ATLÁNTICO

ATLÁNTICO

Music GL ↓ 205 episodes

Espazo para as músicas de Brasil e outros ritmos oceánicos en Radio Estrada (Galiza). Os xoves ás 11.30 h

Author

ATLÁNTICO

Category

Music

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 19, 2023

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Os orixás 16.05.2019

Esta semana falamos dos orixás, as divinidades das relixións afrobrasileiras, moi presentes en letras da música popular brasileira. Facémolo através de músicas: 1. Afoxé de Oxalá. Roberta Nistra 2. Iansã. Maria Bethania 3. Mamãe Oxum. Zeca Baleiro e Chico Cesar 4. Canto de Osanha. Vinicius de Moraes e Baden Powel 5. Dois de fevereiro. Dorival Caymmi

Saravá Beth Carvallho 09.05.2019

Homenaxe a Beth Carvalho, tamén conhecida como a Madrinha do samba ou a Rainha do Samba, que morría o pasado 30 de abril. Pasará a historia como unha das figuras máis importantes da música de raiz brasileira e tamén pola seu compromiso cos movimentos sociais, culturais e políticos. 1. O show tem que continuar 2. Andança 3. Camarão que dorme a onda leva 4. Desde que o samba é samba

Milton Nascimento. A festa 02.05.2019

Falamos de «A festa», EP de finais de 2018 onde Milton Nascimento fai unha releitura acústica de algún dos seus clásicos. Escoitaremos tamén o adianto do novo disco de Lô Borges e unha versión do clásico «What a wonderful world» de Gilberto Gil. 1. O cio da terra. Milton Nascimento 2. Maria, Maria. Milton Nascimento 3. Em outras canções. Milton Nascimento 4. What a wonderful world. Gilberto Gil

Belchior. Alucinação 11.04.2019

Falamos de Alucinação (1976) un dos mellores discos da maior estrela musical do estado do Ceará, Belchior. Un álbum no que os relatos sobre a violencia exercida polo estado e a perda dos soños de liberdade nacidos na década anterior, parecen sacados do Brasil actual. 1. Apenas um rapaz latino americano. Belchior 2. Velha roupa colorida. Belchior 3. Sujeito de dorte. Belchior 4. Terral. Ednardo, Be...

Jards Macalé. Besta Fera 05.04.2019

Jards Macalé reaparece de novo, despois de vinte anos sen gravar material inédito, con un album chamado «Besta fera». Un disco onde o autor desesperanzado reflexiona sobre os tempos de escurantismo nos que vivimos. Remataremos o programa co xoven Tim Bernardes. 1. Vampiro de Copacabana. Jards Macalé 2. Limite. Jards Macalé 3. Buraco da consolção. Jards Macalé 4. Não. Tim Bernardes

Adriana Calcanhoto. Triloxía 28.03.2019

A mediados de 2019 Adriana Calcanhoto lanzará un novo album que forma parte de unha triloxía iniciada en 1998 con Marítimo e que continuou en 2008 con Maré. A espera do novo disco, lembramos as dúas primeiras pezas desa triloxía. 1. Vambora. Marítimo 2. Mais feliz. Marítimo 3. Maré. Maré 4. Pra lá. Maré

Raul Seixas. Krig-ha, bandolo! 21.03.2019

Dedicamos o programa ao primeiro disco en solitario de Raul Seixas, Krig-ha, bandolo! (1973), que apareceu como unha crítica á moral e as boas costumes imperantes na época. Visitaremos tamén o último, e recen publicado, disco de BaianaSystem. 1. Mosca na sopa. Raul Seixas 2. Metamorfose ambulante. Raul Seixas 3. Ouro de tolo. Raul Seixas 4. Água. BaianaSystem

Outros ritmos oceánicos. Afrocubism 14.03.2019

Afrocubism é un encontro musical entre Cuba e Malí que estaba prevista para acontecer en 1996, no que foi aquel inesquecible e inmortal disco de La Buene Vista Social Club. Non puido ser e a idea retomouse 14 anos despois. 1. Cuba Mali 2. El vaiven de mi carreta 3. La culebra 4. Jarabi

Academia da Berlinda & Los sebosos postizos 07.03.2019

Na semana de carnaval dedicamos o programa a dúas festivas bandas pernabucanas, Academia da Berlinda (que utiliza moita estética do carnaval de Olinda e Recife nos seus discos) e Los sebosos postizos.

Tom Zé. Correio da estaçao do Brás 28.02.2019

En 1979 Tom Zé deixou plasmada a dureza das inmigracións forzosas por motivos socieconómicos no seu disco «Correio da estação do Brás», onde nos conta historias de nordestinos que chegaban a São Paulo procurando un vida mellor. Escoitaremos tamén máis historias de inmigración através da voz de Nara Leão. 1. Minina Jesus. Tom Zé 2. Morena. Tom Zé 3. Carta. Tom Zé 4. Pecado, rifa e revista. Tom Zé 5...

Dorival Caymmi 21.02.2019

Dedicamos o programa a Dorival Caymmi, un dos grandes mestres da música popular brasileira, do que Caetano Veloso chegou a dicir: Eu teño 400 cancións e Dorival 70, pero el ten 70 cancións perfectas e eu non. 1. O que é que a baiana ten? 2. Promessa de pescador 3. Samba da minha terra 4. O mar 5. Marina

Edu Lobo e a Metropol Orkest 14.02.2019

En 2011 Edu Lobo gravou un disco coa Metropol Orkest, a orquestra da radio pública holandesa, onde se recreaban algúns dos seus maiores éxitos en clave jazzística. 1. Ave rara 2. A bela e a fera 3. Canção do amanhecer 4. Na carreira

Gramola persoal 2 07.02.2019

A gramola persoal e unha selección de músicas que forman parte da miña lista de escoita persoal durante as últimas semanas. 1. Passarinhos. Emicida 2. Crua. Otto 3. Irônico. Clarice Falão 4. Quando bate aquela saudade. Rubel

A curva da cintura. Arnaldo Antunes, Edgar Scandura e Toumani Diabaté 01.02.2019

Conexión Brasil-Malí. «A curva da cintura» é un álbum gravado en 2011, en Bamako (Malí), polos músicos brasileiros Arnaldo Antunes e Edgar Scandura, e o músico maliense Toumani Diabaté. 1. A curva da cintura 2. Grão de chãos 3. Que me continua 4. Kaira

Outros ritmos oceánicos. Malí 24.01.2019

Segunda edición de outros ritmos oceánicos. Saímos de Brasil procurando outros litorais musicais e a nosa parada e Malí, un dos paises máis importantes, musicalmente, da África. Berce de moitos ritmos da música popular occidental. 1. Amadou & Mariam / Manu Chao. Senegal-fast-food 2. Ali Farka Toure / Toumani Diabate. Ruby 3. Ali Farka Toure. Ai du 4. Rokia Traor. Laidu 5. Fatoumata Diawará. Bissa

Descubrindo a Céu 17.01.2019

Céu é unha das artistas máis importantes da última década en Brasil. En este programa descubrimos un pouco da carreira da cantora paulistana. 1. Malemolencia. Céu 2. Perfume do invisivel. Céu 3. Varanda suspensa. Céu 4. Meu romance. Djavan

Djavan. Vesúvio 10.01.2019

Comezamos o novo ano escoitando o novo disco, Vesúvio, de un dos grandes mestres da Música Popular Brasileira Djavan. 1. Vesúvio. Djavan 2. Solitude. Djavan 3. Esplendor. Djavan e Jorge Drexler 4. Al otro lado del rio. Boca Livre

Celebrando a diversidade 20.12.2018

Último programa de 2018, un ano marcado pola ascensión dos fascismos en todo o mundo. Mas desde aquí, desde Atlántico, queremos acabar o ano dun xeito positivo escoitando músicas que celebran a diversidade! Laura Finocchiaro: Hino a diversidade Lenine: Ser diferente é normal Criolo: Diferenças Caetano Veloso: Menino do Río Elis Regina: Black is beutiful

Samba Jazz & O Beco das Garrafas 13.12.2018

Dedicamos o programa aos primeiros anos do SAMBA JAZZ e ao BECO DAS GARRAFAS, unha pequena rúa sen saída en Copa Cabana onde varios bares acollían as actuacións e experimentacións en vivo de grandes artistas da década dos anos 50 e 60. -Dom Salvador: be my side -Dom um Romão: birimbau -Baden Powel: canto de osanha -Sergio Mendes: agua de beber -João Donato: Jodel

Celso Fonseca. Turning point 22.11.2018

Escoitaremos e falaremos do novo disco de Celso Fonseca, Turning point, o 15 álbum na carreira do compositor carioca aclamado pola crítica. Teremos tempo tamén de escoitar unha música do novo disco «ao vivo» de Chico Buarque. -Mais perto de mim. Celso Fonseca -Delicadeza. Celso Fonseca -Sparks. Celso Fonseca -Tua cantiga. Chico Buarque

Beto Villares. Excelentes lugares bonitos 15.11.2018

Dedicamos o programa a unha xoia escondida «Excelentes lugares bonitos», un disco de Beto Villares lanzado no ano 2003. Teremos tempo tamén para escoitar un dos temas do novo disco de Paulinho Moska, «Beleza e medo» -Excelentes lugares bonitos -Um dia desses -Aboio -Rio da Bossa Nova -O jeito é não ficar só (Paulinho Moska)

Outros ritmos oceánicos. Bola de Nieve 08.11.2018

Primeiro edición de Atlántico dedicada a «outros ritmos oceánicos», na que saimos de Brasil para procurar outros litorais musicais. E chegamos ao Caribe para escoitar a un dos maiores interpretes de música popular do século XX, o artista cubano Bola de Nieve. -Si me pudieras querer -Drume negrita -La flor de la canela -Ay amor -Os quindins de Yayá

Músicas antifascistas 25.10.2018

Brasil vive momentos de tensión ante a probabilidade de que un fascista sexa o novo presidente da República. Facemos un pouco de historia e lembramos cancións de artistas que lutaron coa súa música contra o fascismo, artistas que foron censurados e nalgúns casos torturados e expulsados do país. Chico Buarque. Apesar de você Caetano Veloso. É proibido proibir Taiguara. Que as crianças cantem livres...

Tribalistas 18.10.2018

Lembramos a carreira de esa histórica reunión de Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown chamada Tribalistas. -Tribalistas -Ja sei namorar -Um só -Aliança

Gilberto Gil. Ok ok ok 11.10.2018

Ok ok ok, é o nome do novo disco de Gilberto Gil, o primeiro con temas novos desde hai tempo. Falaremos un pouco e escoitaremos algúns dos temas. -ok ok ok. Gilberto Gil -Na real. Gilberto Gil -Sereno. Gilberto Gil -Pérola negra. Trinca de ases

Listen to the ATLÁNTICO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.