Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 20, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. con Osvaldo Lages do Basket Club Valença- XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade 18.03.2016 5:50
400 participantes danse cita dende mañá e ata luns no XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade. Está organizado polo Basket Club Valença en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui. Trinta equipos de trece clubs deportivos de Galicia e Portugal, que sumarán 400 xogadores, participarán neste torneo que brindará tamén momentos de confraternización e amizade entre os participantes. Osvaldo La...
Ent. Abel Vila- Folga dos traballadores de Servicarne 18.03.2016 8:29
Abel Vila deunos conta na primeira parte do Día a Día da folga que se vén de iniciar en Frigolouro do Porriño para reclamar “unhas mínimas condicións laborais” para o persoal autónomo dependente que pertence a Servicarne. Abel Vila relata que as condicións de traballo empeoraron con respecto a uns anos e que tamén viron reducido o seu soldo, malia que a carga de traballo se incrementou
Ent. a Manuel, Ana e Xavier, profesor e alumnos de portugués do IES Indalecio Pérez- Oferta de portugués no Instituto 17.03.2016 7:55
O Instituto IES Indalecio Pérez Tizón oferta, dende o ano pasado, portugués como segunda lingua dende 1º da ESO. En total, hai unha decena de alumnos estudando o noso idioma veciño en primeiro e segundo da ESO. Manuel quixo animar a que os alumnos comecen a aprender a lingua de Pessoa e de Saramago, deu conta das actividades e excursións que están a levar a cabo dende o departamento e Ana e Xavier...
Ent. Patricia Cuña da OMIX da Guarda- Nova oferta formativa e lúdica para abril e maio 17.03.2016 5:17
A OMIX do Concello da Guarda fixo pública a programación de actividades de formación e lúdicas previstas para os próximos meses. Patricia Cuña, da OMIX da Guarda, explica que os cursos programados son monitor de tempo libre, smartphone como aliado na busca de emprego, taller de iniciación de gravado e un obradoiro para darlle novos usos a unha camiseta. Hai prazas dispoñibles nos catro talleres.
Ent. ó concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso- impulso do turismo coa publicación de material turístico 16.03.2016 7:59
A concellería de Turismo do Concello de Tui vén de publicar seis dípticos e unha guía turística, que leva por nome a Atalaia do Camiño, Tui, onde se poderá coñecer os múltiples atractivos que ofrece a cidade. Este material turístico foi realizado polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015. O responsable de Turismo, Laureano Alonso amosou a súa satisfacción co resultado final, explicou...
Ent. Ana del Valle, relatora do curso sobre abuso sexual infantil que se imparte mañá e pasadomañá na UNED de Tui 16.03.2016 4:39
A Aula da UNED de Tui acolle mañá xoves e venres, de 16:30 h a 20:30 h, un seminario sobre o abuso sexual infantil. Este seminario ten coma obxectivo que o asistente profunde neste tipo de conduta e adquira diferentes técnicas e ferramentas para a súa posible avaliación e intervención. O curso está dirixido a psicólogos, educadores, traballadores sociais, xuristas, e membros dos corpos de segurida...
Dez documentais galegos participaran en Play-Doc 2016 16.03.2016 5:35
O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, contará este ano con dez documentais galegos en proxección, 9 deles na sección Galicia, e o décimo na sección Oficial a competición. Víctor Paz, programador e responsable de comunicación do festival deunos conta da presenza galega no festival, onde estarán a meirande parte dos directores dos filmes.
Ent. José Javier Bascoy, dtor da Agrupación Musical do Rosal - Concerto do Día do Pai e concurso xoves intérpretes 15.03.2016 8:42
A Agrupación Musical do Rosal vai celebrar este domingo o Día do Pai cun concerto titulado “Entre o divino e o pagán” baixo a dirección de José Javier Bascoy. Será ás 18.30h no Auditorio Municipal do Rosal. José Javier Bascoy falábanos deste concerto no que a música contemplativa marca o repertorio. Por outra parte este venres remata o prazo de inscrición para o Festival de Xoves Intérpretes “Anto...
O venres celébrase o obradoiro de artesanía 'Decorando un bastidor' no Espazo Xove de Tui 15.03.2016 4:25
Este venres celébrase un obradoiro de artesanía no Espazo Xove de Tui para o que quedan prazas vacantes. Os interesados poden aínda hoxe anotarse. Quedan prazas tamén para o curso de contacontos que se vai celebrar o 31 de marzo e 1 de abril de 16.30h a 20.30h. Aínda non hai o número mínimo de alumnos para o curso de Power Point que terá lugar o 30 de marzo, e os días 1, 6, 8 e 13 de abril. Así o...
Ent. Ángel Torres, artista tudense- Mostra pictórica na Sala Anexa da Área Panorámica 14.03.2016 7:14
O artista tudense Ángel Torres expón na Sala Anexa da Área Panorámica unha colección de pinturas hiperrealistas de mediano e gran tamaño onde se amosan rúas, monumentos e panorámicas de cidades coma Tui, Pontevedra, Santiago, Madrid ou Mallorca. Amais, hai cadros de temática relixiosa realizados con pinceladas moi rápidas e outra colección realista dedicada a hindús. Hoxe estivo na nosa sintonía Á...
A Mostra de Cultivo do Baixo Miño ultima os preparativos para a súa edición deste ano que terá lugar o 2 e 3 de abril 14.03.2016 4:07
O sábado 2 e o domingo 3 de abril celebrarase en Goián, Tomiño a XIII Mostra de Cultivos do Baixo Miño organizada por Acubam, a Asociación Cultivos do Baixo Miño, coa colaboración do Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra. O presidente de Acubam, José Cosmed daba conta das novidades que presentará este ano a mostra, por unha banda dúas ponencias e por outra unha exposición da propia asociac...
Ent. Sergio Domínguez, presidente Feira de San Gregorio en Pías no Rosal 11.03.2016 4:53
Mañá ás cinco da tarde será inaugurada a tradicional Feira de San Gregorio en Pías, no Rosal. Un concurso de tortilla, o XIX Festival gastronómico da Rosca de Roxón, xunto a actividades infantís, actuacións de Oswaldo Digón, o Mago Xacobe ou o grupo Os Carunchos, forman parte do programa previsto. Haberá amais distintas exposicións. Contounolo Sergio Domínguez, presidente da comisión organizadora.
Ent. Dean Flecher, presidente do CC de la Fuente- 2ª Proba da Transgalaica 11.03.2016 7:34
Record de participación para este domingo na Transgalaica que saíra ás 10h dende as instalacións deportivas da Macoca. En total serán 367 ciclistas que percorrerán 60 quilómetros por distintos puntos de Tui e na parroquia porriñesa de Chenlo. Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente destacaba as boas instalacións na Macoca e a paraxe espectacular do Aloia, localización principal da T...
Ent. a Jose Monte, vereador de Cultura e Deporte de Valença sobre diversos asuntos 11.03.2016 14:25
Na entrevista que mantivemos no Día a Día co vereador de Cultura e Deporte da Cámara Municipal de Valença, Jose Monte, falamos sobre a colocación marca peonil do Camiño Portugués na vella Ponte Internacional que terá lugar mañá ás 19h. Unha hora despois será o Concerto da Orquestra do Norte (Porto) baixo o título “De Oriente a Occidente” no Teatro Municipal de Tui. Tamén houbo tempo para debullar...
Ent. Fernando Cerezo, reitor do Seminario Menor - Pregón Semana Santa e Día do Seminario 11.03.2016 13:13
Este domingo, ás 18h, na Capela de San Telmo da Catedral, terá lugar a lectura do pregón da Semana Santa a cargo de Fernando Cerezo, reitor do Seminario Menor de Tui. Con él falamos do seu pregón pero tamén do Día do Seminario que se celebra este domingo. Viu acompañado do tres alumnos do Seminario Javier Vila, Mateo Castiñeira e Pablo Álvarez.
Ent. Miguel Capón, tenente alcalde de Tui - BTL, Aniversario Ponte Internacional e Bandeira de Tui 10.03.2016 14:25
A Comisión Informativa de Comisións e Honras do Concello de Tui tratará esta tarde a proposta de bandeira oficial de Tui conformada por tres franxas azuis sobre fondo branco co escudo no centro. Así o avanzaba na nosa sintonía o tenente alcalde de Tui, Miguel Capón Rey. Tamén fixo valoración da presenza da Eurocidade na Feira Internacional de Turismo de Lisboa, e referiuse ao acto previsto para es...
Ent. Adalberto Salvador Ojeda - conferencia sobre tendencias e retos da educación superior 10.03.2016 19:56
Mañá venres, ás 19.30h, a Aula da UNED de Tui acolle unha conferencia sobre tendencias e retos da educación superior a cargo de Adalberto Salvador Ojeda, coordinador xeral de servizos de consultoría do Instituto Hispanoamericano de Estudos Superiores. A entrada será libre e gratuíta.
Desfile Infantil Solidario este sábado no Liceo Casino de Tui 09.03.2016 14:25
O Liceo Casino de Tui acole este sábado ás 20.30h primeiro Desfile Solidario Infantil a favor de ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A recadación irá destinada a manter os programas e actividades de apoio social que realiza a asociación. Corenta nenos e nenas converteranse en modelos por un día lucindo as creacións da marca Mayoral. Colaboran o Conservatorio Municipal e a...
O Espazo Xove acollerá cursos de Contacontos, Power Point e artesanía 08.03.2016 4:52
O 31 de marzo e o 1 de abril celebrarase no Espazo Xove de Tui un curso de formación de Contacontos. Está xa confirmada a súa celebración pero aínda quedan prazas vacantes. Así o explicaba a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Por outra parte o Espazo Xove, dando resposta ás demandas dos usuarios, organiza un curso de Microsoft Power Point. Terá lugar os mércores 30 de marzo ao 13 de a...
Ent. a Yolanda Villaverde, responsable do Centro de Información á Muller- Día Internacional da Muller 08.03.2016 3:47
O Centro de Información á Muller do Concello da Guarda, co gallo do día Internacional da Muller, levará a cabo a representación teatral da obra “As do Peixe”, que terá lugar no Centro Cultural o día 11 de marzo ás 20,30 horas. Este espectáculo conta a vida de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas. A responsable do Centro de Información á Muller, Yolanda Villaverd...
Ent. a Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Turismo- Día da muller e BTL de Lisboa 08.03.2016 4:47
O Concello de Tui vén de emitir unha declaración institucional na que amosa o seu “total compromiso e apoio nas súas políticas á defensa da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres”. O concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, incidiu que hai que ter en conta e valorar a igualdade de xénero todos os días do ano. Por outra banda, o concelleiro de Turismo valorou moi positivamente a...
Día Internacional da Muller - Avoas do CRA Mestra Clara Torres 08.03.2016 23:04
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller. Co gallo deste día hoxe acompañáronnos tres avoas do CRA Mestra Clara Torres para falar da súa experiencia. Contáronnos tamén o seu parecer sobre a evolución nos últimos anos nas condicións das mulleres e a igualdade de oportunidades
Ent. a Antonio Lomba, alcalde de A Guarda- proposta para que o esteiro do Miño sexa Paisaxe Cultural da Unesco 04.03.2016 10:45
O esteiro do río Miño podería converterse en Paisaxe Cultural da Unesco. Por este feito traballan o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba e o presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves. Para potenciar esta candidatura, os dous alcaldes realizarán mañá, xunto cun cento de persoas inscritas, unha peregrinaxe polo Camiño Portugués da Costa, que sairá desde Áncora e rematará en Mou...
Ent. Eduardo A. Rguez Cunha 'Tatán' de Tanxarina - A Casa do Avó 04.03.2016 4:25
Tanxarina chega mañá ás 18.30h ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena “A casa do avó” para público familiar. Hoxe falamos con Eduardo A. Rodríguez Cunha “Tatán” un dos actores manipuladores xunto a Andrés Giráldez Río e Miguel Borines Fernández. A dirección corresponde a Cándido Pazó. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despach...
Celso Parada, actor de Teatro do Morcego - Presidente 04.03.2016 7:00
Celso Parada protagoniza a comedia "Presidente" que Teatro do Morcego presenta hoxe ás 21h no Teatro Municipal de Tui. Completan o elenco Mercedes Castro, Federico Pérez, Iolanda Muíños e César Goldi. A obra trata dun tema de máxima actualidade e está a ter unha gran acollida por parte do público. As entradas poranse á venda esta tarde dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.