AGARESO
Castañas no verán
O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Castañas no verán - Dereitos recoñecidos, dereitos garantidos? 11.06.2026 27:24
Volve un novo episodio de Castañas no verán e esta vez reflexionamos sobre cómo as trabas (a maior parte das veces camufladas) fan que deixemos de reclamar exercer os nosos dereitos con total dignididade. Neste programa centrámonos no aborto e na eutanasia e en como, pese a ser dereitos recoñecidos, se cuestionan constantemente. Dende castañas non queremos que se baixe a guardia con respecto a ist...
Castañas no verán - Por que aumentan as ITS? 17.03.2026 17:08
Sétima tempada xa no souto de Castañas no verán e comezamos falando de ITS (Infeccións de transmisión sexual) xa que como é sabido, estas non deixan de aumentar nos últimos anos. En outubro de 2025 a ministra de Sanidade, Mónica García, alertou de que as infeccións de transmisión sexual en España alcanzaran os seus máximos históricos, cun aumento sostido superior ao 20% anual desde 2015. Non quere...
Castañas no verán - Recap 2025: que pasou este ano? 23.12.2025 56:35
Neste último episodio do 2025 repasamos os principais temas de actualidade e tamén os temas que nos decidimos tocar, que non sempre son os mesmos... Lucía, Claudia, Javi, Marta e Verónica dámoslle a despedida ao ano falando de todo un pouco e á vez de nada.
Castañas no verán - Protestan menos as novas xeracions? 11.12.2025 28:56
Neste novo episodio de castañas queremos falar de protesta, como cambiou o xeito de protestar ao longo dos anos? É certo que as novas xeracións protestan menos? Para responder a estas cuestións falamos neste programa con varias persoas mozas: Eva Infante, Candela Sevillano e Miguel García e tamén con un histórico das protestas, fotógrafo e documentalista, ademais de exdirector de Acampa.
Castañas no verán-Acabaremos as feministas coa especie humana? 03.10.2025 29:23
Tiramos de retranca neste novo episodio de Castañas no verán para falar de un tema complexo e sin dúbida que merecía unha análise máis profunda: a decisión de non ser nai, como de libres somos de tomala, como o reacciona o noso entorno... Neste episodio contamos coas testemuñas de vairas mulleres que decidiron non ser nais, as cales agradecemos profundamente a súa xenerosidade por compartir a súa...
Castañas no verán - Que podemos aprender do movemento feminista de RD? 21.07.2025 32:57
Xusto antes das vacacións do verán Castañas no verán reflexiona sobre o movemento feminista global e faino da man de unha lideresa histórica en República Dominicana. Ela é Juana Ferrer, tamén coñecida como Negrita. Con ela falamos de relevo xeracional, o reto de loitar contra as políticas de extrema dereita ou as cousas que hai que mellorar no movemento.
Castañas no verán - Por que se banaliza o franquismo? 13.06.2025 29:35
Volvemos a activar os micrófonos do Souto para analizar por que cada vez máis se aceptan discursos que banalizan o franquismo, en RRSS, en medios de comunicación, en escolas...e quixemos poñer o foco especialmente na educación, porque é aí onde ao mellor isto se pode atallar. Para analizar o tema trouxemos ao Souto de Castañas no verán a Lois Anxo Ferreiro, da Asociación Cultural Cultura Aberta de...
Castañas no verán - Soberanía tecnolóxica? 25.03.2025 20:08
Primeiro episodio de Castañas no verán neste 2025 e chega con un dos temas máis detatidos ultimamente, as redes sociais e as súas consecuencias. Quixemos profundizar neste tema da man de un colectivo que leva anos traballando nel, o colectivo UNA. Así, dannos outro punto de vista sobre a situación. Debemos deixar as redes? Seríamos capaces? Debemos tender ao optimismo? ao pesimismo? Escoita e inte...
Castañas no verán - Que pasou no 24? 31.12.2024 1:05:15
Neste último episodio de 2024 a equipa de Castañas no verán fala sobre os principais temas do ano. Esta é unha tertulia distendida, sen moitos datos, unha conversa de nadal entre varias persoas entusiasmadas coa movilización social.
Castañas no verán - Como é ser neofalante? 22.12.2024 27:39
Este é o segundo episodio que a equipa de Castañas no verán adica ao galego. Se nunha primeira parte analizamos a situación do galego despois dunha demoledora enquisa do IGE, nesta segunda falamos con persoas que, pese a ser castelán falantes dende pequenas, decidiron cambiar o seu día a día e apostar pola nosa lingua e o seu futuro. Así, escoitamos a varias delas e tamén a Alba Verea Pérez, tradu...
Castañas no verán - Esmorece o galego? 04.11.2024 20:18
A equipa de Castañas no verán enfrontamos a nosa 6ª tempada, nada máis e nada menos. Comezamos con un programa sobre a situación da lingua galega, despois dunha enquisa do IGE moi preocupante quixemos poñer algo de contexto, datos e reflexións no debate. Coma sempre, máis contidos dispoñibles nas nosas redes sociais (Instagram e Facebook).
Castañas no verán - Como se manifesta o antixitanismo de xénero? 04.07.2024 1:16:54
O antixitanismo e as discriminacións que trae consigo refléxanse en todos os ámbitos da vida das persoas xitanas, obstaculizando o seu benestar e colocandoas de maneira sistemática en espazos de pobreza, olvido e marxinalidade. Neste podcast quixemos falar concretamente de antixitanismo de xénero. Para iso fixemos o programa en directo dende a Libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela para...
Castañas no verán -Violencia sexual: cal é a realidade dominicana? 20.05.2024 13:53
Como moitxs xa sabedes, Castañas no Verán é un podcast de Agareso, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social. Agareso leva a cabo diferentes proxectos de EpD na nosa comunidade, outros de acción social etc, pero tamén desenrola proxectos de Cooperacion Internacional. Neste senso o país no que máis traballa é República Dominicana, onde centra o seu labor na loita a prol da igualdade...
Castañas no verán - Imaxinario Migrante? Directo dende a Factultade de Comunicación da UVigo 09.02.2024 1:13:05
Agareso leva varios anos organizando o Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional, este ano ademais con un cambio importante que inclúe ata o propio nome. O curso de especialización en Comunicación Social que se vai a desnrolar en breve dende a Facultade de Comunicación da UVigo é unha aprendizaxe completa e moi necesaria. Neste podcast que agora escoitades, analizamos a situació...
Castañas no verán - A intelixencia Artificial, intelixencia feminista? 28.12.2023 29:21
Para rematar o ano, a equipa de Castañas no Verán centrouse nun tema moi de actualidade, a intelixencia artificial, e os usos indebidos que esta pode ter. Neste episodio falamos con unha profesional STEM, Soledad Torres, que reflexiona sobre os principais problemas que pode traernos unha tecnoloxía sen reflexión de xénero e tamén nos da varias claves para que as persoas desarrolladoras poidan auto...
Castañas no verán - O Polbo, animal de granxa? 30.10.2023 21:18
Comezamos a 5ª tempada de Castañas no Verán con un programa moi diferente. Nesta ocasión imos falar do polbo, un animal moi galego, que traspasa a fronteira e é un símbolo da cultura galega. Pero imos centrarnos nun feito concreto, un proxecto que pretente convertilo en animal de granxa. ¿Que ten de malo isto? ¿Obedece a escasez de polbo que estamos vivindo? ¿Como podemos axudar a esta especie nós...
Castañas No Verán - Cumio Galego Contra o Discurso do Odio 28.06.2023 1:27:45
Trasladamos o noso souto á segunda edición do Cumio Galego Contra O Discurso Do Odio, cita organizada pola Coordinadora Galega de ONGD no marco de Compostela+Solidaria. Un programa moi especial no que falamos de qué é e como podemos combater o discurso do odio. Recorda que tamén estamos en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twit...
Castañas No Verán - Vivenda 09.06.2023 37:26
A Nova Lei de Vivenda, publicada no BOE o 25 de maio, pillounos con este programa no forno. É unha das cuestións que afecta a cada vez máis persoas: o acceso a unha vivenda digna. A subida dos alugueiros, as condicións abusivas para alugar e para mercar, e unha oferta cada vez máis escasa polo incremento dos pisos e casas turísticas. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atopar...
Feministas desde cando? 18.04.2023 54:59
Recordas dende cando eres feminista? Houbo un momento que te marcara e fixera que te recoñeceses baixo esta etiqueta? Sempre o soubeches? Neste programa, un pouco especial, somos as que conformamos este souto quenes compartimos as nosas experiencias e opinión en torno a este tema. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@casta...
Castañas No Verán - Pornografía e adolescencia 05.03.2023 16:10
A pornografía que consume o 70% da xente máis nova non amosa relacións afectivo-sexuais, nin relacións de coñecemento, seducción ou relación afectiva. En moitos casos trátase de contidos desiguais e violentos, propios da ficción, contra os que os e as adolescentes non teñen ferramentas para facer un consumo crítico. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (C...
Castañas no Verán - Educación sexual integral na infancia 30.12.2022 27:47
Dende este ano que xa case remata, a educación sexual é obrigatoria en todos os niveis educativos e en todo o estado. A educación sexual vai moito máis alá do sexo. Tamén contempla os afectos, como relacionarse cos demais, o coñecemento sobre o corpo, a diversidade que existe en canto a identidade, xénero e orientación sexual... é por iso que neste último programa de 2022 falamos da necesidade e i...
Castañas No Verán - Pobreza enerxética 14.11.2022 20:12
Comeza a cuarta tempada de Castañas No Verán!! Aínda que con algúns cambios, este souto continúa traballando para falar daqueles temas que nos afectan no noso día a día. Nesta ocasión falamos de pobreza enerxética, unha situación que afecta a 10 de cada 100 fogares do Estado español. Dálle ao play para saber máis! Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Cas...
Subimos á autocaravana de Carretando 12.07.2022 48:17
Último programa da tempada, e dende logo, tamén moi especial. Tanto, que para escoitar o inicio deste episodio tendes que ir ás canles dos nosos compas de Carretando. As Castañas suben á furgo de Carretando para unha boa tertulia. Nós imos, e eles veñen, de toda a vida.
Castañas No Verán - Mulleres do Mar 02.06.2022 49:15
Imos xa polo oitavo programa desta terceira tempada de Castañas no Verán. Nesta ocasión imos falar das mulleres que viven e traballan no mar. Redeiras, mariscadoras, empregadas de conserveiras, capitanas de barco...Son infinitas as profesións nas que teñen protagonismo e moitas as trabas que teñen que superar.
Redes sociais 05.05.2022 49:11
Están presentes na vida de todos nós. Estereotipos, cánones de beleza, odio, haters... pero tamén novos proxectos, divulgación, luz entre tanto postureo. Efectivamente, neste novo programa falamos de redes sociais. Nesas nas que non esquezas seguirnos para estar ao día de todas as novidades : Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.