PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Cara a cara #49: 8M - Rosa Gago Noya 08.03.2017 18:02
O Cara a cara de PontevedraViva Radio mira como o resto de programas ao 8M. Rosa Gago Noya é a muller que este 2017 recibiu a homenaxe do sindicato UXT nas comarcas de Pontevedra e Arousa. Recoñecemento á súa traxectoria reivindicativa pola igualdade laboral e de dereitos entre mulleres e homes. Comezou no mercado laboral aos 15 anos e desde os 18 ata a súa prexubilación en 2011, traballou para Me...
Cara a cara #48: Enrique Alvite 01.03.2017 16:15
Enrique Alvite é un compositor e músico pontevedrés. O seu nome trascendeu entre os medios de comunicación locais en agosto de 2015. Foi con motivo da canción que compuxera para a pontevedresa desaparecida Sonia Iglesias. No seguinte álbum en que está a traballar, o nome de Sonia volve estar presente. Nesta ocasión cunha versión en galego.
Cara a cara #47: José Víctor González, 'Pepe Shiva' 22.02.2017 29:54
Neste Cara a cara convidamos, como di el "só ao ocurrente" do primeiro desfile de entroido nas rúas de Pontevedra. José Víctor González, ou "Pepe Shiva" tivo outra ocorrencia, fixo do papagaio dun boticario, o emblema do entroido pontevedrés.
Cara a cara #46: Juan Carlos Pérez 15.02.2017 21:33
Juan Carlos Pérez é o actual presidente do Rotary Club de Pontevedra. Unha organización que nestes momentos conta con menos socios que hai uns anos, pero que seguen abrindo o seu colectivo a quen queira colaborar activamente na prestación de servizos humanitarios. Con este fin organizaron unha actuación benéfica para o 24 de febreiro.
Cara a cara #45: Sés 08.02.2017 28:41
Afirma que tiña vocación docente pero, desde que irrompeu no panorama musical galego co seu primeiro álbum en 2012, Sés é unha cantautora en progresiva proxección. Unha mágoa para posibles alumnos, pero unha auténtica sorte para a cultura. De ideas perfectamente "amobladas" e fiel aos seus principios. Está de xira co seu cuarto traballo "Opoñerse á extinción". O 11 de febreiro ofrece un concerto n...
Cara a cara #44: Ana Ortiz 02.02.2017 19:15
Ana Ortiz era nomeada este pasado 1 de febreiro subdelegada do Goberno en Pontevedra. Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio coñecemos a esta ourensá de nacemento, viguesa de residencia e pontevedresa laboralmente. Estas semanas serán de moita entrevista de cortesía, de ir axustándose ao novo espazo administrativo, pero na súa toma de posesión xa avanzou tres prioridades: atallar a violencia ma...
Cara a cara #43: Exhibicións de risco no Campiño 25.01.2017 14:41
Juan José López Castro, tenente do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, participa no Cara a cara de PontevedraViva Radio para falar sobre o último operativo desenvolvido no polígono de O Campiño ante un importante número de persoas e vehículos congregados para participar ou seguir "exhibicións de risco".
Cara a cara #42: Premios Cidade de Pontevedra 18.01.2017 26:15
Con motivo da festividade do voto da cidade, este venres 2 de xaneiro, San Sebastián, entregaranse os Premios Cidade de Pontevedra. Nesta última edición os galardóns teñen un marcadísimo carácter social. Ángela Paz será a persoa que reciba o recoñecemento no apartado de persoas físicas; e no apartado de entidades xurídicas o Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Neste Cara a cara compartim...
Cara a cara #41: Alberto Agrelo 11.01.2017 25:56
Alberto Agrelo Vidal ve en primeira persoa o maior éxodo desde a segunda guerra mundial. Este grovense, bombeiro de profesión, non puido quedar de brazos cruzados cando vía por televisión esta tesitura. Así que se sumou a PROEMAID. É unha asociación sen ánimo de lucro que xurdiu en 2015 a instancias de tres bombeiros sevillanos. A día de hoxe forman parte profesionais de emerxencia co obxectivo de...
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez 04.01.2017 21:20
É pontevedresa, ten 25 anos. Formouse academicamente en España, pero as oportunidades laborais non chegaron aquí e buscou un futuro, a maior ou menor prazo, no estranxeiro. Desde o pasado agosto vive e traballa en Carolina do Norte, en Estados Unidos. Alí é profesora de español na Universidade. Beatriz Ramírez Canosa, estivo gozando de cinco semanas de vacacións na súa cidade, coa súa familia e os...
Cara a cara #39: San Silvestre 28.12.2016 14:51
A San Silvestre de Pontevedra cumpre 33 anos en plena forma, convertida na proba atlética máis popular do calendario e nun auténtico fenómeno de masas. A poucos días da súa celebración uno dos responsables da Sociedad Gimnástica, Santi Ferrer, dá consellos aos participantes e revela por onde pasa o seu futuro máis próximo
Cara a cara #38: A por o gordo de Nadal! 21.12.2016 13:08
Quedan poucas horas para que arrinque o sorteo extraordinario da lotería de nadal. Cada 22 de decembro, a ilusión vístese en forma de décimo e esas boliñas cantadas polos Nenos de San Ildefonso, decidirán se efectivamente foi o día da sorte; ou o día da saúde. Con Celia Portela Vallejo, empregada da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, charlamos deste sorteo, desta campaña especial p...
Cara a cara #37: Que non me chamen máis, cona! 14.12.2016 15:54
En 2014 entraba en vigor a nova normativa na defesa ao consumidor. No seu desenvolvemento expóñense algunhas máximas de protección sobre esas persistentes e inoportunas, en ocasións, chamadas comerciais. Con todo, da norma á práctica, o incumprimento é evidente; e a protección do particular practicamente nula. Estas e outras cuestións trasladámoslla á avogada Rosa Rodríguez.
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest 07.12.2016 24:29
Entre o 22 e o 30 de decembro as cidades da Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra poderán gozar dun espectáculo ideado e producido por un pontevedrés: Pedro Volta. Trátase do primeiro festival internacional Galicia Magic Fest. Unha gala de ilusionismo na que seis magos deixarán a toda a familia pampos. Nesta primeira edición, ademais de presentar, Volta tamén ofrecerá o seu espectáculo. Sobre o esce...
Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo 30.11.2016 15:41
Fernando González González, Gonzo, é vigués. Un vigués que decidiu estudar xornalismo e licenciouse na Universidade de Salamanca. Aquel xornalista novel comezou a súa andaina na súa comunidade natal traballando para Radio Nacional e TVE Galicia. Vestido con traxe negro e lentes da mesma cor, o seu nome entra na memoria colectiva grazas a Caiga Quien Caiga. Logo viría El método Gonzo e outra etapa...
Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón 23.11.2016 19:03
Na semana en que se fai unha chamada de atención sobre a violencia de xénero (o 25 de novembro é a data sinalada no calendario contra este tipo de violencia) PontevedraViva Radio dedica algúns dos seus programas a este problema social. Neste Cara a Cara acompáñanos María Teresa Pantín Tascón, inspectora xefe da UFAM (Unidade de Familia e Muller) da Comisaría de Provincial de Pontevedra. Unha unida...
Cara a cara #33: Cineclube Bueu 16.11.2016 30:42
Os cineclubes xurdiron en España na década dos 30. Desde entón ata hoxe tiveron a súa etapa de apoxeo e de declive. Seguen sendo unha interesante achega cultural alá onde manteñen a súa actividade. É o caso do Cineclub de Bueu, onde actualmente a súa nova directiva, cunha chea de ideas para desenvolver, fai fronte ás dificultades económicas que supón unha entidade deste tipo. Alba Sotelo e Xoán Pa...
Cara a cara #32: Carmen Martínez 09.11.2016 33:11
Puido ser a camelia, pero finalmente foron as vides. Investigación á que leva dedicada 30 anos, e na que é actualmente directora do grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia. Carmen Martínez foi incluída ademais este 2016 na Selección da Ciencia. Para este Cara a cara fálanos de investigación vitivinícola, do sector, de recuperación de variedades en Galicia, de "viticultura heroica", do...
Cara a cara #31: José Luis Rodríguez 02.11.2016 30:31
O traxe tradicional está considerado Patrimonio Cultural Inmaterial. Un patrimonio que no caso de Galicia, ten unha recuperación máis dificultosa que noutros puntos da xeografía por varias circunstancias. Con ese hándicap, aquí en Pontevedra, desde a Asociación do Traxe Tradicional e desde Os de Algures traballan para devolver ao século XXI esas pezas da forma máis fidedigna. No ámbito divulgativo...
Cara a cara #30: Pedro Rial 26.10.2016 36:31
Profesionalmente encaixaba nese concepto que a maioría da sociedade actual considera "persoa de éxito". Con todo un día deixou o traxe e a gravata e dedicouse a viaxar. Afirma que a xente que máis lle fixo repensar e cambiar as súas prioridades na vida, coñeceunas viaxando. Esas dúas últimas viaxes foron ao Pireo grego, onde lle absorveu o campamento de refuxiados de Ritsona. Con esta bagaxe vital...
Cara a cara #29: Ernesto Filgueira 19.10.2016 38:20
Ernesto Filgueira acaba de recibir o Premio Traxectoria do Comercio Galego, a instancias da Federación Galega de Comercio. Rexenta o negocio que hai 53 anos abriron os seus pais: "La casa de los paraguas". Poucos deben saber que é mariño mercante. O mérito non foi só dar continuidade ao negocio familiar, senón estar - (presidir e manterse) - no xerme dun colectivo comercial, Zona Monumental, que n...
Cara a cara #28: Diana López Varela 12.10.2016 24:19
Diana López Varela é unha pontevedresa trintañeira que emerxeu ao denominado "feminismo de novo cuño" a través do éxito do seu blogue: Suspenso en religión. É tamén guionista e columnista. Está inmersa estas semanas na presentación do seu primeiro libro No es país para coños. Fala de homes e de mulleres, de amizade, de soltería, maternidade, sexo, deporte, medios de comunicación, acoso, malos trat...
Cara a cara #27: Alfonso Rueda 05.10.2016 22:26
Primeiro Cara a Cara en PontevedraViva Radio tras as eleccións galegas do pasado 25 de setembro e o noso invitado é, probablemente, unha das persoas que máis satisfeitas estaban a noite electoral cos resultados que arroxaron as urnas en Pontevedra. Con Alfonso Rueda, presidente provincial do PP, analizamos o sucedido o 25-S, o futuro goberno na Xunta ou a situación do seu partido na capital. Quen...
Cara a cara #26: Rafael Táboas Pastor 28.09.2016 26:19
Rafael Táboas preside a Confraría da Virxe Peregrina desde hai case dous anos. A chamada de PontevedraViva Radio foi inicialmente para saber por que o reloxo do santuario non marca as horas desde hai meses. Por mor desa cuestión charlamos de reformas, ou proxectos previstos. Algún, avanza Táboas, poden culminar para o ano próximo. Tamén descubrimos algunha historia que descoñeciamos do santuario d...
Cara a cara #25: Alejandro Rodríguez 21.09.2016 22:23
Con certa frecuencia, as persoas propoñemos que facer coas nosas vidas, pero é esta quen finalmente dispón por onde discorre. Algo así lle está sucedendo a un mozo pontevedrés, Alejandro Rodríguez. Traballaba de cámara para televisión, e unha fin de semana no aeroporto do Prat, coñeceu a unha moza de Hong Kong que resultou ser o punto de inflexión da súa traxectoria vital. Trasladouse a China, apa...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.