PontevedraViva Radio

Cara a cara

News ES ↓ 624 episodes

'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia

Author

PontevedraViva Radio

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cara a cara #199: Paula Cons 08.07.2020

O 24 de xullo 'A illa das mentiras' de Paula Cons estrearase para España na plataforma dixital Filmin. Trátase da primeira longametraxe de ficción da directora galega, quen situou a trama desta película no contexto histórico do afundimento do barco Santa Isabel xunto á illa de Sálvora en 1921. Co inicio de xullo tamén se presentou o tema principal da película,  'Sálvora' composta polos irmáns Pedr...

Cara a cara #198: Raquel Graña 01.07.2020

Raquel Graña es sexóloga, psicóloga y coach educativa, formación que lleva a talleres afectivo sexuales en centros educativos de Galicia. Además es youtuber de éxito: en su canal Íntimas Conexiones cuenta con más de 600.000 seguidores. Acaba de publicar 'Sex On' una guía de educación sexual para adolescentes. 

Cara a cara #197: Sara Castro 24.06.2020

A cantante e compositora Sara Castro edita en formato electrónico o primeiro capítulo do conto ilustrado acompañado de cancións: : 'Todo corazón'.  A súa protagonista é  'Babuxa a  pinga de  auga' coa que gañou o concurso literario da Fundación Acuorum en 2017.

Cara a cara #196: Pablo Piñeiro Taboada 10.06.2020

O prolífico meañés Pablo Piñeiro, agora fincado en Madrid, fálanos da súa última criatura literaria que rompe conceptos nun momento de moitas rupturas e tamén de achegamentos: 'Lo positivo de fracasar en el amor' (Editorial Penguin). Ao tempo fai unha alegación á rebelión do socialmente establecido en canto á forma de relacionarse, sexa afectiva como sexualmente.

Cara a cara #195: Víctor Efrén Castro 11.03.2020

 Víctor Efrén Castro Cereijo presenta o seu primeiro libro de poemas 'Caderno de bitácora. Itinerario dun intranauta desorientado' (Libros Indie). Este mozo pontevedrés non está vinculado ao ámbito das Letras, academicamente falando, claro. É licenciado en Ciencias de Actividade Física e do Deporte, exerce como profesor en Mondariz, adestrador de balonmán e tamén foi xogador da devandita disciplin...

Cara a cara #194: Catalina González Bea 04.03.2020

A muller que foi alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, acompáñanos no Cara a cara. Agora participa nun proxecto de economía circular que está a dar traballo a un colectivo feminino que aglutina en Galicia a case o 67% da súa totalidade, as redeiras. Sumouse á proposta da coruñesa Gema Neira que a través de Cholita Corme converte en complementos, moviliario e ata de adornos do Nadal. 

Cara a cara #193: María Sancho 25.02.2020

María Sancho mergullouse na caligrafía en Estados Unidos, onde exerceu de profesora de Arte. Unha disciplina, que como conta no Cara a cara, tivo o seu renacemento en Inglaterra a comezos do século pasado. Esta calígrafa artística fálanos ademais de tipografías, escritura ou de lettering, que define como "letras debuxadas" e fai esta comparativa: "a caligrafía é como a música en vivo e o lettering...

Cara a cara #192: Kiko da Silva 19.02.2020

O cartel de Ravachol está a ser máis noticia do que habitualmente conleva. A diatriba política ven de poñer en cuestionamiento o procedemento seguido para o deseño desta mensaxe festiva. Por ese motivo, fronte ao inicialmente previsto preguntamos a Kiko da Silva, ilustrador e autor deste cartel, por esta circunstancia.

Cara a cara #191: Ethan Carballo 12.02.2020

Ethan Carballo, ten dezasete anos, é pontevedrés e nos últimos días está desbordado. As chamadas de medios de comunicación interesados pola súa afección son contínuas. Desde os sete anos dedícase a comprar bonecas que resideña. Esta dedicación por coleccionar bonecas e recompoñelas co seu propio peiteado, a súa propia maquillaxe e o seu propio vestiario, a mostra tamén nas súas redes sociais de Fa...

Cara a cara #190: Antonio Rial Boubeta 05.02.2020

Alcol, cannabis, apostas, xogos online, videoxogos, sexting... as condutas adictivas están a producirse a idades cada vez máis temperás e a prevención e reeducación é responsabilidade de todos. Ese é o contexto, "o problema perentorio", en que nos sitúa Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía, profesor da Facultade de Psicoloxía da USC e experto en estudos sobre menores e comportamentos conflit...

Cara a cara #189: Anna Caballé 29.01.2020

Como profunda coñecedora de Concepción Arenal, a escritora, crítica e profesora Anna Caballé Masforroll fala da prolífica galega do século  XIX. A súa obra biográfica 'Concepción Arenal. A camiñante e a súa sombra'  reportoulle en 2019 o Premio Nacional de Historia. Revisamos varias das máximas que defendeu a ferrolá sobre feminismo, relixión ou Dereito penitenciario. Caballé é ademais presidenta...

Cara a cara #188: Manuel Losada 22.01.2020

Manuel Losada é funcionario público. Antes exerceu como escolta. Primeiro para persoas susceptibles de violencia terrorista; posteriormente para vítimas de violencia de xénero. A experiencia e ferramentas de probados e efectivos resultados, proporcionadas do devandito traballo, conducíronlle a escribir o seu primeiro libro: 'Sin miedo a la bestia'. Este pontevedrés, fincado en Vilagarcía, tratou,...

Cara a cara #187: Rosario Álvarez Blanco 15.01.2020

Rosario Álvarez Blanco  pertence a ese grupo de 'primeira muller que', neste caso preside o Consello da Cultura Galega. Tamén é membro da Real Academia Galega desde 2003, foi directora do Instituto da Lingua Galega e é Catedrática en Filoloxía Galega e Portuguesa. O vindeiro 20 xaneiro recibirá o Premio Cidade de Pontevedra 2019

Cara a cara #186: Julio Fowler 08.01.2020

Julio Fowler é cantante, compositor e produtor cubano. O álbum 'Tiempo al tiempo', do que é un dos compositores, levou este pasado 2019 un dos Grammy Latinos. Este xoves 9 ás 21.30 horas ofrece un concerto en directo na Botica, con entrada gratuíta. Alí repasará os seus cinco álbums e estreará un par de cancións. O domingo será no Espazo Nemonon ás 19.00 horas acompañado de Gustavo Almeida.

Cara a cara #185: Rocío Ramos-Paul 18.12.2019

Rocío Ramos-Paul fíxose popular pola súa intervención nun exitoso programa televisivo. Seguiu colaborando en televisión e radio, escribiu varios libros e compaxina a súa profesión de psicóloga nun gabinete que leva o seu nome. Tamén imparte charlas, como as ofrecidas esta semana en Marín e Sanxenxo e o pasado novembro en Pontevedra organizadas polo  CFR, (Centro de Formación e Recursos do Profesor...

Cara a cara #184: Gisela Moon 12.12.2019

 'Recuérdame quién soy' é o título da primeira novela de Gisela Moon, nome artístico de Gisela Menéndez Calvo. "Hai romance, hai picante, hai diversión e hai superación por parte da súa protagonista" nesta novela que encaixa no subgénero chamado chick lit. Foi a música, o que a trouxo profesionalmente ata Galicia. Unha faceta que demostra á perfección coa interpretación dun dos temas que acompañan...

Cara a cara #183: Berta Cortez-Lobao 04.12.2019

Segundo os datos que reporta o Instituto Nacional de Estadística xunto á Sociedad Española de Fertilidad, durante o pasado ano en España o 9% dos nacementos foron resultado de técnicas de reprodución asistida; isto é, algo máis de 33.000 mil bebés. As previsións para 2019-2020 apuntarían a que o número seguirá crecendo.  A pesar destas cifras, falar de infertilidade segue reservándose para a máxim...

Cara a cara #182: Federación Galega de Fútbol 27.11.2019

Costa do Marfil é o destino do equipamento deportivo que está a recoller a Federación Galega de Fútbol coa campaña solidaria aberta ata o dez de decembro. Charlamos con Amancio Varela, membro da directiva da Federación e Carmelo Galiñanes colaborador da mesma, sobre esta iniciativa, de fútbol feminino e de novas tecnoloxías.

Cara a cara #181: Francisco Cascón 20.11.2019

Francisco Cascón Soriano; profesor en formación ocupacional, membro da Unesco, colaborador en másteres de varias universidades en relación á cultura da paz e que toma parte en procesos de resolución de conflitos bélicos en países latinoamericanos; así como en centros educativos para resolución de conflitos de convivencia, algúns de notable repercusión mediática. Cascón Soriano provoca coas súas pa...

Cara a cara #180: Manu San Félix 13.11.2019

Manu San Félix, biólogo e explorador submarino, coñece moi ben a costa galega. Dela di que "é un lugar bendicido pola natureza. Se puidésemos retroceder mil anos caeriamos de costas ao ver a riqueza, a explosión de vida que había na Rías Baixas". Pero non é momento de triunfalismos porque "agora enfermou e agora é o momento de analizar, coidar e facer algo". Forma parte desde 2008 do proxecto 'Pri...

Cara a Cara #179: Evaristo Estévez 06.11.2019

Unha visita á cidade, un tema de actualidade, un repaso a unha traxectoria... os motivos poden ser múltiples, o cando e onde: cada mércores ás 21.00 horas en PontevedraViva Radio. Redifusión: xoves ás 00.00 horas, ás 09.00 horas e ás 17.00 horas.

Cara a cara #178: Iván Prieto Lage 30.10.2019

Nos últimos dez anos cada vez son maiores os problemas de costas entre os escolares. É unha circunstancia evidenciada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e que expuxo Manuel Fraiz, responsable da Unidade de Raquis (columna vertebral) a Iván Prieto Lage, profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra e membro do proxecto  'Elección do mobiliario axeitado no Ens...

Cara a Cara #177: Tomás Abeigón 23.10.2019

Un home e unha muller pioneiros do fitness feminino e o culturismo: a Bella Otero e Eugene Sandow. As miserias e grandezas dunha galega de transcendencia internacional. A dobre vida dunha estrela do culturismo no século XIX. As implicacións - intencionadas ou non - de Sandow no cinema, a novela ou a monarquía británica... en definitiva, dous anos e medio de traballo do pontevedrés, Tomás Abeigón C...

Cara a cara #176: Isabel Pérez Dobarro 16.10.2019

Isabel Pérez Dobarro, compostelá, é pianista de recoñecemento internacional. Ademais é unha activista da visibilización das mulleres na música clásica e do desenvolvemento sustentable. Acaba de ofrecer un recital nesta capital á que volverá antes de finalizar o ano

Cara a cara #175: Uxía Vázquez - CEMMA 18.09.2019

As Rías Baixas son unha das zonas do mundo con maior biodiversidade e "temos algo moi imporante nas nosas mans para que as xeracións futuras poidan seguir gozándoo".  O diagnóstico que da Uxía Vázquez - socia voluntaria da CEMMA, a Coordinadora para ou Estudo dos Mamíferos Mariños -, é o dun ecosistema enfermo. Moitísimo tráfico mariño, contaminación industrial, sanitaria, etc... Aínda que centram...

Listen to the Cara a cara podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.