Mohawk

A GALIZA e o GALEGO

History GL ↓ 731 episodes

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

Author

Mohawk

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O castelo da Rocha Forte de Santiago - Mª José Bóveda Fdez. 25.10.2023

Palestra sobre a historia e a arqueoloxía do castelo arcebispal da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, unha das principais fortalezas medievais da Galiza. A palestra foi feita por Mª José Bóveda Fernández, no VIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no 2014.

O campesiñado altomedieval - Álvaro Rguez Resino 25.10.2023

Palestra sobre a arqueoloxía e a historia do campesiñado altomedieval galego por Álvaro Rguez. Resino. Provén do X Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no 2016

Entre Hidacio e San Rosendo - Jorge López Quiroga 24.10.2023

Palestra de Jorge López Quiroga sobre a arqueoloxía da Alta Idade Media, personificada entre Hidacio e S. Rosendo (isto é, entre os séculos V e X). Provén dos 10 Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no 2016

A arte rupestre en Cova Eirós - Tania Mosquera Castro 24.10.2023

Palestra sobre os gravados e pinturas rupestre descobertos en Cova Eirós, a "catedral" do paleolítico galego. A palestra foi feita por Tania Mosquera Castro, no 15º Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no 2022

A arte megalítica - Primitiva Bueno Ramínez 23.10.2023

Palestra sobre a arte megalítica, que aparece a mediados ou finais do Neolítico, caracterizado pola construción de monumentos a base de grandes pedras sen labrar, coma os dolmens ou antas, e os menhires ou pedrafitas. Correo a cargo de Primitiva Bueno Ramínez, no VI Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no 2012.

O caleidoscopio celta - Gonzalo Ruíz Zapatero 21.10.2023

Palestra de Gonzalo Ruíz Zapatero sobre a complexidade dos celtas e o celtismo. Provén dos VIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no 2014

Etnoxénese castrexa - Xulio Carballo Arceo 21.10.2023

Palestra de Xulio Carballo Arceo sobre a xénese étnica dos galaicos castrexos e a cuestión da súa celticidade. Provén dos III Encontros Arqueolóxicos do Barbanza do 2009

O campaniforme na Galiza - Mª Pilar Prieto Martínez 21.10.2023

Palestra de Mª Pilar Prieto Martínez sobre a cultura campaniforme (unha etapa do calcolítico caracterizada polo uso dunha particular cerámica atopada nos enterramentos funerarios) na Galiza. Provén do IV Encontro de Arqueoloxía do Barbanza no 2010.

Os petroglifos galaicos - Fernando Javier Costas 20.10.2023

Palestra de Fernando Javier Costas sobre os gravados rupestres do calcolítico galego. Proven dos III Encontros arqueolóxicos de Barbanza do 2009

O dólmen de Axeitos - Xosé Ignacio Vilaseca 19.10.2023

Palestra de Xosé Ignacio Vilaseca sobre o dólmen de Axeitos, unha das máis senlleiras obras megalíticas da Galiza. Provén dos III Encontros de Arqueoloxía do Barbanza, no 2009

O paleolítico galego de Cova Eirós 15.10.2023

Palestra de Ramón Fábregas e Arturo de Lombera sobre os achados paleolíticos de Cova Eirós (de neanderthais e sapiens) no VI "Encontro arqueolóxico do Barbanza", no passado 2012.

Galiza no solpor (os séculos XIV e XV). Anselmo López Carreira 10.10.2023

Breve intervención de Anselmo López Carreira sobre a Galicia dos séculos XIV e XV, o pasado 21 de outubro do 2022 na Sala municipal de exposicións da Casa da cultura do Concello de Brión, A Coruña.

Os grandes senhores e o povo comúm na Idade Média galega. 22.09.2023

Sobre a sociedade, constituida por senhores e vasalos, no reino medieval galego, . Provêm do programa "Que din os rumorosos.... Arroutadas da história de Galicia", que é onde se pode escuitar na íntegra. Participam Anselmo López Carreira e Marcos Fernández Ferreiro.

Galiza e os seus inícios como reino suevo 05.09.2023

Sobre os inícios da Galiza como reino, coa chegada dos suevos á Gallaecia. Intervêm o historiador Anselmo López Carreira e o arqueólogo Carlos Tejerizo. Provém do podcast "Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia", coordinado polo jornalista Xurxo Salgado, que é onde se pode escuitar na íntegra.

Os suevos e o primeiro reino medieval de occidente. 06.07.2023

Palestra do profesor Pablo C. Díaz Martínez (Catedrático de História Antiga na Universidade de Salamanca) dentro do ciclo "Los visigodos" da "Fundación Juan March", en 2023, no que se aborda o surgimento do reino suevo de Gallaecia no início do século V. Os suevos, efectivamente, fundaron o primeiro reino independente de Europa na provincia de Gallaecia, uns decénios antes do fin do Imperio Romano...

O grande reino medieval da Galiza - Anselmo López Carreira 27.06.2023

Sobre a configuración do reino medieval da Galiza e a súa fragmentación noutros reinos. Extrato editado para concentrar a entrevista no relato do historiador Anselmo López Carreira. Procede da serie de podcast do 2022 "Que din os rumorosos - Arroutadas da historia", coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.

O galego na sociedade galega de finais do século XX 27.06.2023

Debate sobre a situación do galego no programa O Pêndulo da Televisión da Galiza (TVG), o pasado 17 de maio de 1993. Foi protagonizado por Xavier Alcalá (escritor e primeiro presidente de AGAL), Xesús Alonso Montero (profesor de literatura), Carlos Casares (escritor e diretor da editora Galaxia na altura) e Xosé Filgueira Valverde (naquel momento presidente do Conselho da Cultura Galega). O debate...

O galego e o português... unha cuestión ortográfica??... 09.06.2023

Sobre se a diferença entre o galego e o português é apenas umha questom ortográfica... ou algo mais??... Procede dum vídeo-reportagem de Nós Televisión emitido em março do 2021

Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra - Xesús Alonso Montero 07.06.2023

Palestra de Xesús Alonso Montero na que fai unha análise da poesía do galeguista Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado o día das Letras Galegas do 2022. O acto celebrouse o pasado oito de marzo do 2022 no Barco de Valdeorras.

Monte ou morte - Coloquio 06.06.2023

Coloquio posterior, en marzo do 2023, á palestra de Xesús Alonso Montero e máis Santiago Macías, autor do libro "El monte o la muerte. Manuel Girón y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra", na libraría Cartabón de Vigo

Monte ou morte - Santiago Macías 06.06.2023

Palestra de Santiago Macías a propósito da presentación do seu libro "El monte o la muerte. Manuel Girón y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra", na libraría Cartabón de Vigo, en marzo de 2023

Monte ou morte - Xesús Alonso Montero 06.06.2023

Palestra de Xesus Alonso Montero a propósito da presentación do libro "El monte o la muerte", sobre a mítica figura do guerrilleiro Manuel Girón e a constitución da primeira guerrilla antifranquista, a Federación de guerrillas de León-Galicia. O acto foi celebrado na libraría Cartabón de Vigo, en marzo de 2023

Fuxan os ventos. Medio século de historia. Mero 11.05.2023

Presentación do libro “50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío”, na libraría Cartabón de Vigo, en maio do 2023. Foi presentado polo xornalista Xulio Xiz e por Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia. O acto contou coa intervención do autor, Baldomero Iglesias (Mero) e a interpretación musical do grupo derivado de Fuxan: A Quenlla.

O surgimento da língua portuguesa na Galiza 25.04.2023

Sobre a origem do português na Galiza. Entrevista ao filólogo galego Paulo Fernandes Mirás no programa brasileiro LUSO(BRASIL)FONIA. Entrevista feita por Baltazar Gonçalves para Kotter TV no 2022.

Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega 06 - Coloquio final 18.04.2023

Coloquio final da xornada ,organizada polo Consello da Cultura Galega o pasado 11-04-2023, sobre "Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega", a propósito da traducción ao galego da "Fórmula vitae honestae" ("Como levar unha vida honesta") do bispo dumiense.

Listen to the A GALIZA e o GALEGO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.