Manuel Vicente

Efervesciencia

Science GL ↓ 919 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.

Author

Manuel Vicente

Category

Science

Podcast website

www.efervesciencia.org

Latest episode

Apr 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 465 (13-2-19): De NOSA ao IEO-Vigo, xogo de espellos no 11F 11.03.2019

Para conmemorar a celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia facemos un xogo de espellos desde un instituto de investigación ata un congreso científico escolar, desde o mar ata o espazo. Xuntamos nun mesmo espazo sonoro a 8 investigadoras e técnicas do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (María Saínza, Isabel Riveiro, María Sánchez Barba, Pilar Ria...

Efer 464 (6-2-19): Secuenciado o xenoma do berberecho 10.03.2019

Nesta edición efervescente anunciamos en primicia a secuenciación completa por primeira vez do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles. Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama. Fa...

Demo de Tasmanía, cancros transmisibles e berberechos con José Tubío 10.03.2019

Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Tubío lembra de pequeno en Noia o seu primeiro contacto cos berberechos nun episodio coa Garda Civil. Agora o seu grupo vén de secuenciar por primeira vez o xenoma do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles. A nosa web oficial www.efervescie...

As matemáticas desvelan unha bolsa oculta de violencia de xénero sen denunciar en Galicia 10.03.2019

Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández, investigadora de postdoutoramento na Universidade Humbold de Berlín. As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo. Conversamos con Amanda na 4ª reunión de Biostatnet. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en...

O argumento científico para non facer a cama [Ciencia para andar por casa] 10.03.2019

Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Comes ben? con @gominolasdpetro 09.03.2019

Conversamos co tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ángel Lureña autor do blog "Gominolas de Petróleo" aproveitando o seu paso por Escépticos no Pub - Compostela. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Vai unha partida ao MatHex? 09.03.2019

A matemática da USC Elena Vázquez Abal preséntanos o xogo de estratexia e coñecemento MatHex. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Thomas Bayes no Biostatnet [Entrevistas no alén] 09.03.2019

A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron a...

Efer 463 (30-1-19): A regra esquecida da estatística faise maior 09.03.2019

A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron a...

Ignicia, desde a proba de concepto ao mercado 03.03.2019

O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN. A nosa web oficial www.efe...

A monxa do dente azul con @deborahciencia 03.03.2019

Un pigmento azul mais valioso que o ouro é a peza clave no misterio do monxa do dente azul. Nolo conta a nosa Deborah Garcia Bello. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

O @11defebreroES chega a 5000 escolares [Diario Cultural] 04.02.2019

A terceira edición do "Día Internacional da muller a nena na ciencia" vai chegar a case 5000 nenas e nenos en Galicia. María Saínza, Pilar Rial e Uxía Tenreiro traballan no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía e participan nas charlas do "11defebreiro" en colexios e institutos. Tamén interveñen Ana Morillas do proxecto @Oceanicas_IEO e Gloria Bra da organización do "11...

Efer 462 (23-1-19): O xenetista de Oxford que empezou pola navallas galegas 24.01.2019

Juan Fernández Tajes estuda a xenética humana de doenzas como a diabetes no Wellcome Trust Centre da Universidade de Oxford. Pero nos seu inicios no mundo da investigación empezou estudando as navallas galegas, que estaban mal catalogadas. Con esta entrevista, o noso correspondente temporal en Londres Juan Picos despide a súa sección. Para que un novo fármaco chegue aos pacientes ten que ser efect...

Efer 461 (16-1-19): Gala Ceos Galegos desde Castrelo de Miño 19.01.2019

Levamos os nosos micros á primeira Gala Ceos Galegos de astrofotografía en Castrelo de Miño. Ali coñecemos aos gañadores das diferentes modalidades do concurso: Fins Eirexas, Ángel Arós, Uxía Vales e Miguel Sánchez. Cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley saberemos das efemérides históricas que habemos celebrar en 2019. As tarxetas gráficas tamén serven para facer ciencia. Adrián Pérez...

Efer 460 (9-1-19): Doenzas neurodexenerativas, Ultima Thule e a eclipse de de lúa 19.01.2019

Presentámosvos a primeira "Guía do Ceo" do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro. Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule. Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de...

As historias detrás da "Canción dos elementos" [Diario Cultural] 12.01.2019

Detrás da popular "The element song" hai unha serie de historias interesantes. Colaboración no Diario Cultural o 9-12-18. Coa intervención de Marcelino Maneiro, profesor de química da USC e membro do grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica Ciencia NOSA. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en...

As neurocientíficas "guerrilleiras" de Columbia NY [Versión estendida] 10.01.2019

Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero...

Efer 459 (2-1-19): Seguridade e iluminación, e o mellor do ano [parte 2] 03.01.2019

Segunda parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi. Tamén conversamos baixo a cúpula da Casa das Ciencias coa avogada Anna Almécija: máis iluminación pública...

Efer 458 (26-1218): Efectividade de paracaidas con grupo control e o mellor do ano [Parte 1 ] 29.12.2018

Primeira parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi. Coñecemos a valoración de Manuel Collado (stemCHUS) do achado do ano segundo a revista Science das técnic...

Efer 457 (19-12-18): Especial industria dos drons en Galicia 29.12.2018

En Galicia se está a artellar toda unha industria ao redor dos drons con epicentro no aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo). Os vehículos áreos non tripulados (UAV polas súas iniciais en inglés) poden axudar a solucionar cuestións estratéxicas para Galicia, desde a ordenación do territorio ou a xestión forestal ata o rescate na mar. Neste programa monográfico contaremos con todos os actores que...

Efer 456 (12-12-19): Gripe do 1918 e o cambio de hora 29.12.2018

Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro pod...

Unha noite co home que resucitou o virus da gripe do 18 [Versión estendida] 12.12.2018

Versión estendida con contido extra da conversa que tivemos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruiu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaborador...

Efer 455 (5-12-18): Enredados na orixe da teoría de cordas 11.12.2018

Nunha viaxe de Haifa a Venecia en barco en 1968 o físico Gabriele Veneziano elaborou un artigo científico para explicar o comportamento dos mesóns á revista Nuovo Cimento. Nese momento Veneziano non era consciente de que estaba abrindo á porta a fascinante "Teoría de Cordas". Veneziano visitou Compostela invitado polo profesor da USC e divulgador José Edelstein. Coa axuda do mesmo Edelstein repasa...

Efer 454 (28-11-18): Monte Neme, wolframio e patrimonio 28.11.2018

Acompáñanos á nosa incursión nunha mina abandonada de wolframio ao pe do Monte Neme. Invitados pola Plataforma en Defensa do Monte Neme conversamos sobre xeoloxía, wolframio, patrimonio e memoria ao redor do mítico cumio. Contamos co mineiro Dario Barreiro, Adrián Eirís (Plataforma Monte Neme), José Manuel Menéndez (Senda Nova), Juan Ramón Vidal Romaní (profesor emérito UDC, xeólogo), Víctor Barri...

Efer 453 (21-11-18): Crossover co Radioscopio nos Primas 18 22.11.2018

Especial premios Prismas 2018 desde a Domus en A Coruña con cruce de micrófonos cos amigos de "El Radioscopio" (Radio Andalucia Información). Eles interferiron a nosa emisión e nós a súa (ademais en directo). Podes escoitar o resultado desde o outro lado no podcast de "El Radioscopio" en https://www.ivoox.com/30204888 Conversamos cos Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez (Prisma de...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.