Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O HISTORIADOR RESPONDE 1 de 16 - Eran muitos os Suevos que chegaron á Gallaecia ? 03.06.2012 16:17
Colección das respostas que proporciona o Historiador Anselmo López Carreira ao público despois das súas intervencións nas distintas conferencias. Aquí responde á pregunta de cándos eran os Suevos que chegaron á Galllaecia e de cómo se integraron á sociedade galegoromana que había na altura.
O esplendor de GALICIA na PLENA IDADE MEDIA 03.06.2012 14:55
Extracto dunha conferencia de Anselmo López Carreira sobre o auxe da Galiza na Plena Idade Media (séculos XI, XII e XIII), contrastándoo co paradoxo de que a historiografía tradicional, aínda, recoñecendo o previo, pretenda explicar esta mesma Galiza coma un territorio marxinal dentro do chamado, "Reino de León" (en realidade denominado Reino da Galiza e de León na altura)
A construcción da Historia oficial de ESPAÑA e de GALICIA 02.06.2012 31:36
Extracto dunha conferencia de Anselmo López Carreira no que explica cómo se construiu, pragada de ideoloxemas, a historia actual de España no século XIX, así cómo se foi apagando a verdadeira historia de Galicia.
OVIEDO e LEÓN, capitais do REINO GALEGO MEDIEVAL 02.06.2012 8:00
Extracto dunha conferencia de Anselmo López Carreira aclarando o que hoxe nos resulta tan difícil de comprender: que Oviedo e León foran tan galegos na antigüidade e na Alta Idade Media como Lugo, Santiago ou Braga
O PARROQUIAL SUEVO do SÉCULO VI 27.05.2012 14:34
O "Parrochiale suevum", ou "Divisio Theodemi" é un importante manuscrito da segunda metade do século VI, onde se reflicte a organización administrativa do Reino galego dos Suevos, contendo unha relación de 134 parroquias. agrupadas en trece dioceses.
A Galicia baixomedieval 2/2 - A guerra IRMANDIÑA 27.05.2012 18:33
Segunda parte da conferencia de Anselmo López Carreira sobre a crise na baixa idade media galega. No século XV, trábanse na Galiza as Guerras Irmandiñas, e cuestiónase a lexitimidade do Rei Enrique IV chamado, de xeito nada inocente, "El Impotente".
A Galicia baixomedieval 1/2 - Os CASTRO vs TRASTÁMARAS 27.05.2012 33:12
Extracto dunha conferencia do Historiador Anselmo López Carreira sobre a crise galega na baixa idade media. Nesta parte fala da poderosa Casa Condal dos Castro, no que destaca a figura de Fernando de Castro pola súa política volcada ao atlántico, así como pola súa defensa da causa lexitimista, a favor do Rei Pedro, e en contra das pretensións do seu medio irmán, Enrique de Trastámara. Outros perso...
MITOS e REALIDADES dos SUEVOS na historia de GALICIA 27.05.2012 45:20
Conferencia do Historiador Anselmo López Carreira sobre a chegada dos Suevos á provincia de Gallaecia, a súa integración cos galego-romanos, a súa constitución como Reino de Galicia no século V, e as pegadas que deixou na nosa historia.
Sobre algunhas INVENCIÓNS na historiografía ESPAÑOLA 27.05.2012 10:16
Extracto dunha intervención do Historiador Anselmo López Carreira, preguntado por algunhas das invencións que constrúen boa parte da historiografía tradicional española, en detrimento da historia real dos pobos que a constitúen.
A NACIÓN GALEGA vs A ESPAÑA INVENTADA 26.05.2012 19:15
Extracto dunha conferencia do Historiador Anselmo López Carreira sobre a importancia de manter acesa a verdadeira memoria histórica do pobo galego, e a desenmascarar as comenienzudas interpretacións que, especialmente desde o século XIX, apagan ou minimizan a nosa verdadeira historia.
A sospeitosa 'desaparición' do REINO GALEGO na historia de España 26.05.2012 17:40
Resumo condensado da conferencia do Historiador Anselmo López Carreira sobre a "desaparición" do Reino de Galicia na historiografía oficial española.
O REINO GALEGO na Idade Media 26.05.2012 32:45
Extracto dunha conferencia do Historiador Anselmo López Carreira no que moi brevemente explica a evolución do Reino de Galicia desde o derrubamento visigodo e a islamización de boa parte da Península Ibérica
O GALLICIENSE REGNUM dos SUEVOS 26.05.2012 32:44
Extacto dunha conferencia do historiador Anselmo López Carreira, no que recupera e dignifica o papel dos Suevos na fundacion do Galliciense Regnum, esto é, na fundación do Reino Galego no século V
Os CASTRO no medievo e a súa alternativa atlantista 26.05.2012 1:10:11
Conferencia do historiador Anselmo López Carreira, sobre a casa condal dos Castro no século XIV (de onde procede a famosa Inés de Castro), e o seu destacado papel no Reino e na política galega-portuguesa, coa súa decidida aposta pro-atlantista. Aínda que este audio xa está subido en Ivoox, intentei mellorar no posíbel o seu son.
Historiadores, Franquismo e Antifranquismo 20.05.2012 21:24
Conferencia de Carlos Barros no acto "Loitando pola memoria" organizado polos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela no pub Modus Vivendi, o 18 de abril de 2012.
A formación da GALICIA medieval 2/2 - O Reino de Galicia 20.05.2012 49:44
Carlos Barros fala da constitución dun Reino Galaico, cada vez máis en constricción territorial co paso do tempo, cunha forte personalidade propria.
A formación da GALICIA medieval 1/2 - Da prehistoria ao Reino Suevo 20.05.2012 29:11
Conferencia de Carlos Barros, profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, sobre a "FORMACIÓN NACIONAL DE GALICIA EN LA EDAD MEDIA". Esta Conferencia impartiuse en castelán dado que foi realizada en París, no Seminario de Adeline Rucquoi, "Savoir et pouvoir dans la Péninsule ibérique au Moyen Âge", na École des Hautes Études en Sciences Sociales, ante un público francés...
O "dereito de pernada" na Galiza Medieval 19.05.2012 1:33:15
Conferencia sobre a lenda ou realidade do "dereito de pernada" do medievalista Carlos Barros, da Universidade de Santiago de Compostela, no Ateneo Eumés Fernán Martís, en Pontedeume, o 26 de xaneiro de 2012.
A orixe de SANTIAGO DE COMPOSTELA 16.05.2012 7:46
Breve relato sobre a historia e lenda das orixes de Santiago de Compostela, aínda que hoxe hai xa moitos aspectos que están amplamente superados, como o mito de que sexa o Apóstolo Santiago o que realmente estea na cripta da Catedral.
GALICIA na Transición 4/4 - O ESTATUTO 15.05.2012 27:19
O proxecto do Estatuto elaborado pola comisión dos 16 é aprobado pola "Junta preautonómica provisional". A maioría centrista impón, no entanto, un Estatuto rebaixado, o chamado "Estatuto da aldraxe", que fai espallar manifestacións e protestas por toda Galicia. Finalmente, desbloquease a situación cos PACTOS DO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS, refacendo un novo Estatuto máis aceptábel co anterior – que...
GALICIA na Transición 3/4 - AS ELEICIÓNS DE 1979 15.05.2012 27:40
Trala aprobación da Constitución Española, constitúese a chamada comisión dos 16, encargada de elaborar o futuro estatuto de autonomía. Alén disto, amparada na nova constitución, celébranse as eleicións do 79.
GALICIA na Transición 2/4 - A PREAUTONOMIA 15.05.2012 27:49
1978 foi o ano da preautonomía e Antonio Rosón o encargado de pilotar a "Junta provisional de Galicia"...O ano do proceso preautonómico galego, coincide co periodo no que se está a elaborar a actual Constitución española.
GALICIA na Transición 1/4 - A REFORMA POLÍTICA 15.05.2012 28:10
Coa morte do dictador Franco en 1975 e coa Lei de Reforma Política de 1976, Galiza inicia o camiño do seu proceso autonómico.
S. Mamede: el inicio de la separación de las dos GALICIAS 03.05.2012 11:29
Ocurrida el 24 de junio de 1128, la Batalla de San Mamede se libró entre las tropas del Infante Afonso Henriques (que en el futuro será el primer Rey de Portugal con el nombre de Afonso I) y las tropas de su madre, la condesa Dª Teresa, y del conde gallego Fernando Pérez de Traba, que intentaban apoderarse del gobierno del Condado Portucalense. Las dos facciones se enfrentaron en el campo de San M...
La Reina Urraca (5 de 5). Alfonso Raimúndez sube al trono 02.05.2012 10:06
La Reina Urraca muere, y le sucede en el trono de León su hijo Alfonso, ya convertido en Alfonso VII
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.