? (45:2...
A foto de Seteiro A* con Raquel Fraga [Versión estendida] 29.05.2022 39:01
[Versión estendida] Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores e...
As mil imaxes trola do coronavirus 29.05.2022 17:13
Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervescienc...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.