PontevedraViva Radio

Cara a cara

News ES ↓ 624 episodes

'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia

Author

PontevedraViva Radio

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cara a cara #24: Dúo Fírveda 14.09.2016

Nerea Rodríguez ao acordeón e Alba Reirís ao violín conforman o Dúo Fírveda. Elas foron parte de xerme do recente Son-Paf que levou a Santa María de Xeve a música pop & folk e a clásica. 

Cara a cara #23: Sung Whan Kim 24.08.2016

Sung Wham Kim, Hyuk-Tai Kwon e Seung-Beom Kim - o nome de tres xornalistas de Corea do Sur - é un exemplo da transcendencia que está a ter o modelo de cidade aplicado en Pontevedra. O primeiro leva fincado en España dúas décadas e dado o seu dominio do español acompañou aos seus dous compatriotas para coñecer durante varios días esta capital. Coa súa cámara levan ata a illa coreana de Jeju, practi...

Cara a cara #22: Francesco Iannelli 17.08.2016

Hai 19 anos que desembarcou en Pontevedra e afirma que sente que esta cidade é o lugar no que tiña e ten que estar. O nome de Francesco Iannelli leva outro apelido engadido Il Piccolo, o restaurante que xestiona e cuxa fama traspasou o Padornelo. Este restaurador, militar na súa Italia natal, é inquieto por natureza. En breve verá cumprido outro dos seus proxectos, un libro. "E así foi e así será....

Cara a cara #21: Teresa Fernández-Valdés Calderón 10.08.2016

Teresa Fernández-Valdés Calderón é licenciada en Xornalismo. En 2008, xunto ao seu marido Ramón Campos, crean Bambú Producións. De aí saíron as exitosas series de televisión "Gran Reserva", "Velvet", "Hispania", "Gran Hotel", "Seis hermanas", "Bajo sospecha", etc. O Hollywood Reporter falou dela como unha das cinco showrunners máis importantes de Europa. Ah! e outro dato reseñable: é pontevedresa....

Cara a cara #20: Támara Echegoyen 03.08.2016

A poucas horas de viaxar a Brasil para buscar en Río de Janeiro a súa segunda medalla olímpica, Támara Echegoyen cóntanos como chega aos Xogos, sen escapar a cuestións polémicas como a contaminación das augas no campo de regatas, a seguridade en Río ou o virus Zika. Diego Espiño fala coa campioa pontevedresa.

Cara a cara #19: Marcos Rodríguez 27.07.2016

Por cuarto ano consecutivo chegan os 15 bolos. Un evento musical que trata de promocionar aos grupos pontevedreses. Nesta ocasión adopta un formato de festival e quéreselle dar un carácter máis profesional. Falamos con Marcos Rodríguez, do Local de Ensaio de Pontevedra, desta proposta que se celebra os días 27 e 28 de xullo na praza de Curros Enríquez.

Cara a cara #18: Eva Fernández Rodríguez 20.07.2016

Ven de revalidar por segundo ano consecutivo o título de muller máis forte de España, ou o que é o mesmo: "strongwoman". Un campionato que require unhas máis que esixentes probas, ao alcance de tan só sete mulleres, que foron as que se presentaron ao campionato celebrado na provincia de Sevilla. A vida de Eva Fernández Rodríguez, de tan só 25 anos de idade, transcorre vinculada á actividade física...

Cara a cara #17: Luis Carballo e Alberto Lastres 13.07.2016

Desde hai xa 24 anos, xullo é o mes do jazz en Pontevedra. A relación da cidade con este estilo musical, xa de seu intensa ao longo do ano, adquire un cariz máis destacado. É o momento no que chega o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Artistas internacionais, case sempre inéditos en Galicia, comparten escenario coa gran canteira de músicos galegos. E, como sempre, mantendo unha...

Cara a cara #16: Eduardo Lozano 06.07.2016

Eduardo Lozano forma parte dunha saga de empresarios, gandeiros e apoderados taurinos. Mesmo toureiros, el é a excepción neste caso respecto dos seus irmáns José Luis e Pablo. Fala para PontevedraViva Radio de Alcurrucén, un dos seus tres ferros; de crise e causas da crise na festa taurina, de novas figuras que irromperon para romper coa monotonía dos últimos anos, de escolas de tauromaquia, da af...

Cara a cara #15: Rosa Cobo Bedía 29.06.2016

Feminista, escritora, e directora do Centro de Estudos do Xénero da Universidade de A Coruña, Rosa Cobo ven de participar na Escola de Igualdade inaugurada este mércores 29 de xuño pola Deputación de Pontevedra. É tamén profesora titular de Socioloxía do Xénero da mesma entidade académica, e fala para PontevedraViva Radio de prostitución, de aborto, maternidade, "novos bárbaros patriarcales" e de...

Cara a cara #14: Meli Fandiño 22.06.2016

Se a radio non se cruzara na súa vida, non sabe a que outra profesión se tería dedicado. A súa traxectoria profesional está vencellada a Radio Pontevedra. Os seus mellores momentos e o seu maior orgullo foi sacar os micrófonos á rúa e darlle voz aos cidadáns; aínda que a súa non necesite presentación. Meli Fandiño tivo outra paixón dende a infancia, o cinema; algo que de nena custoulle algún berro...

Cara a cara #13: Manuel Jabois 15.06.2016

Gabriel Montoya Vidal, coñecido como "o Gitanillo" ou "Baby", foi o primeiro condenado polos atentados do 11-M, o único menor implicado por colaborar cos terroristas de Atocha. A súa vida, a súa historia e os seus movementos dentro da denominada trama asturiana deste atentado cóntaos o xornalista pontevedrés Manuel Jabois en Nos vemos en esta vida o en la otra, un libro publicado polo editorial Pl...

Cara a cara #12: Carmela Silva 08.06.2016

O próximo xullo cumprirase o primeiro ano da presidencia de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra. Un exercicio no que por primeira vez a entidade está presidida por unha muller e por un goberno coaligado de socialistas e nacionalistas. Durante este Cara a cara co redactor de PontevedraViva, Oskar Viéitez, Silva desvela a súa intención de someter a consulta dos alcaldes da provincia, a polític...

Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores 06.06.2016

Hai un ano o BNG conseguía o seu mellor resultado electoral no Concello de Pontevedra con doce concelleiros; o cal non significa que estea a ser - un ano despois- o seu mandato máis sinxelo. Pese iso, Miguel Anxo Fernández Lores afirma que "non hai alternativa" para alcanzar algún tipo de acordo de goberno con algún dos catro grupos representados. Modelo de cidade, modelo de cidade e modelo de cid...

Cara a cara #10: Francisco Lozano 01.06.2016

A afección pola lectura e a escritura vénlle desde a infancia; grazas ao seu irmán, ao que vía sempre con algún libro. Zamorano de nacemento, e pontevedrés de adopción. Chegou á cidade do Lérez alá por 1974 xunto á súa muller, e aquí naceron as súas dúas fillas. Non está entre aqueles que chegado o momento da xubilación, non saben que facer co seu tempo. Francisco Lozano ten varias afeccións, pero...

Cara a cara #9: José Rivas Fontan e Adrián Rodríguez 25.05.2016

En Solo Rivas Fontán: Memorias de un político lejos del rebaño, escrito polo xornalista Adrián Rodríguez, o político pontevedrés José Rivas Fontán fai todo un exercicio de sinceridade e analiza os feitos e as persoas que marcaron a súa traxectoria persoal e profesional. Ambos visitan o 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio para falar dun libro que non deixa a ninguén indiferente

Cara a cara #8: Marta Samartín 18.05.2016

Quinoa, chía, espirulina, estevia, goji...o mercado ponnos sobre a mesa moitos "superalimentos", pero son realmente tan beneficiosos e con tantas propiedades como nos din?. Visítanos Marta Samartín, farmacéutica e nutricionista e fálanos de canto hai de certo e canto de mercadotecnia nestes "superproductos".

Cara a cara #7: Manuel Cruces 11.05.2016

Pontevedrés, dermatólogo de profesión e en exercicio aos seus 72 anos. E falando de exercitar, o seu estado físico é envexable; basta con velo nun tríatlon. Manuel Cruces, entre outras consecucións, é subcampión do mundo de tríatlon de longa distancia ou campeón de España de acuatlón no seu grupo de idade, "non é difícil, somos poucos", chancea neste Cara a Cara no que está acompañado do seu fillo...

Cara a cara #6: Isma Romero 04.05.2016

Isma Romero vive a vida con, desde e cara á música rock. Unha guitarra chegou ás súas mans con dez anos e desde entón son inseparables. Liderou a banda Piso 16 na súa Valencia natal, con 19 anos marchouse a Madrid, onde coñeceu a Candy Caramelo e produciu o seu primeiro CD Antes de que esté prohibido. Un traballo que saíu ao mercado en 2014 co selo de Warner Spain. Isma Romero traballa xa no seu s...

Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo 27.04.2016

Navegamos seguros na internet? as posibilidades que ofrecen actualmente os dispositivos móbiles ameazan a privacidade? como se persegue a un ciberdelincuente? Nun ámbito tan global como "a rede" traballan os axentes da Unidade de Delitos Telemáticos da Garda Civil para investigar os delitos que se cometen a través de internet. Neste Cara a cara contamos con Gonzalo Sotelo membro do Equipo de Inves...

Cara a cara #4: Fátima Santiago 20.04.2016

Hai malestar e queixas entre os contribuíntes neste momento en que toca "cumprir" coa Axencia Tributaria. Aquilo de "Facenda somos todos" non responde á realidade ante os casos de evasión de impostos que transcenden. Con Fátima Santiago, responsable do departamento Fiscal da Xestoría Carril, falamos da "Renda", da Axencia Tributaria e das novidades desta campaña.

Cara a cara #3: David Figueira 13.04.2016

David Figueira, xornalista pontevedrés, cóntanos a súa traxectoria desde que decidiu saír da súa cidade para emprender a aventura profesional que lle levou a percorrer todo o mundo cubrindo a información do mundial de motociclismo durante cinco anos, para Radio Nacional de España, e que actualmente presenta desde Barcelona, o mítico espazo deportivo Estudio Estadio, en Teledeporte, de Televisión E...

Cara a cara #2: Kiko Dasilva 06.04.2016

Cara a Cara co ilustrador e historietista Kiko da Silva. Un vigués, afincado en Pontevedra que sendo neno tivo clara a súa vocación profesional. Ademais de colaborar en múltiples publicacións, en 2012 abría O garaxe hermético, a primeira escola de profesionais da banda deseñada en Galicia. Un dos seus proxectos actuais está na súa primeira novela gráfica Baixo a sombra das pedras flotantes.

Cara a cara #1: Pepe Solla 30.03.2016

O cociñeiro Pepe Solla comparte con PontevedraViva Radio a súa traxectoria vital e profesional. Unha andaina vinculada a Poio e a Casa Solla. Conseguiu que o seu nome transcenda ao ámbito internacional e en breve abrirá un segundo restaurante en Madrid. 

Listen to the Cara a cara podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.