PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Cara a cara #224: Unha bordadora Real 03.03.2021 32:17
Mercedes Criado Castro pertence á xeración que se denominou 'os nenos da Guerra'. E andaluza, da localidade cordobesa de Villa del Río, como Matías Prats Cañete. Do mítico xornalista e de como chegou a ser a persoa que bordó o ajuar de voda de Fabiola e Balduino de Bélxica fálanos neste Cara a Cara.
Cara a cara #223: Máis que oito apelidos cataláns 24.02.2021 21:34
Ravella, Alfageme, Torrón, Durán, Tapias, Barreras, Massó, Portanet, Escofet, Puig, Domenech, Nonell, Buhígas, Jover, Paratcha, Curbera, de Haz... máis que oito apelidos cataláns que chegaron a Galicia no século XVIII. Que buscaba aquela migración catalá nas rías galegas? Temos as respostas na entrevista con Joel Cava, técnico de comunicación, catalán e afincado en Galicia actualmente. É, xunto a...
Cara a cara #222: Daniel Diéguez 10.02.2021 19:27
Unha visita á cidade, un tema de actualidade, un repaso a unha traxectoria... os motivos poden ser múltiples, o cando e onde: cada mércores ás 21.00 horas en PontevedraViva Radio. Redifusión: xoves ás 00.00 horas, ás 12.00 horas e ás 17.00 horas.
Cara a cara #221: Andrés Bugallo 03.02.2021 15:36
'Cara a cara' trae esta vez tres máximas: ser profesor de autoescola é unha opción laboral que está a requirir un importante número de incorporacións inmediatas; de forma inminente conclúe o prazo para optar á formación que solicita Tráfico para ser profesor de formación viaria; e vaise a producir un cambio importante nesta formación. Falamos de todo isto con Andrés Bugallo, secretario da Asociac...
Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés 27.01.2021 42:19
Nos Xogos Olímpicos de París 2024 catro novas disciplinas estarán presentes: surf, escalada, skateboard e breaking (breakdance). Jumber é pontevedrés, ten 23 anos, pertence ao grupo de breaking Flava Brothers e tamén está federado no Club Deportivo da Rúa da Coruña, o primeiro en toda España en pertencer á Federación Española de Baile Deportivo que é o que ampara aos BBoys e BGirls, denominación q...
Cara a Cara #219: 20 aniversario de Adicam 20.01.2021 17:30
A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico, ADICAM, cumpre o seu vixésimo aniversario de actividade. Comezaron o seu labor no Morrazo, pero actualmente e desde fai tres anos tamén dispoñen de sede en Pontevedra e Vigo. Contan ademais con máis de mil setecentas persoas asociadas na provincia. Falamos coa súa presidenta, Olga Sotelo Pastoriza.
Cara a cara #218: O de nevar en Pontevedra... segue esperando 13.01.2021 16:39
Un Cara a cara para quedar xeados. Falamos coa meteoróloga de Meteogalicia, María Souto; da masa de aire frío coa que comezou xaneiro, das excepcionalidades e efemérides que se están rexistrando nos últimos días; do 14 de xaneiro de 1987, cando do mesmo xeito que toda a Comunidade, produciuse a última nevarada en Pontevedra. Aínda quedan uns días de frío; pero segundo avanza, a mediados da próxim...
Cara a cara #217: A Lotería do Nadal 2020 16.12.2020 9:00
A quen non lle chegou o meme que di iso de: este ano que todos queremos saúde, verás como vai e tócanos a Lotería de Nadal. Convidamos a Mari Carmen García Cabezudo, propietaria da Administración de Loterías número 9 de Pontevedra, situada na rúa Peregrina. Falamos deste Sorteo Extraordinario do vindeiro 22 de decembro para o cal, os pontevedreses parece que estar a tentar a sorte cos números que...
Cara a cara #216: Propostas para chefs noveis en Nadal 09.12.2020 31:06
Chamamos a un profesional da cociña para que faga unhas recomendacións a aquelas persoas que neste Nadal diferente, teñan que poñerse ante os fogóns por primeira vez. Contamos con Ricardo Fernández Guerra, profesor de Cociña e Pastelería no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Consellos, recursos e incluso propostas concretas de sinxela elaboración. No podcast ademais explica a súa elaboración para q...
Cara a cara #215: José Manuel Ramos González 25.11.2020 27:24
José Manuel Ramos González é un profesor pontevedrés, a quen "as Matemáticas permítenlle vivir e a Historia e Literatura, gozar". Resultado destas dúas afeccións acaba de publicar 'Andrés Muruais, el díscolo bardo del Lérez'. Tamén é blogueiro amateur, levan a súa autoría hermanosmuruais, pontevedracuriosa, matesxunqueira1, etc... Neste libro, José Manuel Ramos evidencia o amplo legado que Andrés...
Cara a cara #214: 25N, contra a violencia de xénero 18.11.2020 16:31
Estudos en saúde pública sinalan que en momentos de crise, de convulsión social, as violencias interpersoais aumentan. A conxuntura actual encaixa nese resultado e a violencia de xénero tamén o resente. A concelleira socialista Yoya Blanco, delegada de Igualdade no goberno local de Pontevedra, fala de violencias machistas e as iniciativas que este mes se desenvolven ante o próximo 25N.
Cara a cara #213: Sara Abilleira 11.11.2020 13:15
A pontevedresa Sara Abilleira estreou este novembro o seu primeiro musical. Escribiu 'Resistiré' antes de que se instalase a pandemia e por tanto, antes de que a canción do Dúo Dinámico pasase a ser un himno e tamén un tedioso recordo do confinamento domiciliario. O Espazo Raro, no recinto Ifema madrileño, é o emprazamento no que están a ofrecer estas funcións. Por agora o musical non contempla fa...
Cara a cara #211: Silvia García 04.11.2020 23:02
'Nenas medrando' (Chan da Pólvora) é o primeiro libro que edita Silvia García González, profesora da Facultade de Belas Artes. Un libro que se sae dos canons ao uso xa que se sostén na fotografía e a poesía. Quen lea 'Nenas medrando' van atopar versos que falan sobre estereotipos de infancias felices, da propia feminidade, unha reflexión sobre o valor dun rastro material que deixaron persoas anóni...
Cara a cara #210: Sonia Felpete 28.10.2020 27:32
Sonia Felpete é asesora e coach de imaxe persoal, blogger e influencer. Está a impartir masterclass e cursos online, a través da iniciativa #PonteLovers da concellería de Promoción Económica e Turismo. Coñecemos a súa traxectoria profesional, fala de reinventarse, de éxito, de mulleres con 50 anos, de saber quen é un ou unha mesma, para poder falar falar de "estilo".
Cara a cara #210: Automovilistas e ITV's 21.10.2020 19:30
PontevedraVIva Radio pregunta ao presidente da asociación Automobilistas Europeos Asociados, Mario Arnaldo sobre as directrices gobernamentais para a Inspección Técnica de Vehículos e que levou a esta entidade, así como ao colectivo profesional do transporte Fenadismer, a remitirse ao Tribunal Supremo, reclamando un amparo para os condutores que ven abocados a unha duplicidade no pago destas revi...
Cara a cara #209: Okupacións, con Eloy Artime 14.10.2020 31:18
Falamos co avogado, ex decano do Colexio de Avogados de Pontevedra e ex presidente do Consello da Avogacía Galega, Eloy Artime, sobre okupacións. Este pasado setembro o Congreso rexeitaba unha moción que propoñía un endurecemento de penas, axilización das desokupacións e medidas para a poboación vulnerable. Esta negativa, sinala Artime, "contradise" cunhas Instrucións dese mesmo mes, da Fiscalía X...
Cara a cara #208: Javier Mur Isaiz 07.10.2020 31:54
Javier Mur Isaiz foi en 2016 Premio Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa, galardón que entrega o Ministerio de Educación e do que foi merecedor polo Proxecto Guillén. Unha experiencia que ademais dun documental, inspirou unha película ficcionada, que agora se exhibe nas salas de cinema e que deixamos á marxe deste programa para centrarnos na innovación educativa.
Cara a cara #207: Manuel Ángel Gil 30.09.2020 14:10
Héctor Fernánez, biólogo e Manuel Ángel Gil, enxeñeiro forestal, son dous pontevedreses que emprenden na insecticultura destinada á alimentación de aves, peces e mascotas. A súa materia prima, o Tenebrio molitor, ou verme da fariña. Se a súas perspectivas cúmprense, a mediados do próximo ano poderían estar a pleno rendemento.
Cara a cara #206: Mabel Lozano 23.09.2020 33:31
A directora e guionista de cinema social, Mabel Lozano, presenta en Pontevedra o seu último documental: 'Biografía del cadáver de una mujer' unha curtametraxe baseada na historia real de Yamiled, unha muller prostituída e asasinada por denunciar ao que fora o seu proxeneta. A presentación faise coincidir con este 23 de setembro, Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres e...
Cara a cara #205: María Soto 16.09.2020 18:44
'Disciplina positiva' é unha metodoloxía con máis de catro décadas e argumentación científica. Descarta a pegagodía baseada no castigo ou premio. "E hoxe en día é evidente que non funciona; non estamos a educar, estamos amaestrando", di María Soto, psicóloga e logopeda galega. É formadora ademais nesa 'Disciplina positiva' e faino a través de conferencias, talleres e a través do seu blogue. Acaba...
Cara a cara #204: Bigotes felinos de Poio 09.09.2020 16:55
Bigotes felinos de Poio quere conseguir que o Concello apoie economicamente a implantación dun proxecto CES (Captura, Esterilización e Solta) entre as colonias de gatos que viven na rúa. Sara Gómez e Belén Iglesias, son as dúas portavoces que explican a iniciativa. Teñen aberto un perfil de Facebook e Instagram para difundir as súas xestións e que sirva de contacto para máis veciños de Poio que ta...
Cara a cara #203: Fran Jaraba 02.09.2020 12:32
O autor pontevedrés Fran Jaraba acaba de reeditar o seu cómic de ficción histórica 'División Azul'. Ademais, esta obra pode converterse en lectura dentro do ámbito educativo en Brasil. Sen dúbida sería todo un recoñecemento á súa dilatada e premiada traxectoria como historietista. Faceta que compaxina coa de profesor de Secundaria e Bacharelato. Esta reedición abre unha nova colección na Editoria...
Cara a cara #202: Joaquín Domínguez 19.08.2020 15:24
As cunchas de vieira poden ser reutilizadas unha vez que o sector da alimentación e conserva os tira. Desa opción de reutilización falamos: o revestimento de paredes; algo que en Galicia desde hai anos e de forma rudimentaria xa se facía. Con todo, como idea empresarial, ata o de agora ninguén o fixo e por iso o cambadés Joaquín Domínguez, rexistrou a marca Shell Pannel e adquiriu a patente.
Cara a cara #201: Daniel Oliveira 05.08.2020 16:02
O invitado deste Cara a cara é Daniel Oliveira Fernández, estudante de Ciencias de Actividade Física e o Deporte en Pontevedra, que compaxina coa Enxeñería Electrónica no campus de Vigo. Da conxunción de ambas as facetas sae a iniciativa empresarial na que está inmerso: unha aplicación chamada 'Adestrar desde 0'.
Cara a cara #200: 'El laboratorio mágico' 29.07.2020 10:23
Berta Cortez-Lombao é unha bloggera afincada en Pontevedra, que a través das súas redes sociais e da páxina sincerelybe.es fala sobre a infertilidade e a reprodución asistida. Volta a PontevedraViva Radio para falar do seu primeiro conto infantil titulado 'El laboratorio mágico' (editado por Círculo Rojo).
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.