Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O centenario do pasamento de Murguía - O celtismo como paradigma - Ramon Máiz 24.02.2023 23:33
Palestra de Ramón Máiz sobre o celtismo como paradigma fundacional da nación galega, criada na época de Manuel Murguía. Provén das Xornadas polo centenario do pasamento de Manuel Murguía (1923 - 2023), organizadas pola Real Academia Galega en febreiro do 2023
Os nomes de Santiago de Compostela e o seu caminho - Gonzalo Navaza 24.02.2023 41:25
Interessante palestra do 2022, de Gonzalo Navaza, sobre a etimologia do caminho de Santiago de compostela. Provém da canle da RAG na You Tube
Sementes para o futuro. Escolas de ensino galego Semente 23.02.2023 1:11:05
Entrevista com Santiago Quiroga, Coordenador Nacional das Escolas Semente, para conhecer esta rede de escolas, cada vez mais espalhadas polo terrritório, que se caracterizam por terem o ensino 100 % em galego. As escolas Semente som umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsadas inicialmente pola Associaçom Cultural Gentalha do Pichel, em Santiago de Compostela. Aparecerom no 2011 como um j...
A incrível história galega de Colón 21.02.2023 1:01:54
Vídeo-palestra de Rodrigo Costoya, o autor de Portosanto, no 2021, no que fala dos fortes indícios da orige galega de Cristovo Colón. Provém da You Tube
Nos camiños da Resistencia 20.02.2023 1:24:30
Francisco Martínez López, conhecido como Quico, é o último sobrevivente da guerrilha antifranquista galega. Conseguiu exiliar-se na França em 1951. No 2022 apresentou o seu último livro: "Caminos de Resistencia" na Livraria Cartabón.
A vida no monte do último guerrilheiro galego antifranquista. Camillo De Dios 20.02.2023 1:19:11
Testemunha de Camilo De Dios, o último dos guerrilheiros antifranquistas galegos (finado no 2019). Foi entrevistado polos alumnos do IES Rosalia de Castro no 2017. Explica como é que se botou ao monte, por que o fixo, e como era a dura vida no monte da guerrilha galega. Tamén conta como foi capturado, como o torturaron e de que modo sufriu a cadea nas cárceres franquistas.
Vida e obra de um obreiro do galeguismo. Francisco Fernández Del Riego 16.02.2023 1:29:39
No 2023, o Día das Letras Galegas será adicado a Francisco Fernández Del Riego. É por esta razón que se publicou o livrinho "Francisco Fernández Del Riego, de Ramón Nicolás "Vida e obra de un obreiro do galeguismo", apresentando-se na Livraria Cartabón de Vigo, co propósito de dar a conhecer a biografia e obra do mesmo. O autor está acompanhado por Xesús Alonso Montero, a bibliotecária da Fundació...
DA VELHA Á NOVA GALIZA. A GRANDE FENDA. Carlos Baliñas 15.02.2023 26:24
Entrevista ao historiador Carlos Baliñas Pérez no 2022, sobre as mudanças acontecidas na plena Idade Média, entre o século XI e o XII (entre o 1037 e o 1139) no reino da velha Galiza. É umha "grande fenda" geo-política, na que aparecem novos reinos, como o de Portugal e Leão, esgaçados do velho espaço galaico. O velho reino da Galiza, começa a se parecer á nova Galiza da actualidade, nas súas dime...
O país da choiva 14.02.2023 51:53
Apresentação do livro "O país da choiva", de Miguel Anxo Alonso Diz, no 2022 na Livraria Cartabón, em Vigo. É um maravilhoso alegagato, em forma de novela infantil/juvenil, sobre a importância do nosso idioma. De jeito delicado, e con sensibilidade, aborda a problemática da perda de falantes na nossa língua.
O futuro do galego coexistindo co castelán. Jorge Mira 13.02.2023 51:03
Palestra de Jorge Mira, físico e divulgador científico, no Consello da cultura Galega no 2021, sobre os estudos feitos sobre a dinámica e estabilidade da coexistencia das linguas galega e castelá.
Gomez Gayoso. Vivir e morrer pola causa. Carlos Alonso Portomeñe e Xesús Alonso Montero 10.02.2023 1:27:08
Palestra-presentación do libro de Carlos A. Portomeñe: “Vivir e morrer pola causa. Biografía de José Gómez Gayoso”, no 2023, na libraría Cartabón, acompañado polo catedrático Xesús Alonso Montero. Provén da
A idade media e o reino da Galiza 07 - Entrevista a Anselmo López Carreira 09.02.2023 1:07:32
Entrevista ao Doutor en Historia Anselmo López Carreira, no 2023. Pioneiro e referente contemporáneo no redescubrimento e reivindicación do reino medieval galego nos últimos anos. Nesta entrevista fala sobre o feito histórico, institucións e personaxes máis importantes da idade media galega, así como da súa historiografía. Forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unh...
A idade media e o reino da Galiza 06 - Entrevista ao profesor Francisco Javier Pérez 09.02.2023 41:43
Entrevista ao profesor de Historia Medieval da Universidade de Vigo, Francisco Javier Pérez, no 2022, sobre o feito histórico, institucións e personaxes máis importantes da idade media galega. Forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unha análise da historiografía do Reino da Galiza nas obras publicadas do século XVI até o século XXI. Provén de Orestes Comunica, na Y...
A idade media e o reino da Galiza 05 - Entrevista ao profesor Hortensio Sobrado 09.02.2023 22:54
Entrevista ao profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Hortensio Sobrado, no 2022, sobre o feito histórico, institucións e personaxes máis importantes da idade media galega. Forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unha análise da historiografía do Reino da Galiza nas obras publicadas do século XVI até o século XXI. Provén de Orest...
A idade media e o reino da Galiza 04 - Entrevista ao profesor Justo Beramendi 07.02.2023 41:11
Entrevista ao catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Justo Beramendi González, no 2022, sobre a idade media galega e o reino medieval da Galiza. Forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unha análise da historiografía do feito histórico do Reino de Galiza nas obras publicadas do século XVI até o século XXI. Provén...
A idade media e o reino da Galiza 03 - Entrevista a catedrático Ramón Villares 07.02.2023 44:38
Entrevista ao catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Ramón Villares Paz, no 2022, sobre o feito histórico, institucións e personaxes máis importantes da idade media galega. O entrevistado forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unha análise da historiografía do feito histórico do Reino de Galicia nas obras publicadas do...
A idade media e o reino da Galiza 02 - Entrevista ao profesor José Miguel Andrade Cernadas 07.02.2023 10:46
Entrevista ao profesor de Historia Medieval de Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Miguel Andrade Cernadas no 2022 sobre o reino medieval galego, o feito histórico, e a historiografía deste periodo histórico. O entrevistado forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unha análise da historiografía do Reino da Galiza nas obras publicadas do século XVI até o...
A idade media e o reino da Galiza 01 - Entrevista ao profesor Antonio Míguez Macho 06.02.2023 15:52
Entrevista ao profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Antonio Miguez Macho, no 2022, sobre o feito histórico, institucións e personaxes máis importantes da idade media galega. Forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", unha análise da historiografía do Reino da Galiza nas obras publicadas do século XVI até o século XXI. Provén...
Un reino con clase dirixente. Unha etapa estelar e conflictiva do reino da Galiza 05.02.2023 1:20:31
A propósito do segundo volume de "Unha etapa estelar e conflictiva de Galiza", Francisco Rodríguez, fixo esta interessante palestra-colóquio, na súa apresentaçom na livraria Cartabón de Vigo, em novembro do 2022.
A relevancia do reino galego medieval. Unha etapa estelar e conflictiva 03.02.2023 48:49
Outra palestra de Francisco Rodríguez sobre o reino medieval da Galiza, a propósito do seu livro "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza" realizado o 21 de abril de 2022 no Salón de Actos do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Provén da Asociación Cultural A Trastenda, coa colaboración da Fundación Galiza Sempre.
A orixe da cidade de León - Margarita Torres 30.01.2023 58:34
Palestra da professora titular de história medival da Universidade de León, Margarita Torres, em 2022, sobre a origem e evoluçom da cidade que nasceu da Legio VII gemina, na Gallaecia. Provem da You Tube, da Asociación Argumenta
O trauma franquista no idioma galego. Carlos Callón 27.01.2023 59:35
Palestra de Carlos Callón em novembro de 2022, nas jornadas a favor da Memoria Histórica, celebradas en Pontevedra, sobre a sobre a discriminaçom e repressom ao galego ao longo da história, centrando-se especialmente no período franquista. Provem da You Tube.
Estou a estudar português. Valentim Rodrigues Fagim 26.01.2023 1:10:32
A propósito do livro "Estou a estudar português" do professor galego Valentim Rodrigues Fagim, no 2022. Este livro está pensado para pessoas que querem abordar o português a partir da variedade galega ou do castelhano, especialmente na Galiza. O tamém professor de português Uxio Outeiro, conversa co autor para analisar este livro, e colocar diversas questões referentes ao aprendizagem da língua po...
O entroido e o ancestral ritual de inverno - Lidia Mariño 12.01.2023 46:15
Palestra da antropóloga Lidia Mariño, de fevereiro do 2021, sobre o Entroido e as súas reminiscências dum ancestral ritual de inverno, que se afunda na noite dos tempos... Provém das “IX Xornadas sobre o entroido de Galiza”, da Sociedade Antropolóxica Galega.
DESCIFRANDO O REINO MEDIEVAL DA GALIZA - José Miguel Andrade Cernadas 12.01.2023 37:12
Extracto da entrevista realizada ao professor J. M. Andrade Cernadas no Podcast "Descifrando a historia" sobre o Reino medieval da Galiza. Pode escuitar-se na íntegra no podcast anteriormente mencionado
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.