Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Author
Manuel Vicente
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 23, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Coplas astronómicas de Antonio Fraguas desde o observatorio de Cotobade 26.05.2019 16:15
Desde o observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio @emilio_otero deléitanos con coplas sobre os astros recollidas por Antonio Fraguas e observando quásares a 3000 millóns da anos luz. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 478 (15-5-19): Alpinismo de inverno, a última fronteira 26.05.2019 53:28
Fronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2. Estivemos no observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio con @emilio_otero deleitándonos con coplas sobre os astros reco...
O que di a ciencia sobre a educación e a crianza dos nenos 17.05.2019 11:48
Julio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos desde a Galiciencia o seu libro "Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños" (Plataforma Editorial) A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 477 (8-5-19): Desde Galiciencia 17.05.2019 55:27
Programa con público desde o salón de actos de Tecnópole no marco da edición XIV da feira científica Galiciencia. Con Ricardo Capilla (director xerente de Tecnópole), os profesores Camilo Ojea (CPI Mosteiro-Meis), Beatriz López (Compañía de María de Santiago) e María Malvesada (CPR Santiago Apostol de Soutomaior). Tamén interveñen o actor Vicente Mohedano, a enxeñeira de minas experta en geotermia...
Mitos caídos sobre as espadas dos guerreiros de Xian con Marcos Martinón 17.05.2019 19:34
Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 476 (1-5-19): Ética no océano dos datos 17.05.2019 57:36
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Mar...
O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón 16.05.2019 19:58
María Martinón dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana, CENIEH. Con ela actualizamos o noso álbum familiar co achado do Homo Luzonensis. Tamén coñecemos a súa investigación sobre un dente de Tongzi en China que podería corresponder a un Denisovano. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en htt...
Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza] 16.05.2019 14:26
Na nosa sección de ornitoloxía afeccionada con Nacho Munilla coñecemos o paso migratorio prenupcial de primavera. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 475 (24-4-19): Temos homínido novo na familia 16.05.2019 55:15
O álbum familiar dos homínidos [Intro] (0:28) Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla] (2:34) Previa Naukas Coruña con Wicho (16:59) O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón (22:38) @cienciamiuda finalista no #FameLabEspaña2019 (42:30) Convocados os premios de Transferencia da @RAGalegaCiencia (47:35) A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervescienc...
Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico 05.05.2019 55:04
Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica d...
Como localizar onde está M87 [Guía do Ceo] 18.04.2019 14:56
Na Guía do Ceo de abril-19 explicamos porque a Semana Santa este ano non cae onde debera segundo a astronomía. Nestes días a lúa esta na constelación da Virxe, onde se atopa M87 e o burato negro fotografado por primeira vez. Coas indicación s dos nosos estreleiros saberás como localizala facilmente. Vídeo de axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Blu...
Bioética con José Antonio Seoane [Versión estendida] 14.04.2019 40:07
Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investi...
NeuroART, feromonas e ... Mahler! 14.04.2019 18:46
NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler! A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Ca...
Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día 14.04.2019 58:59
Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investi...
O marabilloso libro do CRISPR de Lluis Montoliu 13.04.2019 27:51
Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 472 (3-4-19): Recortamos e pegamos xenes 13.04.2019 57:10
Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”. Tamén nos visitan os investigadores participantes no VIII obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”: José A. Costoya, Andrea Muras, Mar García Colomer, Tereza Ruzicko...
Efer 471 (27-3-18): Xenoma inestable para loitar contra o cancro 28.03.2019 56:01
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación...
A técnica de laboratorio que descubriu un elemento [Entrevistas no alén] 28.03.2019 15:08
Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova entrevista no Alén, coa participación de Rosa Pedrido. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t...
Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo 28.03.2019 20:22
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación...
@wicho analiza os problemas dos Boeing 737 Max 28.03.2019 16:18
Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX e que consecuencias pode ter para a seguridade aérea. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 470 (20-3-19): Por que o home do neolítico nunca gravaría un vídeo en vertical? 24.03.2019 57:48
Os homes que construíron as mámoas hai 6000 anos tiñan cableado o seu encéfalo para ollar en horizontal, en modo panorámico. Este é o resultado dun estudo pioneiro en neoarqueoloxía que veñen de asinar en Scientific Report os investigadores galegos Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e Luis Martínez Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant) cos que conversamos en Efervesciencia. A catedrática da antro...
Efer 469 (13-3-19): Ecos dos tangos cósmicos con Gabriela González 14.03.2019 57:32
O cadro de persoal do observatorio LIGO esta formado por unhas 1000 persoas, que nun exercicio de democracia escollen cada dous anos a un voceiro oficial do experimento. Durante 6 anos a física arxentina Gabriela González ostentou a portavocía de ligo, período onde se descubriu e fixo público o achado da primeira onda gravitacional. A revista Nature nomeou a Gabriela González como o investigador d...
Efer 468 (6-3-19): A sostenibilidade dos mares vista por un economista 14.03.2019 56:46
Sebastián Villasante é profesor de economía na USC especializado no estudo da sostenibilidade de mares e océanos con proxectos como "Cephs and Chefs". As plantas falan entre si coa linguaxe da química. Xaquín Moreira Tomé, investigador Ramón y Cajal do grupo xenética e Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, dedícase a interceptar estas comunicacións para interpretalas. Tres pist...
Efer 467 (27-2-19): As croquetas do imperio do mal con @farmagemma 14.03.2019 57:07
Inserímonos dentro do “Imperio do mal” alimentario e farmacéutico da man de @farmagemma e a súa estraña familia. Tamén falamos da importancia do deseño como motor de innovación con María José Mariño da @axenciaGAIN e @DavidBarro1 Coñecemos o lado mais galego da Táboa Periódica con Miguel Ángel Ríos que nos presenta a obra de Tomás Batuecas na Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Batuecas ven...
Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns 14.03.2019 57:12
Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estátic...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.