Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6535 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Francisco Singul, membro da organización | Coloquio internacional ‘O Camiño Portugués..." 27.10.2026

A próxima semana, o xoves 5 e o venres 6, celebrarase en Tui o coloquio internacional ‘O Camiño Portugués. Pasado, presente e futuro dunha singular ruta xacobea’. O coloquio está coordinado por Paulo Almeida, Melchor Fernández e Francisco Singul, membros do Comité Internacional de Expertos do Camiño do Santiago. Precisamente Francisco Singul explicaba os obxectivos desta actividade que se enmarca...

Espazo Comercio - Floristería La Flor 27.10.2026

Hoxe no tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, conversamos con Hortensia Rodríguez, da Floristería La Flor, do traballo que realizan ante a festividade de Santos, unha das épocas de maior demanda de centros florais e flores do ano. Contounos coma o crisantemo é a gran protagonista, pero non faltan tampouco as clásicas rosas, entre moitas outras. Tamén falamos con ela...

Ent. Marina Cruces, sumiller e organizadora | A emoción dos viños 26.10.2026

O edificio da Praza da Inmaculada acollerá a fin de semana do 7 e 8 de novembro unha nova edición de Emoción dos Viños. Un encontro no que 30 produtores e produtoras de pequenas elaboracións presentarán os seus viños nunha cita con moito significado e historia. Ademais deste encontro haberá catas e actividades paralelas, aínda con algunhas inscricións abertas. Toda a información contóunola hoxe Ma...

Raíces e vangarda | Crema de cabaza de outono 26.10.2026

A cabaza é o ingrediente da semana no tempo de Raíces e vangarda, no que o chef Judicael Romero trae receitas, consellos e noticias gastronómicas de actualidade. Hoxe deu detalles sobre o Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia, onde recibiu o premio á mellor tapa maridada coa cervexa Estrella Galicia. Cociñamos amais unha crema de cabaza de outono con laranxa.

Ent. Mery Cris, profesora | Taller Liberación somática no Liceo Casino de Tui 26.10.2026

Este xoves 29 ás 10 h o Liceo Casino de Tui acolle un taller introductorio de liberación somática a través da danza. Ioga, respiración, movementos libres, baño de son e linguaxe de luz será o que este xoves se imparta nesta primeira clase. Este taller inicial abrirá a posibilidade de crear un grupo para o resto do ano. O prezo desta primeira clase é de 23 euros para persoas socias do Casino e 33 p...

Ent. Andrea Docampo,psicóloga sanitaria de Anarela - O soño infantil e o cambio horario 23.10.2026

Ent. Andrea Docampo,psicóloga sanitaria de Anarela - O soño infantil e o cambio horario

Ent. Iria Rey e Cris Míguez do Carnaval de Pexegueiro | Andaina do Samaín en Pexgueiro 23.10.2026

6 kms Andaina do Samaín en Pexgueiro Ent. Iria Rey e Cris Míguez do Carnaval de Pexegueiro | Andaina do Samaín en Pexgueiro

Ent. Stefano Quarta, chef de Aldente - Sabores de outuno no Mercado de San Antonio 23.10.2026

O Mercado de San Antonio acollerá mañá dende ás 11 h unha nova xornada gastronómica nesta ocasión centrada en produtos de outuno. O chef Stefano Quarta, de Aldente, explicaba as tres elaboracións que vai preparar. Será Risoto con cabaza e lacón; Lacón con grelos e Castañas confitadas con crema de mascarpone. O prezo da cada ración será de 6€.

Ent. Carolina Figueira do CPA Ribex | II Fase Categoría Rexional de Patinaxe 23.10.2026

Un total de 155 patinadores e patinadoras de toda Galicia van participar mañá sábado e o domingo Tui no no pavillón municipal Gustavo Rodríguez na II Fase Categoría Rexional de Patinaxe. Así nolo contou Carolina Figueroa adestradora do CPA Ribex.

Ent. Eva Pazo, da asociación Aloia | Magosto en Pazos de Reis 22.10.2026

Teatro, animación infantil e castañas é a proposta do magosto organizado pola Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis para este domingo. A actividade, no centro cultural Aloia, comezará ás 18 h co grupo de teatro San Fins de Rebordáns coa obra “Ultramarinos norte”; de 18 a 20 h haberá animación infantil con Ludiland, e ás 19 h Castañas e música co grupo de gaitas e percusión Inquedanzas. Así no...

Ent. Marcos Gómez, presidente, e Juan Boo, da Comisión de Festas de Areas | Festas da Virxe do Rosario 2026 22.10.2026

Areas celebra festas na honra á Virxe do Rosario esta fin de semana. Unhas celebracións que comezan mañá venres e nas que non faltarán a gastronomía e a música. Déronnos os detalles da programación Marcos Gómez, presidente, e Juan Boo, da Comisión de Festas de Areas.

Ent. José Ángel González e José Manuel Solleiro da Coral Ponte das Febres | Festival da Coral da Caída da Folla 22.10.2026

O Coro Ecos do Castelao de Nirgrán, a Coral Son dos Cantares de Mos e a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro darán a benvida ao outono este domingo no Centro Cultural de Ribadelouro co Festival da Coral da Caída da Folla. A Coral Ponte das Febres, que en 2027 cumprirá 25 anos, é a organizadora deste evento. Así nolo contaron dous dos seus membros José Ángel González e José Manuel Solleiro.

Ent. Natalia Lago | Ruta de Samaín da Fada do Aloia 21.10.2026

O parque natural Monte Aloia acollerá este sábado a ruta "O Samaín galego: lendas e tradicións" con A Fada do Aloia. Será un percorrido para gozar en familia, coñecer as tradicións vinculadas ao Samaín e que é o que se celebra e as súas orixes. A cita será ás 20 h, e os participantes poden ir disfrazados e levar unha cabaza decorada. É preciso inscribirse no 619 96 90 90 cun prezo de 14€ nenos e n...

Ent. Fran Sieira, bailarín | Escpectáculo BenQuerer 21.10.2026

Este venres ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle BenQuerer, un espectáculo de música, danza e tradición, cun só do baile de Fran Sieira acompañado do dúo musical Caamaño&Ameixeiras. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€. Hoxe conversamos con Fran Sieira sobre o autocoidado, o amor por un mesmo e polos demais e como se pode transmitir todo isto dende a cultura e a tradició...

Ent. Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez e Mª Jesús Garbín, profesora do IES Indalecio Pérez | 3º Premio Eduemprende Idea 21.10.2026

Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez, alumnos do ciclo medio de Comercio e Márketing do IES Indalecio Pérez Tizón, gañaron o terceiro premio do concurso Eduemprende Idea dotado con 1000 euros. Hoxe contáronnos en que consiste este proxecto pensado para o sector marítimo e que emprega coma ferramenta a IA para calcular de forma máis precisa as rutas pesqueiras e anticipar acontecementos, o que redundar...

Ent. Gus Abreu, fotógrafo | Exposición "Na penumbra do tempo" 20.10.2026

Dende onte pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións a mostra fotográfica "Na penumbra do tempo" do fotógrafo tudense Gus Abreu. Unha exposición de 30 imaxes da Catedral de Tui nas que a luz, as sombras e os detalles teñen todo o protagonismo. Hoxe conversamos con Gus Abreu sobre os espazos descoñecidos da Catedral que podemos visitar a través desta exposición e de como a través dunha cámara...

Ent. Coco Estévez e Julio Solleiro - Teatro Solidario a favor do programa Vacacións en Paz 20.10.2026

Recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que cada verán posibilita que nenos e nenas saharauís pasen o verán en Galicia, é o obxectivo da representación teatral prevista para este sábado, 24 de outubro, no Teatro Municipal de Tui. A cita, organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, correrá a cargo de Teatro Xoaniña 2.0 que interpretará "A Extraña familia". A entrada terá un prezo...

Espazo Comercio | Sorteo campaña 30 aniversario 20.10.2026

Este xoves ACITUI celebra o sorteo da súa campaña especial do 30 aniversario. Será nun acto aberto á cidadanía no Mercado de San Antonio dende as 10 h. Serán 30 vales gañadores de 30 euros cada un. Deunos hoxe os detalles Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.

Ent. Rafael Estévez, Óscar Silva e André Fernandes | 2 Leguas da Eurocidade 20.10.2026

Este domingo 25 de outubro celébrase a cuarta edición de 2 Leguas, a proba de 10 quilómetros que transcorrerá entre Tui e Valença, por lugares coma a vella Ponte Internacional, a fortaleza de Valença ou o conxunto histórico tudense. Haberá outras probas coma a mini-Legua de 500 metros para participantes de 7 a 11 anos, e a “Leguaziña” de 1,5 kms para os que teñan entre 12 e 17 anos, amais de unha...

Ent. Pablo Fernández, delegado territorial da Xunta en Pontevedra - CEIP de Pazos de Reis e orzamentos 2027 20.10.2026

A Xunta de Galicia licitará en novembro o proxecto de execución da reforma do CEIP de Pazos de Reis e nos orzamentos de 2027 reserva unha partida dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para a execución deste proxecto. Así o afirmou na nosa sintonía o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández. Tamén se referiu ás actuacións previstas nos orzamentos da Xunta de 2027 no Bai...

Raíces e vangarda | Arroz de bogavante 19.10.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu trucos e consellos para conseguir un arroz de bogavante de restaurante. Falamos con el tamén sobre o Campionato de Tapas de Galicia que mañá martes se celebra en Ourense, e no que vai participar xunto a David Rull.

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Concerto Santa Icía 2026 19.10.2026

A Banda de Música Popular de Tui celebrará o seu Concerto de Santa Icía homenaxeando a Nino Bravo e con Serafín Zubiri como artista convidado. Será o sábado 21 de novembro ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui, deu hoxe información sobre a venda de entradas, que xa vai a moi bo ritmo.

Ent. Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da AECC | Día de Loita contra o Cancro de Mama 19.10.2026

Hoxe 19 de outubro conmemórase o Día Internacional de Loita contra o Cancro de Mama. Con este motivo entrevistamos a Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da Asociación Española Contra o Cancro. Con ela conversamos sobre a importancia da detección precoz, unha atención humana e integral e cifras de supervivencia.

Ent. Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon | Hoxe comeza a TuidCon Hispacon 16.10.2026

Hoxe venres ás 16 h inaugúrase a Tuidcon HispaCon, a convención da literatura fantástica que se vai celebrar en Tui até este domingo. Será en tres espazos: a Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez, o Espazo Sociocultural, e o edificio da Praza da Inmaculada. Conferencias, mesas redondas, unha feira editorial, xogos de rol, cosplay... forman parte do programa previsto coma hoxe...

Ent. Rodrigo Almeida e Noel Claro, de Xuventude de Vilameán | XXXV Festa do Carballo 15.10.2026

Castañas, múica, xogos populares, inchables e verbena será o que este sábado 17 se vivirá na Festa do Carballo que organiza Xuventude de Vilameán. Este magosto “ao grande”, como definen os seus organizadores, cumpre este ano 35 edicións cunha programación especial durante toda a xornada. Así nolo contaron na nosa sintonía Rodrigo Almeida e Noel Claro, membros da organización.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.