ATLÁNTICO
ATLÁNTICO
Espazo para as músicas de Brasil e outros ritmos oceánicos en Radio Estrada (Galiza). Os xoves ás 11.30 h
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Caetano Veloso. Fina estampa 05.10.2018 17:41
Primeiro programa da 2ª temporada de Atlántico. Falamos do disco de 1995 de Caetano Veloso "Fina estampa" onde fai versións de 15 músicas, entre guaranias, boleros, rumbas e tangos. Escoitamos tamén una canción do novo disco de Gilberto Gil. -Mi cocodrilo verde. Caetano -Capullito de alelí. Caetano -Un vestido y un amor. Caetano -Ok ok ok. Gilberto Gil
Coletanea de Bossa Nova 05.07.2018 19:12
Coa chegada do verán no hemisferio norte do planeta, finalizamos temporada en Atlántico… foron vintenove programas ata agora, e o número trinta será xa na volta, o primeiro domingo de setembro. E para esa despedida temos hoxe unha coletanea de bossa nova. Marcos Valle: samba de verão João Gilberto: Desafinado Astrud Gilberto: Agua de beber Vinicius de Moraes: Onde anda você Elis Regina: So tinha d...
Lucas Santtana. Sem nostalgia 24.06.2018 24:32
Falamos do disco «Sem nostalgia» (2009) de Lucas Santtana, un álbum onde o artista se propón reinventar a Bossa Nova. Soarán os temas: Who can Say which way, Cira Regina e Nana e Amor em Jacumã. Escoitaremos tamén a dúas bandas instrumentais, Bixiga 70 e Orquestra brasileira de música jamaicana. E remataremos con un novo tema do novo disco de Elza Soares.
Elza Soares. Deus é mulher 17.06.2018 23:53
Presentamos o último disco, de Elza Soares, que con 87 anos edita o seu álbum número 33. Escoitamos tamén a Joyce Moreno e a María Rita. Elza Soares: Banho, O que se cala, A mulher do fim do mundo Joyce Moreno: Feminina Maria Rita: Chama de saudade
Gramola persoal 10.06.2018 23:57
Neste programa escoitaremos algunhas das músicas que forman parte da miña lista de escoita persoal desta semana. Caetano Veloso e filhos Criolo Kassin e Clarice Falcão Celso Fonseca e Rolando Bastos Frances Hime Paralamas do sucesso
Saravá Dona Ivone Lara 03.06.2018 23:32
Programa homenaxe a grande compositora e cantora Dona Ivone Lara que nos deixou no pasado mes de abril aos 96 anos.
Novos Baianos. Acabou Chorare 28.05.2018 26:47
Viaxamos ata 1972, para escoitar a Novos Baianos. E nos centramos no segundo disco «Acabou chorare»… un disco que foi elixido en 2007, pola revista rolling stone, como o mellor e máis importante álbum da música popular brasileira.
Novas caras da MPB 21.05.2018 30:06
Facemos un pequeno percurso por algunhas caras novas da musica popular brasileira. Voces cargadas de empoderamento e loita contra os preconceitos. Liniker, Mahmundi, Ava Rocha, Castelo Branco, Jaloo, Johnny Hooker.
Cancións feministas para homes 06.05.2018 20:01
Escoitamos cancións escritas e cantadas por mulleres para ser escoitadas por homes. Onde se nos explican cousas tan básicas como «un non é un non» ou «só un si é un si» Não é não--Lila Laura--Marina Melo Dizputa--Carol Naine Respeita--Ana Cañas Maria da vila Matilde--Elza Soares
Caetano Veloso e Gilberto Gil no exilio II 29.04.2018 27:24
Segunda parte do programa dedicado ao exilio, en Londres, de Caetano Veloso e Gilberto Gil. Con especial atención ao álbum «Transa» de Caetano, considerado un dos mellores discos da música brasileira.
Caetano Veloso e Gilberto Gil no exilio I 23.04.2018 30:39
Programa de dedicado aos discos de Caetano Veloso e Gilberto Gil no seu exilio en Londres, a comezos da dédaca dos anos 70. Escoitaremos: Caetano Veloso: London london, A little more blue, Maria Bethania. Gilberto Gil: Aquele abraço, Nega.
Soul brasileiro 16.04.2018 22:41
Un pequeno percurso por algunhas das principais voces do soul brasileiro, unha música marcada polo sentimento libertario e de loita do movimento negro que comezou na década dos 60 en Estados Unidos e que non demorou en chegar a Brasil. Soarán Tim Maia: Que beleza e O descubridor dos sete mares Gerson King Combo: Mandamentos Black Hyldon: Na rúa na chuva na fazenda Lady Zu: A noite vai chegar
Moreno, Domenico, Kassin + 2 08.04.2018 28:10
Moreno Veloso, Domenico Lancelotti e Alexandre Kassin son os músicos detrás do proxecto «+2» que entre o ano 2000 e 2009 editaron 4 discos, turnándose entre eles na lideranza de cada álbum. Escoitaremos Arrivederci, Deusa do amor, Possibilidade, Te convidei pro samba, Ponto final, Futurismo, Você reclama.
Jorge Ben. Samba esquema novo 01.04.2018 20:13
O primeiro disco de Jorge Ben, «Samba esquema novo», incomprendido no seu momento, foi toda unha revolución estética que unía de novo África con Brasil. Escoitaremos as canción: Mas que nada, Chove chuva e Por causa de você menina. Soará tamén Manguetown de Chico Science e Nação Zumbi e Pra não parar de sambar de Aleh Ferreira.
Adriana Calcanhoto e Marisa Monte. 1994 25.03.2018 24:15
En 1994 Adriana Calcanhoto editaba un dos mellores discos da súa carreira «A fábrica do poema», ese mesmo ano Marisa Monte presentaba, o que é seu mellor disco ata agora, «Verde, Anil, Amarelo, Cor-de-Rosa e Carvão» Adriana Calcanhoto: Cariocas, Por que você faz cinema? e Inverno Marisa Monte: Maria de verdade, Na estrada e Balança pema
Secos & Molhados I 18.03.2018 21:12
O primeiro disco de Secos & Molhados entrou na historia de Brasil como un furacán e supuxo tamén a aparición de unha das maiores estrelas do firmamento da MPB, Ney Matogrosso. Músicas: Sangue latino, O vira, Amor, Assim assado, Rosa de Hiroshima e Fala
Chico Cesar e Vanessa da Mata 12.03.2018 25:39
Programa dedicado ao paraibano Chico Cesar e a mato-grossense Vanessa da Mata. Chico Cesar: A primeira vista, Mama África. Vanessa da Mata: A força que nunca seca, Não me deixe só, Vermelho, Boa sorte/Good luck.
Os rituais sagrados de Maria Bethania 27.02.2018 24:30
Poesía, teatralidade e música, todo se mestura nas actuacións ao vivo de Maria Bethania. Verdadeiros rituais sagrados onde hai unha comunión perfecta entre cantora e platea. Escoitaremos; Reconvexo, A tua presença morena , Há cançoes e há momentos, Estado de poesía (Maria Bethania), Estado de poesía (Chico Cesar).
O Chico Buarque máis político 18.02.2018 26:21
Cancións de Chico Buarque compostas durante a ditadura militar en Brasil e os seus problemas coa censura. Escoitaremos: Apesar de você, Cálice, Construção, Tanto mar e Meu caro amigo.
Marchinhas e sambas enredo 11.02.2018 20:11
Lembramos algunhas das marchinhas e dos sambas enredos máis importantes da historia do carnaval de Río de Janeiro.
Carnaval en Olinda 05.02.2018 24:51
A cidade pernambucana de Olinda ten un dos carnavales máis representativos do nordeste brasileiro, e a ela dedicamos o programa de hoxe escoitanto algúns músicos pernanbucanos. Alzeu Valença, Geraldo Azevedo, Academia da berlinda, Karina Burh e Maracatu Estrela Brilhante do Recife.
Sobre percusión 30.01.2018 25:33
En clima de carnaval, dedicámos o programa a escoitar cancións onde a percusión, a verdadeira protagonista estes días, ten un papel importante. Soarán Mart'nália, Cartola, Carlinhos Brown, Ramiro Musotto, Nanna Vasconcelos e Gabriel o Pensador.
Jackson do Pandeiro 22.01.2018 23:15
Jackson do Pandeiro é un dos maiores ritmistas brasileiros de todos os tempos e con unha influencia moi grande nas xeracións posteriores a el. Acabamos o programa en ritmo de carnaval escoitando ao Maracatu Solar.
Inicios da Bossa Nova 15.01.2018 17:10
Os primeiros anos da Bossa Nova, as súas características, como se proxectou internacionalmente e algunhas das cancións máis coñecidas.
Tom Zé e Carlos Careqa 18.12.2017 22:03
Extravagantes e incomprendidos Tom Zé e Carlos Careqa, dous pallasos musicais, soan nun programa dedicado a todxs xs clowns do mundo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.