Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Yolanda Castaño. Entrevista. 20.05.2024 1:04:41
Entrevista á poeta Yolanda Castaño Pereira no 2021, no programa "Saúde e Terra", en "Nós Televisión". Entre os últimos galardóns, recibiu o Premio da Crítica de poesía galega no 2022 así como o Premio Nacional de poesía no 2023.
Nós Diario. O ÚNICO diario en galego. Entrevista a María Obelleiro. 19.05.2024 46:46
Nós diario é o único diario publicado íntegramente en galego na historia da Galiza. Nen sequera o emblemático "A nosa terra" foi quen de manter unha publicación diaria (era decenal, quincenal e até mensual, segundo as circunstancias históricas, mais nunca diario). A súa presenza é sorprendentemente recente... O seu primeiro número impreso, aínda que pareza mentira, non saiu á rúa até o 2 de xaneir...
Yiliquiya, a Gallaecia medieval para o Al-Andalus. Xosé Ramón Ermida Meilán 18.05.2024 16:33
Extrato seleccionado da intervençom de Xosé Ramón Ermida Meilán na entrevista a propósito do livro "Reis e raíñas da Galiza", no programa "Orgullo galego". A entrevista foi realizada em abril do 2024.
Mil anos de reino de seu. Os reis e as raíñas do reino da Galiza. 17.05.2024 1:12:23
A propósito do livro "Reis e raíñas da Galiza", o programa "Orgullo galego" fixo umha entrevista cos seus autores (Alexandre Pérez Vigo, Heitor Picallo e Xosé Ramón Ermida Meilán) em abril do 2024. O audio está editado, recortando todas as partes onde houvo problemas técnicos que fam mais tediosa e dificultosa a súa compreensom
Os Reis Católicos, a cidade de Compostela e a Galiza - Pegerto Saavedra 16.05.2024 1:02:37
Palestra do historiador Pegerto Saavedra no Ateneo de Santiago no 2019, sobre o papel e a importancia dos Reis Católicos no Reino da Galiza.
O galego. Sociolinguística galega e lusofonia - Eduardo Maragoto 2024 18.04.2024 1:06:55
Entrevista no 2024 do brasileiro Victor Hugo Vasconcellos ao Eduardo Maragoto, que foi presidente da AGAL, sobre a história e a situaçom do idioma galego na atualidade e a súa integraçom lusófona.
O Sempre em Galiza de Castelao no seu 80 aniversário 03.04.2024 1:01:19
Apresentaçom do "Caderno 80 anos do Sempre en Galiza" polo seu autor (Manuel Rei) na livraria de Vigo "Cartabón". No acto, o autor estivo acompanhado por Montse Prado e Xabier Pérez Igrexas.
Reino da Galiza ou Reino de León? Como é que se chamava?... 27.03.2024 11:09
Extrato da entrevista ao José Manuel Barbosa (autor de "Por que caiu a Galiza?") no programa "Descifrando a historia", na que clarifica a confusom existente ao redor de como é que se chamava o reino medieval do noroeste peninsular...
Conhecer e divulgar o nosso passado - Manuel Gago 08.03.2024 59:25
Palestra de Manuel Gago, sobre o conhecimento e divulgaçom da nossa história. Provém das XI Jornadas galego-portuguesas 2023
Eduardo Pondal: A mulher e a pátria. Símbolos 08.03.2024 54:31
Palestra de Dolores Gonzalez intitulada "Branca, garrida e fidalga" sobre Eduardo Pondal, às vezes é tildado de machista misógino e luxurioso. Aqui fai-se outra leitura: a mulher violentada dos versos de Pondal representa, na realidade, a pátria galega. Provém das XI Jornadas galego-portuguesas no 2023
Os celtas galaicos - Carlos Carneiro 07.03.2024 58:28
Palestra de Carlos carneiro sobre os galaicos celtas no noroesta da península ibérica. Provém das XI jornadas galego-portuguesas, no 2023
Gallaecia Viva. O falso ateismo galaico - Marco Almansa 07.03.2024 1:33:15
Vídeo-palestra de Marco Almansa no 2020 sobre a religiosidade galaica aos olhos romanos. Provém do ciclo "Castrexos e romanos", organizado pola associaçom histórico-cultural Gallacia Viva
A batalla do Medulio. Galaicos e romanos - Fernando Lillo 06.03.2024 1:17:36
Vídeo-palestra de Fernando Lillo no 2020 sobre a famosa batalha do monte Medúlio e o seu significado no imaginário galego ao longo do tempo. Provém do II Ciclo de Conferencias ¨Castrexos e Romanos¨, organizadas pola asociaçom Gallaecia Viva
A represión ás mulleres durante o franquismo - Montse Fajardo 03.03.2024 57:26
Palestra de Montserrat Fajardo Pérez no 2022 sobre a represión específica contra as mulleres na Galiza durante a guerra civil e o franquismo.
A represión franquista na Galiza - Xosé Álvarez Castro 02.03.2024 1:03:30
Palestra de Xosé Álvarez Castro no 2022 sobre as distintas formas de represión franquista na Galiza, coma os "paseos" e "sacas" durante a guerra civil e o franquismo.
A represion aos mestres durante a guerra civil e o franquismo - Narciso De Gabriel 02.03.2024 1:13:19
Palestra de Narciso de Gabriel no 2022 sobre a represión do profesorado durante a guerra civil e o franquismo na Galiza.
Etnografía e antropoloxía no Seminario de Estudos Galegos - Xosé Manuel Glez. Reboredo 29.02.2024 1:05:29
Palestra sobre etnografía no Seminario de Estudos Galegos. Provén das Xornadas de história da CIG-Ensio e a AS-PG no 2023
A literatura no Seminario de Estudos Galegoas 29.02.2024 54:59
Palestra de Patricia Arias sobre a literatura no Seminario de Estudos Galegos. Provén das Xornadas de história da CIG-Ensino e a AS-PG no 2023
Saber de Nós. O legado do Seminario de Estudos Galegos. Mesa redonda. 27.02.2024 1:24:14
Mesa redonda sobre o legado do Seminario de Estudos Galegos, transformado no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC. Na mesa redonda participaron Miguel Anxo Seixas Seoane (presidente da Fundación Castelao), Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (director honorario do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento), María Xosé Fernández Cerviño (Vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo...
Saber de Nós. Lingua galega e o Seminario de Estudos Galegos - Henrique Monteagudo/Dolores Vilavedra 27.02.2024 35:35
Palestra sobre a importancia do galego no Seminario de Estudos Galegos, como lingua nacional e moderna. Inicialmente era unha palestra redactada por Henrique Monteagudo, mais que finalmente non a pudio facer e foi lida por Dolores Vilavedra. Provén do congreso sobre o Seminario de Estudos Galegos a propósito do seu centenario, en outubro do 2023.
Saber de Nós. Belas artes e estudos literarios no S.E.G. - Ana Acuña 27.02.2024 41:57
Palestra de Ana Acuña sobre as belas artes e os estudos literarios no Seminario de Estudos Galegos. Provén do congreso sobre o Seminario de Estudos Galegos a propósito do seu centenario, en outubro do 2023.
Saber de Nós. As ciencias no Seminario de Estudos Galegos - Francisco Díaz-Fierros 27.02.2024 1:02:40
Palestra de Francisco Díaz-Fierros sobre as ciencias no Seminario de Estudos Galegos. Provén do congreso sobre o Seminario de Estudos Galegos a propósito do seu centenario, en outubro do 2023.
Saber de Nós. Antropoloxía no Seminario de Estudos Galegos - Xerardo Pereiro 27.02.2024 1:00:08
Palestra de Xerardo Pereiro sobre a antropoloxía no Seminario de Estudos Galegos. Provén do congreso sobre o Seminario de Estudos Galegos a propósito do seu centaniro, en outubro do 2023.
Saber de Nós. As mulleres do Seminario de Estudos Galegos - Aurora Marco 27.02.2024 24:07
Palestra de Aurora Marco sobre as mulleres no Seminario de Estudos Galegos. Provén do congreso adicado ao Seminario de Estudos Galegos a propósito do seu centario, en outubro do 2023.
Saber de Nós. A historia do Seminario de Estudos Galegos - Ramón Villares 25.02.2024 1:26:39
Palestra do catedrático emérito Ramón Villares sobre a traxectoria e a importancia histórica do Seminario de Estudos Galegos. Provén do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega en outubro do 2023 a propósito do seu centenario.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.